mércores, 28 de outubro de 2026

Cumples de GAEL, IKER e VERA !


Este mes celebramos os cumples de setembro. Fixémolo así para darlles tempo a adaptarse un pouco máis ás rutinas e normas do cole e poder disfrutalos en condicións.
Comezamos co cumple de GAEL e coñecendo un pouco máis das súas cousiñas favoritas de bebé e ata hoxe. Presentounos o seu "OSO", a súa cadeliña NALA e o seu CONTO favorito que contamos na clase!

IKER mostrounos unha manualidade que prepararon na casa con moito agarimo con fotos destes 3 anos de vida. Despois presentounos o seu xoguete favorito que é como a égua dos seus avós que se chama XANA!

VERA trouxo para amosar as Rosiña, unha marioneta que lle canta dende bebé, unha foto moi simpática e 4 contiños de texturas que lles encantaron!

Gardamos o recordo en papel.

Prepararon a coroa e un regaliño especial entre todos!
Quedou xenial!

Quedaron uns regaliños fermosos!

Fixeron a volta o SOL 3 veces, unha por cada ano.



Cantaron o cumpleanos feliz e soplaron as velas!




Rematamos con festa!

Moi feliz cumpleanos con retraso!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!