AS CORES (4ºEI: CLASE VERMELLA)

 

Comezamos o primeiro proxecto do cole, imos descubrir as cores e as formas a través dun contiño moi chuli que está cargado de moita maxia. O longo deste mes poderedes ver canto imos descubrindo. 

Traballaremos sobre o libro COLORES de Herve Tullet.
Pero cantas cores hai!!!Pero mirade que parecen como se as cores as pintáramos nós coas nosas mans!!! 


Imos facer algo parecido ao do libro, pero usando as cores do outono e facer unha árbore representativa da estación na que estamos. Primeiro calcamos a nosa man, para pintala con témpera marrón. 
Decoramos coas cores que atopamos estos días polo cole: verdes, laranxas, amarelas, vermellas.
Pero que artistas sairon estes peques de 3 anos!

FACEMOS MAXIA: MEZCLA DE CORES!! Estes peques son moi magos!!!!


QUE PASA SE MEZCLAMOS O AMARELO CO AZUL? SAIRÁ VERDE???
Traballamos os conceptos dentro e fóra. Pintamos co noso dedito máxico dentro do círculo.

Recoñecemos as cores amarela, vermella e azul. 
Tamén por fóra do círculo:
Recoñecemos as cores laranxa e verde.
Pero mirade como fixemos círculos de cores. 
Estes nenos teñen moita maxia! Sairon xenial!!!
Seguimos xogando, non pensedes que traballamos seguido!! A construír!!!!
Máis maxia para rematar a semana!! Que pasa se xunto a cor vermella coa azul???

Sairá violeta???
Imos probar...



E... finalizamos con unha SONRISAAA de venres!!! Bo fin de semana!!!!


Venres 14 outubro 2022

OS NOSOS PRIMEIROS TRAZOS e SEGUIMOS COAS CORES!

Esta semana seguimos descubrindo cores e tamén estamos empezando a facernos a nós mesmos.

Na asamblea traballamos un montón de cousiñas, eleximos o encargado, cantamos cancións, miramos en que día da semana estamos e ata sabemos que estamos no outono. Mirade que argallada fixemos para celebrar o outono na nosa clase.

A partir da nosa foto fixemos a barrigola, as pernas cos pés e os brazos coas mans. Que divertido é debuxar con rotus!!


Repasando letras para titular o noso mural: O OUTONO NA CLASE DE 3 ANOS.
Pegando follas de papel das cores desta estación.
Esperamos por Anxo para colgar o noso mural:
Que chuli nos quedou!!!
Á vez seguimos descubrindo cores no libro de Hervé Tullet. Nesta ocasión unimos as cores iguais con ceras da mesma cor.
Pintamos as nosas mans de cores, que gustou moitísimo!!
Unha vez que secou, decoramos a nosa clase, porque as nosas mans déronlle moita cor. 
Esta semana tamén traballamos os conceptos encima-debaixo e estivemos pegando pegatinas:
Seguimos xogando cos xoguetes da clase: coa cocinita, cos coches, cos animais, coas pezas de construción, a plasti... pero tamén  xogamos a uns xogos novos;  un tanto dificiles ou non? Tiñamos que coser, manter o equilibrio e facer series cos tapóns das botellas. Pásamolo moi ben!
SONRISA DE VENRES!!! Bo finde!
VENRES 21 de outubro de 2022

AS CORES E OS CÍRCULOS

Esta semana seguimos xogando coas cores e tamén con unha forma moi circular.

Por primeira vez no cole usamos o lapis e despois repasamos os círculos con rotu!

Artistada de cores a partir dun círculo:
BRAVO!!!!
LIBRO COLORES de Hervé Tullet. 
Fixemos maxia de novo!!!Repasamos as cores aprendidas e descubrimos outra mezcla moi guai. Que pasa se a cor vermella a mezclamos coa amarela.....que cor sae?

A LARANXA!!!!!


Descubrindo o poder do PUNZÓN!!!e pica, jajajaja!
Mirade que ben picamos!!! Despois puxemos papeis de cores por detrás: azuis, verdes e vermellos.
O xoves convertémonos en grandes pintores facendo grandes obras de arte! Raias, círculos, manchiñas...todo vale nesta artistada de cores.  A profe está moi contenta co ben que estamos traballando!! Usando moitos colorines, CHULADA!!!!
Ata luns compis, hoxe había máis nenos na casiña que no cole. Recuperádevos prontiño!!! SONRISA de VENRES!!
Sábado 29 outubro 2022
COMPOSICIÓNS CON PEGATINAS DE DISTINTOS CORES E FORMAS.
ARTISTADAS CHULIS!!!
PREPARANDO SORPRESAS!!!!!!!! Que non vos podemos ensinar por agora pero están quedando moi ben. 
Venres 4 de novembro 2022

REMATAMOS O PROXECTO DAS CORES!

 Esta semana foi cortiña pero traballamos un montón. Probamos novas mezclas coas cores brancas e negras. Que pasaría?
Esta semana o conto das cores non o contou a profe, contárono os nenos entre todos. 
Traballamos a cor branca.

Mezclando o branco coas cores que xa sabemos: laranxa, verde, rosa, azul, vermella, amarela e violeta.
Unha vez que mesturamos todo ben, fixemos trazos no noso mural: raias e círculos.
Resultado:
O xoves fixemos algo parecido ao mércores solo que desta vez empregamos a cor NEGRA.
Mezclando coas cores que xa coñecemos:
Facendo artistadas no papel continuo:
Colgamos os dous murais no noso corcho e podemos observar a diferencia, cal nos quedou máis oscuro e cal máis branco!

O venres aprendemos dúas formas diferentes para chamarlles os nosos dedos. Primeiro xogamos con unha canción:

Despois pintámolos con témpera de cores cada un dos nosos dedos:
Rematamos este proxecto; XOGANDO!!!!
O libro remata decíndonos que unha vez que xa vimos todas as cores tócanos miralas, mezclalas, descubrilas e xogar con elas para divertirnos moito.
A semana pasada dixemos que estabamos facendo unha artistada relacionada con este proxecto que ia ser unha sorpresa...esperamos poder rematala prontiño para que a vexades todos/as. 
Sonrisa de venres!!! Boa fin de semana. Ata luns!!!
Venres 18 novembro 2022

SORPRESA!!!Gústouvos a artistada  que fixemos para rematar o proxecto das cores! Un recordo da nosa pegada da nosa man do 1º trimestre de 3 anos!! Colocádea como un dos maiores premios.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!