Como cada ano por estas datas, tivemos a visita dos nenos e nenas da Escola infantil de Cospeito!
Para comezar fíxose unha sesión de contacontos cantada co conto "Animales" de Kalandraka, que acompañaron todos os nenos e nenas de 6º de infantil (practicaron un montón e fixérono xenial).
Deixamos a canción que se empregou!
Os peques da escola infantil estiveron moi atentos e atentas, traballaron duro nos seus caracois e os maiores de infantil axudaron un montón!


Grazas á Escola Infantil de Cospeito por visitarnos e compartir un tempiño con nós, e grazas os nenos e nenas de 6º de infantil polo esforzo de hoxe!




Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!