Arte! (5º EI_Aula de azul)

PROXECTO DE ARTE NA CLASE DE AZUL!

 Arte: Comezamos con Van Gogh!


Como sabedes demos comezo o noso proxecto de arte! Pese a que os últimos días estiveron moi atarefados cos preparativos do entroido e o día de Rosalía de Castro, comezamos a investigar en internet e a traballar un pouco no noso libro de Van Gogh.






Seguimos traballando a conciencia fonolóxica, a lectura e a escritura a través da asemblea, cancións, xogos e tamén en papel.

Chegaron os primeiros materiais!

DANA fixo unha manualidade con cartóns e pintura de cores coa que repasamos vocabulario relacionado co proxecto e co que poderemos xogar no recanto de arte. 
Trouxo:
1 CABALETE
1 PALETA
1 BROCHA
1 CADRO moi fermoso!
MARTINA elaborou dúas manualidades do máis artísticas e con diferentes materiais e técnicas. Explicou moi ben como as elaborou e os materisi que empregou. Xa forman parte do noso recanto de arte!
Serviunos para falar de técnicas que podemos empregar no nosos recanto de arte, repasar cores e formas.
EREA trouxo un diorama dun MUSEO xenial! Fíxooo coa colaboración da súa irmá KATIA e entre as dúas fixeron unha chea de cadros, unha pintora que semellaba ser EREA e un cabalete. 
Por último montárono nuha caixa forrada e EREA escribiu "MUSEO DE KATIA E EREA". Sen dúbida pasrano moi ben xogando co seu traballiño!
Grazas por colaborar !

 Como sempre continuamos practicando na nosa asemblea!


Todos os días temos tempo de xogo libre para relacionarnos e xogar!
Os recreos son xeniais para disfrutar dunha carreira, ver compis doutras clases e pasalo pipa!


Avanzando sobre VAN GOGH

Esta semana continuamos traballando un tris con VAN GOGH.
Lemos un conto que nos achega a algunhas das súas obras máis famosas e que estivemos observando e comentando na clase.


A través do conto coñecemos obras nas que traballaremos máis adiante tras unha selección. Comentamos o que observamos e comparámolo con elementos da nosa contorna e a nosa vida.


"Autorretrato con sombreiro de palla":


"A cadeira":
"Campo de trigo":

"A noite estrelada":

"O dormitorio":

Recibimos unha colaboración de HUGO que fixo coa súa familia unha reprodución do cadro dos Xirasois de Van Gogh. Explicou que empregou pintura, rotus, gomaeva e pompóns. 
Tamén colaborou ALEN R. cunha chea de manualidades e contos que mostrou orgulloso na clase. Por suposto foi explicando unha por unha cada unha das súas artistadas, repasando cores e comentando o diorama de "LA NOCHE ESTRELLADA" de VAN GOGH.
Aproveitamos para ler o conto de Van Gogh e próximamente leremos o de DAVINCI.
Entre as tarefas de entroido avazamos un tris no libro.


Aproveitando que estamos vendo moitos dos cadros de VAN GOGH e que nas nosas investigacións descubrimos que facía moitos autoretratos adicamos un tempo para fixarnos nas cores e no que se podía ver. Así sabemos que é un AUTORRETRATO.
Examinamos unha chea de autorretratos que fixo. Recordamos que o seu irmán THEO lle axudaba suxeitando un espello enfronte para que se puidera debuxar con calma. 
Logo véndonos na pantalla coa cámara con efecto espello seleccionaron as cores que precisaban para facer un autorretrato deles mesmos.

Logo escribiron a palabra AUTORRETRATO e foron poñendo todos os detalles.
son uns artistas do autorretrato!
Como vimos do entroido falaron dos seus disfraces e das vacacións. Buscaron os seus disfraces ou presonaxes na pantalla e fixeron o debuxo de Entroido.
Tamén traballamos na lecto a través de xogos, cancións e en papel.

Recordarvos que podedes seguir participando na recollida de pilas.
Como rematamos o mes de FEBREIRO  fixeron entre todos a gráfica do tempo e comentámola como é costume.
Como sempre houbo tempo para xogar!!!
Grazas a todos e todas por colaborar!









