DINOSAURIOS (4º EI: CLASE VERMELLA)

Venres 3 de febreiro 2023

APARECEU UN OVO NA CLASE!!!

Esta semana apareceu un ovo na clase!!!! Quen o deixaría alí?

Menuda sorpresa levamos o luns ao ver un ovo na clase, quen o trouxo? Os nenos comezaron a formular hipóteses: era redondiño, de pita, solo as pitas poñen ovos, canto puxemos a nosa cabeciña a pensar. 

Era suave, os nenos ao movelo decían: "escoitade que parece que ten algo dentro".
Con el viñan unhas indicacións que decía que o temos que meter en auga. E así o fixemos.
DÍA 1: luns 30 de xaneiro
DÍA 2: martes 31 de xaneiro. Menuda sorpresa cando chegamos ao cole o martes, xa rompera o ovo e vimos un dinosaurio. Descubrimos que non era pitiño, aínda que algún neno tiña dubidas se era un dino ou un cocodrilo.
Traballando sobre o papel o nacemento dun dinosaurio. Cando os animais nacen dos ovos decimos que son ovíparos. 
Esta semana comezamos o libro, descubrimos que picando por uns puntiños, detrás dunha pegada se escondía un dino.
Coloreando as vogais da palabra dinosaurio para darlle cor a ese dinosaurio tan chuli. Por detrás debuxamos un dinosaurio de cor verde. 
GRAZAS FAMILIAS, estos días os nenos e as nenas están chegando cargadiños ao cole con moitos contiños, xogos, dinos.... para o proxecto. Pouco a pouco irémolos descubrindo todos xuntos. Moitísimas grazas pola colaboración.




 O venres Martina chegou ao cole con unha gran bolsa e cando descubrimos o que había, quedamos todos abraiados. Estaba super contenta coa súa maqueta que lle axudou a facela a súa mamá.
Na ficha do contiño desta semana, PAULA contou o seu conto. Descubrimos que os dinos tamén se asean coma nós: lavan os dentes, duchanse, van ó baño...
Mirade que debuxos tan chulis do conto:

Ata luns peques!!!SONRISA DE VENRES!!
Sábado 10 de febreiro 2023

XOGANDO COAS LETRAS DE DINOSURIO!

 

Esta semana descubrimos que dinosaurio significa LAGARTO TERRIBLE, observamos como eran e onde vivían.
A semana pasada nos pequenos debates que temos  entre todos falamos :QUE SABEMOS DOS DINOSAURIOS! Esta semana plasmálolo no libro.
E debuxamos como é un dinosaurio para nós.
Seguimos a xogar coas vogais e neste caso na palabra dinosaurio. Contámolas, trazámolas e por detrás debuxamos un dino. Dinosaurio significa: LAGARTO TERRIBLE. 
ERAN RÉPTILES. 
ARTISTADA DESTA SEMANA: coa axuda da profe Uxía estampamos tres dos nosos dedos simulando unha pegada de dino.
Volvemos a estampar a man como se fose un dino, o dedo gordiño é  cuello e os outros catro dediños os pés.
Alaa!!! que chuli está quedando!!
Por último, fixemos patitas nos nosos dedos, puxemos pinchos con gomets de cores e intentamos poñer o noso nome na barrigola, empezamos a trazar algunha letriña. Xenial peques!!!!!
O xoves volveron aparecer na clase dous ovos, un recipiente con algo no seu interior e unhas pipetas ao lado. Primeiro ulimos o que había no recipiente blanco, parecía auga pero ulía moi forte: era vinagre!!! Experimetamos con todo o da mesa , por equipos enchíamos o vinagre na pipeta e vertíamolo xunto os ovos. Os ovos estaban fríos, máis ben conxelados, co vinagre parecía que saían burbullas, como se estivese fervendo e descubrimos a dous dinos.

