Comezamos o segundo trimestre co proxecto sobre o corpo e con moitas ganas de ensinar e aprender cousas novas.
Os primeiros días da volta ao cole adaptámonos outra vez as rutinas do día a día que xa tiñamos adquiridas e as novas que fomos introducindo como xogar cos compañeiros/as do noso equipo polos diferentes recunchos da aula,
o encargado de cada día ten que facer máis tarefas na asemblea como debuxar e poñer o seu nome, recoñecer números e figuras xeométricas…tamén empezamos a traballar no caderno do corpo e con materiais novos como os punzóns e rotuladores… están sendo unhas semanas de descubrir moitas cousas novas.
Para comezar co corpo primeiro falamos do que xa coñecen
LUCAS B tróuxonos unhas radiografías polo que descubrimos que debaixo da nosa pel temos osos e que sen osos non poderiamos manternos en pé, e fixo co seus primos un esqueleto.
Tamén dous contos nos que vimos que debaixo dos osos hai moitas cousas como o cerebro, que tamén temos un corazón, pulmóns, estómago…
No conto de MARTINA vimos moi ben o esqueleto que ten moitos osos
CLAUDIA fixo un debuxo e trouxo un conto onde aparecían as cousas que xa coñecemos, que temos unha cabeza, brazos, mans, pernas, pés pero xurdiu a duda si nos pés teriamos os mesmos dedos que nas mans, así que contamoslle os dedos a Claudia e sí comprobamos que son os mesmos.
SAMUEL C contounos que fixo un debuxo coa axuda da súa nai
KATIA tamén fixo un debuxo do seu corpo tan grande como ela e como a súa irma tamén quería fixo pola parte de atrás.
LEO trouxo dos xogos un é unha ruleta que según onde toque temos que tocar esa parte do corpo e así estamos aprendendo xogando novas partes do corpo descoñecidas aún por eles é un puzzle para poñer as partes do corpo que lles encantou poñer e quitar as súas pezas.
FABIO contounos que ao seu irmán se lle caera un dente e amosounos unha foto, dámonos conta que na boca temos moitos dentes que temos que investigar a ver cantos, e que ademais eses dentes cáense, e que cando se caen nos dan unha moeda de chocolate as fadas o un ratiño non nos quedou moi claro.
MARA e ANA traían una foto que rapidamente dixeron que eran elas pero que estaba moi escura que non se lles vía, pero claro estaban na barriga da súa nai e parece que alí está moi escuro.
Temos moitas investigacións abertas con todas estas cousas que chegaron xa ao cole,MOITAS GRAZAS POR COLABORAR CON NÓS!!!
Onte acabamos a semana pesándonos e medíndonos, observando que todos temos dous ollos pero de distintas cores, todos temos pelo pero de distintas cores, a nosa cor de pel e tamén distinta así que aínda que temos as mesmas partes todos somos diferentes.
SARA amosounos todas as partes do corpo nunha silueta do seu tamaño e podemos distinguir moi ben as diferentes partes no que se divide o corpo: cabeza, tronco e extremidades.
Despois vimos cada parte pos separado, as pernas e os pes, os brazos e as mans, e na cabeza os ollos, a nariz, a boca, as orellas e o pelo.
Con MIA aproveitamos os seus debuxos tamén a recordar as diferentes partes do corpo e a xogar coas pezas da cabeza.
ZOE trouxo unha manualidade feita con plastilina onde nos explicou onde estaba cada parte do seu corpo e aproveitamos para sinalalo no noso.
CARLA tamén nos trouxo un corpo coas súas partes que amosou a todos os compañeiros/as
Despois destes días onde traballamos moi ben as partes do corpo por fora, empezamos a coñecer as de dentro, o noso corpo te un esqueleto que protexe as partes mais importantes do noso corpo na cabeza o cerebro que é o que manda no noso corpo.
Na asamblea todos os días tamén traballamos como somos e como son as letras do noso nome
Esta semana a dedicamos as fotos do noso corpo e a boca
Coñecemos duas formas de sacar fotos do noso corpo, a primeira cando somos bebés e estamos nas barrigas da nosa nai chámase ECOGRAFÍA.
LUCAS B. amosounas varias ECOGRAFÍAS de cando estaba na barriga da súa nai, distinguimos algunha parte que xa coñeciamos como a cabeza.
