CREADORES DE CONTOS (6º EI: CLASE AZUL)

 7/10/2022

CREADORES !

 Comezamos un novo proxecto en base ós intereses que expresaron o curso pasado. Falaran deunicornios, como sabedes, pero tamén dun montón de personaxes de contos que lles gustaban así que imos polos contos co proxecto "CREADORES"! 
Comezamos lendo un conto no que saen moitos contos dos que falaran en clase para ver se había algún que lles chamara máis a atención ou algunha idea sobre cara ond quería ir co proxecto. 
(A idea é que canto máis traballamos por proxectos e se familiarizan con eles, o alumnado vaia tomando máis protagonismo nas eleccións, fixen obxectivos finais do proxecto, planifiquen e propoñan actividades para realizar chegando a acordos.)

Lemos o conto de "Eglefino", onde a súa personaxe principal é un monstro que percorre varios contos coñecidos nos que non o queren. 

Lido o conto, comentámolo e mostraron moito interese en Eglefino e a súa triste historia de monstro sen conto propio. Mostraron o seu desexo de crearlle un conto propio. Así, entre as peticións de traballar contos e de darlle un a Eglefino, xurdiu o obxectivo final do proxecto na clase de Azul.

Abrimos unha posta en común para ver que necesitaban investigar para logralo e decidir que actividades querían realizar. Levounos bastante facer isto, pero por fin xa tiñan claro o obxectivo do proxecto: darlle un fogar a Eglefino na clase e o seu propio conto. Con estes 2 obxectivos claros tomaron moitas decisións para conseguilos.

Por iso, enviamos hoxe cartas para coas suxestións que eles mesmos fixeron en clase onte, e que quedan por escrito na carta. Dende disfraces, audiocontos, xoguetes de contos ata manualidades feitas con vós. O importante como sempre é que sexan eles os protagonistas e presenten o que traian ante os compis. (Recordade que todo debe traer o nome posto).

Pedimos ademais que cada un traia un conto especial que coñezan ben para lelo diante dos compis. (Terán toda a axuda que precisen). 

 As familias estades invitadas a visitarnos para presentar os materiais se vos apetece, axudarlles a contar o conto ou se queredes facer outra actividade relacionada co proxecto, teredes as portas abertas.

Xa comezamos a traballar un pouco falando das persoas que fan os contos : escritores/as e ilustradores/as e nas partes dos contos. Víñamos xa dende comezos de curso fixándonos neles cada vez que líamos un conto en vista das peticións do pasado curso. 

Unha das cousas que querían facer e un Eglefino grande e así o fixemos e quedou hoxe colgado. Quedou moi chulo e todos e todas participaron pintando con coidado.



Tamén fixemos un modelando plasti. Cada un fixo unha parte e fómolas unindo con coidado. Quedou moi chulo!

A próxima semana continuaremos!

https://picasion.com/


15/10/2022
CREADORES! Entre contacontos e partes do libro.

Esta semana comezamos a estudar as partes do libro
: portada, contraportada, lomo, páxinas, texto, ilustracións, números de páxina... Primeiro buscámolas en libros que tiñamos pola biblioteca de aula e logo plasmámolo en papel. 

Comezamos coas sesións de contacontos dos nenos e nenas da clase. Están facéndoo xenial! E imos gardando un rexistro dos contos para poder revisalo e elixir novos contos unha vez na casa.

Fixámonos en quen son os escritores e os ilustradores dos contos que nos chegan e outros contos que imos lendo.

Ó mesmo tempo traballamos lecto - escritura, lóxica - matemática...

Comezamos con Izan, que nos contou e cantou o conto "Cocodrilo" e que nos encantou. Contouno tamén coa mesa de luz e foi estupendo! Logo falamos entre todos dos detalles do conto e plasmámolo en papel.