Puxémonos a investigar como se chamban e que características tiñan. Aron trouxera eses dous dinos da súa casa, axudounos a descubrilos. Un era un estegosaurio e o outro un paradosaurio, este último tiña unha cresta.
DONDE VIVÍAN os dinosaurios? Vivirían cerca do cole?? Non, vivían selva. Ademais, fixemos un exercicio na pantalla de buscar iguais para unir.
Grazas familias por seguir colaborando con nós,  MARTIÑO, MARTÍN e DANIELA.
VENRES DE CONTO: MARTÍN, trouxonos un libro que tiña unha linterna para ir descubrindo os diferentes dinos, algúns recoñecémolos ao instante e outros tivemos que ler un pouquiño deles. Temos moitos libros que nos ensinan moitas cousas dos dinosaurios. Canto estamos aprendendo!!!
Mirade que debuxos tan chulis fixeron despois de ver todos os dinosaurios que había no conto de Martín.
Sonrisa de venres, ata luns peques!!!!Preparádevos que chega o entroido!!!!
Xoves 16 de febreiro 2023

UN DINO MOI ESPECIAL NESTA SEMANA: O DIPLODOCUS

 Esta semana de entroido descubrimos como é un diplodocus.
Coñecendo o diplodocus, algúns dos vídeos que proxectamos na clase:
 
Traballando sobre o papel, debuxando e prestando atención as características. TEN UN CUELLO E UNHA COLA MOI LONGOS.
Canción do diplodocus:

Buscando diplodocus entre todos os que temos na clase:
Onde viven os dinos? Describimos os lugares que aparecían no libro, Ahmed foi o encargado ese día e fixo de profe. Despois pegamos unha pegatina de dino na imaxe correspondente.
Repasamos como nacían de novo os dinosaurios, no libro picamos un ovo e apareceu un dino. Falamos das mamás MAIASAURA, a mamá dos dinos, como protexe os seus ovosDecorámola estampando a nosa pegada en verde.

Seguen chegando cousiñas da casa. Moitísimas grazas.
Xogando co rincón dos dinos:
Na aula temos moitos contiños de dinos, pero eleximos este para iniciarnos no entroido e elexir así o dino co cuello e a cola máis longo: o diplodocus.

Picando a cabeza:
Picando as patas para poder meter os nosos pés:
Pintando a cola do diplodocus, estampamos coa témpera azul con esponxas redondas:
Facendo a boca de lá azul e facendo dentes co noso dedo máis pequeniño:
Último toque da cabeza do diplodocus,  un pouco de brilli brilli:
ENTROIDO

Venres 3 de marzo 2023

Coñecemos o corpo dos dinos!

Á volta das vacacións do entroido chegou un novo compi, Dani. 
Seguimos traballando cos dinos e desta vez coñecemos máis de cerca o triceratops e o T-rex.

Dani chegou cargado cun crebacabezas moi chuli para o noso proxecto.      

Valentina tamén nos trouxo esta semana un dino - bebé e Luca unha marioneta de dino.
No momento de xogo os nenos explican como se xoga aos seus compañeiros e compañeiras.
Xogando:
Estos días contaron conto Valentina e Alma. No conto de Valentina descubrimos como comían os dinosaurios, repasamos os conceptos de carnívoro e herbívoro.
Debuxos do conto de Valentina:
No conto de Alma repasamos varios conceptos; como nacían e quen era a maiasaura. Axudouse de dous dinos que trouxo co seu contiño. Dous diplodocus, o máis grande é a mamá.
Debuxos do conto de Alma:
Canto saben estes peques e como nos axudan os contiños a descubrir curiosidades!!!!!!

