DINOSAURIOS (5ºEI CLASE VERDE)

 A semana pasada rematamos as cousiñas do inverno cunha manualidade que lles quedou moi bonita.

E comezamos novo proxecto

Traballaron duro porque primeiro tiveron que pintar todos os elementos do inverno.

Despoís picaron co punzón e pegaron na cartulina

e remataron facendo copos de neve

Para comenzar o novo proxecto preparamos a carta as familias para que nos axudedes aportando todos os materiales que atopedes interesantes que nos axuden a investigar na aula, manualidades que fagades cos nenos/as e que eles poidan explicar despois aos compañeiros e por suposto que viñades a colaborar con nos o facer algunha actividade que se vos ocurra, as portas da aula verde están abertas para as familias.
Despois contaron que cousas sabian dos dinosaurios e xa anotamos moitas cousas, pero algunhas tiñan dudas e as temos que investigar como:
        Se nacen de OVOS o da BARRIGA das mamás
        Se viven na SELVA
        Que COMEN
        Como se DESPLAZAN
        Se teñen HUELLAS grandes
        Se había un VOLCÁN
        Que TIPOS de dinos existen
Quédanos moito traballo de investigación

Xa están chegando un montón de cousiñas a clase!!!!

TAQWA trouxo un debuxo no que lle axudou a súa irmá
HUGO trouxo un DRAGÓN e xenerou a duda de si son dinosaurios
FABIO trouxo un conto moi interesante e deixounos asombrados co grande que se ven os dinos, cada día abriremos un
LUCAS O. trouxo un conto de dinos que se poden sacar e tamén uns dinos de peluche
Chegou outro dragón de TAQWA a aula e seguemos con dudas...
Pola mañá apareceron na caixa máxica os DRAGÓNS da clase cunha ficha onde nos contaba que os dragóns nunca existiron que son lendas inventadas e que no son dinosaurios

HUGO trouxo un libro de pegatinas para usar no recuncho da arte!
e un DIPLODOCUS 
Hoxe tocou ver un PENTACERATOS
CARLA contounos o seu conto
SAMUEL trouxo un dino para investigar e xogar no recuncho
CLAUDIA enseñounos o seu conto con sonidos!!!
O conto de LUCAS e para tocar!
ANA e MARA trouxeron contos e puzles para xogar no recuncho!!
O dino de CLAUDIA rugeeeeee
MARTINA trouxo un conto onde nos contaban como eran os dinosaurios e a quen se parecian, eran réptilescomo as serpes, os lagartos e as tartarugas e os cocodrilos de hoxe en día.

KATIA amosounos o seu conto que serviranos para as nosas investigacións na clase

HUGO trouxo un TRICERATOPS para o recuncho
CARLA amosounos un libro de pegatinas para rematar no recuncho da arte
LEO trouxo un libro de linterna para observar ven os dinosaurios 
MÍA trouxonos varios contos e un dino desmontable!

ONDE VIVIRON? eran animaís que vivian nos bosques, os bosques non eran como os de agora, senon que tiñan plantas e árbores diferentes. A Terra era un súper coninente chamado PANGEA, pero foi dividíndose ata formar os continentes.


Tamén empezamos o libro picando unha gran pagada que tiña sorpresa

E con tantas cousiñas que troxeron os nenos/as xa temos os recunchos aberto para investigar e desfrutar
O da arte ten plantillas de dinos, libros de pegatinas...

O recuncho de dinos con moitos contos, puzzles e dinos variados

Como lles gusta!!!!


Esta semana chegaron a clase  ovos de dino

O de LUCAS maís grande


 e o de SAMUEL e CLAUDIA maís pequeniños
Fixemos un rexistro de observación onde anotamos cada día o que lles pasaba aos ovos


Hasta que naceu o primeiro un triceraptos, os outros dous estalles costando algo mais nacer

Seguemos observando o proceso, tamén como crecen as nosas árbores
Os dinos seguen medrando pero ainda non saen do cascaron
Comparamos como nacen os dinosaurios que son OVÍPAROS, con nos que somos VIVÍPAROS, que ainda que todos saen da barriga das mamás son procesos distintos.

