PROXECTO EXPERIMENTANDO! (4º EI)

Neste apartado do blogue poderedes seguir o proxecto que nos ocupa actualmente iremos actualizándoo continuamente ata rematalo.

A raíz do mes da ciencia 2020 emprendemos un pequeno proxecto no que nos convertemos en científicos e científicas!!!
Gardaremos un dosier de todos os experimentos que fagamos para que os poidades repetir na casa se vos apetece. Pero iremos contándovos polo blogue os nosos avances💪

09-12-2020
EXPERIMENTO: DEDO MÁXICO
O primeiro experimento foi o do DEDO MÁXICO.
Comezamos con este experimento porque no mini proxecto do conto "Ata que podamos abrazarnos" (que estamos rematando e pronto vos amosaremos) sacou a miúdo o tema CORONAVIRUS e queríamos saber cómo funcionaba o xabón para acabar co virus.
Así empregamos:
  • AUGA
  • PEMENTA (a modo de coronavirus)
  • 1 DEDO MOLLADO EN XABÓN

Puxemos auga e botamos un pouco de pementa. Logo mollamos o dedo máxico en xabón e ó tocar a agua a pementa (o noso coronavirus particular) fuxía! Unha pena non ter foto do momento en que se sorprenderon ó ver cómo o "coronavirus" fuxía o tocar co xabón!!! 


 EXPERIMENTO:  ARCO DA VELLA DE PAPEL.

O seguinte experimento que fixemos, tamén relacionado co miniproxecto do conto, foi o do ARCO DA VELLA DE PAPEL.

Empregamos:
  • 2 vasos ou platiños de AUGA 
  • 1 cacho de PAPEL DE COCIÑA
  • ROTUS DE CORES

Pintaron con cores nos lados do papel de cociña deixando o medio do papel sen pintar. Logo mergullaron cada extremo e viron como a tinta do rotu subía polo papel e se formaba un arco da vella.

Foi moi divertido e gustounos moito! (Todo menos o de manchar os dedos😂)

Deixamos un pequeno vídeo.


Tamén comezamos a coñecer e investigar sobre algúns CIENTÍFICOS. O primeiro que vimos foi ERNESTO Viéitez Cortizo o científico ó que se adica este ano o mes da ciencia. Aprendemos que ERNESTO estudou as PLANTAS e nós repasamos as súas partes: raíz, talo, follas, froito e flores.


EXPERIMENTO :  A CASIÑA DE ERNESTO

Logo investigamos un pouco sobre este científico e plantamos unhas lentellas para poder observar o seu crecemento como auténticos científicos como ERNESTO!

Primeiro xogamos entre todos a atopar as letras do nome de ERNESTO cos sons das letras, formas e cores para logo colocalas por orde. Logo plantamos as lentellas en "A casiña de Ernesto".

Aquí podedes ver como lle quedou a cada un.

E por último o mural na nosa fiestra e as casiñas para que reciban a luz que precisan para crecer.

E xa comezaron a saír!!!


EXPERIMENTO: LUZ NEGRA

O experimento de LUZ NEGRA  foi unha sorpresa. Pintamos con pinturas fluorescentes e preparamos a nosa lanterna de luz negra. 

Empregamos:
  • Pinturas fluorescentes (valen subliñadores) 
  • 1 LANTERNA (das de luz led)
  • CELO
  • ROTU permanente AZUL



Os últimos días estivemos coñecendo a unha CIENTÍFICA galega que se chama AIDA Fernández Ríos. Esta científica é unha bióloga mariña, é dicir, unha científica que investiga os ANIMAIS e PLANTAS do MAR e que estaba moi preocupada pola CONTAMINACIÓN do MAR.

Logo de traballar sobre esta científica plasmamos o que sabíamos nun mural feito entre todos.




EXPERIMENTO: MASA MÁXICA

O experimento de MASA MÁXICA  foi  o experimento máis porcalleiro e máis divertido!!! Moito rimos facendo este experimento!