Daniela contounos o conto "Coelliño branco" un conto fermosísimo que nos gustou un montón e que contou moi ben! 
Recollemos en papel como anteriormente, como de que era o conto, puxémoslle puntuación segundo os nosos gustos, recollemos o nome do escritor e o ilustrador. Que casualidade que o ilustrador era o mesmo que no conto de Izan! (Óscar Villán)

Por suposto, seguimos practicando outros conceptos importantes e os donos de cada libro elixen algún detalle do traballo. No caso de Daniela, elixiu un coelliño branco para a súa ficha.
Traballaron primeiro sos e logo saíron a pizarra dixital para que todos e todas puideran revisar e corrixir os seus traballiños.

 O conto de Ruth, "Los tres cerditos", foi o 3º da semana e foi xenial como o contou. Sen dúbida é un dos contos favoritos da clase!


Como sempre, tomaron os datos do conto e practicaron outros contidos.

Ademais de todas estas tarefas e moitas outras que non collerían neste post, comezamos a preparar marionetas dos contos desta semana e están quedando moi ben!
Aquí moi concentrados traballando duro nas súas marionetas!


Moi chulas todas!

A próxima semana seguiremos coas sesións de contacontos e seguinte actividade que temos pendente da listaxe proposta polos nenos e nenas da clase para o proxecto!

Estamos desexando ler máis contos e ir formando un recanto co resto de materiais que enviedes,  moitas grazas por colaborar!


21/10/2022
CREADORES! Ingredientes.
Esta semana comezamos descubrindo os ingredientes para un conto. Quenecesitan os escritores para inventar e contar unha boa historia? Personaxes, un lugar, un problema, unha solución e un final. 

Así que inventaron un ingrediente de cada e crearon unha historia. 
EGLEFINO + CARAVANA + PINCHAZO DE RODA + CAMBIO DE RODA = VIAXE!

Logo volvemos ós contos da semana pasada para repasalos fixándonos nos seus ingredientes principais.

Comezamos co conto de Izan fixándonos nel a través da súa canción "Cocodrilo".


Neste conto decatámonos que non existían todos os ingredientes e falamos dos contos encadenados. Falamos dalgúns coñecidos e cando o tiñan claro saíron cancións encadenadas, como a do Pilloto Pío, que quixeron deixar no blogue.


Recordamos os tres porquiños co conto de Ruth fixándonos nos seus ingredientes. Este tíñaos todos e souberon identificalos perfectamente.

No conto de "O coelliño branco" de Daniela recordámolo cunha canción do conto. Tamén os identificaron sen problema!

Ademais, esta semana, chegou a primeira aportación das casas cunha manualidade preciosa de Daniela: un coelliño branco! Explicounos a todos que o fixera coa súa nai e encantounos! Estamos desexando abrir o recando do proxecto!


Nesta semana contou o seu conto Enzo. Leu para nós o conto de "La bella y la bestia" unha fermosa historia dunha rapaza namorada dos contos. Fíxoo xenial e gustounos moito. 


Tamén o plasmaron en papel, pero non puidemos poñer o autor non o ilustrador, posto que non viña no libro.



Adriana leunos esta semana "O gato lambón"! Un conto moi divertido dun gato que papá todo o que pilla. Adriana contouno estupendamente ben e que gustou moito a todos. 
Martín decatouse ó comentalo que era un conto encadenado semellante ós que comentaramos anteriormente.

Como de costume recollémolo en papel.


 O noso compi Martín participou coa súa nai na actividade de contacontos co libro : "A mellor sopa do mundo"
Unha historia moi chula cunha chea de animais. Fixeron unha pequena representación que nos gustou un montón e entre todos cantaron a canción de "Sopa, sopa, sopa...". Foi unha gran experiencia que todos e todas desfrutaron moito. Grazas por participar na aula!
Aquí vos deixamos a canción que cantamos para o conto, son uns artistas!
Aquí o traballiño en papel.

Martín tamén nos trouxo un novo material para o recanto do proxecto, a granxa que empregou para a súa representación! Presentouna na clase e xa é parte do recanto ata que rematemos. Grazas por colaborar!


Contounos o seu conto tamén Leire"La granja de Zenón". Un dos temas que máis nos gustan con animais e unha gran granxa. Aproveitamos para facer adiviñas de animais e falar das nosas experiencias con animais.




Para rematar repasamos o visto.

