mércores, 25 de novembro de 2026

25N na nosa escola !


Este 25 de Novembro conmemoramos Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres cun mural cooperativo sobre a igualdade e empregando como ponte o proxecto vertical anual arredor da auga.
CLASE DE AZUL

En 4º de infantil incidimos na importancia de tratar ben ós demais usando palabras e xestos amables. Traballamos tamén como marcar límites: se algo non nos gusta ou nos molesta, temos dereito a dicir "NON" ou "PARA" e pedir axuda. Do mesmo xeito, aprendemos que cando alguén nos di estas palabras debemos deternos nese mesmo momento.




 



CLASE DE VERMELLO

En 5º EI falamos da palabra igualdade. Igualdade é tratar a todos con respecto, é compartir os xoguetes, é xogar con todos os nenos e nenas; sen que ninguén quede solo, é axudarnos mutuamente. Tamén saíu a palabra NON, non pegar, non empuxar, non beliscar, non roubar pezas...

Deixámosvos coas imaxes da nosa colaboración ao mural «Mares de igualdade», porque queremos ser a luz do faro que ilumine a todas as persoas por igual e poidan vivir en igualdade.



CLASE DE VERDE

Na nosa clase, con motivo do 25N, D, quixemos reflexionar sobre a importancia de aceptar, respectar e valorar as diferenzas, entendendo que cada persoa é única, que todas e todos temos os mesmos dereitos e que podemos ser, soñar e chegar a ser aquilo que desexemos.

Aprendemos  que non hai lugar para  a violencia, e que as nosas palabras e accións deben servir para coidar, acompañar e construír, nunca para facer dano.

Por iso, sumámonos ao mural «Mares de igualdade», porque queremos navegar cara a un mundo no que todas as persoas poidan ter as mesmas oportunidades.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!