ARTE_clase_vermella_6ºei

 Experimentamos co sal e comezamos o libro do proxecto.

Ao abrir o libro tocounos picar uns pinceis e descubrimos a cara dun pintor moi famoso: Vincet Van Gogh. 

Descubrimos algo da súa vida.

Descubrindo o nome do pintor na paleta das cores.

Debuxo do pintor.
Que sabemos del?
Que queremos saber?

Momentos da asamblea
Practicando o trazo do r.


EXPERIMENTOS CON COLA, SAL E ACUARELAS: coa cola poñemos o noso nome e botamos sal por riba. Deixamos secar.

Unha vez que secou pintamos con acuarelas e fixemos maxia, ao tocar coa acuarela no sal estendese un montón a pintura, so con tocalo.

Que obras de arte tan chulis!

FAMILIAS, grazas por colaborar!

Iria trouxonos unha guía do Museo do Prado de Madrid. Nela aparecen cadros e autores para buscar información. Buscamos onde estaba este museo e como era. Miramos que había diferentes exposicións, atopamos unha de botánica e entramos para ver diferentes cadros e identificamos o que había.


Grazas por reciclar pilas!
Remata a semana  e deixamos listo o noso mural do día de Rosalía que veredes nas seguintes publicacións e comezamos a prepararnos para celebrar o Entroido, porque nos quedan os últimos retoques do noso disfraz.
Estade atentos os mandados do MECO!!!!!

PREPARANDO O DISFRAZ NA SEMANA DE ENTROIDO

Recortando e picando a paleta

Dando cor as paletas
Recortando os pelos do pincel que levaremos na cabeza.
Estampando pintura na camiseta.


VENRES CON MOITA ARTE!
Debuxos de nós sendo pintores.

Pintores e pintoras da clase de 5 anos!


NOVOS PROXECTOS EN MARCHA: Venres 7 de marzo de 2025

 Semana de entroido, novo libro de conto e volta das minis vacacións.

 Comezamos novo conto, desta vez vai ser diferente ao dos ratos. Imos pintar círculos de cores en media carilla de folio.
O conto a traballar será SER AMIGOS de Arianna Papini da editorial de Kalandraka.

Ao longo das páxinas iremos escribindo e debuxándonos. 
Algúns exemplos da primeira páxina, escribimos e debuxamonos a nós mesmos.

Na segunda páxina imos escribindo e en cada unha apareceran os debuxos dos nosos compis. Nesta ocasión debuxamos a Saad e a Noa. Algúns exemplos:
Momentos da asamblea.


A letra s en minúscula estasenos resistindo, pero a base de practicar sairá.

Seguimos co libro do proxecto:
Que era?
Onde e cando naceu?
Falamos da súa vida e montamos un crebacabezas cunha imaxe.

Quedou sen unha orella. Picamos e puxémoslle unha tirita.

Algúns retratos do autor sen a orella.
Traballamos o que é unha carta co seu remitente e un destinatario. Nesta ocasión era unha carta de Vincent para seu irmán Theo. Tamén cazamos letras.


FAMILIAS, grazas por colaborar!

Á volta do entroido Martina trouxonos un bote con sal de diferentes cores. Fíxoo coa súa mamá e foinos indicando paso a paso como o fixo. Contounos que cando a súa mamá viña ao cole facíao na clase. 
Puxémolo na mesa do recanto da ARTE.

Non todo é traballar, tamén hai tempo libre para xogar.
Recordos do entroido
Os nosos debuxos, que son a mellor obra de arte.
Selfies cos pintores máis especiais💗

Shhh....comezamos a traballar unha pintora moi importante, chámase Frida Kahlo. Seguiremos descubrindo segredos a vindeira semana. Bo finde peques!

Frida Kahlo: a artista que pintou moitos autorretratos: Xoves 13 de marzo de 2025
Estos días traballamos o 8M e a semana da prensa con Frida. Aproveitamos para coñecer máis sobre esta pintora.

Momentos da asamblea.


Coñecemos unha nova letra en minúscula.

