sábado, 31 de outubro de 2026

AS MEIGAS AULA VERDE

Vivimos uns días cheos de misterio, fantasía e descubrimentos! A nosa aula transformouse nun pequeno mundo de meigas, fantasmas e criaturas sorprendentes.

Entre cabazas arrepiantes, disfraces, pócemas misteriosas, lendas, gatos negros e moitas historias, seguimos mergullándonos no universo das meigas en Galicia. 

Houbo tempo para investigar, observar, experimentar, crear e deixar voar a imaxinación… e tamén para saír da aula e gozar do teatro, achegándonos ao mundo das historias contadas sobre o escenario. 

Unha semana na que aprendemos xogando, compartimos experiencias, vencemos algún que outro medo e descubrimos que detrás de cada lenda hai unha historia que merece ser coñecida.

Porque aprender tamén pode ser misterioso, divertido e… un pouquiño arrepiante!

E isto non remata aquí… As nosas meigas aínda teñen moitos segredos por descubrir!

Fantasmas, cabazas...festas de Samaín!!

 Estos días fixemos cabazas, fantasmas, disfrazamonos e pasámolo pipa descubrindo o noso proxecto das meigas.

venres, 30 de outubro de 2026

PROXECTO: Meigas e o Samaín !

 Estas 2 semanas achegámonos á conmemoración do Samaín para a que xa faltaba pouquiño! Falamos dos contos de medo e todas as cousas que neles saen pero que son de mentirixiña, só para divertirnos. 

Saída: Monstro de cores

 Hoxe saímos de excursión a Lugo cos nenos e nenas de todo infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. Chegamos ó auditorio Gustavo Freire para ver a obra de teatro "O MONSTRO DE CORES" e foi un éxito!

xoves, 29 de outubro de 2026

Celebrando o Samaín entre disfraces e unha merenda monstruosa!

Esta semana conmemoramos o Samaín! Todo neno e nena que quixo puido acudir ao centro disfrazado, e viñeron moi monstruosos!
Ademais, os nenos e nenas de infantil prepararon unha merenda eles mesmos.

mércores, 28 de outubro de 2026

Cumples de GAEL, IKER e VERA !


Este mes celebramos os cumples de setembro. Fixémolo así para darlles tempo a adaptarse un pouco máis ás rutinas e normas do cole e poder disfrutalos en condicións.

sábado, 24 de outubro de 2026

AS MEIGAS AULA VERDE

 

COMEZAMOS NOVO PROXECTO: AS MEIGAS EN GALICIA! 

Quen son as meigas? Como viven? Quen as acompaña? Que fan? Onde se agochan os seus segredos?

Comezamos unha nova aventura na que, durante o que queda de trimestre, investigaremos o fascinante mundo das meigas en Galicia. 

O primeiro paso foi escribir a carta para as familias, contándolles o noso novo reto e convidándoas a acompañarnos nesta viaxe chea de misterio, tradicións, lendas e descubrimentos.

📚🌳 Abrimos as portas á imaxinación, á curiosidade e á cultura popular galega para descubrir todo o que se agocha detrás das nosas meigas.

venres, 23 de outubro de 2026

A mamá de Leo Lombao conta o conto da BRUXA PELUSA! Moitas grazas Eva.

  Comezan as visitas das familias, hoxe veu contar o conto da Bruxa Pelusa a mamá de Leo Lombao. 

xoves, 22 de outubro de 2026

Magosto !


Hoxe celebramos a festa do MAGOSTO no cole. Fixémolo cunha sesión de xogos no ximnasio e participaron todos os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria. Pasárono pipa!

martes, 20 de outubro de 2026

luns, 19 de outubro de 2026

As meigas!!!Novo proxecto

Comezamos o proxecto deste trimestre: As meigas. Semana a semana iremos coñecendo máis sobre estes personaxes.

sábado, 17 de outubro de 2026

Comezamos o proxecto: AS MEIGAS !

Como sabedes, comezamos xa co proxecto deste trimestre sobre as MEIGAS e todo o seu universo de maxia.

sábado, 10 de outubro de 2026

PRIMEIRAS SEMANAS EN 6º DE INFANTIL

 


En 6º de Educación Infantil… mudámonos de clase!

Comezamos unha nova aventura chea de ilusión, descubrimentos, xogos e aprendizaxes. Medramos un pouquiño máis e estreamos unha nova aula onde compartiremos momentos inesquecibles, novas experiencias e moitas sorrisas.

Plantación de outono: brócoli, leitugas e coliflores.

 No outono imos a horta? Este ano plantamos no noso bancal no mes de outubro e imos observar que lle pasa a estas verduras que puxemos. Un traballo en equipo, de investigación, porque o cambio no tempo influirá na nosa plantación? Chegaremos a saborear as coliflores, leitugas e brócolis? 

Proxecto Meigas

Esta semana tivemos unha sesión de contacontos especial na biblioteca do noso cole. Unha meiga coñecida agardaba para contar un conto divertido titulado "¡Cómo mola tu escoba!", de Julia Donaldson.

Este conto gustou moito e é o tema principal do noso proxecto trimestral. Neste proxecto coñeceremos

venres, 2 de outubro de 2026

O primeiro mes en 5º de educación infantil!!

Tardamos 8 días en xuntarnos todos xuntos, pero a fin o venres 18 de setembro a clase de 5º de educación infantil comezou a andar rumbo a un ano cheo de aventuras e sorpresas.