venres, 13 de novembro de 2026

PROXECTO: No mes da ciencia, experimentos arredor das pocións que semellan maxia!


Estas semanas seguimos traballando e, aproveitando que estamos no mes da ciencia e que temos ganas de facer maxia, tivemos varias experiencias abraiantes!
Comezamos cun contiño dunha bruxa  rodeada de cousas interesantes con distintas formas. Fixámonos nos elementos do conto e decidimos facer unha poción como as que saían nas páxinas do conto.
Empregamos auga, aceite, colorantes alimentarios e pastillas efervescentes.

Por suposto, empregamos uns vasos a modo de caldeiros e cada uns foi colaborando co seu compi para que a maxia funcionase, logo unhas palabras máxicas e listo!




Comezamos a falar dos rituais das meigas arredor do lume e os conxuros, como o da queimada do que xa nos falara NOA e sobre o que volvemos.

Falamos das árbores e plantas e como se empregaban para sandar e para facer rituais. Logo fixeron unha manualidade sinxela dunha árbore de outono moi especial.


Descubrimos ás DAMAS de castro que facían beberaxes de curación. Falamos das curandeiras que traballaban con herbas que empregaban para axudar e sandar á xente e de como moita xente as chamaba meigas por iso.
 Coñecemos algunhas herbas medicinais e herbas que se usan hoxe en día polas súas propiedades e achegámonos a algunhas coas que se fan "POCIÓNS" como as infusións para mellorar os problemas de estómago, para relaxarse, para mellorar a pel...
Así estiveron primeiro ulindo algunhas herbas das infusións máis coñecidas como poleo menta,  manzanilla, froitas do bosque, rooibos...
Logo fixemos unha infusión elixida de entre as que mellor lles uliron a modo de poción para poder saborear un pouco.
En lugar de LUME tivemos unha indución e no lugar dun CALDEIRO ou POTE tivemos un cazo... pero fíxonos o servizo!
Agardamos oír que fervía e logo observamos o cambio de cor ó poñer as herbas da infusión na auga quente.
E listo para unha pequena proba.

Seguindo cos poderes máxicos e curativos pas plantas, coñecemos a LAVANDA. Falamos de como esta planta axuda a relaxarse e descansar. Buscámola no ordenador, tocámola e ulímola.

Logo fixeron saquiños relaxantes moi especiais!


Facendo unha proba para cando as leven para casa...

Seguen chegando materiais para o recanto das bruxas!
Noa fixo un castelo terrible digno dunha gran bruxa!

Así, a bruxa que trouxera ten un lugar para vivir e xogar!
Tamén nos presentou un sombreiro moi chulo. Explicou como o fixo, que empregou e xa forma parte do recanto do proxecto!

A profe Mel compartiunos unhas cabaciñas para decorar e fixeron unhas bruxiñas moi chulas! A semana pasada elixiron as cabazas e comezaron a decorar os sombreiros. Logo de un en un foron facendo as caras e preparando o pelo coa la que elixiron.
Quedaron moi simpáticas!


Comezamos a xogar por recantos facendo grupos reducidos que van cambiando e que rotan pola aula para que todos xoguen con todos e con todos os materiais.

No recanto da bruxa estreamos un novo xogo cos nonos nomes que xa se lles da bastante ben!
E por último, mostrarvos o recanto que adicamos ó aseo e á vida práctica que empregamos a diario. Así, teñen dispoñibles panos para limparse o nariz, toallitas para limparse se o precisan e o lavabo con auga e xabón. Tamén teñen as servilletas e os vasos que reparten para a merenda e que logo recollen para que se poidan lavar, pano para limpar cando fai falla, unha planta que van regando cando o precisan, contedores de reciclaxe e lixo que van aprendendo a empregar... E pouco a pouco iremos incorporando a vasoira, o estropallo... Todo isto axudará a súa autonomía, responsabilidade, hábitos de hixiene, coidado do espazo,  motricidade, coordinación...

Traballaron moi duro, toca descansar e despedirnos desexándovos un gran fin de semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!