E preparamos as marionetas da semana.


Entre os proxectos da semana tamén estivo crear un

teatriño para contar historias na biblio, en clase e para as marionetas que imos creando pouco a pouco a medida que os compis van contando os seus contos. Buscamos en internet e elixiron o que máis lles gustou.  Decidiron cambialo un pouco, posto que querían engadir azul e máis estrelas.
Así fomos preparándoo entre todos.


Quedou fermoso e pronto o usaremos para unha actividade de infantil.



A próxima semana máis cousas nas que estamos a traballar,  moitas grazas por colaborar!


28/10/2022

CREADORES! Personaxes.

Esta semana comezamos cun contacontos como xa veríades na entrada de biblio, e no que empregamos o noso teatriño! 
Agora xa o temos de volta na clase no recanto do proxecto, que xa vai tomando algo de forma! Seguiremos preparando cousiñas que temos na lista de pendentes.

Así, nesta semana

centrámonos nos personaxes das historias que coñecemos. Presentamos a marioneta de Eglefino que xa forma parte do recanto Creadores.

A partir da súa presentación retomamos personaxes de contos que fomos coñecendo. Que tipos de personaxes atopamos? Persoas, animais, cousas, seres plenamente imaxinarios... Fixeron unha posta en común e retratámolos, quedaron moi logrados!


Tivemos tamén a Lucía Villares de contacontos co seu conto favorito: "Blancanieves y los siete enanitos".
Fíxoo xenial e a todos lles gustou!

Como sempre gardamos a experiencia en papel e por detrás traballamos os ordinais ata 7º empregando ananiños e cardinais traballando anterior e posterior.



Logo o xoves, Ivana e a súa nai participaron co conto de "La ratita presumida"! Un conto fermoso que Ivana foi representando coa lectura da súa nai. Foi xenial!



Logo recollémolo en papel entre todos.
Moitas grazas por animarvos a visitarnos e participar na aula!



Esta semana foi unha semana diferente coa celebración do Samaín. Comezamos a prepararnos durante a semana. O venres tivemos unha contacontos moi especial: a brujiprofe Cova! Contounos un conto xenial en inglés dunha bruxa e a súa pócema.
De aí que levemos de recordo un gorro de bruxa ben chulo no se se esforzaron moito! Empregaron Témperas, gomets, brillantina, troqueles... Para o deseño inspirámonos no sobreiro da bruxa do cole... Unha bruxiña que poden ver dende o baño e que sempre din que se move... debe ser algo traste!
Quedaron moi chulis e podédelas ver na entrada do Samaín que se publicará proximamente.


Xoel chegou cunha nova colaboración, uns personaxes perfectos para inventar historias e que están relacionados co conto que proximamente nos contará e que xa temos na clase agardando.
Explicounos os materiais que empregou e como lle axudaron na casa para facelo. Quedou xenial e veunos xenial coa semana de Samaín!!


Ademais tamén aproveitamos para facer un novo traballiño para o noso recanto de Creadores relacionado cos personaxes de historias. Creamos un modelo diferente de marioneta para teatralizar as nosas historias. Xa imos facendo personaxes dos nosos contos en forma de marionetas de dedos e esta semana creamos marionetas de calcetín. 
Elexiron o calcetín que preferían, a la para o pelo e a súa lonxitude (longo, curto ou medio) e os botóns para os ollos. Logo decidiron sobre a lingua se iría fóra ou dentro, cortaron as partes da boca e cortaron e ataron a la. Quedaron moi chulas e véñennos moi ben para o recanto!


Deixo un vídeo dos/as peques a voltas coas marionetas.

 A próxima semana máis cousas nas que estamos a traballar,  moitas grazas por colaborar!


12/11/2022

CREADORES!  Profundizando nas personaxes.


Partindo do traballado  sobre as personaxes continuamos profundizando nas súas características. 
Centrámonos endescricións de apariencia. Describimos a compis e logo monstruítos por parellas e a adiviñar!