Van Gogh, Frida Kahlo, risas e sorpresas!


Estas dúas semanas estivemos a traballar duro no noso proxecto!
Continuamos co libro de Vincent Van Gogh, co que imos profundizando na súa vida.



Rematamos a semana pasada cun espectáculo a cargo do paiaso David Merelas “MeRe Clown”.

No debuxo do mellor da semana vese que o que máis lles gustou foi o paiaso!

Coincidindo coa conmemoración do Día da muller coñecemos a Frida Kahlo. Achegámonos a súa figura  a través de contos e vídeos...


Pasamos a papel os aspectos máis importantes de Frida e algún dos datos que máis lles chamaron a atención.


Seguimos investigando en libros por parellas ou grupos de 3.


Buscaron e atoparon!



Buscamos en internet as súas obras fixándonos nos detalles, que pintaba, que cores empregaba máis...

Logo de tanto investigar e de falar dela reunimos conclusións e recollémolo en papel.


Continuamos a realizar traballiños sorpresa para as familias como parte do producto final do proxecto de arte e estanse esforzando moito!


Seguimos coa reciclaxe e aínda temos cousiñas pendentes na clase!



Continuará!


Entre velas e pinturas!


Continuamos co noso libro e descubrimos que a Van Gogh lle gustaba pintar pola noite empregando velas para iluminar mentres pintaba e imitámolo!

Fixeron uns debuxos á luz das velas e rematamos a semana cunha actividade de sopro.



Traballamos recreando un dos cadros de Van Gogh.

 Tamén fixeron unha reprodución dun dos cadros máis famosos de Frida Kahlo "COLAR DE ESPIÑAS". Para a reproducción da obra elixiron primeiro qué materiais se usarían e foron buscando as cores máis semellantes. Empregaron pinturas, rotus, pacuarelas e rotus de brillantina.

Moi chula!

E tivemos varias manualidades e tarefas de proxectos de gran grupo e nos miniproxectos individuais.



Non vos imaxinades a cantidade de proxectos de grupo e miniproxectiños que temos entre mans... Iredes descubríndoos pouco a pouco na terceira avaliación!

Unha semana máis grazas pola colaboración na recollida de pilas!



Manualidades, Warhol e horta!


Dúas semanas de traballo duro! Na clase de azul adicámonos os nosos miniproxectos, ós proxectos de grupo, e a avanzar no libro de Van Gogh.
Agardamos poder amosar en breves unha parde dos proxectiños!
Rematamos o mes de MARZO e preparamos a gráfica do mes para poder comentala entre todos!


Seguimos avanzando no libro de VAN GOGH a medida que imos investigando.




Continuamos co traballo sobre as letras.


A reciclaxe nunca remata, estamos moi concienciados!!

Cada un avanza nos seus miniproxectos!




Nestas 2 últimas semanas achegámonos a ANDY WARHOL. Descubrimos que facía cadros nos que repetía imaxes de elemntos famosos da súa época e que os decoraba con cores moi chamativas.

 Recreamos a súa obra de MICKEY MOUSE.

Seguindo o seu exemplo cada un elixiu o seu miniproxecto sobre Warhol.

Plasmaron en papel o que investigaron sobre ANDY WARHOL.





 Nestes días tivemos tamén a oportunidade de escoitar a exposición de ALEN R.  que nos mostrou unha pila de traballiños que fixo coa súa familia sobre PICASSO!

Mostrou unha escultura e 2 cadros xeniais! Falounos de como os fixeron e encantounos tocar os materiais. Ademais trouco unha baralla de imaxes de obras de PABLO PICASSO.

Visitamos a horta! Revidamos e están crecendo moi ben moitas das plantiñas que se plantaron. Ata sairon un par de fresas!


Á VOLTA DAS VACACIÓNS MOITO MÁIS!

