AS MANS (5º EI, CLASE AZUL)

 21/10/21

EMPEZAMOS!!!


Comezamos novo proxectiño!!! Nesta ocasión, e visto que nos gustou antiormente facer experimentos e manualidades, falamos na clase sobre qué podíamos facerneste primeiro trimestre do curso. Queríamos estar de acordo e que fora cal fora o tema eles aportaran ideas. Saíron moitas cousas, pero todas relacionadas coas nosas MANS.

Así, á volta da ponte examinamos o contido dunha bolsa misteriosa na que atopamos unha chea de cousas. Un por un foron sacando obxectos e comentándoos. Rimos moito e estabamos moi intrigados. Ó principio non atopabamos relación, pero logo démonos conta: todo se relacionaba coas MANS!!!

Así, falamos todos xuntos das cousas que sabíamos sobre as nosas mans e sobre as mans doutras persoas. Todos comentaron o que lles gustaría facer con elas na clase e do que non sabían sobre elas. 

Anotamos todo sobre a nosa chuvia de ideas e demos comezo a este novo proxecto con moitas ganas xa que saíron moitas propostas chulas.
A idea e pasar por todo o que se mencionou e ampliar coas propostas que poidan ir facendo.

A profe recolleu todo o falado e ó día seguinte repasamos todo o falado en papel para que non se nos esquecera nada ou por se a profe esquecera anotar algo. Tamén o imprimimos en grande e ímos apuntando todo o que imos facendo.

Antes de nada comezamos polo básico, que é localizalas e fixarnos nos seus detalles. Para isto localizámolas no noso corpo e en papel, contámolas, contamos os dedos de cada man... Logo plasmámolas na primeira ficha. Cada un marcou a súa man, elexiu unha cor de outono, pintouna con pincel e plasmouna na marca que fixera. Xa somos moi autónomos!


Localizadas fixámonos nas nosas mans e nas dos compis. Tiñan cores diferentes, algunhas tiñan lunares, os tamaños eran diferentes... E é que como cada persoa, cada man é distinta. Vimos imaxes de 3 mans diferentes e 3 caras e fixemos teorías sobre de quén podían ser e por qué. Emparexar foi fácil, pero dicir por qué non foi tan sinxelo! Así, comezamos fixándonos nas diferenzas, e unha vez collido o truco, foi máis sinxelo describilas para saber por qué querían emparexalas.

Unha vez localizadas e contadas pasamos a coñecer as súas partes. Xa coñecíamos case todas as partes e relacionalas foi sinxelo. Fixémolo amosándo ós compis cada parte e logo fixémolo na pizarra dixital. Rematamos recolléndoo todo en papel. Buscar as palabras foi outra tarefa na que estiveron moi atentos!


Como queríamos ir decorando un pouco as fiestras e estamos traballando a estación de outono, empregamos as nosas mans, concretamente os nosos DEDOS, para facer as follas dunha árbore de outono. Para facer as follas deixaron as súas pegadas coas cores de outono: marrón, amarelo, laranxa e vermello. Quedou moi chula!


Examinadas as partes da man pasamos ós nomes dos dedos e foi moi divertido coñecer algúns dos nomes que se lles da!
Primeiro dixeron os nomes que coñecían e logo coñecemos outros nomes que teñen en Galicia. Algúns son moi simpáticos. 

Recollémolos nunha man grande para a nosa fiestra.


Ó tempo que íamos coñecendo o básico das mans, foron facendo propostas sobre o proxecto. Sinalaron que debíamos facer 2 MANS grandes e non só a dos nomes dos dedos, xa que temos dúas e non sabemos cal é cal. Así imos practicando para recoñecelas. Sabían que unha era a DEREITA e outra a ESQUERDA. Fixámonos en qué man acostumabamos a empregar para facer distintas cousas. Sinalaron que case todo o facíamos coa man dereita, pero que había xente que emprega a esquerda para esas mesmas cousas, e algún ata sabía que esas persoas son chamadas ZURDAS.
Así, pintamos 2 mans grandes con cores diferentes e decoramos as súas iniciais: D e E. 
Estamos repasando todas as letras e empregámolas para practicar a ler moitas cousas cada día. Así, escribir D e E nas mans axúdanos a recordar o nome de cada unha e repasar cando queiramos.


Foi unha gran idea e proposta a que fixeron e quedaron moi ben! Xa as temos colocadas no frente da clase para recordar qué man é cada unha e ir aprendéndoo pouco a pouco.

Seguiremos a próxima semana con máis cousiñas que temos pendentes, pero queremos deixarvos un xogo que fixemos coas nosas mans. Podedes xogar a e tentar recoñecer a ver se atopades algunha man coñecida e fixándovos en cada dedo ou parte da man!!!
(Deixamos tamén escrito por se non coñecedes, xa que é moi difícil)

XOGO dos DEDOS.