Repasando conceptos: ERAN RÉPTILES. Traballando sobre o libro:
Descubrindo o dino sobre o que imos traballar estos días:
Coñecendo o corpo do TRICERATOPS:
Curiosidades e diferenzas cos outros dinos.
Coloreando coa cera máxica este dino que ten 3 cornos e unha cresta.
Buscando triceratops nos dinos que temos na clase:
Canción do triceratops:
Traballando sobre o papel o corpo dos dinos. Na imaxe aparecía un T-REX.
Coñecendo os T-REX.
Pintando con témpera vermella, xa que pintamos o T-rex como o que trouxo Martín da súa casa.
Os T-rex, teñen uns dentes moi afiados porque son grandes cazadores. Son carnívoros, á diferencia dos dinos que xa vimos. 
Mentres xogamos cos dinos descubrimos quen tiña un T- rex na man. 
Canción do T-rex:
SONRISA de VENRES!!Ata luns peques. Bo fin de semana.

Venres 10 de marzo 2023

Pico e pincel que descubrimos o que son os fósiles!

Esta semana somos paleontólog@s.
Ahmed ao comezo do proxecto trouxonos 4 xogos de excavacións para cada grupo de mesa.

Explicounos como tiñamos que facer (1º día da excavación): Os nenos estaban asombrados, Héctor foi o primeiro en descubrir que ian ser excavadores. Precisamos pincel e un pauíño que se parecía a un pico.

2º día da excavación:

O martes apareceu na clase unha caixa con algo no seu interior. Que atopamos? Fósiles e osos de dinosaurios.
Buscando parecidos entre os dinos que coñeciamos. A profe Uxía axudounos dándonos pistas. 
Creando fósiles con plasti e empregando os dinos que temos na clase. 
Os fósiles son restos de animais e/o plantas do pasado que quedaron nas rocas ou na terra.
Quen estudia os fósiles? Os paleontólogos e paleontólogas. Debuxos de nós sendo uns estupendos paleontólog@s.
Os paleontólogos:
Entón , nós somos paleontólogos?? (seguimos coas excavacións)
Estamos chegando case ao final das nosas excavacións e observamos como podemos ir vendo os esqueletos dos dinos.
Os esqueletos dos dinos:
Esta semana tamén coñecemos un pouco máis ao dino parasaurolophs.

Con este dino estamos tranquilos porque non nos vai comer, porque come herbas; é herbívoro. Ten unha cresta e descubrimos que se parece ao pato. Anda con dúas patas como o T-rex. Canto estamos aprendendo dos dinos.
Buscándoo nos que temos na clase:
Seguen chegando cousiñas para o noso proxecto. Moitísimas grazas familias!
Alma trouxonos un libro con moitas pegatinas de dinos. 

Ahmed a principios da semana chegou todo  emocionado á clase porque alguén lle deixara un ovo na súa casita, igual ao da clase. Hoxe trouxonos o dino que lle saíu. Recordamos que os dinos son ovíparos.
Contiño de venres, hoxe contaron o conto de DINA, a dinosauria. Thiago, Daniela e Samuel trouxeron o mesmo conto. Samuel hoxe non veu ao cole, para a semana tamén imos deixarlle que no lo conte. Da casa están vindo uns contos chulísimos.
Debuxos do conto de Thiago e Daniela.
No conto o protagonista é un triceratops e... mirade.... mirade quen apareceu!!!!. Ao principio colleron un pouquiño de medo e algúns nenos non se quixeron poñer para a foto, pero despois este dino quixo xogar con eles a plasti.
Para a semana máis, sonrisa de venres!! Ata luns peques.

Venres 17 de marzo 2023

Os fósiles de MARY ANNING

A semana pasada coñecemos unha paleontóloga: Mary Anning. Esta semana elaboramos algún fósil dos seus descubrimentos.

Esta semana seguimos descubrindo máis sobre a nosa paleotóloga preferida, a través dun conto coñecemos a súa historia. Despois debúxamola.

Mary é considerada a nai da paleontoloxía por todos os seus descubrimentos e investigacións. Naceu en Inglaterra, polo tanto falaba como a profe Cova e a profe María de plástica: o inglés. 
Na pantalla observamos que grande é o mundo porque buscamos onde viviamos nós e onde viviría Mary. Decoramos a bandeira de Inglaterra seguindo as instruccións que nos mandaban os números e as cores. Que ben saíu. 
Con só 11 anos encontrou o primeiro esqueleto dun ICTIOSAURIO. Descubrimos letras e repasámolas. Empregamos unha cera máxica para colorear o esqueleto.
Tamén encontrou os primeiros restos dun PLESIOSAURIO. 