Información de Frida Kahlo:

É unha pintora mexicana que pintou moitos autorretratos vinculados coa natureza. 
Pinta coa alma, mostra os seus sentimentos a través dos seus cadros.
Seguimos traballando o conteo.
Descubrimos cales eran as cores coas que máis lle gustaba pintar.


Vimos varios cadros de Frida, pintamos Collar de espinas. Empregamos lapis de cores e acuarelas.


Quedou así de fermoso! Que grandes artistas son estes peques!
FAMILIAS, grazas por colaborar!

Martín esta semana trouxo un cadro que fixo coa súa mamá de Frida. Debuxouno e decorou coa súa axuda. Agora xa sabemos que esta pintora se debuxaba así mesma con elementos da natureza. Xa loce no noso recanto de arte.
Grazas por reciclar pilas
e material de escritura!

Atentos a publicación da semana da prensa que seguimos sendo moi artistas.

FALAMOS DE PICASSO!: Venres 21 marzo de 2025.

  Luca e Alma coincidiron esta semana traendo cousiñas para o recanto do proxecto sobre o pintor español Pablo Picasso e por iso esta semana coñecemos algo máis deste artista.


Momentos da asamblea:



Traballando no libro. Picando e pegando o que empregan os pintores.

Escribindo pintor e pintora.
Libro dos amigos: Non dar importancia ao noso aspecto, nesta ocasión debuxamos a Luca e a Daniela. Algúns exemplos....
CONTOS VIAXEIROS (Este venres sae de viaxe a nosa proposta dos contos de equipo de mesa). Agardamos que pasedes tempo en familia con esta actividade creando e imaxinando xuntos.

OS EQUIPOS DOS GRANDES CONTADORES DE HISTORIAS DE 5 ANOS!!!

Había unha vez un albaricoqueiro.... (falta Daniela na foto).

Érase unha vez  unhas cabazas nun horto...(falta Uxía e Luca na foto).

Érase unha vez un papel...
Había unha vez unha cenoira e unha leituga...(falta Abrahán na foto).


FAMILIAS, grazas por colaborar!
Noa coa súa mamá fixo estas dúas artistadas. Fixo unha bolboreta con pegatinas e folios de cores e a cara dunha nena e púxolle o pelo coas cores dos folios.
Luca fixo coa súa mamá un cadro de arte cubista. Títulase El gato. Na arte cubista empregaban as formas xeométricas.
Actividade complementaria de Picasso. Falamos del e elaboramos este collage con unha cara. Diseño e cores dos propios nenos. Podemos decir que este autor foi o creador dos collage.
Así o expuxemos na nosa galería de arte.
Alma trouxo un libro de Picasso e una manualidade. 
Coñecemos como foi a vida de Picasso, con Luca falamos do cubismo e do colaxe e con Alma do periodo azul e rosa.
Ata falamos da Guerra civil, porque moitos bisavós foron a esa guerra que houbo en España. Vimos un cadro moi famoso de Picasso que é o Guernica.

A manualidade é unha árbore de froitas onde o vento sopraba moi forte.


Debuxando a Pablo Picasso.

Martín trouxo dous marcapáxinas feitos con moita arte, axudoulle a súa mamá e ata lle botaron brilli, brilli.
O noso recanto da arte comeza a ter moito cor. Moitas grazas!

Grazas por reciclar pilas!

Ata luns peques! Bo fin de semana.

Moita sorte SAAD no teu novo cole e traballamos a Andy Warhol!: Venres 28 de marzo de 2025

 Esta semana traballamos con un autor moi colorido. Chámase Andy Warhol.

Momentos da asamblea

Xa coñecemos moitas letras en minúscula, poucas nos quedan de saber facer.


Coñecendo o autor: ANDY WARHOL. É o creador do POP ART.


Empregaba cores moi coloridas: violetas, rosas, fusias, verde, negro, blanco e laranxa. Usaba debuxos, artistas e productos da publicidade.

Traballando sobre a técnica do POP ART! Xenial artistas. Que ben quedou o Mickey Mouse.
Conto, nesta semana fixemos os círculos co lapis e decoramos con rotus ou lapis de cores. Nesta ocasión debuxamos a Aron e a Rihana.