De quen so estes dedos? 
  • MEÑIQUE, PEQUENO ou MAINIÑO: ENZO.
  • ANULAR ou MEDIANO: IVANA.
  • CORAZÓN ou PAI de TODOS: MARTÍN.
  • ÍNDICE ou FURABOLOS: LEIRE.
  • POLGAR ou MATAPIOLLOS: IZAN.

XOGO das PARTES da MAN.

De quen é cada parte da man?
  • DORSO: DAVID.
  • PALMA: DANIELA.
  • PUÑO: XOEL.
  • UÑA: LUCÍA V.
  • NUDILLO ou COTOBELO: RUTH.
  • MUÑECA ou PULSO: XELDA.
  • DEREITA e ESQUERDA: ADAM.
  • XEMA: LUCÍA R.
  • PEL (PELIZCO DE PEL): TEO.

Agardamos que desfrutedes cos xogos, moita sorte! 
A próxima semana seguiremos con máis😄

29/10/21

TRADICIÓNS!

Vivimos nun mundo cheo de tradicións, e en Galicia gústannos moito! Esta semana falamos dalgunhas tradicións relacionadas coas mans e unha máis que traballamos con elas: o SAMAÍN!

Primeiro traballamos unha canción en

castelán que xa coñecíamos e que adoitamos a cantar bailando coas mans: "CINCO LOBITOS". Con ela traballamos moito os números ata o 5 e sobre a letra da canción para cazar letras e palabras. Xa se nos da xenial!

Buscamos no ordenador vídeos da canción escribindo con coidado o título e logo eleximos para vós a que máis nos gustou para que a puidesedes desfrutar na casa.

Tamén coñecimos unha "retahíla" típica en Galicia que algúns coñecían e outros non. Tamén nos serviu de apoio para o traballo de clase.



Como estabamos con tradicións e mans aproveitamos esta semana para empregar as MANS no SAMAÍN!

Descubrimos que o Samaíé unha celebración de orixe celta. A tradición celta marca que na última noite do mes de outubro, celébrase a festa do fin da época das colleitas. Así, a noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas boas visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento e afastamos as malas con cabazas decoradas.

Primeiro, como ultimamente collemos bastante mal o lapis, creamos MONSTROJOS! Que aprenderemos a usar na próxima semana e nos acompañarán na aula. Cada un elexiu unha boliña e os ollos que máis lle gustaron en canto a cor e número. Quedaron moi chulos!

Tamén fixemos personaxes de SAMAÍN que elixiron eles mesmos e que fixeron empregando as súas mans. decidiron cómo serían e fixéronos con moito coidado e están decorando o noso corredor terrorífico!





Por último crearon unha cabaza doble. Logo de investigar unha chea de modelos e de opcións decidiron que querían unha cabaza da tartaruga LEONARDO e de VAMPIRO. Elixiron vampiro por ser unha personaxe de medo e que saía nun dos contos desta semana: EL VAMPIRO EDELMIRO. E a tartaruga por ser unha especie de heroe e por ter unha cara de medo e unha antimedo. Traballaron oito e quedou estupenda!




Pasade unha boa ponte e a semana que ven continuaremos con cousiñas novas!

08/11/21

O TACTO!

Esta semana pasada adicámonos a experimentar co TACTO. Empregamos as XEMAS  dos nosos DEDOS e fixámonos primeiro no sensibles que son e nas nosas pegadas. 

Logo usámolas  para

descubrir texturas diferentes e distinguir entre descricións básicas de ÁSPERO, SUAVE, LISO e  RUGOSO. Para isto comezamos con papeis de diferentes texturas cazando as palabras que se relacionaban co que sentían os nosos dedos ó tocar... e non sempre foi sinxelo!

Despois experimentamos outras sensacións como BLANDO e DURO, FRÍO e QUENTE, PESADO e LIXEIRO...


Tamén tivemos tempo para xogar ás adiviñas co noso tacto e coa nosa casiña misteriosa. Primeiro, un por un, apalparon sen mirar obxectos e divertíronse tentando adiviñalos. Foi moi entretido e déuselles moi ben.


Logo cada grupo tocou con coidado un obxecto e fixeron as súas hipóteses do que podería ser. Esta vez non foi moi sinxelo. Os que estaban de acordo escribiron xuntos e debuxaron o que pensaban que tocaran e os que non estaban de acordo fixérono tamén coa súa teoría. Logo comprobamos se acertaramos e houbo de todo!


Tamén fixemos unha ensalada de formas en papel e no aire co noso dedo FURABOLOS.