Para seguir traballando estes contidos xogamos o "Quen e quen?" real por equipos cos nenos e nenas da clase. Foi estupendo e divertímonos xuntos xerando estratexias e chegando a acordos de grupo.
Logo xogamos na pantalla a adiviñar a personaxe e déusenos bastante ben! 

Nestos días leunos o seu conto Teo e fíxoo moi ben! Contounos o conto: "Los tres cerditos".
É un conto que lles gusta moito e nesta ocasión atopamos algúns cambios respecto ó conto que xa coñecíamos.

Logo plasmámolo en papel e seguimos coas prácticas habituais doutros contidos.

Tamén participou amosándonos o seu conto de "CarsAdam! Gustou moito e introduciu novos detalles dos contos. Tamén recordamos como as personaxes dos contos tamén poden ser obxectos ademais de persoas ou animais ou seres imaxinarios.

Logo traballaron en papel.

Lucía Río contounos tamén o seu conto e fíxoo xenial! O conto "Monstruo azul" serviunos para reflexionar sobre como tratamos os compañeiros e a contorna. Tamén sobr como solucionamos os conflitos e como nos comunicamos.
Recollemos as ideas principais en papel e practicamos en papel.

Aarón participou co seu conto "Camuñas" e contouno xenial ó compis. Así este conto veunos xenial tras o Samaín o ser un conto moi relacionado.  Con este conto de "medo" acabamos rindo en moitas ocasións e pasámolo moi ben!

Puidemos trasladalo a papel unha vez máis e traballar os contidos que nos tocan.

Tamén fomos facendo as marionetas destes contos, pero aínda as estamos rematando, polo que as veredes a próxima semana.


En relación os contos sorprendéronnos XoelMartín Lucía Río cunhas manualidades chulísimasrelacionadas cos seus contos!
Xoel contounos que as fixera reutilizando rollos de papel, tapóns de botellas, ollos que se moven, plumas, e pintura! Son uns monstruiños preciosos dos que pronto saberemos máis!
Martín explicounos que a fixeron  reutilizando unha botella verde, gomas e unha cartolina tamñen verde. Ademáis fíxolle unha cara moi simpática! Xa forma parta do recanto Creadores de contos.
Lucía Río amosounos o seu mostro azul que realizaron con papel, la azul e laranxa e ollos co pálpebras azuis. Explicou que o podiamos mover e tamén nos encantou!
Moitas grazas por seguir enriquecendo o noso recanto e imaxinación!

Na clase seguimos traballando para darlle un fogar a Eglefino e estivemos traballando na súa casiña. Pronto a amosaremos, pero temos que rematar cuns cantos detalles que lle temos preparados e que requiren máis traballo. Polo momento o boneco Eglefino xa ten onde durmir e acostuma a compartir a súa casa cos bonequiños que foron chegando a clase e cos que xogamos moito!

Ademais seguimos traballando sobre os tipos de personaxes: reais e imaxinarios. Fixámonos nas súas descricións e características. Repasamos os contos que contamos e falamos de cales poderían existir e cales non. Logo xogamos a adiviñar personaxes na pizarra.



 

Rematamos a semana, entre outras cousas, xogando cos Escornabots e levando a Eglefino entre personaxes de contos. En cada grupo os xogadores elixían a onde iría Eglefino e tentaban darlle ordes para chegar a personaxe desexada. Tras uns cambios de pilas fomos facendo intentos e a cousa non empezo mal. Segiremos practicando nas seguintes semanas!

A próxima semana máis cousas nas que estamos a traballar,  moitas grazas por colaborar!


22/11/2022

CREADORES: Bos e malos de conto!

Nestes días continuamos coas personaxes de contos, pero esta vez fixámonos en como son por dentro: son bos? malos? É algo do que

vimos falando o longo deste proxecto e que xa levou a debates interesantes na clase.Vimos un vídeo curtiño clásico de "Los tres cerditos" y "Los tres lobitos" comparamos as historias. Puxémonos no lugar dos porquiños e dos lobos.

Así, fixemos varios debates a raíz dos vídeos e dos contos de clase e outros coñecidos.