FAMILIAS, grazas por colaborar!
Vaia sorpresa trouxo Lucas. Unha foto do seu cumple o estilo Warhol. Axudoulle a súa mamá e a impresora.
Artistadas de Pablo, o centro de interese do noso compi son os tractores e vaia obras de arte fixo con acuarelas.
Noa pasou uns días na casa enferma pero aproveitou para debuxarnos a todos e traer moitas obras de arte.
Grazas pola reciclaxe de PILAS!


MARCHA SAAD! O noso compi marcha para outro cole noutra comunidade. Moita sorte, botarémoste moito de menos. En Cospeito deixas grandes amigos. Volve cando queiras. Os nenos fixeronlle uns debuxiños de recordo.



























O venres fixemos unha mini festiña para despedir a Saad.
Querémoste!!

Yayoi KUSAMA: venres 4 abril de 2025
 Coñecemos a unha artista que lle gustan moito os círculos e os puntos, chámase Yayoi Kusama.
Momentos da asamblea

Pablo este venres trouxo un calendario de razas autóctonas, onde imos tachar os días. 
Coñecemos a Yayoi Kusama: a artista dos lunares, dos círculos e dos puntos.

Vídeo informativo:

Investigamos:


As cores que empregaba.
ARTISTEANDO (empregamos gomets de cores e decoramos unha foto nosa).
Pintando con bastoncitos un cadro de Yayoi con diferentes cores.
Super coloridos e de diferentes tamaños.
Conto dos amigos ao estilo Yayoi. Empregamos a témpera vermella para facer puntos de diferentes tamaños.
Desexar que os bos momentos non acaben nunca. Nesta ocasión debuxamos a Thiago e a Alma.  Moi ben artistas!
ARTISTADA (Repasando a Warhol coa nosa foto, pintamos coa témpera sólida e unha vez que secou, repasamos co rotu negro os ollos, boca e cellas).
Bo finde artistas! Para a semana máis.

A SEMANA ANTES DAS VACACIÓNS : ARTE E HORTO! Venres 11 de abril de 2025

  Esta semana coñecemos a un novo pintor, chámase Kandinsky. Seguiremolo traballando a volta das vacacións. Fomos ó horto plantar o aguacate de Luca e "artisteamos".

Momentos da asamblea
Practicando a escrita das palabras.

Practicando as restas.

KANDINSKY. (Arte abstracta)
Pintaba formas xeométricas: círculos, cadrados, triángulos e rectángulos. Ademais de líneas e puntos coas cores que pintamos na paleta.
No libro de Van Gogh, andamos descubrindo que lle gustaba pintar. Pintaba flores.
Decoramos un xirasol, primeiro repasamos unha simetría e despois decoramos o xarrón, cada un como quixo. As flores do xirasol pintámolos con témpera e no centro puxemos virutas de afiar os lapis de cores. Unha vez que secou decoramos con rotus de cores dous xirasois máis para simular o seu cadro dos XIRASOIS.
Na ficha do conto fixemos círculos ao modo Kandinsky coas cores laranxa, verde e amarela.
Escribimos: axudarse uns a outros e esta semana debuxamos a Martina e a Anxo. Pouco a pouco imos completando o libro con todos os nenos.
O mércores saímos o horto plantar o aguacate de Luca. Plantámolo no bancal de secundaria, a profe Rosa, deixounos un cachiño para nós. 

Revisamos a nosa plantación. Parece que todo vai polo bo camiño. A ver como está a volta das vacacións.
FAMILIAS, grazas por colaborar!
Thiago trouxonos este cadro esta semana. Explicounos como fixera. Pintouno con bastoncitos e son unha flores moi chulas, axudouno a súa mami. Entre todos debatimos que flores serian as que pintou.
O venres fixemos unha actividade diferente. Saímos o patio a observar as árbores que vemos dende alí e debuxamos. As follas das árbores pintámolas cos bastoncitos para empregar a técnica de Thiago.

Que mellor forma de marchar de vacacións, artistas!
Descansade, xogade e desfrutade. Boas vacaións peques!
Venres 2 de maio de 2025: Autorretratos de Van Gogh e obras de Kandisky!

