PEIXE ARCO DA VELLA (5º EI_clase de VERMELLO)

 

Venres 6 de outubro de 2023

O PEIXE ARCO DA VELLA!


Este pasado martes tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca do cole co libro de "El pez Arcoíris" de Marcus Pfister.
Con este conto
entretido coñecemos a aventura dun peixe arco da vella e os seus amigos. Todos xuntos cantamos, pasamos un tempo divertido e demos o primeiro paso para o noso proxecto trimestral!
Aquí unhas imaxes do contacontos, canción e baile!

Clase de VERMELLO

Fixemos un recordo do peixe máis colorido que ata o de agora coñecemos:

Os peixiños nadando sen parar na aula vermella para chegar as todas as vosas casas.
Preparamos a carta para mandar as casas, empregamos os lapis de madeira, os rotus brilli brilli e moito brilli brilli:
Quedaron todas moi vistosas, co noso peixe arco da vella!

Mércores 11 de outubro de 2023

Todos xuntiños arrincamos novo curso con novas aventuras e novos proxectos.

Ideas previas sobre os peixes, debuxamos un peixe coa nosa man:

1º Pintamos a nosa man e estampámola.2º Picamos.

3º Dándolle forma ao peixiño.
Resultado: Que bonitos!


Despois da sesión do contacontos, comezamos a traballar sobre o papel o conto:
Este peixe é como arco da vella, ten moitas cores. 
Sobre o papel seguimos repasando os números e moitas letras que xa coñecemos.

Pintando coas cores do arco da vella
Pegando algodóns nas nubes.

Decorando escamas.

Comezamos a encher o novo recuncho do proxecto. MOITAS GRAZAS FAMILIAS, por seguir colaborando con nós neste novo curso. 

Valentina trouxo un conto que investigaremos sobre os delfíns.
Foi a primeira en contarnos un conto este curso. Descubrimos cousiñas dos delfíns, buscámolos entre as páxinas dos contos e despois traballamos sobre a ficha do conto. Este curso, na ficha do conto debuxamos personaxes de contos. Neste caso, un delfín.
Buscamos en internet curiosidades dos delfíns:

Aron trouxonos un conto que o veremos nestes días entre todos, varias cunchas e moitos peixiños de cores.
Alma chegou ao cole con dous peluches moi suaves que son o cangrexo e o polbo, ademais dun conto que contaremos todos xuntos.
Anxo dixo que trouxera un peluche do peixe arco iris porque tiña moitas cores.
Noa trouxonos un conto de buscar peixiños e outro conto que pronto contaremos para todos.
Samuel trouxo un conto, tres animais mariños e un xogo moi diver que consiste en pescar peixes dunha pecera, axudoulle o seu amigo Ahmed a pescar algún.
Lucas ensinounos o cangrexo, o tiburón, o langostino, o cabaliño de mar, a balea, a estrela de mar...
Alma volveu chegar cargada, trouxonos un conto de pintar. Dixo que o tiña na casa dende que era moi pequeniña (xa podemos enchelo de cor no recuncho da arte). Ensinounos diferentes conchas e tamén máis animais mariños e ata trouxo un cangrexo que anda. 
Ahmed chegou moi ilusionado cos animais mariños que lle deixou a súa tía. Díxonos que tíñamos que  ter coidado que trouxo algún animal moi perigoso.
Daniela trouxonos un conto que contaremos nos vindeiros días.
Martín tamén veu  cun libro parecido ao de Valentina que ten linterna no que descubriremos o océano.
O noso recuncho xa está cargadiño de moitos animais mariños, contos, xogos, cunchas, ...
GRACIÑAS!!!! Canto traballo temos por diante, debemos descubrir os segredos que esconden os nosos mares.

Venres 20 de outubro 2023

No fondo do mar...

Comezou a semana cargada de máis novidades para o noso recuncho:

Héctor trouxonos o seu pulpo de cor laranxa e con moitos tentáculos.

