Continuamos investigando as árbores da nosa contorna...
A familia de Lucas visitounos para compartir con nós o conto “Os animais do bosque. Toda a verdade sobre os animais”, un libro moi interesante no que aparecen moitos animais dos nosos bosques e no que puidemos descubrir curiosidades e aprender máis sobre eles dun xeito divertido.
Creamos a nosa propia versión de Carapuchiña Vermella: unha protagonista valente, libre e dona da súa historia. Begoña Caamaño ensinounos que as historias tamén se poden contar doutra maneira. Esperamos que vos guste.
Despois da lectura, fixemos un xogo moi divertido no que tivemos que buscar e recoñecer os personaxes do conto. A actividade axudounos a prestar atención, traballar en equipo e gozar da historia dunha maneira lúdica e participativa.
Contáchesnos contos, fixeches xogos divertidos, recibimos moito cariño e pasámolo xenial. Un recordo especial para ti, Paula.