Menudo final de curso!!! A continuación tedes as últimas tarefas e actividades, a preparación de todos traballiños para levar para casa, e un resumo da aventura que foron estos 3 anos!
Chegou un último traballiño de Alen R., que presentou diante dos compis explicando como o fixo e o que representaba. Repasamos o que sabíamos destes animais e parece que aprenderon un montón!

Rematamos as últimas investigacións, neste caso sobre o TOXO, unha das plantas máis representativas de Galicia. Investigaron nos libros de clase, pero case nons atoparon nada, polo que pasamos a buscar no ordenador, onde atoparon moits información, como que hai moitos tipos, polo que parece que sempre están en flor, que a flor se chamsa CHORIMA, que se usa de expresión, que se usa para o gando unhas veces para tornalo e outras de cama, que se usa de abono co esterco...
Logo recollérono en papel como sempre.
Fixeron as últimas tarefas en relación ó libro...
Recordaron algunhas cousas que estudaron...Comprobamos o que aprendemos ...
E conseguiron o seu diploma!
Rematados os traballos puxéronse coa bolsa. A semana pasada recortaron os elementos que necesitaban, e nesta, pegaron, pintaron e decoraron o que lles faltaba.
Quedaron moi chulas!
Repasaron os traballiños...
Prerararon a portada do proxecto...
Quedaron fermosas!
Tamén levaron para casa o libriño das artistadas os que foron facendo debuxiños neste tempo!
Prepararon as camisetas de fin de curso! Nesta ocasión, como estamos no proxecto do bosque empregouse a imaxe do Lobiño do conto do día do medio ambiente no que se falaba da importancia do coidado das árbores e do bosque. Na clase de azul, o corazón é da nosa cor.
Camisetas listas para lucir o último día!!
Continúan coidando as plantas da clase.
Os últimos contacontos...
Xogaron mooooito!
Puideron ver de cerca os premios Voz Natura que gañou o noso cole!
Recibiron un regaliño por gañar estos premios!
Rematan unha etapa que foi divertida, máxica e algunhas veces difícil. Pero esforzáronse, estiveron xuntos, e chega o momento de pasar a unha nova aventura emocionante!
Como mestra titora disfrutei un montón e deséxovos todo o mellor. Sempre teredes un oquiño na clase de azul🥰!
Aquí vos deixo a montaxe de fotos dalgúns momentos destes 3 anos😉
Mañá despedímonos cun día moi moi divertido!!!

























.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!