Luca trouxonos unha cana para pescar e unha pecera que fixo coa súa mamá, moi chula.
Noa chegou cargada tamén, trouxonos un cadro dun cabaliño de mar moi colorido, un conto, diversos libros para colorear e incluso temos acuarelas para poder pintar nun deles. Xa o puxemos no recanto da arte para poder traballar neles cando xoguemos.
Tamén nos trouxo un puzzle que montamos entre todos para ver como era.
Contamos un conto dos que trouxo Noa, nel tiñamos que adiviñar diferentes animais que había no fondo do mar. Chamounos moito a atención a medusa porque descubrimos que non ten cerebro nin corazón. Despois debuxámola na ficha do conto.
Thiago o luns non veu ao cole, e o martes descubrimos que traia o mesmo conto que contamos o luns con Noa e volvemos a contalo. Thiago tamén nos trouxo animais mariños e buscámolos no libro; a balea e o peixe payaso.
Noa volveu o martes cargada con unha pecera con animais que decorou ela mesma. Axudoulle a súa madriña. Que artistas!!!

Lucas trouxonos un conto linterna. Que interesante vai ser cando o contemos.
Ahmed foi comprar coa súa avoa e a súa nai máis animais mariños, algún non os coñeciamos ...pero enseguida Ahmed nos deu moitas pistas: pez globo, pez payaso...
Pablo chegou cargado o martes ao cole, con moitos pero moitos animais mariños, un conto e dous crebacabezas.
O crebacabezas de números foi moi doado.
Pero, o de letras costounos un pouquiño máis, pero teremos tempo este trimestre para atopar cada letra coa súa peza.
Izan chegou con unha planta do mar. Que bonito nos está quedando o noso recuncho. 
Martina trouxonos un novo conto que contaremos nuns días.
E unha pecera para pescar peixiños. Pidiulle a súa amiga Noa que lle axudara a ensinarlles aos compis como tiñan que xogar. 
Valentina trouxonos outro conto, que divertido é ter moitos contiños para contar. Deles aprendemos moito.
Alma contounos o seu conto, desta vez na ficha dos personaxes do conto debuxamos un pulpo. O pulpo ten unha cabeza e 8 tentáculos. Foi divertido debuxalo porque moito contamos para non esquecernos de ningún tentáculo.

MOITÍSMAS GRAZAS FAMILIAS!!!

Seguimos traballando sobre o papel o conto do peixe arco da vella. 
Pintando coas acuarelas os diferentes peixiños que aparecen no conto do Peixe Arco da Vella.
Aproveitamos para cazar as vogais aprendidas. Estes peques están traballando moito.
Ficha a ficha seguimos co conto, desta vez na ficha contamos peixes, cangrexos, cabaliños de mar. Descubrimos que o cabaliño de mar nada de pé, e ten ese nome porque se parece o cabalo de terra. Que curiosos son estes animais marinos. Ata pintamos con unhas ceras novas. Que rápido pintan estas ceras.
O peixiño está moi triste, de que lle serven as escamas brillantes senon ten amigos?
Xogando no recuncho do proxecto. Lemos contos, xogamos cos peixes, a pescar na pecera, a decorar libros no recanto da arte, etc.
Ata semana peques!! Bo fin de semana.

Venres 27 outubro 2023

Animais do mar!

 

Comezamos a semana recibindo cousiñas para o noso proxecto. 

Noa trouxonos dúas manualidades. A primeira é o peixe arco da vella; fíxoo coa súa mamá. Os dous peixiños fíxoos co tío Suso. Pintaron con acuarelas e decoraron con pegatinas. Que artistas os tres. 

Menuda sorpresa nos trouxo Martina, este pulpo fíxoo a súa bisa, como xa sabemos que ten tentáculos estivemolos contando, esta bisa é unha artista, non se esqueceu de nada. Tamén nos trouxo outro contiño que contaremos nos vindeiros días.
Alma trouxonos unha caixa que todos pensamos que era unha pecera, pero que equivocados estábamos. Ademais de pecera, tamén ten un xogo de equilibrio. Mirade como aguanta o peixe sen que caian os peixiños.
Para ensinarnos a pescar, chamou ao seu amiguiño Lucas, Alma é un pouco pilla que nos dixo un truco para poder pescar mellor, jaja. Temos que colocar dunha forma os peixes e despois é moi fácil. Como andamos contando cos números, despois estiveron contando cantos peixes pescaran cada un. Moi ben!!!
Esta semana comezou contando o conto Martín, é un conto linterna, descubrimos diferentes animais marinos e vimos algún animal que non está no fondo do mar, senon na orilla. Vimos diferentes plantas, canto aprendemos!. Na ficha do conto debuxamos unha ballena.
O mércores traballamos sobre as estrelas de mar e o xoves Noa chegou con esta estreliña de mar super colorida. Axudoulle a súa mamá e fixádevos fixeron os 5 brazos. Que ben!
Pablo díxonos que fora a praia e trouxera moitas conchas...e a verdá que nos trouxo moitas. Tamén nos trouxo uns crebacabezas de animais. Pidiulle ao seu amigo Lucas que lle axudara a montar un. Moi ben peques!!
Rematamos a semana contando o conto Aron, era moi visual, descubrimos os diferentes animais marinos. Na ficha do conto debuxamos unha rá, que tanto está na auga como na terra.
MOITÍSMAS GRAZAS FAMILIAS!!! Estamos aprendendo moito con todo o que nos estades traendo.

