A familia de ICÍA visitounos para compartir con nós o conto “O oso enfermeiro e os primeiros auxilios”, unha historia moi interesante coa que puidemos aprender, dun xeito divertido e próximo, como actuar en pequenas situacións de emerxencia e a importancia de axudar aos demais.
Despois da lectura, realizamos unha actividade relacionada coa historia. Primeiro repasamos o debuxo dun oso e coloreámolo con moito coidado. Despois, recortamos unhas tiritas e colocámolas no corpo do oso, como verdadeiros enfermeiros e enfermeiras, curando as súas feridas.
Foi unha experiencia moi entretida na que traballamos a motricidade fina, a coordinación óculo-manual e a creatividade, ao mesmo tempo que aprendemos a importancia dos coidados e da axuda aos demais.
Moitas grazas por vir, familia de ICÍA!!









Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!