venres, 19 de xuño de 2026

Fin de curso!

Chegou o final de curso e en infantil tivemos xogo nas aulas, merendola todos xuntos, recreo e logo unha sesión de xogos por equipos!

​Tivemos 3 equipos que rotaron por 3 espazos.

​Un deles foi dedicado á arte coa profe Tamara, no que os superartistas de infantil deixaron voar a súa imaxinación xuntos! Empregaron témperas, pinceis, sprays e foron moi creativos!!!

​O seguinte foi no patio exterior coas profes Melani e María Secre. Mentres soaban cancións, todos se movían con entusiasmo, pero cando a música paraba, a maxia aparecía: transformábanse en diferentes animais do bosque, como bolboretas, leóns fortes ou cans divertidos.

​Despois, o xogo continuou cunha nova aventura. Todos se converteron en gardiáns: algúns tiñan que disparar auga, mentres outros corrían para escapar. Todo sucedía ao ritmo da música, entre risas, moita diversión e burbullas...

​Por último chegamos á granxa de María Ro. Nela fíxose de noite e os lobiños bos correron a gardar as ovellas antes de que viñese o raposo e os lobos malos que as querían papar. Logo chegou a hora de brincar na charca como ras antes de xogar xuntos coas abellas máis trastes do cole!

​Para rematar saíron todos e todas a xogar ao patio cos aros, globos e burbullas.

​Foi unha gran mañá e agardamos que disfruten igual das vacacións de verán!






Deixamos montaxe resumo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!