YAYOI KUSAMA


Estas semanas foron moi atarefadas coa saída a Lugo e as actividades relacionadas co día do libro. Pronto poderedes ver a exposición que realizamos e que queríamos que puiderades ver a semana pasada, pero que tivemos que retrasar polo apagón. 
Sen embargo, tivemos tempo a facer algunhas investigacións e tarefiñas en papel.
 Continuamos cunha das tarefas que selecionaron de ANDY WARHOL e que vos amosaremos máis adiante. 

YAYOI KUSAMA foi a artista na que nos centramos logo de estudar a WARHOL e tivemos que investigar moito en libros, vendo vídeos e os seus cadros en internet.


Investigaron sobre as cores e formas que empregaba esta artista e plasmárono en papel.


Fixeron unha reprodución do cadr "PUNTOS " de YAYOI coas cores que ela empregou.

Quedaron chulísimos!

Seguimos co libro e con Van Gogh. Nesta ocasión un dos traballos que máis nos gustou foi a reprodución do cadro de "A NOITE ESTRELADA". Repasamo o conto no que o vimos por primeira vez e analizamos a manualidade desta obra que truxo ALEN RÁBADE. Fixámonos nas cores e formas. Logo seleccionaron as cores que máis destacan e cada un fixi a súa reproduciñon persoal.

Rematamos o mes de ABRIL e como sempre realizamos a gráfica do tempo. Analizámola e comentamos as diferenzas co mes anterior.


 

Kandinsky e Emily Kame Kngwarreye!


Na semana pasada e nesta fixemos unha chea de tarefiñas. 
Traballamos na sorpresa de fin de curso.
Traballamos un pouco en Kadinsky investigando, observando, experimentando e plasmando a información en papel.


Reproduciron unha das súas obras máis coñecidas.


Logo pasamos a Emily Kame Kngwarreye. Investigamos e comezamos a traballar.



Como sempre reproducimos unha das súas obras.
Quedoulles moi ben!

Esta semana agárdannos varias sorpresiñas!

Miró e Van Gogh...

Seguimos coñecendo distintas técnicas e artistas.

Nesta ocasión aproximámonos a JOAN MIRÓ!

Investigamos un pouco e plasmamos en papel o que atopamos.


Ademais de investigar no ordenador imaxes e vídeo, tamén nos fixamos no libro da biblio sobre este autor.


Logo fixemos unha reprodución dun dos seus cadros con rotus e tiza azul para o fondo.


Moi chuli!


Logo pasamos a retomar no noso dossier a Van Gogh sen moito que investigar, posto que xa o levamos traballando bastante tempo.


Fixemos unha reprodución da nosa obra favorita.


Tamén fixemos no libro un debuxo a partir dun círculo e quedaron moi orixinais!



E tamén seguimos cunhas manualidades que pronto veredes coa técnica de serigrafía adaptada á nosa clase.


Como fostes vendo (ou non vendo) levamos 2 avaliacións preparandovos unha sorpresiña.. e aínda nos queda!


Arte Tingatinga
Continuamos traballando no proxecto de arte achegándonos nesta ocasión a EDWARD SAIDI TINGATINGA, un artista africano nado en TANZANIA e que deu orixe á corrente artística africana coñecida polo seu apelido: TINGATINGA.

Investigamos no ordenador e observamos os cadros estilo tinga tinga repletos de animais e cores fortes.  Encantounos!

Como sempre plasmamos todo en papel.



Reprodución unha das súas obras o "LEOPARDO".
Moi chuli!


Nestes días rematamos o noso libriño das letras maiúsculas no que levan traballando mooooito tempo!
Este libro foron completándoo con apenas axuda. Traballaron a conciencia fonolóxica identificando as imaxes que comezaban coa letra que tocaba, localizándoa nun teclado, pensando unha palabra coa letra, escribíndoa e debuxando o escrito. 
Foi un gran traballo xa que, salvo moi ó principio que tiñan máis axuda, escribiron sós as palabras. Só pediron axuda en ocasións para que lles dixeramos algunha palabra despacio ou preguntando a letra en casos de b-v e similares, e non lles fixemos correccións ó que escribían, só completamos unha vez o tiñan escrito, polo que poderedes ver a súa evolución.
E como vos fomos mostrando noutras semanas, seguimos con traballos artísticos relacionados co proxecto e que son unha sorpresa!