Por último, falamos de aloumiñar e o que nos fai sentir, que non sempre se sinte so nos dediños, senón que se sinte no corazón. Ese xesto cariñoso que facemos para transmitir amor á familia, amigos e mascotas.
No traballo de mesa cazamos palabras, formas e resolvemos un labirinto para aloumiñar un canciño, saíunos moito mellor que a última vez que o tentaramos!
Levamos para casa os deberes de probar as reaccións da nosa contorna ó aloumiñalos.
Tamén vimos un vídeo sobre o tacto para repasar e saber máis.

Esta semana máis!

12/11/21

COCIÑA,MÚSICA, CONTEO E RELAXACIÓN!


Esta semana seguimos con cousas para as que podemos empregar as mans. A primeira que
vos queremos mostrar é unha que nos quedou sen ensinarvos a semana pasada e que fixemos á raíz das receitas de Samaín, foi cociñar unha ENSALADA ESPECIAL. 
Como non podemos cociñar de verdade de momento este curso, fixémolo con cores e formas. Fixémolo xogando a seguir a receita que nos ían indicando as cartas de formas xeométricas, de letras, números e outras variadas, cartas de tamaño, de cantidade e o dado que nos marcaba as cores. Seguimos moi ben a receita e quedou unha ensalada espectacular que case podíamos saborear e que a cada un lle tiña un sabor diferente!
Aquí as podedes ver.


Nesta semana o que vimos e probamos foi a facer MÚSICA coas mans. Primeiro
vimos uns vídeos de persoas facendo música coas mans. E logo de practicar un pouco saiunos moi ben o ritmo dunha canción coñecida que é bastante sinxelo de imitar. Aquí o deixamos para que nos vexades! (Saímos polo medio do vídeo colaborando: 0:15)
Esta semana tamén usamos as mans para CONTAR, algo que facemos moitas veces sen darnos conta. Practicamos e fixemos unha ficha para asociar a cantidade e a grafía de cada número. Fixérono moi ben!

Aproveitamos para probar un xogo novo de contar dedos e presionar o número correspondente. Contamos despaciño e ou recoñecíamos o número ou íamos contando ata atopalo. Saiunos xenial!

Deixámolo para que poidades probar! Podedes premer na imaxe ou AQUÍ


 Por último, falamos da RELAXACIÓN empregando as mans a través do movemento de dedos, do conteo acompañado de respiracións lentas e os masaxes nas mans e dedos (reflexoloxía) .
Algunhas destas técnicas xa as coñecíamos de cando comezamos a traballar co ioga, as respiracións e xestión das emocións. Ademais serviunos para retomalo e recordar poñelo en práctica cando nos enfadamos, estamos nerviosos, cando nos molestan, etc.
Déixovos un par de actividades que realizamos e que decidimos compartir con vós para que as probedes na casa.
Actividade relaxación dedos.

Actividade BICOS DE DEDOS.


Aquí estamos probando 3 técnicas de reflexoloxía.

Aquí nos podedes ver preparándonos para a actividade BICOS de DEDOS moi concentrados!

En clase cada un pintou as súas propias cariñas para a sesión. Xa estabamos listos nun  momento!



Primeiro practicamos os biquiños e deixamos un pequeno vídeo para que vexades as prácticas.


Agardamos que desfrutedes probando na casa!!!

19/11/21

XOGO, FALA E CONSTITUCIÓN!

Esta semana continuamos coas mans e cousiñas que se poden facer con elas. Nesta ocasión: xogos, fala e construción!!!

Comezamos co xogo

e para iso fixemos un xogo divertido: TWISTER de DEDOS!

Preparamos taboleiros e dados para poder xogar e dende que collemos a dinámica foi divertido!

Logo chegou o decubrimento das señas para falar. Na chuvia de ideas inicial do proxecto dixeron que coas mans se podían facer xestos, e esta semana descubrimos que, ademais dos xestos habituais que coñecemos de saudar, sinalar, de vitoria, de "ben feito", si e non, etc., existe todo un idioma para poder comunicarnos. 

Así, signamos o abecedario de LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA e sobre todo practicamos os xestos das iniciais de clase. Empregamos esta linguaxe para cazar letras na ficha de traballo escrito que lle adicamos e desciframos varias mensaxes misteriosas. Déuselles sorprendentemente ben!

Aquí podedes ver como signaron as súas iniciais.


Tamén vimos e probamos a signar os nomes de varios animais. Foi o vídeo que máis nos gustou e quixemos compartilo con vós.


Continuamos coa construción, que como na realidade, non é un traballo doado!
Primeiro por grupos tiveron que poñerse de acordo no que querían construír e foi algo dificil. Ó fina o equipo VERMELLO decidiu facer un gran SOL, o equipo AZUL unha gran MURALLA, e o equipo VERDE un CASTELO CON ANIMAIS e no que cae un RAIO.
Logo comezamos a traballar en equipo e tampouco foi algo sinxelo, xa que traballar en equipo significa negociar.



Deixámolo recollido en papel e quedou moi  ben!