Traballamos con ovos de diferentes tamaños
Aproveitamos esa semana para recordar cos dinos son réptiles e que se parecen a animais que temos ahora na terra como os lagartos
LUCAS trouxo para o recuncho maís dinos un T-REX e un DIPLODOCUS
KATIA trouxo un ovo que dentro tiña un T-REX, temos moitas ganas de saber que dinosaurios nacerán dos ovos da clase. 
ZOE trouxo unha marioneta de T-REX coa que contar historias no recuncho
SAMUEL trouxo un dino que fala , que conta números, historias, música...e ademais un abecedario que nos vai vir moi ben para as nosas investigacións cos nomes de todos os dinos da A-Z
SARA trouxo un xogo para o recuncho onde a mama dino ten que chegar ao seus ovos, cal será o camiño?
LEO trouxo unha marioneta de TRICERATOPS para crear historias ca de ZOE

Os dinosaurios, nacían dos ovos que poñían as súas nais, estes ovos eran postos en nidos elaborados polos mesmos dinos, utilizando varios materiales, aunque eran comunes materiais como terra o area para manter os ovos quentes, xa que moitos dinosaurios non podian incubar os ovos polo gran tamaño que tiñan.

Aquí unha mamá MAIASAURA significa "lagarto maternal", porque se pensa que coidaba moi ben dos seus fillos.

Contamos os que xa naceran e despois axudamos a un ovo a sair picando arredor e finalmente rematamos dandolle cor ao seu corpo.



Fixémos a ficha deste dinosauiro primeiro a buscamos nos libros este dinosaurio
Despois nos fixamos moito nel e contestamos as preguntas se é grande o pequeno, cantas patas ten para camiñar, que come...


e finalmente puxémoslle o nome e dímoslle cor

Seguen chegando mais cousas

FABIO trouxo un T-REX

MARA e ANA dous TRICERATOPS que esta semana son moi importantes xa que estamos a facer os nosos disfraces de entroido
SAMUEL outras duas marionetas para o recuncho
SAMUEL un conto de siluetas para o recuncho da arte

E LUCAS trouxo unha pedra e uns osos de dino que nos axudarán nas investigacións dos próximos días
xa o pusemos no recuncho e comezamos a traballar nel


Tamén apareceron na clase estas bolas, ovos...non tíñamos muy claro que eran porque estaban frios, non sabiamos se eran bolas de neve ou ovos, o que si que quedou claro despois de experimentar con eles e que dentro había dinosaurios 

Apareceron tres dinosaurios diferentes que teremos que investigar nas vindeiras semanas!

Fai unhas semanas comezamos coñecendo este dinosaurio que usamos para disfrazarnos.

Buscamos información nos libros que temos no recuncho
Observamos imaxes de internet
e cubrimos a ficha do libro dos dinos favoritos onde anotamos se é grande o pequeno, cantas patas ten...


Buscando en internet o escoitamos e comprobamos o grande que era que non entraba na clase


A palabra dinosaurio significa lagarto terrible, escollemos un do recuncho e o debuxamos


CLAUDÍA trouxo outro ovo de dino que estamos esperando a que nazca

LUCAS O. trouxo un coche que se transforma en un T-REX
A caixa máxica trouxonos esta forma de caracola que pusemos no recuncho
Levamos varios días picando nesta pedra do recuncho, non sabemos que vai sair de ahí
KATIA trouxo outro libro para o recuncho a súa páxina preferida e, a dos dinos con nombre
Seguen chegando mais dinos ao recuncho, SAMUEL trouxo un T-REX e un dragón que deixamos na zona de dragóns.
LUCAS trouxo varias formas de dino de lego, de coche...e un conto para usar nas nosas investigacións e para buscar dinos

LEO trouxo un debuxo que lle fixo o seu padriño
Para rematar a semana empezamos a coñecer a "i minúscula" que na palabra dinosaurio aparece dúas veces.