Empregamos:
  • AUGA
  • MAICENA 
  • COLORANTE (opcional)

Para facelo emprégase unha medida de auga e dúas de maicena. Comezamos facendo cadansúa mestura para logo ir probando como ó meter despaciño o dedo na mestura se notaba que estaba líquido e o dar golpes co dedo forte a masa se notaba dura e sólida. Logo botamos a masa nas mans para experimentar apretándoa e soltándoa, tirándoa na mesa e tentando agarrala... foi xenial e unha porcallada máxima!

Deixamos algunhas imaxes e un pequeno vídeo.


EXPERIMENTO: PLATO VOADOR

O experimento de PLATO VOADOR no funcionou!!!  Tentámolo varias veces pero nada. Cousas que pasan, por iso hai que experimentar.

Empregamos:
  • 2 PRATOS de plástico
  • 1 madeixa de LA

Segundo vimos no vídeo duns rapaces ós que si lles funcionou había que frotar os platos coa la o de arriba debería moverse só... pero non o conseguimos!!! Oxalá vós teñades máis sorte🍀 

16-12-2020
EXPERIMENTO: DEBUXOS BAILARÍNS

O experimento de DEBUXOS BAILARÍNS funcionou regulín regulán. A idea é que os debuxos se desprendan do plato e bailen na auga, e pese a que si que o conseguimos, tivemos que axudalos un pouco.

Empregamos:

  • 1 PRATO de plástico (cuberta)
  • ROTUS de  cores dos de pizarra branca.
  •  AUGA 


EXPERIMENTO: ESPALLANDO COR

O experimento de ESPALLANDO COR funcionou!!! Este experimento funcionou moi ben e moi rápido! Foi moi divertido😊

Empregamos:

  • 1 PRATO de plástico (cuberta)
  • LACASITOS ou similar 
  •  AUGA 



EXPERIMENTO: GLOBO VOADOR

 Este experimento foi un dos que máis nos gustou xa que foi moi sorprendente!
Así empregamos:
  • VINAGRE (media botella ou algo menos)
  • BICARBONATO (3 culleradas aprox.)
  • 1 GLOBO

Déixovos un vídeos de fotos dalgúns dos momentos.


EXPERIMENTO: MAXIA NO LEITE

O experimento de MAXIA NO LEITE foi estupendo!!! Este experimento perfectamente. Mollamos en xabón os bastinciños e as cores arredábanse e mesturámanse xenial. Logo mesturamos as cores. 

Deixamos unhas imaxes e un pequeno vídeo que fixemos.

Empregamos:

  • 1 PRATO
  • LEITE
  •  COLORANTE LÍQUIDO
  • PAUS DOS OÍDOS mollados en XABÓN 

Tamén vos queremos mostrar cómo vai a nosa plantación!


 21-12-2020

Hoxe queremos compartir o último mural que fixemos da científica María José Alonso que está traballando moi duro na vacina contra o coronavirus en Galicia.


Tamén rematamos o mini proxecto cun experimento sinxelo.

EXPERIMENTO: MESTURA DE CORES
Para este eexperimento empregamos a mesa de luz e foi moi fermoso!!! Mesturamos cores elixidas polos compis e fixemos as nosas hipóteses sobre qué cores resultarían. Logo mesturamos e vimos o resultado na mesa de luz.
Así empregamos:
  • AUGA
  • COLORANTES

E hoxe  levamos os nosos traballiños para a casa!!!


Así que poderedes ver e transplantar a nosa plantación de lentellas, que xa está preparada e enorrrrrrme. Poderedes colocar todos os adorniños pola casa. Poderedes ollar os nosos esforzos no traballo en papel. E empregar a bolsiña que decoramos para levar todo para a casa!!!
A portada do proxecto "Experimentando" quedou moi chula e como os nosos científico están colocados con velcro podedes despegalos e colgalos da árbore de Nadal se vos apetece!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!