Hoxe viñeron a nosa clase contar un conto a mamá e o irmán de Bela.
Comezamos a semana cun recuncho que segue medrando e enchéndose de pequenos tesouros! Continúan chegando das casas novos materiais, obxectos e curiosidades que nos axudan a descubrir e investigar máis sobre o noso proxecto.Ademais, decidimos quedar con algunhas das achegas que trouxestes para a exposición de Samaín: traballos, creacións e historias arredor das lendas que compartimos e que agora pasan a formar parte do noso recuncho.
Vivimos uns días cheos de misterio, fantasía e descubrimentos! A nosa aula transformouse nun pequeno mundo de meigas, fantasmas e criaturas sorprendentes.
Entre cabazas arrepiantes, disfraces, pócemas misteriosas, lendas, gatos negros e moitas historias, seguimos mergullándonos no universo das meigas en Galicia.
Houbo tempo para investigar, observar, experimentar, crear e deixar voar a imaxinación… e tamén para saír da aula e gozar do teatro, achegándonos ao mundo das historias contadas sobre o escenario.
Unha semana na que aprendemos xogando, compartimos experiencias, vencemos algún que outro medo e descubrimos que detrás de cada lenda hai unha historia que merece ser coñecida.
Porque aprender tamén pode ser misterioso, divertido e… un pouquiño arrepiante!
E isto non remata aquí… As nosas meigas aínda teñen moitos segredos por descubrir!
COMEZAMOS NOVO PROXECTO: AS MEIGAS EN GALICIA!
Quen son as meigas? Como viven? Quen as acompaña? Que fan? Onde se agochan os seus segredos?
Comezamos unha nova aventura na que, durante o que queda de trimestre, investigaremos o fascinante mundo das meigas en Galicia.
O primeiro paso foi escribir a carta para as familias, contándolles o noso novo reto e convidándoas a acompañarnos nesta viaxe chea de misterio, tradicións, lendas e descubrimentos.
📚🌳 Abrimos as portas á imaxinación, á curiosidade e á cultura popular galega para descubrir todo o que se agocha detrás das nosas meigas.
En 6º de Educación Infantil… mudámonos de clase!
Comezamos unha nova aventura chea de ilusión, descubrimentos, xogos e aprendizaxes. Medramos un pouquiño máis e estreamos unha nova aula onde compartiremos momentos inesquecibles, novas experiencias e moitas sorrisas.
Este conto gustou moito e é o tema principal do noso proxecto trimestral. Neste proxecto coñeceremos
Hoxe Alen R. e a súa familia estiveron a falarnos ce primeiros auxilios a partir dun conto moi chulo!
A familia de ICÍA visitounos para compartir con nós o conto “O oso enfermeiro e os primeiros auxilios”, unha historia moi interesante coa que puidemos aprender, dun xeito divertido e próximo, como actuar en pequenas situacións de emerxencia e a importancia de axudar aos demais.
O alumnado voluntario do Club de Teatro pechou o curso coa representación da obra que preparou ao longo de todo o ano. Tras moitos recreos de ensaios, esforzo e ilusión, ofreceron un magnífico pase para o alumnado de Infantil.
Os disfraces, a escenografía e, sobre todo, o gran traballo dos actores e actrices fixeron que a obra fose todo un éxito. Parabéns por tanta dedicación e por regalarnos unha actuación tan especial!
A familia de Lucas visitounos para compartir con nós o conto “Os animais do bosque. Toda a verdade sobre os animais”, un libro moi interesante no que aparecen moitos animais dos nosos bosques e no que puidemos descubrir curiosidades e aprender máis sobre eles dun xeito divertido.
Creamos a nosa propia versión de Carapuchiña Vermella: unha protagonista valente, libre e dona da súa historia. Begoña Caamaño ensinounos que as historias tamén se poden contar doutra maneira. Esperamos que vos guste.