COÑÉZOME: Superheroes de 5anos! 6ºEI_aula_vermella

 Venres 20 de setembro de 2024

OS PRIMEIROS DÍAS SENDO OS MAIORES DE INFANTIL!

Levamos dúas semanas de cole e xa estamos collendo ritmo...Non ia ser doutro modo, comezamos ARGALLANDO polo cole:

 Xogando a plasti.


Visitando a biblio para contar un contiño moi especial.


Debuxando os nosos superpoderes, cal vai ser o noso super poder neste novo curso?

Xogando no patio.



Decorando os nosos percheiros.



Xogando na aula.


Formando equipos de mesa.
Decorando os nosos equipos con flores, para que a nosa aula esteña colorida. Temos catro equipos de 6 nenos/as.
EQUIPO VERMELLO
EQUIPO AMARELO
EQUIPO VERDE (faltan Anxo e Abrahán).
EQUIPO AZUL

Xa están colgadas do teito para que nos poidemos identificar máis facilmente.

Superados os primeiros días damos a benvida a este novo curso a Abrahán e Iria; agardamos que se sintan parte deste gran equipo moi prontiño para ser o super equipo da aula vermella. 


Sábado 28 setembro de 2024

Novo proxecto: COÑÉZOME!

Comezamos este curso partindo de nós mesmos, mirade que cadro máis fermoso fixemos cos debuxos da nosa cara. 

Os primeiros días lemos o conto de SUPERHÉROES NA ESCOLA. A partir del, debuxamos o noso super poder. Arrincamos proxecto coñecéndonos sobre nós mesmos, comezamos polas características físicas.

Diferenciamos os nenos das nenas.

Debuxámonos a nós mem@s.
Na asamblea este curso tamén contamos cantas nenas e nenos hai por separado, para despois sumar todos os que somos.
Pesámonos e 
medímonos.
Plasmamos os resultados e coloreamos a nosa cara, algunhas disque son caretas.
Debuxando e medindo pés!






A profe colleu a regla e mediumos os nosos pés para rexistrar os centímetros, despois decoramos os nosos pés.
O paso do tempo: primeiro fomos bebés, agora somos nen@s e como seremos nun futuro.



Que quero ser de maior? Lemos este conto moi divertido e despois cada un debuxouse sendo maior.

Nun futuro teremos: mamás, bailadoras, limpiadores de cunetas, futbolistas, motoristas, químicas, profesoras, conductor de coches de carreiras, super heroínas, coidadores de animais, cociñeiros, granxeiros, peluqueiros... Que cada un sexa o que queira ser e poidan cumplir todos os seus soños.


Na semana hai días para todos, ata para pasar momentos divertidos na relaxación.
Venres 4 de outubro de 2024
Que son as emocións?

 Estou moi contento/a, estou triste e estou moi enfadado/a. Son emocións que observamos cada día.

Por iso comezamos a semana contando este conto que para moitos xa era coñecido.
Falaba das emocións, estivemos debatindo entre nós que eran, como sabíamos cando estabamos tristes ou contentos. Ou se as veces tiñamos varias emocións mesturadas todas xuntas no noso corpo.

Para traballar sobre o papel eleximos a cor da tiza que identificaba como nos sentiamos nese momento. 

 Hai que decir que algún pintouse de vermello pero cara de enfadado non é. Creo que queren enganar a profe.

Diferenciando as emocións en imaxes. Por detrás buscando a sombra do mostruo de cores.
Que fai que sinta medo? Escribimos: aos globos, a oscuridade, aos lobos, os monstruos....
Que fai que me calme? Debuxamos: estar con mamá, estar cerca das árbores, que faga sol, estar cos avós,..
Por detrás coloreamos o monstro das cores según nos decían os números, rematamos poñendo o pelo de brilli brilli.
O venres xogamos coa nosa cara e as emocións. Eleximos tres: contentos, enfadados e calmados. 