Por suposto seguimos co noso libro de Van Gogh.


Como rematamos o mes de MAIO fixemos e comentamos a gráfica como xa é tradición de todo o curso.


E rematamos a semana coa nosa andaina solidaria!


ÚLTIMAS TAREFIÑAS!

Nos últimos días fomos preparándonos para o remate das clases e as últimas tarefas pendentes.
Fixemos os últimos traballiños, como decorar uns "MINI-VICENTS" para xogar no cuarto de Vincent Van Gogh.
Deron os últimos toques para o museo que puidestes visitar o martes pasado e que podedes ver no blogue.
Fixeron a representación a modo de escultura dunha tribo de Tanzania, de onde era Edward Saidi Tingatinga. Simulamos o aspecto de cadros que os representan empregando as mesmas cores e espampados similares ós tradicionais.


Empregamos rollos de papel dos que gardamos para reutilizar.
Por último prepararon uns animais de Tanzania sacados de cadros estilo Tingatinga.
Prepararon as bolsas para os traballos. Dun lado puxeron puntos estilo YAYOI, e do outro a inicial do seu nome estilo MIRÓ.


Prepararon as portadas do proxecto de arte.
Queadaron moi chulas!


Repasaron todos os seus traballos e foron gardándoos con coidado! 
Agardamos que hoxe chegaran todas sen percances. Traballaron moito e agora poden mostrarvos os traballiños en papel.

Pese a que estamos rematando seguimos facendo a nosa asemblea para repasar e practicar. Nesta semana practicamos a lectura na mesa de luz para variar. Cada un o seu ritmo e segundo as ganas que teñan len cousas máis sinxelas ou máis complicadas. Algún só nomea a letra, o son ou xogamos a atopar palabras cun son determinado. Hoxe sacamos unhas fotos para que nos virades en plena faena.
Visitamos a clase de 5 anos na que nos instalaremos o próximo curso.
Revisamos a horta que se ve moi frondosa pese a que xa se recolectaron cousiñas.

Mañá remataremos cun gran día xuntos!


O NOSO MUSEO!

O proxecto de arte que estivemos levando a cabo estes 2 trimestres tiña como finalidade coñecer distintas técnicas e estilos artísticos arredor do mundo para poder construír un museo.
 Así, fixemos un percorrido a travñes dos 5 continentes e figuras destacadas de cada un:
En América: FRIDA KAHLO e a ANDY WARHOL.
En Asia: KANDINSKY e KUSAMA YAYOI.
En Oceanía: EMILY KAME KAWERREYE.
En Europa: MIRÓ e VAN GOGH
En África: EDWARD SAIDI TINGATINGA
Cada aula adicouse a profundizar máis en 2-3 dos artistas para ir conformando un MUSEO completo!
Ademais as aportacións das familias tiveron un lugar especial no centro do noso museo!
A inauguración do museo para os nenos e nenas de infantil tivo lugar o luns 16 de xuño logo de moito esforzo. 
Para inauguralo tivemos unha sesión especial de contacontos a cargo da profe Mel e logo fixemos un percorrido polo museo no que os nenos e nenas foron explicando un pouquiño cada aprte do museo.


A continuación podedes ver todo o que se traballou para o noso museo en cada clase!

Na clase verde traballamos a MIRÓ
A súa obra neno imaxinario

a escultura MULLER PÁXARO
E a YAYOI KUSAMA
Entre as dez mellores obras atopamos:
A flor que florece no meu corazón

O inverno que pasa
 Espellos infinitos
Obsesión polos lunares
Amor eterno polas cabazas





Na clase de azul traballamos máis en profundidade para o noso museo en 3 artistas.
Traballaron moito tempo en cada miniproxecto individual e grupal e esforzáronse un montón! 

FRIDA KAHLO

A primeira artista foi FRIDA KAHLO.