Continuará...

3/12/21

CREATIVIDADE; WARHOL, ARTE E CREACIÓN!

Estas dúas últimas semanas tocounos seguir con outras ideas da chuvia de ideas coa que comezamos e que se relacionan coa creatividade: a pintura e a creación de historias!
Así comezamos adicándonos afacer arte coas mans. Para isto falamos de Andy WARHOL, un artista que facía arte con cores divertidos. Primeiro buscamos información e cadros en internet.

Logo replicamos unha idea que atopamos na nosa búsqueda no ordenador.


Aquí podedes ver o resultado, son uns artistas!

Seguimos cunha actividade moi frecuente e da que nos acordamos na chuvia de ideas inicial: o xogo con plastilina que nos encanta! Aquí vos deixo algunhas das creacións desta semana.



Volvendo pensar no cadro de WARHOL que reproducimos e experimentamos libremente coas nosas mans e témperas dunha forma diferente á habitual.
Foron moi creativos e pasamos un moi bo rato!!!


Aquí podedes ver o resultado.

Logo plasmámolo en papel.



Outra idea que saíu ó comezo foi a de que podemos empregar as mans para empregar marionetas. Así, estos días creamos unha historia breve entre todos. Cada grupo contribuíu cunha parte: 
-Os VERDES decidiron as personaxes: 1 UNICORNIO e 1 PRINCESA.
-Os AZUIS onde ocorrería a historia: o MONTE de COSPEITO.
-Os VERMELLO o problema que terían: a PRINCESA quere COMER ó UNICORNIO.

Entre todos pulimos os detalles e decidiron que o UNICORNIO se salvara voando cunhas ás que lle saen ó final na historia.

Así, creamos a historia e decoramos unhas marionetas alusivas á historia, dramatizamos a historia e xogamos coas marionetas.

Aquí podedes ver algunha imaxes do proceso e das marionetas.


Quedaron moi chulas!

Gardamos a experiencoa en papel como sempre aproveitando para practicas distintos contidos.

Foron uns días estupendos e do máis creativos!

19/12/21

REMATANDO!

 Vaia últimos días tivemos na clase de azul!!!!

Á volta da ponte seguimos vendo cousas que se poden facer coas mans, neste caso recordamos que

se poden decorar. Falamos de cómo se podían decorar e lemos o conto UÑAS DE COLORES co que estivemos traballando. Ó día seguinte recollémolo nunha ficha coa que practicamos o trazo dos números, sumas e  lectoescritura cazando palabras. Logo decoramos unha man o noso gusto con pulseiras, aneis e pintando as uñas libremente con pinceis e cores variadas.

Quedaron moi chulas!


Outro traballiño que estivemos a facer foi na portada do proxecto das mans que quedou preciosa logo de picar, pegar e facer trazos variados.

Quedaron unhas portadas preciosas!!!!


Na chuvia de ideas inicial sobre qué sabíamos das mans e sobre qué podíamos facer con elas, saiu a experiencia coas plantas e xustamente estos días levamos para a casa as nosas plantiñas de PENSAMIENTOS que levamos coidanto todo este trimestre e que xa precisan de máis terra e sol. Por sorte conseguimos facelos crecer, non como o noso CICLAMEN, que morreu estes días... Agardamos que os PENSAMIENTOS sobrevivan e cheguen a nacer flores, xa nos contaredes!!!


E coas nosas mans facemos outras tarefas como o traballo de lectoescritura para o que nos adicamos con contos, xogos, co ordenador, a pizarra dixital, cazas de letras e de palabras,  puzzles, contos de letras,  pop it, imáns, pinzas de letras, etc.


Ademais empregamos unha ruleta para que nos foran tocando letras ó azar e poder repasalas todas.
Así, o encargado de cada quenda xiraba a ruleta e todos e todas facíamos o son da letra. Despois buscábamos palabras que empezaran con esa letra. Logo víamos un vídeo sobre a letra e bits de imaxes para logo propoñer todas as palabras que viramos e que se nos foran ocorrendo coa letra que tocara. Ás veces tivemos que buscar no ordenador para ter máis exemplos e logo facíamos unha votación para elexir qué palabra quería a maioría para recoller no libro das letras que estabamos a facer. Tamén recollemos exemplos de cada letra no noso mural de aula das letras.
É un traballo que nos demora bastante, pero que tamén nos resulta entretido. Traballamos un montón!



Tamén fixemos a portada do proxecto do SOL pintando cun GLOBO e entrenando a motricidade das nosas mans e dediños pegando la seguindo o trazo dos raios e pintando unha cariña simpática. Uns artistas como sempre!!!

As portadas do Proxecto do Sol quedaron fermosas.
Preparamos as bolsas practicando trazos con pinceis e con distintas cores e facendo pegadas coas nosas mans.

Quedaron moi chulas!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!