Manualidade desta semana: MONSTRO-GLOBO (anti-estrés): en primeiro lugar botamos fariña nun globo coa axuda dun embudo que nos prestaron en cociña.

Cun trozo de lá de cores doblámola para facerlle pelo.
Pegamos o pelo coa axuda da profe María secre e decoramos cada un como quixo. A través desta manualidade conseguimos calmarnos cando estamos moi estresados.

ARTISTADA DAS NOSAS!
Pintamos círculos de diferente tamaño e cores. Recortamos e pegámolos nun folio en branco. Coa cor negra debúxamonos. 

Que bonito quedou!!!!Danlle moita cor a nosa aula.
Na ficha do conto esta semana debuxamos a autocaravana  dando moitas voltas cos ratos dentro.

Rematamos a semana facendo un vídeo para a nosa compi Valentina, que soupemos que vai estar uns días na casa. Mandámoslle moitos bicos e apertas para que se recupere prontiño e que non esqueza que tod@s a queremos moito.

Ata luns peques!!! Seguiremos coñecendo máis sobre as emocións.

Venres 11 de outubro de 2024
AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DOS CONTOS, DA MÚSICA E DA ARTE!

Esta semana escoitamos, aprendemos, xogamos e pintamos.

Comezamos o martes descubrindo a escritora Olga de Dios, algún dos seus contos xa eran coñecidos por nós. 


Algúns dos debuxos do conto de Buscar. Co conto de Buscar pretendemos que os nenos valoren o que teñen cerca e ás veces non o ven. O bonito de observar e ver cantas cousas temos o noso redor, por exemplo os amiguiños do cole, o felices que somos cando xogamos cos amig@s, cando compartimos os xoguetes, cando prestamos unha cor,...
Decorando o Monstro Azul. Gustounos moito este conto, e o igual que este protagonista, encántanos darnos apertas e tamén nos gusta coidar a natureza.
A través da música. Descubrimos a Beethoven. A súa música danos tranquilidade e moita calma.
A través da arte, coñecemos a Munch e traballamos sobre a súa obra do "Grito". Os medos a través dun cadro.
Elaboramos o noso cadro particular, pintamos con acuarelas e pegamos a nosa foto simulando a angustia, o medo ou a desesperación.
E mentras, contamos este conto, xa que hai moitos nenos que lle teñen medo a oscuridade, pero xa sabemos que cando teñamos medo so temos que acender a luz e xa non hai ningún monstro cerca de nós.
Que bonito quedou.



Observando a nosa gran obra, tamén os nosos compis de 4 anos exhibiron a súa obra xunto a nosa.
Unha fotiño.
Toda a semana andamos argallando, pero, tamén seguimos traballando nas letras. Este curso traballaremos unhas letras que se nos resisten un pouco: as letras minúsculas. Pero pouco a pouco sairan perfectas.
Descubriremos as letras a través dun bote de pinturas que terá brochas de letras, e a súa vez a pintura será a maiúscula. 
Practicando na asamblea co noso nome.
Poema do conto desta semana: os ratos teñen que botar crema senon vainos queimar o sol.
Non todo é traballar, tamén xogamos!!
Estos días, os nen@s desta traen cousiñas que atopan pola natureza. Serven para decorar.

Martina e Noa con dous xirasois.

Alma con este ramo, que grande esta hortensia.
É tempo de setas, non podesmos esquecer que estamos no outono.
E hai setas de todos os tamaños, as de Noa non eran como as de Alma.
Vaia hortensia máis azul trouxo Lucas.
E a campaíña de Daniela.
Ata luns peques! Para a seguinte semana descubriremos os nosso talentos.

Venres 18 de outubro de 2024

OS NOSOS TALENTOS!

 Esta semana descubrimos os nosos talentos!

Comezamos lendo o conto dos super poderes. Había poderes que nin sabiamos que existian.