 Estos días que pasamos dende a volta das vacacións preparamos o escaparate do día do libro, celebramos os cumples de abril, fomos de excursión, coñecemos un pouco máis a Kandisky e seguimos profundizando en Van Gogh.

O mércores 23  de abril viñeron a nosa aula: Paula, Nicolás, Thalia e Isamael. Os catro son estudantes para ser profes e acudiron a nosa aula para facer unha práctica para o seu estudo. Traballaron a atención, a observación e os medos na nosa clase. Pasámolo moi ben, sendo como unha rá, pechando os ollos e imaxinando como nos sentiamos, debuxando os nosos medos e desaparecéndoos na caixa máxica....Como era o día do libro agasallamolos cun marcapáxinas da biblioteca.



Moitas grazas!
Momentos da asamblea:



GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR....
Lucas trouxo dúas obras de arte feitas coas súas mans que xa locen no noso recanto da arte. Vemos un dinosaurio e dous peixiños no fondo do mar.
Andamos a coñecer as obras de Kandisky. Neste caso estamos pintando con lapis de cores e acuarelas un cadro que simulan os planetas. Recordamos que é un autor que traballa moito coas formas xeométricas.
Deste artista estamos a facer máis cousiñas que veredes a final de curso. 
Seguindo no libro sabemos que a Van Gogh pintaba moitos autorretratos e nós fixemos o noso.
Unhas fotiños de recordo de volta da nosa excursión o pasado 24 de abril.
Boa ponte peques!

Domingo 18 de maio 2025: Van Gogh!

 Estos días seguimos traballando sobre o libro e sobre Van Gogh, traballando sobre as súas obras!

Momentos da asamblea:







Traballando sobre o papel a Van Gogh, recordando aspectos da súa vida.

A noite estrelada, un cadro moi coñecido de Vicent.
Empregaba estas cores nas súas obras de arte, e gustáballe pintar paisaxes e autorretratos.

Nunha ficha do conto fixemos círculos como Kandisky e escribimos a parte do libro que nos tocaba. Nesta ocasión debuxamos a Pablo e Alana.
Cantas letras levamos aprendidas este curso, quedan moi pouquiñas de saber. 
Debuxamos a partir dun círculo:
Noutra ficha do conto fixemos círuclos de cores, escribimos o que nos tocaba e debuxamos a Martín e a Valentina.
Practicando nas sumas.
O xoves coñecemos a outra pintora moi famosa, seguimos investigando sobre ela. 

Mércores 21 de maio de 2025: CONTOS VIAXEIROS

  Último ano de infantil e queríamos rematalo dunha forma especial. Grazas a todas as familias por colaborar nos contos viaxeiros. 

O tempo corre moi rápido, case sen deternos e quixemos rematar esta etapa da mesma forma que  comezamos. Se recordades, o primeiro proxecto que fixemos en 3 aniños foi o de creadores de contos. Daquela, eu xa sabía que había moitos artistas e grandes contadores de historias, tres anos despois temos catro contos feitos por eles. 

O conto do equipo AZUL é sobre a reciclaxe, que lle pasou o papel?.

        


O conto do equipo  VERMELLO é do noso albaricoqueiro, o que plantamos o curso pasado no espazo verde.



O conto do equipo VERDE é sobre as verduras.
Coa marcha de Saad cambiamos a Luca de equipo para compensar os integrantes de cada un deles.


O equipo AMARELO fixo o conto relacionado co horto e unha cabaciña.



Gústanos moito escoitar contos, que veñades as familias ou outras persoas a contarnos historias increíbles e marabillosas. 
Esta semana cumplimos outro obxectivo, ser nós os que lles contábamos os contos aos nosos compis de infantil.



Non poidemos ter mellor público. Grazas compis de 3 e 4 anos.
Parabéns creadores de contos, fixéstelo moi ben. A profe está moi contenta polo voso esforzo, traballo e superación aos medos de falar en público. Sodes xeniais!



Sábado 24 de maio de 2025: KAME

  Estos días vimos a artista Emily Kame Kngwarreye; para nós Kame. 