Logo tamén bailamos unha canción que encantounos para coñecer mais osos do noso esqueleto
E os encargados da semana seguen a debuxar o seu corpo cada vez mais completo e o nome
Comezamos a semana falando dos cambios que ocorren dende que nacemos ata que somos avós e avoas, buscamos imaxes en internet e ao mesmo tempo diciamos as diferencias dun bebé, dun neno/a, das mamás e papás e os maiores, logo de falar sobre todo isto fixemos varias fichas onde tivemos que ordenar as imaxes según as etapas da vida.
Relacionado coa alimentación saudable e a hixiene dental fixemos un experimento onde eles entenderon que os ovos son os nosos dentes, dímoslles de beber diferentes bebidas (zume, cocacola, kas limón e auga) contaron que algún bebía zume pero os demais só auga.
Despois deixámolos reposar uns días
E este foi o resultado
Todos os ovos estaban moi sucios menos o da auga, polo que eles seguerán bebendo auga, diranlle aos papás/mamás que non beban refrescos e se toman un zume lavaranse moi ben os dentes.
SAMUEL C. amosounos unhas radiografías das mans e os pés que gustáronnos moito.
e LUCAS B. trouxo un conto onde aparecen todos os sintemas que vamos ir traballando nas seguintes semanas e unha camiseta chea de cousas que fomos explicando que eran e para que lle servian ao noso corpo, rematamos cun xogo onde puxemos cada órgano no seu lugar, encantoulles e seguiremos xogando con el.
ademais de todo isto tamén xogaron no recuncho do corpo coas cousas que van chegando a aula
en INGLÉS tamén están aprendendo as partes do corpo con xogos!
Esta semana a adicamos a experimentar e coñecer os sentidos do corpo.
Apareceron unhas caixas na aula que non entediamos moi ben que significaban e decidimos investigar que cousas tiñan e que podian ter que ver co noso corpo.
Despois da exploración falamos dos sentidos do corpo e vimos algún vídeo
e tamén xogamos no recuncho do corpo
A pel é a única capa que podemos ver e a que recubre os nosos músculos, esqueleto, órganos.
Vimos un vídeo de como a pel nos protexe
A pel esta cuberta de millóns de poros que cando temos calor permite que sailla o suor para regular a nosa temperatura corporal.
Tamén temos que protexela cando imos ao sol botandolle crema protectora
E senos lastimamos tamen temos que darlle uns cuidados para que cure
Xogando ca plasti e as capas do corpo
encargadas desta semana
Falamos dalgún deles como os BICEPS, PEITORAIS, ABDOMINAIS, GLUTEOS É XEMELGOS...que son elásticos e que se estiran e se contraen como unha goma.
Despois vimos algún vídeo e buscamos información nos libros da aula.
Picamos o brazo co punzón
e despoís no brazo puxemos gomas elásticas
Fixérono xenial!!
Como falamos que os MÚSCULOS son ELÁSTICOS e FLEXIBLES levamos a cabo UN EXPERIMENTO, algún dixo que nunca fixera un pero día a día estamos aprendendo a experimentar e observar os resultados cambiantes das cousas, o experimento deu como resultado SLIME.
Deixovos un vídeo de como se fai por se o queredes facer:
Primeiro botamos un bote de COLA e unhas gotas de COLORANTE alimenticio da cor dos seus grupos e comezamos a remexer
Despois unha culler de BICARBONATO e un chorro de LIQUIDO DE LENTES e seguimos remexendo
e para darlle volume ESCUMA DE AFEITAR
Tivemos unha visita inesperada de ESQUELETÓN, primeiro fixamonos no seu aspecto e nos osos que coñecian.
para facer o CRÁNEO usamos pasta de sal, primeiro botamos os ingredintes
Tamén fixemos algunha para os nenos/as que faltaban
Esta semana a adicamos a traballar sobre o noso sistema nervioso
O primeiro que fixemos foi buscar nos contos onde aparecía unha das partes mais importantes do sistema nervioso o CEREBRO
Tamén visionamos algún vídeo:
Pegamos o CEREBRO
os NERVIOS os puxemos cuns fios
e finalmente a MÉDULA con brillantina
Continuando coas capas do corpo, nesta capa dosistema nervioso fixemos un CEREBRO de quitar e poñer con velcro, e está unido á o brazo en forma de NERVIO para que se poda mover por orde do cerebro.
