Comezamos novo trimestre e con el novo proxecto onde relacionaremos os coidados da natureza, dos animais da contorna e a alimentación saudable.
Xa chegaron a clase algunhas cousiñas
E comezamos a traballar co moucho que salía no conto do GRUFALO, aprendemos que son aves nocturnas, carnívoras, que voan...
Esta semana tivemos a visita da mamá de ZOE que nos veu contar o conto de MARCELINA NA COCIÑA, onde fixo unha receta cuns ingredintes un pouco raros e ao final explotou a receita e así deixou a cociña.
escoitamos o conto con moita atención
despois decidimos facer unha receita saudable, asi que con folletos de supermecado, reciclando eleximos os máis saudables e os pegamos na pota, ainda cas veces escapabase algún non moi saudable como o chocolate, pizza, salchichas...
Recortando e pegando coa axuda de Rosana
e así de ben remataron as nosas comidas
Pasamolo xenial, moitas grazas ROSANA!!
Recordade que seguemos a reciclar material de escritura
Tamén nestes días contamos o conto titulado A CUADRILLA DOS 11
Cando o invitaron a unirse a aquela cuadrilla, Benxamín sentiuse importante. Era extraordinario formar parte da cuadrilla dos 11. Todo o mundo os admiraba e respectaba! Mais... era admiración de verdade ou simplemente lles tiñan medo? Benxamín tiña que tomar unha decisión: seguir sendo o peixe número 11 ou defender a amizade e o verdadeiro respecto.
A partir do conto pensamos quen queriamos que estivese na nosa cuadrilla e os debuxamos
e así rematamos estes días, para a semana máis actividad!!!
Esta semana tivemos de visita a mamá de SARA, que nos contou o conto da RÁ DE TRES OLLOS, unha rá que medra nun lugar contaminado e quere cambiar as cousas, o conseguirá?
Primeiro contaron o conto mentres escoitamos moi atentos/as.
despois fixemos a nosa rá no seu estanque ben limpiño e con flores, sen cosas novas todos os días que lle contaminaran a súa casa.
Recortamos todos os circulos os do corpo, da boca e os ollos, e logo pegamos todas as partes
Debuxamos os brazos e as pernas
e pintamos o estanque e as flores, QUEDOUNOS XENIAL!!!
MOITAS GRAZAS MARI CARMEN POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NÓS....
a partir do conto fixemos un xogo sobre o reciclaxe onde tiñamos que meter os obxetos no contenedor de lixo que lle corresponde.
Comezamos tamén a traballar no conto do GRÚFALO cando o rato atopouse co raposo
Seguemos a serie de números e despoís pintamos o noso rato cun pincel
Contamos o conto de CLAUDIA dun rato que non tiña casa
Investigamos onde viven os ratos, que comen, porque son especiais...e o deixamos todo recollido na ficha.
A semana pasada CLAUDIA falounos dunha froita de xoguete que tiña na súa casa e causounos moita intriga, peroooo conseguímola e trouxémola ao cole para investigala e coñecer un pouquiño máis, PITAYA VERMELLA O FROITA DO DRAGÓN(ten moitos minerais e é moi boa para moitas enfermedades)
Tocamos e ulimos, ao pelala tiña unha cor FUSIA fermosa pero por dentro era blanca con moitos puntos negros
Queriamos probar a ver a que sabía, pero moitos non repetiron
LUCAS nos trouxo unha bolsa onde tiñamos que plantar algo que poñía MENTA, tiñamos claro que necesitabamos terra, auga e sementes (fácil)
Puxemos a terra, a mollamos e botamos as sementes e agora estamos esperando a que medre,
perooooo... xurdiu a duda de onde veñen as sementes (tiñan claro que do supermercado) estivemos pensando e non dabamos ca resposta, así que tocou investigar e experimentar.
Agora xa saben que as sementes veñen dos froitos, con moito coidado separaron a semente do froito que despois clasificamos e deixamos a secar para facer sementeiras e despois plantar na horta.
Temos sementes de aguacate, cabaza, granada, papaya, tomate, pemento, calabacín
LEO trouxo unha caixa con moitas cousa da NATUREZA, primeiro observamos todo o que tiña a caixa(follas de camelia, castañas, piñas, palos, pedras...) e o seu nome, despois xogamos metendo a man e intentando adiviñar que estabamos tocando.
GUSTOUNOS MOITO!!!
Están chegando moitos animais da contorna a aula deunos tempo a investigar un pouqiño das vacas,
sabemos que temos varios tipos en Galicia, dan leite, teñen 4 estómagos, comen herba...e o recollimos por escrito.