E por suposto cada un debuxou e escribiu os seu super poder. Poder de estirarse, de correr, de xogar ao fútbol, bailar, volar,...
Para pasar a descubrir os talentos: hai nen@s que son moi bos en debuxo, outros nas letras e números, en conseguir amistades, na imaxinación, nas artes... Estes peques están cheos de talentos!! Que maravilla!
No cole hai moitos poderes e por iso emitimos un certificado OFICIAL de superpoderes. Entre todos buscamos cal era o poder que nos diferenciaba a cada a un. Por exemplo: o poder da gracia, da empatía, da simpatía, da amizade, da sonrisa....
Este venres preparamos unha carta para as casas, propoñemos que durante o mes de novembro os nen@s traigan unha mochila/bolsa con tres ou catro elementos importantes para eles. Por exemplo: un conto que lles guste, un boneco, xoguete....non será para compartir. Explicarannos o que traen e despois volverá para a casa. 

Esta semana no libro do conto debuxamos que os ratos ian a praia con crema, viseira e toalla. 
Andamos a voltas co tema da suma. Sumando cos dedos.
A semana pasada quedáranos pendente tratar un conto que nos trouxera Luca das emocións.

       

Lemos un trociño e despois vimos algún vídeo para que lle fora máis fácil asimilar algún concepto. Deixamos un deles. 



Pablo o luns chegou con esta manualidade. Fixoa coa súa mami. Que chulada. 

Luca trouxonos o aguacate que plantaramos o ano pasado na clase de semente para a ver se este ano o levamos para o horto. Por agora témolo na clase, que lle de a luz solar e siga medrando.
Lucas fixo coa súa mamá esta cabaza especial. Esta feita con fariña, auga, sal e colorantes. Que artistas!
Rematamos xogando, ata luns peques. Bo fin de semana.
Sábado 9 de novembro de 2024

Volveu VALENTINA!

Que sorpresa nos agardaba despois da ponte!

Volve VALENTINA💗
    Que contentos nos puxemos o luns!
O super poder de Valentina tiñámolo claro, é a valentía.
As actividades desta semana foron de pelos, como é o noso pelo longo ou curto?
Debuxámonos.
Damoslle moita cor a nosa imaxe. Por suposto tal cual o noso pelo debuxamos.
Experimentamos co papel e as tesoiras e intentamos facer os noso pelo.





Este mes imos descubrir os gustos dos nen@s mediante as bolsitas que nos ides aportando. 

A mochila de...PABLO 

Pablo trouxonos:
-  Un peluche que é a vaca Pepita e gústalle moito sentala na súa cabeza. 
-  Pelotas de tenis porque os venres vai xogar a tenis. 
-  Un bañador porque lle encanta ir a piscina .
-  Un ovo de pita porque lle gustan moito as pitas.
Despois escribimos e debuxamos.

Rutinas dos días.Debuxando e escribindo o día que temos.
Libro dos contos (seguimos co conto) este rato é moi listo, como non atopou sitio na praia subeuse a unha xirafa para tomar o sol.
A finais de outubro viñeron facer un mural ao cole e tan pronto acabou saímos velo. Á profe fíxolle moita ilusión que recoñeceran a escritora que aparece na imaxe. Porque si, é Rosalía de Castro. Unha vez que a viron saíulles a eles abrazala. Debe ser que o mural está moi bonito.


Venres 15 de novembro de 2024

OS PELOS DE MIL FORMAS

 A semana comezou vendo a película de Rapuncel, visitas de  familias e descubrindo mochilas.

A mochila de...RIHANA

Rihana trouxonos un xogo de coser. Gústalle moito e o animal favorito para coser é o conexo.


Escribimos e debuxamos o xogo favorito de Rihana.