Primeiro repasamos as letras NERVIOSO con rotulador
Despois os NERVIOS
Picamos o brazo
Como experimento desta semana foi cociñar cerebros e fixemos un con xelatina neutra
e outro de fresa
despois de cociñar os botamos nun molde e esperamos ao día seguinte
o resultado foi moi parecido a un cerebro de verdade, falamos que o cerebro está dividido en áreas e que cada unha delas da unhas ordes ou outras
coas cores e contagotas intentamos facer as áreas nos cerebros
despois de darlle cor tiñan moita curiosidade por tocar a ver que sentian, se estaba frio ou quente...
e finalmente querian probar a que sabía
Non lles sabía igual a todos!!fixadevos nas caras e xa se ve a quen lle gustou mais, foi unha experiencia xenial onde o pasamos moi ben.
Despois dunhas semanas de parón, esta semana adentrámonos no interior do noso corpo para coñecer o corazón e as súas funcións.
O primeiro que fixemos foi reflexionar cos órganos que atopamos no noso corpo, e que función fai cada un deles, despois os puxemos en orden.
Nos libros que temos no recuncho do proxecto buscamos o corazón, costounos un pouco porque pensabamos que era de outra forma, pero despois xa foron aparecendo
Algún dos vídeos que visionamos
Despois investigamos nunha maqueta do corazón onde vimos as súas partes.
Comprobamos como latía o corazón antes e despoís de facer exercicio e como se representa eses latidos
Descubrimos ca sangue está composta de moitas cousas o plasma e onde flotan os glóbulos vermellos que levan o osíxeno por todo o corpo, os glóbulos brancos son os que nos defenden dos virus e as plaquetas son as que fan muros protectores que bloquean a saída da sangue cando nos facemos unha ferida. Todo o aprendido pasámolo a papel
Primeiro puxemos as PLAQUETAS con gomets amarelos e unha tirita para frenar a sangue cando temos unha ferida
Despois os GLÓBULOS VERMELLOS que son os que transportan o oxíseno por todo o corpo
e despois os GLOBULOS BRANCOS que nos defenden dos xermenes e virus (como dicen eles os verdes)
finalmente repasamos as letras de SISTEMA CIRCULATORIO
Puxemos as letras de sangue
Despois fixemos unha bolsa simulando que era sangue onde primeiro metimos GLOBULOS VERMELLOS
Despois PLAQUETAS
e finalmente os GLÓBULOS BRANCOS
este foi o resultado
Empregamos o MICROSCÓPIO para ver unha gotiña de sangue, resoltou moi curioso dende conseguir a gotiña de sangue que alguhna nena colleu medo ata o de mirar polo MICROCÓSPIO, que cando nos acercabamos se nos cerraba o ollo, pasamolo moi ben, pero tivemos que velo na pantalla, aquel buratiño era moi pequeno.
Fixemos a páxina do libro do SISTEMA CIRCULATORIO, primeiro repasamos al letras a rotulador
Despois repasamos as VENAS que levan a todo o corpo o osíxeno a través da sangueE para rematar vimos o corazón de LUCAS O. grazas a unha aplicación na TABLET
Tamén nos contou Elena un conto
Seguemos buscando as nosas letras
A volta das vacacións tivemos moitas novedades (sillas revoltas, volveron as boliñas de cor dos grupos, e agora mentras o encargado fai a asamblea, nos tamén no noso sitio)
Esta semana comezamos un novo sistema: o respiratorio.
Seguemos atrapando letras dos nosos/as compañeiros/as e profes
Tamén deunos tempo polo medio a repasar números, debuxarnos, debuxar formas xeométricas, letras...
Primeiro repasamos as letras
Despois tiveron que modelar a plasti para a BOCA eo ESÓFAGO, manipular o globo para que coincidira co esófago, o fígado en goma eva.
O resultado foi espectacular
Decoramos o neno da cartolina
Foron enchendo unhas bolsiñas transparentes que farían de estómago. Engadiron un pouco de todo pan, laranxa, galletas, iogurt e agua.
Logo machucaron todo xunto.
Por último fixámolo na cartolina do corpo e quedou xenial.
Foron uns días de moita actividade, esperemos que vos gusten todos os seus traballiños!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!