Ademais tamén chegaron:
COELLOS
CABALOS
PORCOS:
UN MEMORY DE ANIMAIS E PLANTAS E UN CONTO DA GRANXA
LOBOS:
GALOS
PATOS:
CABRAS:
GATOS:
CEGOÑAS:
CONTOS:
FROITAS E VERDURAS:
É INSECTOS:
TEMOS MOITO TRABALLO POR DIANTE PARA INVESTIGAR TODAS ESTAS COUSAS QUE ESTÁN CHEGANDO, MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR TANTO!!!
O RECUNCHO DA NATUREZA XA ESTÁ ABERTO
Esta semana veu de visita a mamá de MARTÍN e contounos un conto moi divertido dun tigre que non sabía onde vivía.
Todos/as estivemos superatentos/as e repetiamos o que nos dixo ISA.
Despois de escoitar o conto a mamá de MARTÍN axudounos a facer unha manualidade do animal que estivemos a traballar "O CABALO" o "EGUA"
Primeiro pintamos todas as partes, despois recortamos e volvimos a pintar para que se vexa dende os dous lados, recortamos o pelo da crin e da cola, pegamos as orellas e o ollo e puxemos as patas e finalmente pintamos as pezuñas.
Traballamos moito e quedounos tan bonito que quixemos levalo para a casa
Moitas grazas ISA por vir a pasar este ratiño con nos!!!Volve cando queiras.
Despois do recreo tivemos que facer unha misión RESCATAR O ENTROIDO !!! dos guisantes malvados.
Superpata envionos unha misión! os guisantes malvados estaban a quitar as cores a todas as cousas, e tiñamos medo de mañá non poder celebrar o entroido, entón tivemos que salvar ao colexio nunha misión supersecreta.
Os guisantes estaban por todas partes e se escapaban quitarian as cores a todo o colexio, traballaron duro porque eles/elas tampoco podian tocar os guisantes senón tamén perderian a súa cor.
peroooo o CONSEGUERON!!!non quedou ningún e mañá teremos ENTROIDO
Neste días tamén contamos o conto de Lucas
e deunos tempo a facer cousas da NATUREZA con plastilina
Esta semana viñeron de visita a MAMÁ de MARTINA e o seu PADRIÑO. Comezaron cunha charla na biblioteca e despois no comedor do colexio cunha morea de peixes.
Primeiro amosáronnos como era o traballo nos barcos, cales son as súas partes...
Que ferramentas de pesca utilizan no mar, as nasas.
As redes.
Os anzois.
Ensináronnos a facer nudos nas redes, de eses que non se desatan.
Tamén contaronnos un pouquiño das técnicas de pesca como o curricán, a volanta, o arrastre e o marisqueo e o cultivo en bateas, onde vimos un vídeo de como traballaban na súa recollida.
Faláronnos dos diferentes tipos de peixes: pola súa forma redondos e planos e de outros animais mariños, vimos como se fai a compra destes peixes na lonxa para despois chegar as pescaderías.
Finalmente fixeron unha pescadería no comedor do colexio para poder ver os peixes dos que nos falaron, da súa forma, de como os preparan para levar as casas, de como distinguir un peixe blanco do azul, ten truco, é pola súa cola...
VANESA e MARTINA ensinaronnos un por un e foronnos contando como se chaman e porque son especiais.
Acercámonos a velos máis de cerca.
Para rematar agasallaronnos cunha bolsiña reutilizable con forma de peixe!!
MOITAS GRAZAS POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NOS E CONTARNOS TANTAS COUSAS!!!
Despois da visita, en 4 anos fixemos uns debuxos moi chulis da pescadería. Vaia peixes debuxamos.
Os nosos debuxos do que máis nos gustou da visita da MAMÁ de MARTINA eo seu PADRIÑO
MOITAS GRAZAS POR VIR!!!
Esta semana retomamos o conto do GRÚFALO
Seguemos a traballar co conto do GRÚFALO, as súas partes
Os animais que aparecen no conto e debuxamos ata 9 animais diferentes dos que temos no recuncho
Aprendemos a facer encrucillados cos nomes dos animais que aparecen no conto, e gustounos!
e para rematar a semana, PINCEL que nos relaxa e gusta moito
Tamén vimos os contos que chegaron das casas, LUCAS trouxo un conto con sonidos que nos gustan moito de animais do entorno.
SAMUEL trouxo dos contos un de uns coellos moi valentes, eran BOMBEIROS e outro dun cervo que visitaba os animais do bosque.