Estes restos atópanse no museo da historia natural de Londres. Fixemos un crebacabezas con unha imaxe do museo. Primeiro pintámolo coas acuarelas.
Despois, practicamos coa tesoira recortando polas raias.
Para finalmente montalo e pegalo.
Esta semana usamos pasta de modelar para facer fósiles. Fixemos o ICTIOSAURIO de Mary e o DIPLODOCUS (coñecemos varios dinos, pero éste é que máis nos gusta de todos).
Dende moi pequena Mary axudaba ao seu pai a buscar fósiles nos acantilados de Lyme Regis, para vendelos e gañar cartos para a súa familia.
Coa masa fixemos unha boliña, aplastámola ben no papel e estampamos o esqueleto e deixamos secar. Exemplos dos resultados. O primeiro é do diplodocus e o segundo do ictiosaurio.

Canto traballan estes peques!!!!
Seguen chegando cousiñas da casa, desta vez Luca trouxonos un conto. Moitas grazas!!!
Lembraredes que a anterior semana Samuel faltou cando Daniela e Thiago contaron o seu conto, esta semana como xa volveu ao cole contounolo. 
O venres, Noa contounos o seu contiño. Era dun T-rex que poñía ovos.
Fixemos os debuxiños do conto:
Despedimos esta semana con unha sonrisa, ata luns peques!!!

Xoves 30 de marzo 2023

Os descubrimentos de Mary Anning!


No 2010 Mary Anning  foi declarada unha das 10 mulleres máis influíntes da historia.
Debuxo de Mary, como unha das mulleres máis importantes da historia.
A pesar dos seus descubrimentos e investigacións non foi valorada por ser muller e outros científicos apropiaronse dos seus descubrimentos:

Observamos un fósil
Descubrimentos de Mary: 1º ICTIOSAURIO
Investigamos e coloreamos

2º PLESIOSAURIO
Coloreando un plesiosaurio cuns cores moi máxicos. Despois de pintar, deixamos a clase a escuras e encendemos un foco e menuda sorpresa levamos. As cores do noso plesiosaurio brillaban.
Como nos gusta ser paleontólogos; buscando ósos....que divertido.
Pegando os ósos no plesiosaurio:
Volvemos encender a luz máxica:

Profundizando no plesiosaurio:
Localizando un plesiosaurio na clase

3º PTERODÁCTILO: investigando, debuxando e coloreando.

Canción:

Que son os coprolitos?? Grazas as "cacas fosilizadas" descubriuse o que comían os dinos.
Seguen chegando cousiñas da casa. Moitas grazas por todos os materiais que estades traendo. 
Elaborando unha Mary. Recortamos e coloreamos:

Debuxando a cara de Mary:
Que chula quedou!!!!
O mércores 22, tivemos dúas visitas moi especiais; as mamás de Luca e Uxía viñeron ensinarnos uns xogos moi chulis de dinos que elaboraron. Deixáronos na clase para seguir desfrutando deles.
Xogamos:
Tamén nos fixeron un agasallo moi chulo. Moitísimas grazas por colaborar, gústounos moito.
Conto de LUCA
Debuxos do conto:
A mamá dos dinos chámase maiasaura, aparécennos moitas veces nas nosas conversas. Coloreamos unha:
Despois debuxamos a maiasaura co seu bebé, traballamos conceptos grande e pequeno. De cor marrón fixemos a maiasaura e de verde o bebé, tiña que ser máis pequeno que a mamá.
En plástica, coa profe María fixeron uns dinos moi chulos.
Así rematamos o 2º trimestre, mañá temos pendente a festa do cumple de marzo. 