Otro concepto que traballamos e cos dinosaurios non estaban solos, sino que vivían en manadas, así que por grupos fixemos manadas cos dinosaurios da mesma especie do recuncho e despois pasamos o aprendido ao papel.


Grazas aos fósiles atopados e as pegadas marcadas no chan, nas pedras....temos coñecemento da existencia dos dinosaurios.





No recuncho xa levan semanas cavando nunha pedra que trouxera LUCAS e están aparecendo osos


Buscamos nos libros os fósiles

    Apareceu esta caixa na clase chea de osos de dinosaurios
Pero como se forman os fósiles? Primeiro morren os dinosaurios, pouco a pouco a terra vainos cubrindo ata que se converten en minerais e pasan a formar parte da terra, e finalmente os paleontólogos buscan estes restos, así o vimos e fixemos na ficha, primeiro observamos, despois recortamos e finalmente pegamos.

Tamén eleximos un oso ou dinosaurio para facer uns fósiles en plastilina
SARA trouxo dous dinos maís para o recuncho

CLAUDÍA trouxo un dino con luz e sonido que xa se atopa descansando no recuncho dos dinos

CARLA trouxo un dino feito por ela con axuda da súa familia

E rematamos a semana xogando cos xogos dos carritos

e co xogo de cartas que trouxo LUCAS B. que temos un parecido para a pantalla dixital, así que todos/as sabiamos que tiñamos que emparellar os dinos iguais

para a semana seguemos excavando na temática.

Estas semanas estivemos traballando nos descubrimentos de Mary Anníng

Mary Anning foi considerada a nai da paleontoloxía por todos os seus descrubrementos e investigacións dos fósiles
Eleximos o dinosaurio e fixemos fósiles

A pesar de todas as súas investigacións non foi valorada por ser muller
Así de bonitos quedaron os fósiles que fixemos
LEO trouxo unha linterna de dinosaurio da súa casa e deunos a idea de facer unha para cada neno/a
Primeiro pintamos o tubo
eleximos a pegatina e puxemos a goma
e finalmente xogamos a adiviñar entre todos/as que dinos aparecian
Tamén fixemos un xogo que nos acompañará durante o proxecto, primeiro tivemos que recortar todas as figuras geométricas (cadrados, triángulos, circulos...)
e despoís xogamos a construir dinos coas diferentes formas, sairon de todos os tipos

e para rematar decoramos o sobre onde o gardaremos

Con 11 anos Mary descubriu un ictiosaurio, o buscamos nos libros do recuncho
Despoís os pintamos co pincel
e tamén o debuxamos con todas as cosas que aprendimos (ten aletas, cabeza cun ollo tan grande como a cabeza dun humano, e parece un delfín...)
Tamén atopou os primeiros restos dun plesosaurio como os demaís é vertebrado e primeiro pintamos os seus osiños

e cando apagamos a luz, SOPRESA!!! brillaba o seu corpo
Despois fixemos de arqueólogos buscando os osos do plesosaurio
despois clasificamos e pegamos na columna, nas aletas, nas costillas, no cranio...
Finalmente pasamos ao papel todo o aprendido

O recuncho o temos cargadiño de cousas, moitas grazas por todo o que estades colaborando, porque nos axuda moito nas nosas investigacións!
Temos xogos novos para practicar os números anterior e posterior

CLAUDIA trouxo este xogo de habilidade que lles encanta
ZOE trouxo un CORNOTAURO que en breve o investigaremos
LUCAS trouxo outro libro para o recuncho
Aquí tamén contan dinos, e así aprenden xogando!!!
KATIA trouxo unhas formas de dinos que decoramos na clase como nos foi decindo
CLAUDIA trouxo un BRONTOSAURIO que pronto investigaremos tamén

Tamén atopou o primeiro TPERODÁCTILO, primeiro coma sempre o buscamo e investigamos cousas sobre él (ten a boca coma un serrucho para comer peixes, é vertebrado, nace de ovos, e pequeno, pode voar...)
Deixovos unha canción que lles gustou moito
e completamos a ficha
MIA debuxou a MARY ANNING
Pintamos e recortamos
cosemos
e finalmente pegamos todas as partes e así nos quedou a nosa Mary Annig, tamén a debuxamos