Tamén SARA trouxo moitas froitas que temos que investigar que ainda que son coñecidas sempre aprendemos moitas cousas delas.
E máis vacas para o recuncho, que xa temos unha boa manada de gando vacún.
Tamén comezamos coa letra "d" e xa casi a temos!!!
Seguemos reciclando material de escritura e agora tamén pilas
As nosas plantas seguen a medrar para levalas ao horto este mes, mirade que bonitas están!
E recordade que os VENRES teñen que traer a bolsa verde co conto para facer o préstamo na biblioteca
PARA A SEMANA MÁIS COUSAS, BO FINDE!
Esta semana tivemos de visita a mamá de SAMUEL COBAS.
SAMUEL coa súa mamá contaron o conto de duas ardillas, estivemos moi atentos
A páxina do conto que máis lle gustou a Samuel foi cando no bosque apareceron árbores novas na primavera.
e despois fixemos a nosa ardilla, primeiro a pintamos, despois recortamos e por último fixemos boliñas redondiñas para poñerlle na cola, pero moitas moitas moitas boliñas, tantas que tivemos que axudarnos uns aos outros coa axuda de Belén non chegaba.
pero despois de tanta boliña, quedaron unha ardillas fermosas, que non quiseron deixar na clase, senon levalas a casa para amosalas a toda a familia
MOITAS GRAZAS BELÉN POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NOS AO COLE!!!
Estos días seguimos a traballar co conto do GRÚFALO, cos animais que se iba atopando polo bosque o ratiño, tamén comezamos cunha nova letra minúscula a "c".
Traballamos as emocións, direccionalidade...
Conteo e trazos dos números...
Tamén vimos os contos que chegaron estas semanas e que volveremos a volta das vacacións para investigar animais que salen neles como o CORVO
Os animais do BOSQUE, sobre e debaixo da terra
Os cisnes
Ademais seguimos coa reciclaxe de PILAS
Visitounos a mamá de TAQWA
Contounas moitas cousas do seu país MARRUECOS,
a súa forma de escribir e de falar é diferente
Toman moito té con pastas
Gustalles moito reunirse no salón da súa casa para falar e tomar o té
Cociñan a súa comida en recipientes de barro
Desde que nos falaron un pouqiño TAQWA vestiuse para a ocasión e axudou a súa mamá
Primeiro botaron o té feito con plantas naturais como a menta...tense que botar moi alto para que quede espumoso, todos/as o probaron pero non foi moi exitoso.
Despois repartiron as pastas e filloas típicas de MARRUECOS feitas pola mamá de TAQWA, que nos gustaron moitísimo, estaban moi ricas.
Para rematar os nenos/as quiseron probar a roupa de MARRUECOS de TAQWA porque estaba preciosa, encantoulles.
e para finalizar a mamá de TAQWA escribiu e repartiron os nosos nomes nunha tarxetiña no seu idioma, fíxonos moita ilusión.
MOITAS GRAZAS POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NOS, VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!
Antes de irnos ao comedor, TAQWA fixo un repaso de todo o aprendido a mañá coa súa mamá(a bandeira de MARRUECOS, no deserto teñen camellos, como é a súa roupa...)
e para rematar o día bailamos unha canción! Aquí vola deixo a ver se vos soa.
Esta semana tamén Noa e Martina de catro anos viñeron a amosarnos unha fermosa bolboreta que atrapara a súa mamá, investigamos e fixemos este traballiño.
Comezamos o libro do horto e xa sabemos moitas cousas
e Leo trouxo un herbario onde nos dixo que a súa flor favorita é a do toxo e así a debuxou
Tamén seguimos reciclando material de escritura
e fixemos una experiencia con iogurt e colorante alimenticio, usando para debuxar cousas da NATUREZA.
Pero algúnos tiveron problemas ca cor azul, que non se quería ir das súas mans!!! Foi un alivio ver hoxe que todos tiñas cor pel...que non se convertera ningún en pitufo.
A semana pasada visitounos unha matrona
Viña con moitos recursos e materiais adaptados a idade dos nenos/as utilizando unha linguaxe que poidesen entender.
Faloulles dos seus corpos e como mudan cos anos, que cambios van aparecendo co tempo.
Tamén que os seus corpos son deles e que ninguén ten dereito a tocarlles, que digan sempre que NON.
De comó aparecen os bebés nas barrigas das mamás e como van crecendo co paso dos meses, ademais comparouno co tamaño das froitas e entendémolo moi ben, primeiro son como unha xudía e finalmente como un melón, que xa non se pode mover e teñen que sair.