Venres 21 de abril 2023

Xeometrías con dinos

Estos días seguimos descubrindo máis curiosidades dos dinosaurios e tamén xogamos con diferentes formas xeométricas para crear dinos.
Comezamos o 3º trimestre, xogando:
Estampamos a nosa pegada nun sobre que será un xogo. O sobre do xogo das dinometrías:Experimentando con tantas figuras xeométricas:Fixemos un diplodocus e tamén intentamos facer un triceraptos:
Profundizamos no ESTEGOSAURIO:
Canción do estegosaurio:
Buscando estegosaurios na clase:
Ata na nosa roupa:
Alma trouxonos á clase dous dinos que saíran de ovos. Temos moitos dinos, GRAZAS FAMILIAS. É moi interesante aprender entre todos.
O BRONTOSAURIO:
Parécese ao diplodocus, pertencen os cuello largo. Destroquelando unhas partes dun brontosaurio para compoñer un crebacabezas no libro. Despois escribimos a palabra DINO.
Respira por un bulto que ten na súa cabeza. Coloreámolo co noso dedito máxico.
Atopamos dous na clase.

O mércores tivemos unha sorprsa, cambiáronnos a pantalla da clase. Estaban todos super emocionados e agora podemos quitar fotos con ela. Que guapos saímos!!!!
SONRISA DE VENRES!!!!! Hoxe contamos un conto que se titula SER AMIGOS e despois fixemos esta foto. Ata luns!!!Bo fin de semana.

Sábado 29 de abril 2023

QUE COMEN OS DINOS?

Esta semana repasamos o que comían os dinos.

Thiago chegou a clase con un dino e un OVO. Puxémolo en auga.

Ao día seguinte saíu un triceraptos. Xenial!!! Recordamos que os dinos son ovíparos. 
Ahmed e Héctor tamén nos trouxeron dinos esta semana. FAMILIAS, sodes moi molonas. Grazas por encher o noso recando de información.
Cando coñecemos os diferentes dinos xa imos vendo que é o que comen. Diferenciamos entre CARNÍVOROS (aqueles que comen carne). No traballo sobre o papel contamos canto comeu este T-Rex. 
E HERBÍVOROS (aqueles que comen vexetais ou como din os nenos, os que comen herba). Traballamos sobre o libro facendo series de dinos e vexetais.
Descubrimos que según o que comen os seus dentes son moi diferentes:
Os dentes dos herbívoros son planos e os dos carnívoros son afilados. Os nenos dixeron que os do T-rex tiñan que ser moi afilados e grandes, xa que tiña que comer moito. 
Facendo dentes de dinos con plasti, había dinos con dentes pequenos e outros con dentes moi grandes e afilados.
Sonrisa cun diplodocus que nos regalou a profe Uxía que llo fixo a súa mamá!!Moitísimas grazas!! Ata mércores peques, pasade boa ponte.

Venres 19 maio 2023

Seguimos descubrindo dinos...

 Estas semanas seguimos traballando e coñecendo máis cousiñas interesantes dos dinos.

Coñecemos o dino máis rápido: VELOCIRAPTOR

Buscando este dino na aula.

Profundizando sobre o papel e debuxándoo.
Poñendo brilli brilli nas patas para que corra máis rápido e veloz. 
Unha canción para recordar o velociraptor:

Traballamos o CONTO do libro.
Tiñamos que compoñer un crebacabezas e escribimos a palabra T-REX porque saía no conto.

Estos días Pablo trouxonos un super kit de paleontólogo e Dani un conto moi interesante. Moitas grazas familias por seguir colaborando con nós.
Puxémonos mans á obra e a picar como paleontólogos, xa nos tarda rematar de picar para poder empregar a lupa. Pablo explicounos como había que facer e íanos dicindo por onde debiamos picar. 

Este venres Dani contounos o seu conto e despois fixemos uns debuxos super chulis. 
QUE É UNHA MANADA?
Son animais da mesma especie que viven xuntos. Por exemplo unha manada de diplodocus que foi o que debuxamos despois de traballar sobre o papel.

