O INVERNO
MÉRCORES 19 XANEIRO DE 2022
Os primeiros días de clase deste novo ano comezamos con unhas PAISAXES INVERNAIS: pintamos o fondo do noso debuxo coas cores do inverno: azuis, brancos e oscuros. Empregamos pinceis e esponxas. Despois co pincel debuxamos unha arbore sen follas, propia desta época e neve. Rematamos escribindo a palabra inverno a nosa paisaxe.
Resultado final:
Outra artistada:
A nosa man é máxica, non so é unha man, pode ser.....cinco bonecos de neve!!!. Veredes que chulos quedan. Primeiro estampamos a nosa man de branco nunha cartolina negra.
Collemos papeis de cores para facer 5 sombreiros e poñelos encima dos nosos dedos.
Finalmente cos rotus de cores decoramos as súas caras.
Ao longo deste trimestre seguiremos descubrindo máis datos interesantes desta estación.
Deixovos a canción que escoitamos estos días:
DOMINGO 30 DE XANEIRO DE 2022
Seguimos traballando o inverno, nesta ocasión fixemos uns bonecos de neve. Están feitos coas letras do noso nome en letra pequena.
Para facer esta nova artistada da estación na que estamos precisamos moitos círculos, un cadrado e un rectángulo. Os círculos son para para facer a cara do boneco e tamén para o corpo. Collemos tantos círculos como letras ten o noso nome. O cadrado e o rectángulos son para facer os sombreiros do noso simpático boneco. Tendo todos os materiais necesarios so precisamos tixeiras e moita arte para levar a cabo esta tarefa.
Resultado:
A profe colgounos da bola do noso cor de mesa.
SORPRESAAA!!!!!!Mirade como está medrando a nosa castaña de outono, cada día está máis bonita e temos moitas gañas de que medre para poder ir plantala á fóra.
VENRES 11 DE FEBREIRO DO 2022
Fusionamos O PROXECTO DO INVERNO co do CORPO.
CREAMOS UN BUZÓN nesta estación, durante toda á semana podemos meter cartas e os venres descubriremos a nosa correspondencia. Podemos facer debuxos de nós, dos compañeiros, de cousas que nos gustan, escribir palabras bonitas, etc.
Lemos un conto: se os animais tamén escriben ós seus amigos, nós tamén o podemos facer.
Debuxos do conto:
O NOSO CORPO CANDO NOS ABRIGAMOS. No inverno empregamos gorros, bufandas, abrigos e botas. Nesta artistada os nenos colocaron lá a unha bufanda e decoraron o gorro como quixeron e colocáronlle algodón de pompón.
Despois debuxáronse:
Quedaron super chulis!!! Bravo equipo!!!
MÉRCORES 2 DE MARZO DE 2022
Recuperamos na nova estación a artistada do Arcimboldo, neste caso do INVERNO.
Froitas e verduras típicas desta estación.
Rematamos o proxecto do inverno. Maqueta representativa.
O inverno estanos dicindo adeus e antes de que remate quixemos facer unhas maquetas con elementos propios desta estación.
Bonecos de neve feitos de plastilina de cores. Composicións propias, ao igual que as árbores do inverno.
Decoracións:
Resultados das maquetas: cada nena/o vai acompañado na súa maqueta polo seu equipo de mesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!