venres, 23 de outubro de 2026

A mamá de Leo Lombao conta o conto da BRUXA PELUSA! Moitas grazas Eva.

  Comezan as visitas das familias, hoxe veu contar o conto da Bruxa Pelusa a mamá de Leo Lombao. 

Escoitamos con atención as aventuras desta bruxa.
Despois de contar o conto fixemos unha manualidade. Leo Lombao repartiu uns triángulos. 
Como nos gusta utilizar a tesoira!!!!Seguimos practicando.
Unha vez que recortamos, deunos un círculo xa recortado no que tivemos que debuxar a cara da bruxa.
A mamá de Leo, Eva, axudounos a pegala no triángulo.
Xa case a tiñamos lista, Leo repartiunos unha pedra de cores, porque aí esconde os seus poderes máxicos.
Mentras, a mamá de Leo ia pegando a ala do sombreiro da nosa bruxiña.
E xa chegamos o último paso, faltaba o toque do brilli brilli. Para que esta bruxiña fose máis máxica,  botamos uns brillis na punta do seu gorro.
Quedou así de bonita esta bruxa Pelusa.

Moitas grazas mamá de Leo Lombao por vir a nosa clase pasar un ratiño con nós. Encantounos a túa visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!