O venres pasado comezamos unha actividade, collemos uns cds en desuso, e observamos como ó movelos podíamos ver diferentes cores. Empregamos a luz da clase, a dunha linterna, metemolos na auga e cada vez víamos diferentes cores. ERAN AS CORES DO ARCO DA VELLA.

Observando e sacando conclusións:Despois decorámolos, cada grupo de tres fixo un peixe. Dous decoraban e un recortaba as aletas.Que chulis quedaron!! Que diver facer actividades en equipo.Peixiños con material reciclado de CDs.Esta semana como xa secaron colgámolos no noso corredor. 

Seguimos traballando sobre o papel o conto. Arco da vella anda preocupado e preguntalle a estrela de mar porque ninguen lle fala. Non sabe que responder e mándao preguntarlle ao polbo.

A estrela decorada.
Profundizando sobre as estrelas. Lucas trouxeranos unha, despois de investigar sobre elas debúxamolas. Lucas debuxounola na pantalla.

Datos curiosos: as estrelas non son peixes. Teñen brazos e non teñen cerebro nin sangue. 
Breve resumo das estrelas de mar:
A bailar coas estrelas de mar:

Arco da vella buscou o polbo que tiña 2 ollos moi brillantes. Mirade como brillan os seus ollos.
Profundizando máis sobre os polbos:

A bailar:
Na clase temos varios polbos, debuxámolo na pantalla e fixemos a ficha de profundidade sobre este animal marino.
Teñen tres corazóns, 8 tentáculos e moitas ventosas.
Para a semana máis peques!!! Bo fin de semana.

Venres 10 de novembro de 2023

"Curioseando" no fondo mariño!


Durante a semana de samaín e esta recibimos cousiñas para o noso proxecto, Seguimos curioseando.

Menuda sorpresa nos trouxo Noa. Mirade que pulpo fixeron ela e a súa mamá. Ademais de facer unha manualidade plástica dun narval.

Martina e a súa mamá fixéronnos manualidades. Dúas medusas (colleron un plato, cortárono á metade e pegaron papeliños, puxeron ollos moi brillantes e moitos trociños de cordóns), un peixe (mirade que escamas tan brillantes) e tamén trouxo un cabaliño de mar.
O delfín de Lucas.
A tartaruga, dous peixes e o peixe globo de Alma. Tamén mirade que estreliña de mar máis brillante fixo!.
Luca trouxonos 3 contos e todos eles veñen con animais, que diver cando os leamos.
Luca contou un dos seus contos. O do delfín.
O tiburón de Valentina
Noa trouxonos un conto curioso que contaremos nuns días. 
Lucas trouxonos tamén un conto que tamén contaremos nuns días.
Contamos o conto da Sirenita que trouxo Daniela, fixemos unha ficha onde todos quedamos moi guapos. Debuxamos o corpo e convertemonos en sirenas e sirenos. 
Quedamos todos moi guap@s!

Thiago chegou con un crecabezas.
Pediulle as súas amigas Daniela e Uxía que lle axudaran a montalo para poder ensinarllelo aos compis.
Noa contounos un conto dos tímidos. Falamos da timidez e se nos éramos tímidos. Debuxamos na ficha do conto dous peixes tímidos.
Uxía chegou esta semana ao cole moi contenta, trouxo un crebacabezas que tiña unhas gafas. Mirade canto observamos neste puzzle.
Pediulles axuda as súas compis Alma e Daniela.
Despois pasamos todos a observar o que había coas super gafas que traia o crebacabezas. 
Que fondo mariño mási chuli.
Martina contou o seu conto e fixemos unha foca no debuxo do conto.
Escoitamos unha canción moi coñecidan que fala do fondo do mar.
Lucas contounos o seu conto de linterna e descubrimos un montón de animais. Había algún que nos sorprenderon moito. Debuxamos un cachalote na ficha do conto.
O conto de Pablo era de animais, de todos os animais. Era divertido ver como pasaba as páxinas e recoñeciamos moitos dos que alí había. Na ficha do conto debuxamos unha tortuga.