Samuel C. atendeu a un parto, primeiro preparou o necesario para cando saira o bebé da barriga unha toalla para secalo porque sae como dunha piscina con auga e un gorrito para que non teña frio.
unha vez preparados axudamos a nacer ao bebé
Tamén escoitamos o noso corazón
e despois o dos compañeiros/as
e finalmente deixounos xogar cos bebés e poder ver os contos que tiña
GRAZAS SONIA POR VIR A COMPARTIR ESTE RATIÑO CON NÓS E CONTARNOS TANTAS COUSAS!!!
Esta semana visitounos a mamá de KATIA, entre as dúas leron o conto do abrazo.
Estiveron todos moi atentos a lectura do conto.
Despois do conto abrazámonos como a tartaruga eo ourizo
KATIA e a súa mamá repartiron os materiais para facer un ourizo
Primeiro recortaron o corpo, despois as púas e para finalizar pegaron todo, púas, ollo, nariz e palito coa axuda de ANGELES.
e así de bonito nos quedou
MOITAS GRAZAS MAMÁ DE KATIA POR VIR A PASAR CON NÓS UN RATIÑO!!
Despois de marchar ANGELES investigamos os OURIZOS, onde viven, que comen, como son...e deixámolo por escrito na ficha.
Esta semana TATA a nosa cuidadora, falounos de que existen fresas con sabor a piña! Pois sí, aquí volas ensinamos. Nos as ulimos, tocamos e despois probamos. A verdade que cando as cortamos ulian moito a piña o sabor menos.
Na aula de catro anos chegou un saltamontes, investigamos nos libros e na PDI e despois o debuxamos
Buscamos nos libros os insectos traballados este días
Xoaniña
Tamén traballamos no libro do horto que nos fala do coidado das plantas.
Para a semana máis...
Esta semana estivo de visita para contarnos un contiño a mamá de EDWARD.
Contounos o conto e estivemos moi atentos/as.
Cando remataron conversamos sobre o conto, o que lle pasaba a oruga, que comía...se eran cousas saudables.
Despois fixemos unha oruga, primeiro recortamos papeis de distintos tonos de verde e despois pegamos.
e así de bonita quedou
MOITAS GRAZAS POR VIR, MAMÁ DE EDWARD!!!
Ademais estas semana seguemos avanzando nos trazos das letras minúculas, xa nos quedan moi pouquiñas por coñecer!!
Primeiro practicamos na pantalla e despois pasámolas ao papel
Para a semana máis actividades!!
DÍA DA FAMILIA
Preparando o espantallo
preparamos as macetas
Plantamos os amorodos
e xa casi listas!
Agora xa van camiño da casa
Tamén tivemos unha sesión de contacontos.
En 3 e 4 anos contamos o conto de "La hija del Grúfalo".
En cinco anos conversamos arredor de dous contos
e debuxamos a nosa familia
Seguindo co programa de POLOS CREATIVOS no que participa noso cole e cos programas a redor da natureza, realizamos unha interesante experiencia con circuítos!
Esta semana viñeron a visitarnos a mamá e o papá de CLAUDIA
Primeiro falounos do seu traballo, da importancia das árbores na nosa vida, cas árbores teñen múltiples funcións no ciclo da natureza e ademais son a base da supervivencia dos seres vivos que habitan na Terra e a casa de miles de especies de animais e plantas, ademais son a materia prima para a producción de moitos recursos.
Antonio tamén conversou en que consistia o seu traballo e como se levaba a cabo, despois na merenda gustounos moito ver a maquinaria nos vídeos.
Fixemos lectura dunha historia dunha árbore
Despois todos/as xuntos/as acercámonos a horta, estivemos mirando como iban as plantacións, se medraron...
e finalmente o papá de CLAUDIA axudounos a plantar unha camelia
Agora coidarémola con moito amor e cariño para que nos encha a horta de flores.
GRAZAS POR VIR A COLABORAR CO NOSO PROXECTO!!!
Camisetas cheas de natureza
Os nenos de 5 anos prepararon unha ensalada vexetal moi sabrosa. Trocearon leituga, engadiron tomates, mazá e raiaron cenoira.
Aliñaron e remexeron ben e lista para saborear.
Hoxe 5 de xuño de 2024 realizamos unha saída especial á lagoa de Cospeito para conmemorar o Día do Medio Ambiente!
Baixamos 4º,5º e 6º de educación infantil con 1º e 2º de primaria!