A mochila de ...UXÍA
Que ben o pasou Uxía mostrandonos a súa mochila:
Ensinounos a Minie, o seu boneco favorito, ata traballou con ela.
Esperamos impacientes a ver que sacaba do sobre marrón, era unha foto dela pequeniña con súas irmáns. Coñecemos a Uxía de pequeniña.
Un conto de castelos, ata recordamos a peli de Rapuncel que tamén había castelos e torres.
E mirade que camiseta trouxo:
Si, Uxía é do Barsa. Houbo pequenos debates do fútbol, jaja.
Escribimos e debuxamos:
A mochila de...IRIA
A bolsita onde Iria nos trouxo o que máis lle gusta é especial, porque a bolsita é a mascota do seu anterior cole. 
Trouxo varios bonecos: unha nanci patinadora (regaloulla papá noel o ano pasado), Totodo (un conexiño xaponés) e un unicornio que llo coseu a coidadora do seu antigo cole.
O libro do Principito da volta ao mundo, que explicou ao detalle os lugares polos que pasou. A Iria gustalle moito viaxar e ler. Quedamos abraiados coa súa explicación de viaxes. Está feita toda unha guía.
E un bolso porque lle gusta moito poñelos.
Escribimos e debuxamos.

Entre o luns e o martes vimos a película RAPUNCEL. Botaron moitas risas.

Esta peli deunos paso para traballar o tipo de pelos que temos. Comezamos polos personaxes da peli.
Debuxando a protagonista da peli: Rapuncel.
O aguacate de Luca está medrando moito, tivemos que transpartalo.
Pablo estivo malito uns días pero chegou o xoves con esta flor tan bonita. Unha flor feita de follas.

A Ahmed caeulle un dente. Emitimos o certificado para que o Ratoncito non se esqueza de pasar pola casiña de Ahmed.
Todos os mércores préstamo! Volvemos a biblio para escoller un libro.
Ata luns peques!
Venres 22 de novembro de 2024

AS CORES DO PELO
 Esta semana traballamos as cores e as texturas dos pelos.

As cores do noso pelo; naturais e fantasía.  Facendo un analise das cores do noso pelo.

Experimentando diferentes cores na nosa cabeza soprando.

Quedaron super coloridas! E si este sería un pelo de fantasía.
As diferentes texturas de pelo.
Liso
Ondulado
Rizo
E dixeron afro.
Fixemos conteo e ese foi o resultado.
A mochila de...MARTÍN
Démonos conta que o que máis lle gusta a Martín son os animais e sobre todo as vacas. Trouxo:
- Dúas vacas.
- Un cadelo que se chama Dana.
- Un león que é a filla de Simba e que se chama Kiara.

Escribimos e debuxamos  os diferentes animais.

A mochila de...HÉCTOR
Descubrimos que o que máis máis lle gusta a Héctor son os dinosaurios, ata repasamos cousiñas do que aprendimos en 3 aniños. Trouxo:
- 2 T-Rex (son diferentes).
- Un libro de pegatinas que aínda non rematou de pegar, ten que seguir na súa casiña.
- Un conto de diferentes dinosaurios con sonidos. 

Escribimos e debuxamos todo o relacionado cos dinos.

A mochila de...ARON
Aron gustalle moito os contos. Contou o do páxaro Paco e a profe contou o conto de Cocorico. Como nos gusta o conto deste pitiño a tod@s. Ademais trouxo:
- Fotos da súa super granxa que ten montada na casa.
- Un cabalo desa granxa.
E unha góndola co trailer para transportar. 

Escribimos e debuxamos o que trouxo o noso compi.


Rutinas: seguimos descubrindo letras e pouco a pouco imos metendoas nas nosas rutinas. Escribindo a estación na asamblea.
Esta semana foi intensa porque traballamos o 20 N (día dos dereitos da infancia) e o 25 N (día contra a violencia de xénero). Veredes a nosa aportación nas seguintes publicacións. Ata luns peques! Recordade que teremos festiña dos cumples de novembro.

Venres 29 de novembro de 2024

DESCUBRINDO MOCHILAS...

Que bonito é ver a cara de felicidade que se debuxa nos nen@s cando abrimos unha mochila. 