FAMILIAS, moitísimas grazas!!

No samaín fixemos unha experiencia relacionada co noso proxecto. Picamos e coloreamos un pantasma_peixearcodavella.
Xogamos co imán para que voase e bailase.
E mirade como brila na oscuridade.
BUUUUUU!!!!!

Seguimos coñecendo e profundizando nos peixes. Desta vez tocoulle ao delfín.
Debuxando na pantalla e buscamos delfíns no noso recanto.


Profundizamos:

Seguimos cazando e aprendendo letras. Na ficha da M debuxamos unha medusa, moi acorde ao noso proxecto.
Pintando o arco da vella de diferentes cores, pero non das que queriamos, senon como nos mandaban os números.
Pintando o pulpo Octopus con bastoncillos. Quedaron moi chulos estes Octopus.
Seguimos cazando letras...que divertido!!
 Coñecemos ao tiburón:
Buscando tiburóns no recanto da clase.
Profundizando sobre os tiburóns:


Hoxe fixemos unha actividade moi chuli. Fixemos veleiros. Primeiro decoramos a vela con rotus, logo recortamos coa tesoira. Picamos a parte para facer  barco.
Cando xa tiñamos todas as pezas listas, montámolo. Reciclamos os tapóns das nosas botellas e collemos un palillo para suxeitar a vela. Cada neno elexiu a cor que quixo.
E mirade que barquiños máis coloridos.

Finalmente, levámoos ao noso mar improvisado. Nel navegaron grazas os nosos sopridos. Molou moito esta actividade.

Equipo amarelo:
Equipo verde:
Equipo azul:
Equipo vermello:



A semana pasada tivemos a visita de Maximus, a mascota do Breogán, que nos trouxo un contedor de reciclaxe de escritura; podemos meter bolis, rotus, fluorescentes, etc. Deixovos o enlace do blog da biblio onde temos a visita que nos pasou a saudar e bailar con nós.

https://bibliocpivirxedomonte.blogspot.com/2023/11/a-fundacion-breogan-e-o-seu-programa.html#more

Dende a clase comezamos a colaborar con rotus que xa non pintaban.
Thiago trouxo un rotu da casa para o noso contendor.
Animádevos a participar!

Este curso estamos poñendo a pensar moito a nosa cabeza, xogamos moitas veces a xogos de mesa onde temos que pensar para poder xogar e descifrar o reto que se nos propón.

Rematamos esta publicación cunhas fotos da semana pasada de recordo do samaín.

Bo fin de semana peques!

Venres 17 de novembro de 2023

Esta semana viñeron as mamás de Noa, Luca e Uxía facer unha manualidade con nós!

Comezamos a semana con unha visita moi especial.

O luns fixemos coa axuda das mamás Vanesa, Maite e Montse un peixe moi colorido. Será o noso arco da vella?
Primeiro cortamos a cola, decoramos con pinturas o peixe. Puxemos un ollo e escamas. Eran moi brillantes, cada neno decorou o seu peixe.

Por equipos co noso peixiño.



Unha foto para o recordo. Moitísimas grazas por vir. Podedes volver cando queirades. Gustounos moito e quedou unha manualidade moi chuli. 

Seguimos incorporando máis ao noso recanto:

Luca despois da visita das mamás trouxo un peixe arco da vella feito cun globo. As mamás agasallaronos cun globo para poder inchalos e despois decoralos. Moi orixinal e colorido este arco da vella.
Martina e a súa mamá fixeron estes animais mariños (2 estrelas, 1 cabaliño de mar, 1 peixe e unha concha) con barro. Despois de modelalo, pintárono e pegarono neste brilante fondo de mar azul. Que bonito lles quedou.
Trouxo tamén un bordeador de siluetas de animais marinos.

