Estos días fixemos conxuros, descubrimos o que era un castro e deixamos voar a imaxinación para decorar unhas cabazas pequeniñas que nos trouxo a profe Melani. Momentos da asamblea: momentos para pensar, para cantar, para debuxar, para contar e moito máis.
Afianzamos a nosa psicomotricidade fina mediante trazos moi dispares.
O significado das árbores para as bruxas, debuxamonos nós con unha árbore.
O martes a familia de Bela veu facer unha pócema á nosa clase. Tamén dixemos unhas palabras máxicas como nos conxuros.
Que son os castros? Os nenos recordaronse da muralla de Lugo. En todos os traballiños intentamos cazar letras que xa aprendemos.
Manualidade da semana: con acuarelas de brilli brilli pintamos uns gorros de meiga.
Deixamolos secar.
Recortamos.
RECANTO DO PROXECTO
Adrián trouxo dous debuxos que decorou moi ben, axudoulle a súa mamá. Contamos os pompóns do caldeiro e ata fomos decindo as cores que tiñan.
Bela coa súa mamá fixo unha máscara de bruxa. Foillela poñendo un a un aos seus compis e vianse todos guapísimos/as.
Leo Lombao contounos un contiño para rematar a semana.
PREPARANDONOS PARA LEVAR O PRÉSTAMO DA BIBLIOTECAComezamos decorando bolsas como o curso pasado.
Quedaron moi chulis. Para a semana comezamos co préstamo de libros da biblioteca. Será os mércores.
MOCHILA VIAXEIRA
MOCHILA VIAXEIRA
Uxía fíxonos un debuxo super chuli do conto que máis lle gustou da mochila viaxeira. Parabéns!
A seguinte viaxe da mochila é na casa de JAD.
Bon fin de semana!












.jpg)



.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!