Chamounos a atención que empezou a pintar aos 80 anos e moitas das súas pintura eran sobre tea.

Momentos da asamblea desta semana:





Como podedes ver estamos intentando escribir sos, e estamolo facendo estupendamente.
Profundizando sobre esta artista:
Nas súas pinturas empregaba líneas e puntos. Fixemos algunha obra de arte pero mostraremola no noso museo a finais de curso.
Todo pintor deixa a súa firma nos cadros e nós tamén.
Practicando a resta, que nos costa un poquiño:
Xogando cos xogos da biblio, o día que viñemos facer o préstamo do libro.

Debuxos do conto, desta vez debuxamos a Ahmed e a Iria. Empregamos a técnica de Kame, facer líneas.
Grazas FAMILIAS por colaborar
Uxía trouxo un cadro en forma de corazón e nel estaban debuxados os xirasois de Van Gogh, axudoulle a súa irmá Leti a pintalo. Que artistas!
Alma o fin de semana foi a praia e recolleu cunchas e coa axuda da súa mamá fixo unha princesa cun vestido super orixinal e bonito. Canto artista hai na clase de 5 anos.
Estas dúas obras de arte xa están no noso recanto da arte.

Rematamos cun recordo especial para os nosos cumpleañeros de maio, dous compañeiros que non están con nós pero que seguimos a telos moi presentes: Dani e Saad, PARABÉNS!


Sábado 31 de maio de 2024: UN POUCO DE MIRÓ.

  Estos días traballamos un pintor español chamado Joan Miró. 

Momentos da asamblea


Este pintor  tamén é escultor. Descubrimos grandes artistadas del.
Formas e cores que empregaba.
Os peces de cores de Miró.
Fixemos unha artistada das nosas, debuxamos un ollo e a partir de aí cada un o que quixo. Recordamos que Miró emprega ollos nas súas producións.
Nesta semana na actividade do conto debuxamos de fondo ollos como debuxaba este artista. Tocounos debuxar a Patri e a Héctor nesta ocasión.
Esta semana visitamos o horto. Quedamos abraiados co que medrou todo, vimos que comezan a saír os brócolis ou os romanescos, a ver que será, que non temos nada claro porque ao principio parecense moito. Os repolos e as lombardas comezan a cerrar. Tamén observamos as outras plantacións: patacas, acelgas, allos, cebolas, coliflores....
O noso recordo de infantil permanece no albaricoqueiro, sempre que miremos para el recordaremos que en 4 anos plantamos este frutal.
Bo fin de semana peques!

Sábado 14 de xuño de 2025: Tingatinga

 Estos días andamos a recoller os traballiños, facendo portadas e compartindo momentos neste final de etapa. O último pintor en traballar é Tinga Tinga.

Momentos da asamblea:




Coñecendo a este pintor
Xa coñecemos todas as letras!
Este pintor gustáballe pintar animais, árbores e círculos.
O cadro do Leopardo.
Artistada das nosas. 
Buscamos diferentes animais, pintámolos e pegámolos nunha cartolina negra. Cunha cera branca fixemos círculos.

Seguimos co conto de Ser amigos, nesta ocasión debuxamos a Martiño e a Paula. A base deste debuxo era un xirasol de Van Gogh.
Seguimos co conto coa arte tingatinga e debuxamos a Uxía e a Samuel.
Na seguinte páxina debuxamos soles e debuxamos os útlimos compis que nos faltaban: Abrahán, Izan e Lucas.
Rematou o conto, xa temos moitas frases para saber ser bos amigos e sobre todo ser equipo entre todos.

Rematando o libro. Que aprendemos de Van Gogh?

Empregando gomets nunha lámina de observación.
Artistada con gomets.
A profe Uxía veu de visita!! Grazas por virnos ver neste último curso de infantil.


Pasade un bo fin de semana peques!

Domingo 22 de xuño 2025
Esta etapa rematou.
 Tres aniños que pasaron moi rápido. 

Decorando a portada do proxecto da arte. Seguir o trazo dende o pincel de cores e de formas.

Chulada artistas!