Para ver outra cara dos personaxes "malos" e seguir co debate visionamos o conto-canción de "Lobo feroz". Tan malo era este lobo?  Era o malo da historia? Que pasa co que fan co lobo? Que pasa noutros contos que coñecemos? E na vida real isto tamén ocorre? Falamos sobre conflitos que xurden a veces nos patios ou en clase, en se hai malos ou malos entendidos e equivocacións... E no importante de falar nou pedir axuda cando ocorre un problema para solucionalo con palabras e cariño.


Aproveitamos para traballar a xestión emocional unha vez máis. Como xestionamos os nosos problemas? Como nos calmamos?
Recordamos e continuamos empregando as estratexias que xa coñecemos e sobre todo a importancia de decilo cando estamos molestos, enfadados, tristes, etc. A importancia de escoitar atentos o que nos din e reaccionar adecuadamente, de pedir axuda a amigos e profes se o necesitamos, de parar cando o piden, de tentar relaxarnos e falar se nos enfadamos, de relaxarnos, e un longo etcétera que vimos practicando dende 3 anos.


Retomamos os contos vistos na aula para darlles unha volta ós problemas de cada conto e outras formas de podelos solucionar. Ocorréronselles ideas fabulosas sobre como resolver os conflitos dos contos!
E por suposto seguimos o traballo en papel. Cando decidimos que lobos íamosdebuxar fixámonos nas ilustación e en como os debuxantes fan os debuxos das caras para que se vexan como bos ou malos e imitamos os xestos característicos.


Tamén collemos como exemplo o conto de carrapuchiña para falar dos contacontos e seguir co debade dos bos e malos. Como o coñecemos moi ben aproveitamos para volver deseñalo cunha carrapuchiña que lle fai caso os seus pais e un lobo que non tenta comer e enganar a ninguén polo bosque. Logo xogamos coas marionetas do conto. E por último creamos historias alternativas cos personaxes deste conto. Así naceron lobos bos amigos do leñedor, avoiñas malas, carrapuchiñas argalleiras... 




A pasada semana tivemos dúas colaboracións máis! Adriana Enzo sorprendéronos con 2 manualidades xeniais de personaxes de contos.

Adriana mostrou e explicou que fixera ó Gato Lambón coa axuda da súa familia e usaran gomaeva laranxa, de estrelas para o babeiro e con brillantina para a parte traseira. Para empregala de parioneta puxéronlle uns pauiños e xa a temos no recanto dos creadores!
Enzo explicounos que fixera a taciña Chip coa axuda da súa familia, do conto de  "A Bella e a Besta". Contou que reutilizara un bote de plástico e a súa tapa, que pintara con amarelo , negro e azul. Gustou moito e xa a temos no recando do proxecto!


Ademais tivemos sesión de contacontos con Xoel e a súa nai que nos contaron o conto de "El monstruo más feo deo mundo"

Foi un conto moi chulo que nos gustou moito! Agora xa coñecemos ós personaxes das marionetas que nos presentou Xoel!
Grazas por participar na actividade!
Como é costume plasmamos todo en papel!


Deixamos tamén o xogo de "Quien es quien?" ó que xogamos anteriormente para que o poidades empregar na casa (premer aquí para acceder).

25/11/2022

CREADORES:  ilustradores e ilustradoras! E a casa de Eglefino rematada!


Como xa sabedes, nas últimas semanas estivemos fixándonos nos escritores e escritoras dos contos e nos ilustradores e ilustradoras. Pouco a pouco fomos buscandoos ó tempo que íamos contando os contos e esta semana

centrámonos nalgúns deles e nas técnicas básicas que atopamos.



Así, nestes días investigamos, experimentamos, e plasmamos en papel sobre 4 deles.


Olga de Dios (País Vasco, España), ilustradora española que fai ilustracións con ceras Manley. Vímola no conto de "Monstruo azul" que nos contaron en clase  e sae nunha chea máis que atopamos por internet e nalgúns que tiñamos no cole.

Visitamos a súa páxina web na que atopamos cousas chulísimas con cores moi rechamantes!
Vimos un vídeo no que falaba de como ela acostuma a empregar as ceras Manley nas súas creacións.