Rematamos esta semana con un super abrazo de equipo vermello. Bo fin de semana peques!

Venres 26 de maio 2023

Traballando a saída Avifauna!

 Antes de ir de excursión estivemos vendo que moitas aves evolucionaron dos dinos. 

Grazas aos científicos e científicas sabemos que os seres vivos van evolucinando. Trazando o camiño polo cal os dinos chegaron a convertirse en aves. A súa evolución.
Nos momentos previos á saída centrámonos nos seguintes dinos:
PTERODAUSTRO
É da familia dos Pterodáctilos, ten pico e pode voar. 
Seméllase ó FLAMENCO
GALIMIMUS
Ten un cuello moi longo. 
Parécese a AVESTRUZ.

Algún dino xa se nos fai coñecido, o PARASAUROLOFUS recordamos que se parecía a un PATO polo pico. Traballando sobre o papel os parecidos e despois debuxamos por detrás un Parasaurolofus con lapis.
O velocirraptor parécese as aves rapaces como as aguías e falcóns pola garra dos pés, o oksoko era como un loro e a halszka parecíase a un cisne: camiñaba como un pato, nadada como un pingüín e cazaba como un cocodrilo.
Desta vez por detrás debuxamos un loro. 
Profundizando no HALSZKA; tiña alas para nadar e parecíase a un cisne.
Decoramolo con brilli brilli.
OKSOKO
Profundizamos sobre el, ten unha cola moi longa e parécese ao LORO
O mércores observamos que o que traballamos na clase, vímolo na nosa saída a AVIFAUNA.

FOTO DA NOSA SAÍDA! Que ben o pasamos!!!
Boa fin de semana! Ata luns peques!

Martes 20 de xuño 2023

EXTINCIÓN e rematamos proxecto dos DINOSAURIOS!!


Estes últimos días de xuño andivemos moi enredados para rematar todo o relacionado co proxecto deste curso. 

Quedábanos a última parte: Como se extinguiron os dinos?

Traballando sobre o papel:

Facendo unha manualidade relacionada con pinturas, acuarelas, mezclando cores coas témperas e uns animais moi coñecidos neste curso que cada un elixiu cales poñer. 
Que aprendemos?
Ficha de observación: buscar, contar e escribimos a palabra DINOS.
PAÍS DOS DINOS
Pola parte de atrás escribimos e por diante debuxamos un montón de dinos.
Estampando a esponxa para facer a portada do proxecto. 
Na nosa portada aparece un diplodocus.
Quedaron super chulas artistas!!!!
Fixemos o noso carné especialista!!!!
E tamén nos AUTOAVALIAMOS, canto aprendemos dos dinos!!!TODOS e TODAS traballamos moito este curso. Parabéns equipo!!!
Noa e Martina trouxeronos unha carpeta cargada de estampación de dinos. Estivemos repasando nomes e características deles. Moitísmas grazas familias!

Tamén tivemos tempo para volver a ver con Ahmed e Púas e repasar os dinos, porque agora coñecemos moito sobre eles.
E xogamos co seu xogo de buscar iguais, que tanto nos entreten.
Temos moitos xogos e libros que volvemos empregar para repasar, é o caso da LÍNEA DO TEMPO de Pablo que viña nun puzzle que nos trouxo.
Preparando camisetas!!
A paleontóloga máis famosa na clase de 3 anos é Mary Anning. Fixemos unhas camisetas do máis molonas que estrearemos todos xuntos mañá na festiña de fin de curso!!!
ESTAMPAMOS pegadas de dinos de cores na bolsa para gardar todos os nosos traballiños.
Ata o vindeiro curso peques, de seguro nos agardan moitas aprendizaxes, xogos, apertas, enfados, aventuras ...pero sobre todo moitas risas.
E así marchamos cargadiños de todos os traballiños. Moitas grazas familias por colaborar este ano con nós. Todos xuntos aprendemos un montón. Feliz verán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!