Este mes de xuño preparamos as portadas dos nosos traballiños, estampamos o noso lobo lobito na camiseta, picamos os paxariños da bolsiña para gardar o material. Agardamos que vos guste un montón porque traballamos moi ben. Mañá é o último día e temos preparada moita festa!!Escribindo o noso nome na portada do proxecto do nome, decorando a nosa letra e debuxándonos.
Portadas do noso ano, do que foi pasando ao longo deste curso.
Portada do proxecto do bosque. Estampando a árbore con témpera.
Pintando os paxariños con acuarelas.
Picando a foto para poñer na nosa árbore.Preparando as bolitas para adornar a nosa árbore da portada.
Debuxo para a contraportada do proxecto do bosque!
A bolsa para gardar todo o material. Picando dous círculos.
Estampando o lobo lobito nas camisetas.
Recordade traer mañá as camisetas que quedaron moi molonas!!!!
O martes lemos o conto do lobo lobito relacionado coas súas emocións, ás veces estamos enfadados, choramos e rimos e ata tristóns, saber como xestionalo é unha tarefa que pouco a pouco iremos aprendendo na etapa de infantil.Roi foi o encargado do martes.
Menuda sorpresa nos estaba agardando o mércores na nosa clase, que razón tiña a profe que iamos ir todos a praia e iamos ver un unicornio.
Despois lemos o conto do ladrón do sol, porque a xoaniña nos dixo que primeiro tiñamos que ler o conto, para ver que lle pasa o sol no inicio do verán e no final.
E despois a xogar e a pasalo ben!!
Despois de xogar no patio, houbo que volver a calma para crear e deixar voar a nosa imaxinación coa témpera.
Artistas!!
Xogando coas xoaniñas e os números.
Fixemos uns debuxos e gardamos na nosa caixa dos recordos de infantil. A nosa caixa segreda que abriremos en 5 anos, ao finalizar a etapa.
Xogando no patio!!Unha aperta dunha persoa moi especial. Grazas Paula por vir de visita. Querémoste un montón!!
E antes de despedirnos mañá para desfrutar das vacacións; a profe contounos un conto. Quérote coma...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!