En papel puxemos en práctica o uso de ceras Manley pintando, mesturando cos dedos e experimentando moito!


Quedaron uns monstruos moi chulis!



Achegámonos ó ilustradores ingleses EH Sheard, creador de Winnie de Pooh, e a Beatrix Potter, creadora das historias de Peter Rabbit, do que ata saiu hai poucos anos unha película de animación. Estes dous ilustradores empregan acuarelas e con elas experimentamos tamén nunha primeira aproximación este curso.

Deixamos un vídeo relacionados con cada un deles e que vimos  e comentamos na aula.


Experimentamos coas acuarelas pintando un debuxo de Shepard. Empregamos acuarelas  e por quendas pinceis normais e pinceis de auga.

Déuselles moi ben!

Tamén coñecemos a Leo Lioni  (Países Baixos) e a Anna Llenas (Cataluña, España), dous ilustradores que empregan a técnica do collage.


A primeira obra de Leo Lioni comezou para entreter ós seus netos nunha viaxe en tren e para isto cortou dous círculos dunha revista e comezou  a inventar unha historia. Esta historia que inventou converteuse logo no seu libro "Pequeño azul, pequeño amarillo".

Aquí o conto de "Pequeño azul y pequeño amarillo" de Leo Lionni.


Anna Llenas é a ilustradora de moitos libros que coñecemos como o "Monstro de cores", "Te quiero casi siempre", "Topito terremoto"...


Observada a súa obra puxemos en práctica un mini collage de proba.


Aquí un conto collage animado que ela mesma publicou.


Examinamos algúns dos libros de Ana Llenas par ver qué empregaba nos seus collages.

Logo experientamos en papel creando collages reutilizando papeis de clase.

Quedaron expectaculares!

E como xa sabedes seguimos traballando en papel lecto, lóxica - matemática entre outras cousas. Aquí por exemplo traballando cores, atención, descripcións, conceptos básicos de localización espacial, tamaños,  e un longo etc.



Ant Parker (Inglaterra) é un ilustrador que tamén apareceu na clase noutros cursos por ser creador das ilustracións de "El pollo Pepe" ou "La cerdita Clea"e que xunto a Óscar Villán (Galicia, España) que ilustrou "Cocodrilo", Coelliño Branco" e "La cebra Camila" acostuman a perfilar os seus debuxos para que resalten todos os seus detalles. 

Nesta ocasión como xa tiñamos moitos dos libros na clase comezamos fixándonos nas ilustracións.
Logo puxemos a experiencia en práctica facendo debuxos sinxelos con lapiz, pitándoos e logo perfilándoo co rotu negro e menuda diferencia! Quedaron moi claros e chulos!


Quedaron xenial e con detalles moi claros!

Tamén rematamos as marionetas dos contos. Agora que as temos rematadas, que xa vimos algunhas técnicas para facer ilustracións e xa as experimentamos,comezaremos a poñelas en práctica para crear fondos nos que mover as marionetas.


E nesta semana Martín e Adam léronnos un mini conto cada un e sacamos esta foto hoxe de recordo!


Tamén rematamos todo o que propuxeran na chuvia de ideas inicial para crear a casa de Eglefino. 
Así, primeiro pedimoslle a Javi unha caixa de folios para reutilizala e convertela en casa. Recortamos e pintamos un montón para preparar a estrutura da casa.


 Logo, como falaron de que Eglefino coidara do medioambiente reciclando falamos de facer unha caa que coidara da contorna e puxemoslle luz no interior cunha placa solar e unha mini bombilla. Eles mesmos discurriron como facelo e creamos unha pestaña que se sube e baixa para cargar a batería e que brille a bombilla.

Como queremos que recicle, repasamos un pouco sobre os contenedores e a reciclaxe. Logo pintamos os contenedores e agora temos un xogo para que Eglefino recicle e ir quedándonos co que vai en cada contenedor.

Esta casiña sostible quedou xenial, Eglefino xa ten un fogar!


Para a semana máis, grazas a todos e todas por colaborar!


21/12/2022
CREADORES: Inventamos e escribimos o conto para Eglefino! Fin do proxecto.

