CREADORES (4ºEI: CLASE VERMELLA)

 

Venres 4 novembro 2022

Para a vindeira semana comezamos NOVO PROXECTO: CREADORES!! 

Os nenos decoraron as cartas que levan hoxe para a casa por se queredes colaborar connosco e aprender todos xuntos sobre os contos. Estamos abertos a calquera aportación. Graciñas. Un exemplo dunha carta:
Venres 11 novembro 2022

COMEZAMOS NOVO PROXECTO: CREADORES...CONTANDO CONTOS!

Comezamos novo proxecto!!!! Un proxecto que nos gusta moito porque imos traballar con contiños.
Neste proxecto de CREADORES; comezamos con un personaxe moi particular. Con el imos descubrir as partes dos contos e moitas aventuras máis. 
Titúlase ÑAC-ÑAC EL MONSTRUO COMELIBROS!!
É un monstruo moi argalleiro que lle gusta roer os libros e colarse nas súas historias. É amarelo e bastante redondiño. Mirade que ben o debuxaron!!!
Pintamos un moi grande para que decore a nosa aula entre todos/as.
O xoves Samuel e Noa remataron de colorealo e xa o colgamos do teito. Agora xa estamos máis tranquilos que xa temos quen nos vixie os contiños que temos na clase. 

GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR!!!Aportacións que nos chegan dende a casa. 

SAMUEL: trouxonos un conto dun león que lle picaba moito a cabeza porque tiña arañas, que divertido!!!
Cos contos imos traballar sobre o papel debuxando o que máis nos gustou dese conto, fixemos un león. Todos quedaron super chulos.
PABLO: trouxonos un conto no que tamén había 3 crebacabezas. O contiño aínda non o lemos pero si xogamos cos crebacabezas entre todos.
AHMED: trouxonos un conto sobre un erizo que celebraba os seu cumpleaños!!
Despois debuxamos o erizo e tamén quedou super ben.
Dalgún conto que nos vaiades traendo imos facer algunha marioneta para unha argallada que andamos tramando entre todos. Esta é unha marioneta de león.
Rematamos o venres con unha sonrisa. Hoxe tivemos a nosa primeira saída e pasámolo moi ben na carballeira de San Paio en Sistallo comendo castañas. Estade atentos a publicación que faremos do magosto para que vexades o diver que o pasamos!!
Boa finde peques! Ata luns!!!

Venres 18 novembro 2022

SORPRESA FINAL DO PROXECTO DAS CORES E SEGUIMOS CONTANDO CONTIÑOS

Esta semana descubrimos onde podemos atopar moitos libros, un lugar increíble para sentarnos a escoitar moitos contiños. 
ONDE ATOPAMOS CONTOS NO COLE? NA BIBLIOTECA, fixemos un laberinto para descubrila!!
Visitamos a biblio do cole e lemos contiños. Na clase tamén temos contiños pero na biblio hai moitísimos.
Esta semana traballamos os conceptos GRANDE e PEQUENO cos nosos libros.
Grande:
Pequeno:
XOGO DE COMPARACIÓNS (ata atopamos libros iguais).
Seguimos xogando. Traballamos moito pero aínda nos queda tempo e tempo para xogar. Xogos de equilibrio, series e construcións na mesa de luz. 
Nesta semana contamos os seguintes contiños:
ALANA: trouxonos un libro de Peppa Pig e os unicornios. Gústounos moito porque tiña moitos colorines.
Mirade que unicornios tan chulis fixemos!!
PAULA: trouxonos o conto do gato Mickey, este gato estaba durmindo moi tranquilo e viu correndo un rato, intentou collelo pero cando cansou de correr tras el déronse conta que o mellor era non molestarse cando se atoparan pola casa e quedaron de amigos.
Debuxiños do gatiño!! Con bigotes!! Quedaron xenial.
UXÍA: trouxonos un conto de Peppa Pig que ia de vacacións coa súa familia. Prepararon a maleta e subiron o avión porque foron a Italia. Pero, nesa viaxe Peppa perdeu moitas veces o seu osiño Teddy e grazas a un policía que sempre llo encontraba. Gustounos moito. 
Debuxiños de Peppa Pig, pero que ben debuxan este peques!! Moi ben!!
ALMA: chegou ao cole cargadiña de cousiñas para este proxecto (conto con animais para xogar, marionetas, crebacabezas, dominó de animais, pouco a pouco iremos xogando con todo o que nos trouxo). Esta semana contounos o seu conto; Pepo descubría o traballo nunha granxa por un día e descubriu un montón de animais. Para a semana seguiremos descubrindo máis cousiñas que traía na súa bolsiña. 
Algúns nenos debuxaron a Pepo, outros os animais pero todos quedaron fenomenal!
Despois do recreo do xoves, Alma elixiu a Valentina de axudanta e xuntas volveron a contar o conto pero desta vez empregando unhas marionetas super molonas de animais.
THIAGO: trouxonos un conto que falaba de como podían ser  os libros: grandes, pequenos, de aventuras, con personaxes bos, malos...
No debuxo, intentaron facer un libro onde cada un debuxou un protagonista distinto. Super ben!!!
MIRADE!!!o noso recuncho do proxecto xa vai medrando e cada vez temos máis cousiñas para traballar con elas. MOITAS GRAZAS FAMILIAS, por toda a vosa dedicación e querer colaborar con nós. Quedan máis contos encima da mesa da profe, para a semana tocaralles o seu turno. 

