Xa comezaron a nacer os nosos vermes!!! Estamos moi contentos!!!
Son moi, pero que moi pequechos...agora temos que coidalos moi ben, mirade como lles gustan as follas de moreira, se tedes algunha na casa podedes traer as folliñas para que coman os nosos vermiños...a ver se os atopades nas seguintes fotos...
mércores, 29 de maio de 2013
luns, 27 de maio de 2013
venres, 24 de maio de 2013
xoves, 23 de maio de 2013
mércores, 22 de maio de 2013
EXCURSIÓN A GRANXA GARABULLOS!!!
HOXE FOMOS DE EXCURSIÓN A GRANXA GARABULLOS... PASÁMOLO XENIAL!!!
DISFRUTAMOS MOITO FACENDO PAN, COIDANDO OS ANIMAIS E PASEANDO POLO SEU BOSQUE ENCANTADO...
xoves, 16 de maio de 2013
OS GUSANOS DE SEDA
Hoxe tivemos unha gran sorpresa no cole!!!
O trasno da lagoa deixounos unha caixa cunha morea de ovos minúsculos, os cales temos que coidar moi ben porque dentro duns días eclosionarán, e os gusanos de seda sairán.
Mirade os nosos oviños...
O trasno da lagoa deixounos unha caixa cunha morea de ovos minúsculos, os cales temos que coidar moi ben porque dentro duns días eclosionarán, e os gusanos de seda sairán.
Mirade os nosos oviños...
QUE SORPRESA LEVAMOS!!!
XA VOS IREMOS CONTANDO COMO OS COIDAMOS E COMO VAN MEDRANDO...
mércores, 15 de maio de 2013
BENVIDOS AO NOSO RECANTO!!!
Benvidos ao blog de Educación Infantil do CPI Virxe do Monte, de Cospeito.
Este blog foi creado coa intención de que sexa unha ferramenta máis que nos axude a establecer ese vínculo entre familia e escola, que tan necesario é.
Por iso queremos que sexa unha maneira máis de facervos partícipes das actividades máis destacadas que o noso alumnado realiza tanto dentro como fóra da aula.
Na actualidade, as novas tecnoloxías forman parte xa das nosas vidas e, por conseguinte, tamén das nosas aulas. Por iso, xunto con outras ferramentas, A Maxia do Saber axúdanos a que familia e escola percorran da man un camiño tan difícil como extraordinario: a educación dos nenos e nenas de infantil, que viven unha etapa onde se asentan os cementos; non só do sistema educativo, senon da propia vida.
Darémonos por satisfeitas se este blog aporta un gran de area a ese cemento para que forme unha base firme e sólida.
Aquí comeza A MAXIA DO SABER. Aquí veredes momentos máxicos baixo a mirada atenta do cariño, a tenrura e a comprensión que a nosa profesión necesita e o voso papel de pais a reconforta.
María José, Pili, María e Rocío
martes, 14 de maio de 2013
LETRAS GALEGAS
CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS!!!
Gañamos un premio os de educación infantil con este precioso retrato, que lle fixemos ao homenaxeado ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)