Visitamos o mirador principal xunto ó centro de interpretación da lagoa.
Demos un paseo observando a contorna.
Observamos unha chea de plantas!
Algúns animais como escarabellos, cabaliños do demo, zapateiros e patos. Escoitamos unha chea de ras e paxariños.
Paramos en 2 miradores do paseo.
Tivemos tempo para unhas fotiños no paseo.
Merendamos xuntos á sombra das árbores.
Xogamos!
E despedímonos da lagoa!
RETOMAMOS COA VISITA DA FAMILIA DE DARIO!!!
Comezamos coa lectura do conto, un conto onde aparecian moitos dos insectos traballados ao longo do curso.
despois DARIO repartiu uns papeles especiais que tamén tiñan insectos (formigas, bolboretas, xoaniñas, abellas, eirugas...) eses papeis tiñan líneas por onde tiñan que facer dobras.
O papá de DARIO moi despaciño foinos explicando e axudando a dobrar polas líneas.
e o resultado foi uns avións superchulos!!
e como bos insectos tiñamos que probar si voaban!
MOITAS GRAZAS FAMILIA DE DARIO POR VIR A PASAR ESTE RATIÑO CON NÓS!!!
Comezamos a semana ca visita dunha familia que tiñamos pendente, a familia de LUCAS
Comezaron lendo un conto entre os tres sobre como falan os animais.
Despois fixemos os animais con papel! LUCAS e a súa mamá repartiron os papeis dos animais por grupos
E con moito coidado doblamos por onde nos mandaba o papel, coa axuda as veces da mamá e papá de LUCAS
O resultado final, sairon xoaniñas
Rás
Cans
Todos xuntiños! Cos gatiños tamén
MOITAS GRAZAS POR VIR A PASAR ESTE RATIÑO CON NÓS!!!
Este ano estivemos inmersos nun programa que se chama PROTEXE AOS ANIMAIS, é un programa que desenvolve a concienciación polo respecto e a protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais de responsabilidade das mascotas, e o seu benestar.
O obxetivo xeral que tiñamos establecido era concienciar ao alumnado sobre a importancia de coidar e respetar a natureza e o medio ambiente, dito obxetivo acadouse, e a todo alumnado participante neste programa agasallámolo cun marcapáxinas feito coa impresora 3D da biblioteca do recuncho creativo.
Facendo entrega ao alumnado de infantil
GRAZAS POR COLABORAR PARA MELLORAR NO COIDADO DAS NOSAS MASCOTAS!
Esta foi a última semana en infantil e estivo cargada de emociones.
Rematamos os traballiños e os libriños todos para que chegasen a casa e poder contar todas as cousas que fixemos estos meses.
Despedimos a profe MARIA que axudounos tanto durante estes tres cursos, sen ela non serian posible moitas cousas das que fixemos na aula.
Tamén agradecemoslle a Tata por todas as cancións que nos cantou neste curso
Tamén lle dimos a benvida ao cole aos nenos/as que virán o ano que ven.
Primeiro contamos un conto dos animaliños do bosque e despois fixemos unha actividade
Cando rematamos o conto, por parellas axudaron aos pequniños a facer unha bolboreta, os maiores recortaron e eles puxeron as pegatinas.
E así de bonitas brillaban as bolboretas
Despois de traballar fixeron de coidadores mentras xogaban no patio
OS NENOS/AS DA GUARDE NON PUIERON TER MELLORES COIDADORES, E ELES PASARONO XENIAL!!!
E CHEGOU O DÍA DE PASAR A PRIMEIRO, PORQUE XA SOMOS MOI MAIORES
Fixemos a fila xa en primeiro, un pouco nerviosos/as
Cando chegamos a clase de primeiro cada un colocouse nun sitio, pero non chegaban para todos e tivemos que compartir, estivemos alí un ratín observando a clase, os libros, o rincón de xogos...
peroooo chegou a hora do recreo
as pezas eran coñecidas e moitos quedaron nesa zona, tamén o tempo non era bo e non puideron sair as pistas
Os xogos do chan foron un éxito
Algúns preferiron o fútbol pero pronto se deron conta que cos máis pequenos
ao ratiño sonou o timbre outra vez, chegoulles a pouco, fixemos fila e para clase
quedaban cousas ainda por solucionar, desfacernos dos mandilóns
e recibir o kit de supervivencia para primaria
Con este kit xa nada pode ir mal en primaria.
e con todo solucionado a clase verde pecha as súas portas desexándolles o mellor deste mundo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!