venres, 18 de setembro de 2026

Primeiros pasos no cole!

Comezamos a nosa andaina no cole con moitas emocións e experiencias. 
Aínda que o mes de setembro sería o mes de adaptación, e incluso todo o primeiro trimestre, este venres rematamos a primeira fase deste proceso de adaptación tras días de incorporación progresiva e iniciación a algunhas das rutinas.
Empezamos acostumandonos ás profes, á clase, ó patio... e sobre todo xogando moooooito! Moita cousas novas entre os espazos as persoas e as normas.


Visitamos o ximnasio coa profe Rebeca que nos dará clase de psicomotricidade e xa probamos as colchonetas e balóns.

Visitamos o patio dos maiores e fomos ata a horta e o estanque das ras.

Preparamos decoracións para o nosos corcho demostrando que son uns artistas!

Tivemos as primeiras merendas de media mañá con plátanos, melón, peladillos...

E comezamos algunhas rutinas básicas cuns contiños especiais que nos valen de excusa para pasar un bo rato e para ir probando distintos materiais que empregaremos neste curso.
Os contos son un moi coñecido e querido por todos eles: "Los tres cerditos". E outro conto menos coñecido: "Los tres cerditos van a la playa".






Seguimos con porquiños co conto de "La cerdita Clea", e a súa canción que nos encantou!
Primeiro emporcallámola un montón!


E logo unha experiencia sorpresa arredor do conto, emporcallando animais de granxa con "barro" e contagotas, para logo lavalos e que quedaran relucentes!


Pasámolo moi ben!
E hoxe rematamos un recordiño destes primeiros días do período de adaptación


Quedoulles moi chuli!




Moitas grazas ás familias por colaborar nestes primeiros días de cole. Facilitastes moito a incorporación dos cativos e o noso traballo. Sabemos que non son días fáciles para eles e, moitas veces, tampouco para vós!

Continuará...😉 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!