Na bolsa fixemos  o alfabeto de Miró, cada neno fixo a súa inicial.
Pola outra parte estampamos círculos como Yayoi Kusama.
E así locen as nosas bolsiñas deste último trimestre.

Rematamos esta etapa cos nosos autorretratos, que ben debuxan estes pintores de 5 anos.
Tocou abrir a caixiña dos RECORDOS da etapa de infantil,
e seguimos enchendo de momentos; co que máis nos gustou desta etapa. Houbo variedade de opinións; as letras, xogar cos amigos, os proxectos...
No agasallo dos recordos tamén levamos unha foto de todos xuntos. Os faros desprenden  luz que ilumina o camiño. O camiño da amizade e o camiño para seguir medrando e compartir aprendizaxes e momentos xuntos. O mar conserva os recordos da etapa de infantil ao longo destes tres anos, dende fotos, traballo, artistadas.... Perseguide os vosos soños. 
Con todo o meu agarimo:

Nos últimos días visitamos a nosa horta e recollemos verduras coas cociñeiras.


Investigando a primaria:
PATIO


Facendo a fila de 1º de primaria e visitando a nosa clase e ata escribimos unhas palabras aproveitando que non estaban os nenos de 1º que ian de excursión.
Iria e Melinda de 1º ESO fixeronnos uns agasallos porque rematabamos infantil. Moitísimas grazas, somos moi afortunados polo cariño que nos teñen.
E agora si, rematamos infantil.
Preparados, listos....
xaaaaa!!!
Agora so me queda darvos as grazas por todo o que aprendín con vós. Moitas grazas por este agasallo tan bonito que permanecerá no meu corazón e tamén no mandilón. Bicos de sabores para tod@s.

Os tres anos dan para moitas fotos e moitos momentos, seleccionei algún deles para este vídeo dos recordos. Pasade un bo verán. Xogade e desfrutade moito.


Unha aperta de corazón. 
Tamara.

    O NOSO MUSEO


O proxecto de arte que estivemos levando a cabo estes 2 trimestres tiña como finalidade coñecer distintas técnicas e estilos artísticos arredor do mundo para poder construír un museo.
Así, fixemos un percorrido a travñes dos 5 continentes e figuras destacadas de cada un:
En América: FRIDA KAHLO e a ANDY WARHOL.
En Asia: KANDINSKY e KUSAMA YAYOI.
En Oceanía: EMILY KAME KAWERREYE.
En Europa: MIRÓ e VAN GOGH
En África: EDWARD SAIDI TINGATINGA
Cada aula adicouse a profundizar máis en 2-3 dos artistas para ir conformando un MUSEO completo!
Ademais as aportacións das familias tiveron un lugar especial no centro do noso museo!
A inauguración do museo para os nenos e nenas de infantil tivo lugar o luns 16 de xuño logo de moito esforzo. 
Para inauguralo tivemos unha sesión especial de contacontos a cargo da profe Mel e logo fixemos un percorrido polo museo no que os nenos e nenas foron explicando un pouquiño cada aprte do museo.


Na clase de vermello traballamos os seguintes artistas:

KANDISKY
Decorando as letras coas formas que empregaba.
Pintando ó artista e localizando onde viviu.
Pintando as súas formas máis características dos cadros.
Artistada: CORTINA DE FORMAS DE CORES DE KANDISKY


CREACIÓN PROPIA. Árbore ao estilo Kandisky

Estampando a nosa man para simular unha árbore.
Recortando e pegando para facer a composición.

VICENT VAN GOGH
Decorándoo e buscando o país onde vivía.





Representamos un dos seus cadros máis famosos. Os xirasois, con nós de pintores. Ata a boina debuxamos.
Grafismos de xirasois.
Outro dos seus cadros máis famosos: A noite estrelada.
Intentamos facer a súa habitación con obxectos e xoguetes que tiñamos pola clase.
 
EMILY KAME KNGWARREYE
Quen foi Emily Kame?

Pintando un dos seus cadros que non tiña título.

Pintando sobre tea, porque a Emily empregaba este material para súas produccións.





Levando os  traballiños da casa para o museo.

Por último a sección especial de colaboracións das familias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!