Tras prepararnos durante semanas xa chegou o momento de escribir o conto para Eglefino. 
Comezamosinventando a historia. Entre todos foron dando forma ó conto. Case todos fixeron aportacións e logo foron incorporando todo e tentando dar sentito a todas as ideas. Tiveron que facer e refacer ata que todos e todas estaban conformes. 

Feito isto pensemos en cantas ilustracións faríamos e a idea xeral de cada unha. Xuntos tamén preparamos as fichas nas que escribiríamos o conto elixindo o que escribiríamos sós e o que repasaríamos.


Comezamos coa introdución do conto. Presentando a Eglefino.

Seguiron co nó ou trama da historia, no que aparece un problema e se tenta dar solución e remataron co desenlace ou final. No que se explica como remata o conto e lle dan fin.

Continuamos vendo un tipo máis de ilustradores, os que empregan medios tecnolóxicos para ilustrar. Observamos varios contos e buscamos por internet. Achegámonos a Teresa Martinez, unha ilustradora mexicana cunhas ilustracións moi expresivas. Visionamos un conto en inglés que se entendía moi ben case só coas ilustracións "The halloween tree".


Como sempre deixámolo recollido en papel.

COmo fixemos co resto de técnicas vistas, experimentamos, esta vez, cunha tableta gráfica. Así, empregamos esta tableta para facer as ilustracións do noso conto. 
Primeiro decidiron as ilustracións que facían falla segundo o texto que inventaran anteriormente para o conto de Eglefino. Logo, cada un fixo un dos debuxos.

Quedou moi ben!

Rematado o conto pasamos a preparar distintos escenarios para xogar coas marionetas que fomos realizando ó longo do proxecto.

Mar, feito con témperas mesturadas a través de film transparente e estampando ondas con esponxa.

Quedou moi chulo!

Casa, feita con pinturas e perfilando con rotu negro.

Bosque, feito con ceras manley e traballado cos dedos.

Castelo, feito con papel tipo cartón no que debuxaron e logo recortaron as formas de paredes e torres. Pintaron unhas fiestras e a porta con pinturas. Logo, con papel de scrapbook, fixeron os tellados. Con recortes de papel de cores que nos sobraran anteriormente fixeron nubes nas que flota o castelo. Por último pegaron estrelas troqueladas billentes.
 

Quedou fermoso!


Nestas semanas tamén preparamos as portadas dos traballos.
Para os investigacións sobre unicornios fixemos unha portada na que saímos de detectives e seguimos o rastro do que parece un unicornio. Pintamos de cores, pegamos cabezas, decoramos as letras con rotus de lettering e puxemos un rastro de brillantina nas pegadas.

Quedou moi simpática!


Para a portada de "Os creadores", no que traballamos sobre escritura e ilustración de contos e a dramatización de historias, decoramos unha portada de libro antigo na que aparecen os nenos e nenas da clase e letras feitas cos rotus de lettering. Decoramos bordes e lomo con pincel e pintura dourada. 

Moi chula!

Para gardar todos os traballiños da avaliación preparamos "A maleta dos creadores". Picaron as fendeduras necesarias para crear a maleta e os lugares nos que insertar cada traballiño:
        -Fichas recopilatorio de todo o traballo dos unicornios e creadores.
        -Recopilación de escenarios con distintas técnicas de ilustración.
        -Marionetas dos contos.
        -Marioneta de calcetín que crearon.
        -Conto escrito e ilustrado por eles de Eglefino.


Por último decidimos facer a marioneta de Eglefino!

Esforzáronse moito en facer propostas e planificar o proxecto, nas investigacións, experimentando e creando, e en todo e cada un dos traballiños. Sen dúbida foi un gran comezo do curso!
Agora xa teñen a súa maleta dos creadores completa!


Rematado todo o proxecto só nos quedou xogar con Eglefino e os escornabots a percorrer distintos lugares dos contos.


Grazas a todos e todas pola vosa colaboración neste primeiro trimestre. 
Á volta de vacacións seguiremos cun novo proxecto!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!