VISITAS ESPECIAIS
O mércores veu contarnos o contiño a mamá de Luca, entre os dous contáronnos un conto que nos gusta moito e é o preferido de Luca, Corre corre, cabaciña. Encántounos. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
MONTSE (mamá de LUCA)
Sonrisa de venres!! Hoxe temos algo que contarvos, hoxe comezou o cole na nosa aula de 3, Izan, o novo compi!! Ata luns, que nos agardan máis sorpresas.
Venres 25 de novembro 2022

Seguimos contando contiños e coñecendo as partes dos libros !

Esta semana seguimos contando contiños, que nos encantan e tamén coñecemos as diferentes partes dun libro. 
PARTES DOS CONTOS!
Esta semana descubrimos que o que escribe un libro chámase AUTOR ou AUTORA, dependendo se é chico ou chica. Tamén o que fai os libros é a editorial, que os imprime e quedan moi chulis todos.
Repasamos o concepto de grande a través de personaxes de contos. Hai un personaxe que gusta moito que é a toupiña. 

CONTANDO CONTIÑOS (graciñas por participar familias, aos nenos encántalles contar os seus contiños e mostrarnos todo o que van traendo para o recanto do proxecto).

PABLO: contounos un conto de animais, ata contamos e buscamos animais nas imaxes que nos ia mostrando no libro. Que divertido!

Debuxiños do conto de Pablo, os nenos/as debuxaron os animais que máis lles gustaron da granxa do conto. Uns debuxos moi chulis!!
LUCA: trouxonos un conto sobre a historia dunha pinga de auga. Fíxoo moi ben, nótase que é un dos seus contos favoritos. 
Debuxiños da pinga de auga!! Estupendas gotas!!!!
PATRICIA: trouxonos un conto dun canciño que perdera a súa pelota. 
Debuxos do canciño e a pelota. Moi ben!!!!
VALENTINA: trouxonos un conto dos animais, gustounos moito porque descubrimos onde se escondián os animais que ian aparecendo. O último era un elefante e tiñamos certas dúbidas de como andaban e se a trompa tamén a empregaban para andar. Por iso collemos un elefante da clase para investigar máis en profundidade.
Debuxiños de conexiños, xa que a Valentina gústalle moito! Quedaron xenial.
ALMA: Non mentimos cando dixemos que Alma chegara ao cole a semana pasada cargadiña de cousas para encher o noso recuncho do proxecto. Mirade, mirade!!
Primeiro explicounos os xogos que trouxera e logo ensinounos como xogar. O crebacabezas costounos ao principio pero despois fixémolo sen problema. Que chachi!! 
VISITAS ESPECIAIS
O mércores veu contar un contiño a mamá de Daniela, entre as dúas contáronos a historia do Osiño Tito que viaxaba ao espacio e todo o que alí observaba. Gústounos moito!!MOITAS GRAZAS.
ANA (mamá de Daniela)
Non é sonrisa de venres, pero si sonrisa dun día desta semana, xa que estabamos todos xuntos!! Que guapos/as saimos!!!
Pero si despedimos o venres con unha artistada das que nos gustan moito e expuxemos no noso mural das obras de arte!! Porque esto si é unha gran obra de arte!! Parabéns peques!!!
Decorando un marco para debuxarnos nós dentro! 
CHULADA ARTISTAS!!!!Ata luns!!!
Venres 2 de decembro de 2022

QUE PRECISAMOS PARA UN CONTO?