Investigouse un ontón e decidimos que íamos facer para o museo. Como somos poucos cada un elixiu qué quería recrear.
A HUGO gustoulle moito o cadro das SANDÍAS onde Firda escriviu "Viva la vida"
ALEN tras darlle oitas voltas fixo a Frida na CAMA pintando, xa que como tivo probemas de saúde sempre, adoitaba a ter que pasar moito tempo en cama, onde pintaba empregando un cabalete e un espello que estaba fixado sobre ela.
DANA quedouse co a recreación do cadro de autorretrado do GATO.
ALEN  elixiu un cadro de autorretrato con MONOS.
MARTINA fixo un cadro homenaxe cunha frasse de Frida. debido ós probemas de saúde tiña que pasar moito tempo encerrada e na cama e fíxose famosa a súa frase de "Pies, ¿para qué los quiero?, si tengo alas para volar".
DAVID decantouse por recrear a casa de Frida, coñecida como a CASA AZUL que agora é un museo en México.
EREA quixo facer a MUÑECA de Frida! levounos un montón, pero quedou moi ben!
RAYAN recreou un cadro de Frida con TRENZA e BOLBORETAS.
ROMEO recreou un dos cadros de autorretrado con PERICOS, que eran os animais favoritos de Frida!
Fixeron composicións con elementos dos cadros de Frida Kahlo.Eles decoraron os marcos, elixiron cores, materiais, idearon que facer, cortaron e colocaron e pegaron todo  salvo o que requería silicona.


Entre todos fixeron unha FRIDA KAHLO con xornais e revistas.

ANDY WARHOL

O segundo artista que nos tocou facer para o noso museo foi ANDY WARHOL.
Investigaron moito e atoparon que Warhol facía ilustracións con imaxes famosas da actualidade do mmoento.
Por iso fixeron unha tarefa semellante á de Mickey mouse pero con debuxos animados famosos para os nenos e nenas da clase. Cada un elixiu a súa caricatura preferida. 
A ver se adiviñades cal fixo cada un!


Fixemos o mesmo pero cos nenos e nenas da clase!

Tamén pintaron unha escultura de Warhol que quedou moi ben!


Fixeron serigrafía como Warhol en versión infantil.

EDWARD SAIDI TINGTINGA

O terceiro artista ó que nos adicamos na clase de azul foi Edward Saidi Tingatinga. 
Fixeron unha reprodución sobre "hueveras" do cadro "Leopardo".

Seguindo o estilo artístico Tingatinga traballamos distintos animais do continente africano.

Fixemos a representación a modo de escultura dunha tribo de Tanzania. Simulamos o aspecto de cadros que os representan empregando as mesmas cores e espampados similares ós tradicionais.


Quedaron xenial elixindo os detalles de forma individual.

Por último, seguindo o estilo Tingatinga decoramos animais de Tanzania que se ilustran neste tipo de arte.




Na clase de vermello traballamos os seguintes artistas:

KANDISKY
Decorando as letras coas formas que empregaba.
Pintando ó artista e localizando onde viviu.
Pintando as súas formas máis características dos cadros.
Artistada: CORTINA DE FORMAS DE CORES DE KANDISKY


CREACIÓN PROPIA. Árbore ao estilo Kandisky

Estampando a nosa man para simular unha árbore.
Recortando e pegando para facer a composición.

VICENT VAN GOGH
Decorándoo e buscando o país onde vivía.





Representamos un dos seus cadros máis famosos. Os xirasois, con nós de pintores. Ata a boina debuxamos.
Grafismos de xirasois.
Outro dos seus cadros máis famosos: A noite estrelada.
Intentamos facer a súa habitación con obxectos e xoguetes que tiñamos pola clase.
 
EMILY KAME KNGWARREYE
Quen foi Emily Kame?

Pintando un dos seus cadros que non tiña título.

Pintando sobre tea, porque a Emily empregaba este material para súas produccións.





Levando os  traballiños da casa para o museo.

Por último a sección especial de colaboracións das familias!


Como sempre agradecer ás familias a súa colaboración, e moi especialmente a todos os nenos e nenas de infantil, que se esforzaron durante meses para ofrecer o mellor de cada un!
Rematamos un gran proxeco cun gran museo. Agardamos que disfrutarades tanto como o fixemos dende a escola. Foi moi emocionante!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!