Estas 2 semanas achegámonos á conmemoración do Samaín para a que xa faltaba pouquiño! Falamos dos contos de medo e todas as cousas que neles saen pero que son de mentirixiña, só para divertirnos.
Falamos de que Samaín é unha festa antiga na que se cambia de estación da que hai moitos contos sobre estas datas nas que as pantasmas boas visitan as súas familias e como colocamos cabazas para afastar ás pantasmas malvadas.
Falamos tamén de como nas historias de Samaín as bruxas fan meigallos para protexer as casas. E recollemos en papel recordos do que traballamos cos contos e cancións.
Ademais, esta tivemos unha visita de divulgación de cetrería na que varias aves fixeron unha exhibición para todo o alumnado.
GAEL trouxo o conto interactivo con mecanismos móbiles de "¡Cómo mola tu escoba!" que foi contando con algo de axuda e que lles encantou!
Noutra ocasión sorprendeunos cun par de manualidades que foi describindo para os compis de clase. Falamos dos MORCEGOS e das ARAÑAS. Contamos patas, ollos, ás e falamos de todo o que sabían destes animais e que resultaron ser moitas cousas!
Noutra ocasión sorprendeunos cunha manualidade moi chula dun GATO! Todos estaban dacordo en que debía ser un GATO de bruxa e algún dicía que debía ser máxico por ser de cor azul. Explicou como o fixo e encantoulles. Xa o están empregando para xogar no recanto do proxecto.
Ademais trouxo unha pantasma que chegou xusto cando estabamos a falar delas na clase! Empregaron o sentido do tacto para disfrutar da suavidade do algodón. Vímolo coa luz negra coa que xogamos nestes días e decora xa a clase!
IKER e MARTÍN presentaron uns debuxiños moi chulos dunhas bruxiñas que decoraron con un montón de cores! Unha vez máis deunos pé a falar das cousas que sabían das bruxas e para cantar un trociño das cancións que máis nos están gustando.
Quedaron moi ben!
Logo de falar das pantasmas experimentaron coa pintura fluorescente pintando a escuras só coa nosa luz máxica negra e pasárono pipa!

Ademais varios peques participaron na convocatoria de Samaín arredor de LENDAS relacionadas coa AUGA en GALICIA. Xa as foron levando para a exposición da entrada do cole.
Dentro desta convocatoria de LENDAS arredor da AUGA en GALICIA, infantil eleborou un contiño coa lenda do PEDREGAL DE IRIMIA e o nacemento do RÍO MIÑO.
En 3 anos decoramos as letras con rotus de brillantina e pintaron con tiza e os seus dedos.
Moi orgullosos do seu traballiño!
Visitamos a exposición aproveitando que estabamos todos e que xa había moitas cousas para ver!

Na clase azul tiñamos pendente facer botes da calma para cada un. Esta idea propuxérona os nenos e nenas da clase logo de que NOA trouxera un feito da casa. Así, fixeron uns botes da clama da lenda do PEDREGAL DE IRIMIA. Para facelo reutilizamos as botellas que van gardando para reciclar. Logo botaron AUGA con colorante azul, aceite corporal para facer o RÍO, meteron PEDRAS como as que lanzaba IRIMIA, unha minibruxiña IRIMIA e un pouco de maxia cunha pouca brillantina.
Cada un elaborou o seu bote da calma e quedaron moi chulis!

Seguindo co Samaín e as actividades de OUTONO, contamos un conto especial, "O LADRÓN DE CABAZAS" de Alice Hemming e ilustracións de Nicola Slater. Acompañámolo de varios xogos de lóxica matemática relacionadas coas estimacións, conteo, tamaños, comparacións, ordenación, asociación cantidade-grafía, secuencuenciacións e de estimulación sensorial e motricidade fina.
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!










































Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!