Noa trouxonos un océano cheo de peixes de todas as clases. Chamounos a atención o calamar xigante.
Valentina contou o seu conto, na ficha do conto debuxamos un peixe.
Martina trouxo un xogo de cartas que son información sobre os diferentes peixes.
Daniela trouxonos un cadro moi chuli que titulou "Bajo el mar" e nel vemos diferentes animais feitos con diferentes materiais.
Martina e Noa chegaron hoxe con dúas medallas. Unha era un peixe e outra unha mantaraia. Fixéronas coa mamá de Martina. Moi ben, quixeron volvelas levar para á casa.

Non me canso de escribilo, MOITÍSIMAS GRAZAS por todo o que nos estades aportando ao noso proxecto!!!

Seguimos coa ficha do conto traballando sobre o papel. Nesta ocasión repasamos trazos para formar este peixe de cores.

O noso protagonista atopouse co peixe azul que lle pediu unha das súas escamas brillantes. Diferenciamos entre escamas pequenas e grandes; seguimos cazando letras.
ARCO DA VELLA DEULLE UNHA ESCAMA A PEIXE AZUL.

Escribindo os nomes dos peixes:
Coloreandoos coas acuarelas:
Quedaron moi chulis!!
Coñecemos a mantaraya. Fixemos a ficha de profundización e localizámolas no noso recanto.
Martina nas cartas que trouxo de información de peixes, atopamos dúas mantarias diferentes:
Fixemos unhas mantaraia moi orixinais!
Profundizamos con vídeos:

Buscamos unha canción:

Creamos unha mantaraia a partir dun plato. Primeiro pintámolo con témpera.
Decoramos a súa cara e puxemos a cola.

Practicando coa tesoira para montar un crebacabezas dun personaxe que coñecemos moi ben.

Hoxe tocou EXPERIMENTO: AS CORES DO PEIXE ARCO DA VELLA
Coloreamos con rotus uns peixes. Pasamos ao noso océano improvisado, botamos auga, un pouco de bicarbonato e cos contagotas botamos vinagre. Os peixes facían burbullas, nadaban e tamén soltaban cores... Quedamos abraiados; eran as cores do arco da vella.
Equipo VERDE
Equipo AZUL
Equipo VERMELLO
Equipo AMARELO
Bo fin de semana peques!

Venres 24 de novembro de 2023

Chegando ao final do conto...

 Estamos chegando ao final do noso contiño favorito deste trimestre. 

Comezamos a semana falando do día da infancia, falamos dos nosos dereitos e debuxámonos, elaboramos tamén un marco de formas xeométricas.

Seguen chegando cousiñas da casa:

Noa fixo coa súa mamá estes dous delfíns. Moi decorados e moi brillantes.

Pablo trouxo un conto que contaremos nuns días.
Noa pola tarde fai moitas manualidades para ensinárnolas no cole. Este peixe tan colorido fíxoo coa súa mamá. Ten moitas cores.
Thiago trouxonos un contiño que contaremos nuns días.
Pablo trouxonos un tiburón para o recanto dos peixes.
Martina contou o seu conto. Na ficha do conto debuxamos un tiburón.
Luca contou o conto de Trota, descubrimos un pouco máis sobre as focas. Na ficha do conto debuxamos unha foca.
Samuel contounos o seu conto dos tiburóns. Na ficha do conto debuxamos un tiburón.
Moitísimas grazas familias!!!!

Repasando polos puntiños de moitas cores para facer un peixe chulísimo.
Peixe arco da vella regalou as súas escamas brillantes aos diferentes peixiños. Sintíase moi feliz.
Coñecemos os cangrexos:
Profundizamos con unha canción:

Debuxámolo na ficha do vocabulario e buscámolos na recanto.

De cando en vez en cando facemos grafismos, esta semana fixemos un montón de círculos de moitas cores.
Por outra banda, seguimos reciclando no cole. Desta vez Ahmed trouxo varios rotus e bolis. Grazas por colaborar.
Bo fin de semana peques! 

Venres 1 de decembro 2023

Descubrimos a MARUXAINA

 Comezamos a semana recibindo contiños e manualidades. Descubrimos unha lenda moi chula, que a temos moi cerquiña a nós. A Maruxaina de San Ciprián.

Paula e Patricia trouxeron un contiño que contaremos nuns días.


