venres, 25 de setembro de 2026

Benvida ó outono!


Unha semana máis continuamos con novas rutinas que imos coñecendo pouco a pouco. 
Na asemblea xa estamos aprendendo algunhas cancións para saudar e para aprender os días da semana.
 Comezamos a comprobar quen está no cole e quen non cunha nova rutina. 
Estreamos ós encargados, que van cambiando cada día e que teñen tarefas especiais.

Traballamos as motricidade fina con plasti e macarróns.

 Seguimos practicando en papel trazos básicos.


 Comezamos a familiarizarnos cosa nosos nomes. Témolos nas perchas, nas mesas, caixons, onde gardamos as augas... Comezamos a facer xogos de conciencia fonolóxica coas súas letras e xa nos topamos con eles nos traballos en papel.

Demos a benvida á estación de OUTONO cunha saída para recoller elementos propios da estación, como landras, castañas, follas, ramiñas caídas...
Contamos un conto para achegarnos ás estacións e prestamos especial atención ó outono comparando as imaxes co que vemos arredor do cole. Logo tivemos xogo libre cos elementos recollidos .
Nestes días empregamos o recollido para as prácticas de motricidade fina antes do trazo.

Decoraron entre todos ó longo da semana as fiestras de clase cos 3 porquiños.

Remataron hoxe venres e estaban moi orgullosos!


E como sempre tivemos tempo de xogo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!