Esta semana comezamos a ver os "ingredientes dos contos". 

Empezamos polos personaxes. No conto que estamos traballando neste proxecto o noso protagonista é ÑAC-ÑAC.

Os autores e autoras escriben sobre distintas personaxes. Poden ser persoas, animais, cousas ou seres imaxinarios como o noso Ñac Ñac.
Mirade que personaxes tan diversas creamos! Quedaron super "chachis" peques.
Repasando e trazando círculos.
CREANDO MARIONETAS
Cada neno/a elexiu a cor dun calcetín que lle gustaba e despois elexiron ollos e orellas. Para a boca, a profe fíxonos traballar un pouquiño e empregamos por primeira vez a tesoira. Temos que ter moito coidadiño porque nos podemos cortar.
Pero mirade que marionetas (cada unha é unha personaxe distinta, creo que hai moitos animais, jajaja) creamos para os nosos contos!!!COMO MOLAN.
A nosa marioneta é como Ñac- Ñac.
Ten BOCA para falar.
Ten OLLOS para ver.
E ORELLAS para escoitar.
Como estamos enchendo o noso recanto do proxecto!!!!

CONTANDO CONTIÑOS (moitísimas grazas por todas as aportacións que nos estades achegando).
ARON: trouxonos un conto moi divertido, como unha eruguiña ao longo dunha semana comeu e se converteu nunha fermosa bolboreta! Gustounos moito. 
Mirade que debuxos tan chulis fixemos da eruguiña.
O xoves repasamos o conto que nos trouxo Aron na mesa de luz da biblioteca!! Como molou!!Contamos o que ia comendo cada día, porque esta eruguiña era moi comellona!!
Despois fixemos unha marioneta:
VISITAS ESPECIAIS
O luns comezamos a semana contando un contiño grazas a mamá de Héctor, entre os dous contaron a historia de Hansel e Gretel e a casiña de chocolate. Xenial familia! MOITAS GRAZAS.
Silvia (mamá de Héctor)
O martes, o irmán de Luca contounos un conto dos tres porquiños. Gústounos moito e mirade que aproveitamos para facer.
Falamos dos contacontos. Un contacontos é aquela persoa que conta contos, pode facelo de diferentes maneiras: lendo, recitando, con marionetas, na mesa de luz....e entón démonos conta que nós somos uns estupendos CONTACONTOS!!!
Como nos gustou moito ese conto, estivemos pintando as tres casiñas, a amarela é a de palla, a marrón de madeira e a laranxa de ladrillo. Tamén pintamos os tres porquiños e estivemos xogando con eles, buscando cal era máis grande e cal máis pequeno.
Luca púxose moi contento porque nos gustou moito o conto de seu irmán.
Deixamos un contiño dos tres porquiños que vimos na pantalla:
Rematamos a semana con unha SONRISA DE VENRES!! Ata luns peques, a descansar o fin de semana.
Venres 16 de decembro 2022

O resto dos ingredientes: LUGARES, PROBLEMA E SOLUCIÓN.

Estas dúas semanas andamos rematando o proxecto dos creadores.

Samuel tamén ten a súa marioneta.
Fixemos a marioneta dun elefante para despois montar un contiño cos nosos personaxes.

Seguimos profundizando nos INGREDIENTES DOS CONTOS.
QUE SON OS LUGARES? Paisaxes por onde transcorre a historia. Cando traballamos sobre o papel vimos os contos que mordera ÑAC-ÑAC.

Nos nosos contos, atopamos lugares como: bosques, selvas, casas, xardíns, o espacio... 
Mirade que chulos nos quedaron os lugares nos que nós quixemos aparecer.
Creando un lugar para o noso conto final. Separamos o ceo da terra. Pintamos con esponxa e pincel.
Debuxamos uns árbores en forma de triángulo que estampamos e despois co noso dedo fixemos o tronco.