A mochila de...LUCA
Descubrimos os gustos de Luca co seu paxariño chamado Cantarín, un libro do espacio que nos ensinou os diferentes planetas, o sol, a lúa..., a súa super libreta cos seus debuxos e rotus, ata contou cantos rotus traia a caixa.

Mirade que lambonciño é, que trouxo un sobre de cola cao e un xogo dun gatiño que se mancou e o curan. 


Escribindo e debuxando o que trouxo o noso compi.

A mochila de...ALMA
Alma presentounos a dous unicornios e dixo que deixara na casa, un blanco, que eran da mesma familia. 
Non nos sorprendeu a súa libreta de debuxos porque todos sabemos o que lle gusta a Alma debuxar. Ademais, trouxo todo o necesario para ser unha princesa; unha falda e moitas xoias: anel, collar, prendedores, pendentes...

Fai uns días vimos a Uxía toda feliz coa camiseta do Barsa, e esta semana vimos a Alma toda feliz vestida de princesa.
Escribindo e debuxando a mochila de Alma, e como vedes Alma non se esqueceu do nome que dende 3 anos, escribe moitas veces nas súas fichas, o de seu irmán Leo. 

A mochila de...THIAGO
Descubrimos que a Thiago gústalle xogar o dominó cos seus papás e os avós. Encántalle xogar o taladro (ten máis brocas, non as trouxo todas, solo unha) e xa o sabíamos: gústanlle moito os tractores, trouxo un cunha cisterna e outro cunha apañadora de maíz. Tamén trouxo a BLUEY.

Escribimos e debuxamos. O mércores coñecemos e practicamos a letra T en pequeñita (minúscula) e serviunos moi ben para practicar a t, porque o que trouxo Thiago tiña moitas ts.

A mochila de...VALENTINA
A nosa compi traia na super mochila: dous canciños, (o blanco chámase Marshal) un deles ata tiña osiños que comía e tamén expulsaba (o que causou moita graza). O conto que lle lé Thiago, seu irmán, e un álbum de cromos. 
Escribindo e debuxando o que lle gusta a Valentina.

Levabamos dúas semanas que non lle dedicaramos tempo o libro dos contos. Pero aí seguimos coas acuarelas e repasando desta vez letras. Que artistas!

Ata luns peques!!

Xoves 12 decembro de 2024
ULTIMAS MOCHILAS...
 Estos días estamos rematando os traballiños deste primeiro trimestre. Rematamos as mochilas que nos quedaban na clase. Grazas a tod@s por participar na actividade.
A mochila de...DANIELA
Vaia proceso nos trouxo Daniela. Para que empregamos a mazorcas do millo?. A Daniela gústanlle moito as palomitas e de onde saen as palomitas?
Estas mazorcas que nos trouxo é un proceso que fan na súa casa. 1º recollen as mazorcas, sacan o millo e quedan os corolos. O maíz vai a unha máquina de onde sae a fariña que  Daniela lle dá aos seus porquiños e as vacas. Ummm que rico e que ricas tamén as palomitas.
Escribindo e debuxando.

A mochila de...NOA
Noa viña moi, pero moi, cargada. Trouxonos a boneca e a súa filla, o bebé chorón (como choraba pola clase), o osiño que abría ollos e brazos. Dentro da super autocaravana de Barbie viñan bebés, as sillitas, un perrito, un zapato e un unicornio.
Escribindo e debuxando parte do que trouxo a nosa compi.


A mochila de...AHMED
Ahmed chegou con tres fotos dos seus cans. Coñecimos a Casper porque nos fala moito del e tamén a Duti que xa morreu pero estaba nunha foto con Casper. Unha libreta para facer sumas, restas e multiplicacións (este Ahmed vainos saír un matemático), o xogo dos imáns para facer formas e o xogo da Rá, que é super divertido.
Escribindo e debuxando.

