Esta semana voltamos ao cole e fixémolo cun conto
Moitos animais volven ao cole coma nós, aquí os debuxamos a todos
e cada día iremos traballando e coñecendo a cada animal
e tamén recordando as rutinas do cole e descubrindo xogos novos...xa non somos os pequenos!!!
Seguemos a coñecer cousiñas dos animais que fai uns días voltaron ao cole
Os caracois voltan ao cole
Primeiro investigamos como eran e despois os decoramos e así de bonitos nos quedaron
Os parrulos tamén voltaron ao cole, pero non tiñamos moi claro de que cor eran así que despois de investigar fixémolos de moitas cores
Primeiro lle fixemos o seu corpo e despois contamos dúas patas e un pico e un ollo
Os lobos tamén voltaron ao cole e a nosa caixa máxica deixóunos pintura branca e negra e non sabiamos que facer con ela, así ca mesturamos
dímonos conta que saira a cor gris e con axuda dun tenedor comezamos a dar forma a cabeza do lobo
e finalmente ollos e boca
Os crocodrilos tamén voltaron ao cole, estes déronnos moito traballo, primeiro pintamos o corpo de cor verde, despois a pel por encima, a boca, os ollos e así nos quedaron
Os coellos tamén voltaron ao cole, primeiro decoramos as letras, despois picamos os coellos e finalmente puxémoslle papeis de cores diferentes
Tamén ao mesmo tempo seguemos a recordar as letras que xa coñecíamos de diferentes formas
Tamén repasamos os números que xa coñeciamos contando
e xogando cos novos xogos
Tamén aprendemos novas rutinas como a de pasar lista e colocar o noso nome no cole o na casiña
Ademais esta semana pasounos unha cousa moi curiosa, no patio de infantil no recreo comezaron as teorías ó irse decatando de que había algo raro na árbore do patio.
Primeiro decían que era un pau pintado. Algún dixo que parecía un corno de unicornio. Algúns dicían que non podía ser, porque non existían... Outros apuntaron que eran máxicos, así que podía ser... Que se iría voando e lle caeu na árbore...
A caixa máxica deixounos distintos materiais como pintura rosa, conta gotas, algodón e unha ficha onde poñia "porco", dimonos conta que con todo aquilo tiñamos que facer o novo animaliño que voltara ao cole.
Primeiro botamos co conta gotas gotiñas rosas no algodón
Cando secou lle fixemos os ollos, nariz, patas...
Os osos tamén voltaron ao cole, primeiro investigamos como eran de que cor, como tiñan recuberto o seu corpo, cantas patas teñen, que comen...tamén descubrimos que no inverno dormen moito, así que van ao cole a durmir.
Despois decidimos a cor co que o pintamos algúns negro e outros marrón, e finalmente cosemoslle o xerxei pasando unhas cintas dun lado ao outro para que non tivese frio no inverno
Os ratiños tamén volveron ao cole, pero ao comedor porque lles encanta o queixo...
Coloreamos a súa roupa, picamos a súa cabeza e despois o pegamos na ficha
Para a semana voltaran os últimos animais que nos faltan. pero onde se atopan?
Ademais xa comezamos co proxecto de creadores de contos, falamos para que serven os contos, que podemos facer con eles, e onde se atopan..., entre todos sairon un montón de ideas...
Un dos sitios no colexio onde temos moitos contos e a BIBLIOTECA e alí estivemos
Primeiro falando que todos os contos son distintos en tamaño, ainda ca maioría son cadrados o retángulos, tamén que teñen unha PORTADA onde en letras grandes aparece o TÍTULO en pequeniño a persoa que o escribiu, ainda que algúns dos libros infantiles foi dificil de atoparlle o AUTOR.
Tamén comezaron a contar o seu conto favorito
LEO foi o primeiro e fixoo MOI BEN! Nótase que lle gusta moito
Despois o deixamos recollido no papel, quen lee, o título do conto e o que mais nos gustou do contoe finalmente estamos a facer marionetas relacionadas co conto para facer dramatizacións
Comezamos a semana con conto de Sara dun NARVAL, fíxonos moita ilusión porque fai pocucas semanas contamos a súa historia relacionada co seu corno máxico.
Ademais Sara coa axuda da súa familia trouxo un fondo marino precioso onde observamos todo o que podemos atopar debaixo do mar, XA ESTÁ NO RECUNCHO DO PROXECTO.