PROBLEMA. Nas historias sempre hai un problema ao que lle temos que dar unha solución. O problema do noso ÑAC-ÑAC é que lle gusta morder as páxinas dos libros para meterse nas súas historias. 
SOLUCIÓN: méteno nunha caixa pero ÑAC-ÑAC mórdea e volve saír para seguir roendo os libriños. Este ÑAC-ÑAC é moi trampulleiro, jajaja. Pintamos o noso protagonista da historia de amarelo e puxemos uns palillos como se estivera encerrado nunha caixa. E tivemos que facerlle unha porta porque ao final do conto sae...ao mellor para meterse nos contos da nosa casiña. Tede coidado!!!!!
Última marioneta, fixemos unha vaca. Estas marionetas escollémolas para facer o noso propio conto. Son escollidas a partir dos contos que chegaron á aula.
Seguimos CONTANDO contiños
MARTÍN: trouxonos un conto dunha gatiña que se chamaba Lúa, gustaballe viaxar nos seus soños e ter moitas amigas para xogar. A súa avoa non lle deixaba saír da casa polos perigos que había fóra. Un día no parque, escapou e a súa avoa estaba moi preocupada. Cando atopou a Lúa díxolle que quería coñecer o mundo e non estar encerrada na casa, que había perigos pero que ela ia saber como resolvelos como cando lle escapou o canciño. Encantounos o conto Martín.
Que chulos nos quedaron as LÚAS que debuxamos todos! Xenial peques.
MARTINA: trouxonos un libro no que nos falaba do que facía Paco ao longo dun día co seu amigo. Ata nos trouxo o boneco Paco. Gustounos moito.
Debuxos do paxaro máis molón! Super chulis peques!

LUCAS: trouxonos un conto de animais e que podiamos xirar e cambiaba de animal.
Debuxos de diferentes animais do conto. Super ben peques.
LUCA trouxonos un extraño  boneco que nos contou un conto. Luca tivo que peinalo e empezou a contarnos o conto dos 3 porquiños. Quedamos todos abraiados. Nos tamén soplamos moito como o lobo para derribar as casiñas dos porquiños.

Esta semana foi de sorpresas porque AHMED e a súa MAMÁ contáronnos un conto que gravaron na súa casiña e vímolo na pantalla da nosa clase. A galiña Clementina. Fixéstelo super ben, encantounos o ben que nos contastes este conto tan diver.
Agora que estamos a piques de rematar este proxecto agradezemos un montón todas as aportacións que nos fixestes chegar. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!!

SONRISA de VENRES!!! A descansar moito para rematar a última semana do cole deste ano peques.
Ata luns.
Mércores 22 de decembro 2022

REMATAMOS O 1º TRIMESTRE ELABORANDO UN CONTO!!!!DESFRUTADE DOS TRABALLIÑOS

 

Rematamos o 1º trimestre e estes peques traballaron un montón. 

PORTADAS DO PROXECTO CREADORES!!! Quedaron chulísimas!!!


Última lectura dos contiños do recanto para que volvan de novo as bibliotecas das vosas casas.
CREANDO O NOSO CONTO con todo o traballado neste proxecto e as marionetas que fomos facendo.

TÍTULO: OS ANIMAIS

AUTORES:RIHANA-THIAGO-ANXO-HÉCTOR-ARON-NOA-MARTINA-DANIELA-VALENTINA-LUCA-ALMA-PATRICIA-PAULA-SAMUEL-IZAN-LUCAS-UXÍA-AHMED-ALANA-PABLO-MARTIÑO-MARTÍN.

EDITORIAL: VIRXE DO MONTE

1. PRINCIPIO: Érase unha vez un león, un elefante, unha oruga e un páxaro que vivían nunha selva.
2. QUE OCORRE? Atopáronse cunha vaca e coidarona moito.
3. DESENLACE: Decidiron levala para a selva para xogar todos xuntos e ser amigos para sempre.

Debuxamos e colorareamos!!FANTÁSTICO!!!!!!
Lendo o noso contiño:
Xogando coas marionetas no escenario: a selva onde vivían os animais.
Pintando letras para decorar a maleta dos contos.
Cargadiños cos nos nosos traballiños. Ensinádellelas as vosas familias, traballastes moi ben!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!