A mochila de...MARTINA

A nosa compañeira trouxo un reno de nadal, un avión cunha boneca, un mono bebé e un pollito que anda. A Martina gústanlle moito os poliños.

Escribindo e debuxando.
A mochila de...LUCAS
Lucas trouxo 3 cabalos porque lle gustan moito. Unha motosierra con unha chave porque lle gusta ir co seu avó cando vai cortar a leña e dous contos dos bolechas de dous autores galegos homenaxeados polas Letras Galegas. 
Escribimos e debuxamos o que trouxo o noso compi.

A mochila de...SAMUEL

Samuel trouxonos un conto no que os protagonistas son el e seu irmán Pablo. Un spiderman porque lle encanta, varios cromos e atención que se nos converteu en HULK. Que forza sacou de repente e como se nos puxo de verde. 


Escribindo e debuxando o que trouxo o noso compi.


A mochila de ...ALANA
A mochila de Alana viña cargadiña de xoguetes e muñecos; o polo Pepe, o elefante azul, o unicornio, a boneca, o xogo de pezas, o de lanzar e tamén plasti. Gústalle moito xogar a plasti e na casita tena de moitas cores.
Escribindo e debuxando o que nos trouxo a nosa compi.


Tempo para as artistadas cos nosos debuxos.

Seguimos co conto!
Seguimos facendonos maiores. Anxo cauelle un dente, a ver que traerá o ratoncito. 
E mañá rematamos a semana. Queda moi pouco para as vacacións!

Xoves 19 de decembro de 2024
FINAL DO TRIMESTRE

 Rematamos o primeiro trimestre. Estes últimos días de decembro fixemos un montón de actividades.

PORTADA DOS TRABALLIÑOS

Acuarelando a portada: a nube, o sol e a herba.

Dándolle brilli brilli ao arco da vella e as letras con rotus.
Pintamos o cole, colocamos o algodón na nube e pegamos a nosa foto de superhéroes na cartolina.











CONTRAPORTADA: A miña familia











 BOLSAS
Primeiro cos rotus de brilli brilli puxemos nome e apelidos. Polo outro lado recortamos un antifaz vermello como o noso mandilón.

Picamos no sitio dos ollos.
SUPER HÉROES DE 5 ANOS. 
Pegámolos na bolsa e a decorar a nosa cara de super héroes.
Quedaron chulísimas!!



Decorando a nosa aula co cor da temporada e facendo grafismos nunhas árbores.











Mércores de biblio, a desfrutar das lecturas durante as vacacións.



Seguimos co conto.


Así de cargados imos para ensinarvos todo o que traballamos este trimestre. 



E así marchamos,  como  Héctor coa bolsa chea de cousiñas chulis.


En decembro chegou un elfo a nosa clase. Descubrímolo con esta desfeita dos libros. Non sabe que non se poden tirar libros o chan.
Quedamos tod@s abraiados.
Tivemos que buscar un nome e puxémoslle Traviesín, porque é moi travieso. A nota foi clara. Viña facer moitas travesuras a nosa clase.
Menuda desfeita, cadeiras no chan e as acuarelas abertas.
Ai Travesín a que estás armando.
Porque nos quitas os casilleiros da estantería?
As pezas...
Este Travesíen está feito un argalleiro.
Pensamos que Traviesín viña facer travesuras pero tamén nos deixou un agasallo. Bolis de cores. Os nenos quedaron moi sorprendidos que tiveran un boli co seu nome. Sabe o nome de tod@s.
Coas coroas dos cumples non se xoga!!
Este elfo colleu a ruleta e colocou imaxes, menuda a que armou cos pompóns.

Xa que este Traviesín nos pegou imaxes decidimos xogar con elas e de paso intentamos escribir o que nos ia saíndo entre todos.

Por último raiou na pizarra pero desexounos boas vacacións.
Grazas Traviesín, volve pronto.
Mañá temos os obradoiros de nadal, despois...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!