Fixeron estas manualidades cos seus papás. Pintaron moitos peixes, recortaronos e pegaronos neste folio azul como se estiveran no océano. Moi ben.
Contamos o conto de Lucas. Na ficha do conto debuxamos un cangrexo.
Luca trouxonos outro contiño que contaremos nuns días.
O conto de Thiago fálanos de compartir. Fixemos un pequeno debate despois do conto e debuxamos o protagonista: un oso.
Pablo contounos o seu conto de animais salvaxes. O conto tiña os sonidos dos animais, que divertido escoitalos. Debuxamos unha morsa na ficha do conto.


MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

Traballando sobre o papel, desta vez a profe mandounos debuxar un peixe como o que tiñamos ao outro lado da imaxe. Que complicado, ata contamos cadriños. 
Mirade que ben nos saíu. Que coloridos, como o arco da vella.

No mar hai peixiños e no ceo? Temos gaivotas e tamén moitos paxariños. Facendo diferentes trazos nun paxariño.
A tortuga: buscando información e tartarugas no recanto:
Que chulas as nosas tartarugas!
Profundizamos

Facendo unha manualidade. Coloreando e recortando a tartaruga.
Collemos os tapóns das botellas e colocámolos de caparazón. Puxemos uns ollos de pegatinas e fixemos a boca con brilli brilli.

Que ben quedaron!!
As nosas tartarugas.
Que é un NARVAL? o Narval é un unicornio marino. Co conto de Noa descubrímolo. 

Profundizando:


Con este conto non fixemos ficha, senon unha manualidade. Picamos o colmillo e decorámolo con brilli brilli.
Buscamos se tiñamos algún pola clase.
Mirade que chulis estamos sendo narvales.



Que é unha lenda? Quen é a Maruxaina?
As lendas son historias fantásticas que se contan oralmente. 
A profe Lucía chegou á nosa aula para contarnos unha lenda moi interesante que descoñeciamos. A lenda da MARUXAINA.  Déixovos un enlace dos Lunnis que explica o que nos contou a profe:

https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/videoclip-maruxaina/4348342/

Tamén nos ensinou onde se atopa San Ciprián, que tamén o coñecemos como a Península da Paz, percorrremos algunha rúa co google maps e ensinounos sitios moi chulis deste concello da Mariña Lucence. Ensinounos os farillóns, alí agochabase a Maruxaina para protexer aos barcos. Profe, moitas grazas por ensinarnos esta lenda tan fantástica.
Trouxonos este corno co que sopramos moi forte para ver se nos escoitaba a Maruxaina.
E puxémolo ao oído e escoitabamos a nosa fala a través dela.
Debuxando a Maruxaina!


Rematamos BAILANDOOO, vendo un vídeo da festa da Maruxaina.


Despois da visita da profe Lucía falamos dos faros. Debuxamos o de San Ciprián e tamén nos debuxamos nós de fareiros ou fareiras. Os fareiros son aquelas persoas que viven nos faros, hai moi poucos faros en España que vivan neles. En San Ciprián vive unha fareira.
Pintamos un faro e fixemos luz mezclando as cores amarelas e laranxas. Os nosos faros dan moita luz.
Final do conto, pero aínda nos queda o noso final.
Esta semana despedímonos mandando unha aperta moi forte e que se recuperen pronto os nosos compis que están maliños, que os botamos moito de menos. Ata luns peques!

Martes 5 decembro 2023

Hoxe veu de visita a mamá de Ahmed para contar un conto!

Hoxe a mamá de Ahmed, Pilar, veu a nosa clase contarnos o conto de Buscando a Dory. 
Xuntos contaron o contiño.
Ahmed estaba moi ilusionado.
Despois do conto fixemos unha manualidade. Entre todos e coa axuda de Pilar fixemos a Dory.
Primeiro coloreamos un cadrado azul e decoramos as aletas de amarelo. Logo recortamos e a mamá de Ahmed pegou o corpo de Dory coas aletas. Repartimos ollos de cores e debuxamos a boca. Gustounos moito!!!!
Moitas grazas Pilar por vir pasar un ratiño con todos/as. Unha foto para os nosos recordos.
E por suposto levamos a Dory para a casa. Quedaron moi ben!!

Gústanos moito que veñades de visita pola nosa clase. Pasámolo pipa!


Rematamos a mañá facendo uns grafismos nun acivro. Agora que temos cerca o nadal é a arbore máis característica destas datas. 

Pasade boa ponte. Descansade e xogade moito!!Ata luns peques!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!