Despois de contar o conto fixemos o nome de SARA que nos contou o conto, coloreamos se nos gustou, puxemos o seu título e debuxamos un NARVAL
Esta semana tamén tivemos unha gran sorpresa porque visitounos ANTÍA a irmán de SAMUEL C, e entre os dous nos leeron o conto dos tres porquiños con pictogramas.
Pasámolo moi ben, gustanos que nos veñades visitar!!
Despois pasamos todo ao papel, o que maís nos gustou foi debuxar aos porquiños
O preferido de Samuel é o lobo
Ademaís esta semana encendimos a lanternas de Samaín na clase, pasámolo moi ben cada vez que chegaba unha, quedando as oscuras e solo coa luz das lanternas. MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR!!!
Seguemos a contar contiños...
Esta semana que foi maís cortiña tocoulle contar o conto a SAMUEL D, fixo acompañado de ROCOun canciño de peluche.
Despois plasmamos no papel o que maís nos gustou das aventuras de Roco
cando rematamos fixemos a marioneta deste conto
Tamén recordamos as partes dos contos a PORTADA onde esta o título e o autor/a-escritor/a do conto, o LOMBO onde aparece tamén o título, o TEXTO que son as letras do conto que nos dín a historia, os DEBUXOS que fan os ilustradores e os NÚMEROS que nos dín a orde das páxinas.
Tamén esta semana chegou ao recuncho dos contos un xogo e unhas caretas dos tres porquiños, co que nos gusta ese conto. GRAZAS LEO!!!Esta semana traballamos que nos contos poden aparecer distintas persoaxes:poden ser animaís, obxetos, persoas...búscamos en varios contos e comprobamos toda a variedade que existe.
Esta semana contou o seu conto KATIA "5 PATITOS" encantounos porque dímonos conta que o seu conto era como unha canción, onde a mamá PATA tiña cinco patiños e foinos perdendo todos hasta que os chamou e volveron aparecer...tivémolo que contar varias veces de tanto que nos gustou.
Aquí KATIA amosounos a súa páxina preferida e nos plasmámolo no papel, o título, o debuxamos...E para rematar a semana tivemos unha sorpresa na caixa máxica que saberedes que temos na clase, esta semana fixo das súas e trouxonos unha caixa chea de contiños pequeniños como o que nos trouxo Zoe, e ademais o conto de Zoe medrou...vaya sorpresa!!!
Así que Zoe contounos o seu contiño, e despoís debuxamos o que maís nos gustou
O luns atopámonos na caixa un bote de terra e as landras que recollemos o día do magosto, así cas plantamos como fixo Xan no conto de Zoe e ademaís plantamos moitas, unha para cas agochen as ardillas, outra para cas pisen os cabalos, outra para cas coman as cabuxas, outra para os leñadores, outra para que xoguen os neno/as nas súas ramas e outra para que medre no noso cole e dentro duns anos nos dea sombra.Tamén nos deu tempo a seguer aprendendo xogando
Seguemos co proxecto dos contos investigando as súas partes, personaxes, onde ocurren as historias...
MARTINA contou o seu conto da Sirenita, dímonos conta que non se poden decir mentiras que poden poñernos en apuros como a da Sirena, pero finalmente consegueron que viñera a raiña ao cole!!!
Despoís de completar a ficha do conto, recortamos olas do mar para practicas o manexo da tixeirae xa temos moitas!!!
Esta semana FABIO contou o seu conto "Los tres cerditos"
E o que mais lle gusta a FABIO do seu conto foi a casiña de porquiño grande, e así a plasmamos todos/as
e que eses contos ocorren en distintos escenarios como os dos nosos contos do recuncho, e eleximos varios para facer e poder levar para as casas
E os bosques que aparecen tamén moitas veces nos contos
E para xa rematar o proxecto convertímonos en creadores de contos, para crear o noso conto o primeiro que fixemos foi seleccionar os ingredientes dos contos entre todos:
Finalmente comezamos a escribir a nosa historia
Así o plasmamos en papel
Tamén estes días traballamos na portada do proxecto dos creadores, primeiro pintamos as letrasDespois con pincel decoramos os bordes
Tamén fixemos unha maleta onde recolleremos todos os traballinos do trimestre, primeiro decoramos as letras
e ORGULLOSOS/AS do redultado final!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!