Esta semana chegaron cousas das avoas e aproveitamos para falar das cousas que elas fan como
plantar na horta

debullar, con este aparello que pensamos que era un ventilador

cociñar

e calcetar

FABIO trouxo un velociraptor é un estegosauros

LEO un ovo que xogamos a imaxinar que habria dentro,e non acertamos era un DILOPOSAUROS que queda pendente de investigar a volta

CLAUDIA un diplodocus

LUCAS B un libro para axudarnos nas investigacións da volta das vacacións

e para rematar antes das vacacións falamos dos CROPOLITOS que son as cacas dos dinos e que grazas a elas os científicos puideron saber que comian os dinosaurios, e teñen forma de CILÍNDRO

Pasade unhas boas e merecidas vacacións, a volta seguiremos investigando, deixo actualizada a ASAMBLEA en recursos con un xogo de dinos que lles gusta moito.
VÉMONOS A VOLTA!!!!


Estas semanas estivemos traballando  sobre como son os dinosaurios, a súa pel, as partes do corpo a súa alimentación.

Primeiro vimos como son os dinos que estivemos traballando estes días, uns teñen placas, outros martelo na cola, outros pinchos, outros coraza...cada especie é distinta.
Estes día chegounos unha pizarra ao colexio, ESTAMOS MOI CONTENTOS/AS CON ELA!!!
Miramos nos libros e seguemos a investigar as diferentes partes dos dinos e escribindo cal é a caracterítica de cada un.
Según como se alimentan tamén son diferentes uns son carnivoros e teñen os dentes afiados, outros hervíboros e cos dentes máis redondos e con boca con forma de pico como os páxaros e outros son onnívoros que comen de todo.


Investigamos e descubrimos cos carnívoros teñen armas de ataque como unha forte cola, as súas garras e uns dentes fortes e os hervíboros teñen placas, caparazón e pinchos para defenderse.
Seguemos avanzando nas letras minúsculas e xa estamos a facer a u
Completamos as partes do T-REX e pintamos con acuarelas, toda unha experiencia
Fixámonos moito e comparamos as distíntas peles dos dinosaurios e rodeamos por cores, todos os dinosaurios teñen a pel seca e cuberta de escamas, protexiaos de posibles feridas.



Analizamos os dinos hervíboros e carnívoros o que teñen en común e no que se diferencian

Todos nacen de ovos e teñen osos pero uns comen carne e outros herba.
Para a semana vamos a ver as diferentes pisadas


Xa estamos rematando o curso e o proxecto deste ano

Observando como son as pisadas dos diferentes dinos que coñecemos

Unindo pegadas e dinos

Buscando palabras traballadas do proxecto nunha sopa de letras

Artisteando con dinos que xa coñecemos:
acuarelas
Pintando camisetas para o último día


Facendo as portadas dos nosos traballos


Buscando nos libros o que aparece sobre a extinción
e deixando por escrito
Os dinos agora os podemos ver nos museos 

Estas últimas semanas escoitamos unha canción de dinos para relaxarnos despoís do patio

Preparamos as bolsas para levar todos os traballiños para casa

Debuxamos todo o que aprendemos dos dinosaurios

Visitounos unha artista musical "SUSA HERRERA"que  cantounos cancións de animais e debuxamos o que maís nos gustou
Fixemos unha postal de dinosaurios!!

Rematamos as portadas e as deixamos listos os libriños para levar para casa


E para rematar por equipos debuxamos un lugar para vivir os dinosaurios
e despoís fixemos un camiño para que o T-REX camiñara por todas partes. ENCANTOUNOS velo camiñar solo polos nosos debuxos.





 Rematando o curso e o noso proxecto de dinos leváronse a cabo varias actividades especiais para acabar por todo o alto!





Comezamos cunha sesión de cine vendo Ice Age 3, na que saen unha pila de dinos coñecidos!







Tivemps a visita da mestra de música e artista Susa Herrera coa que cantamos, bailamos e fixemos xogos rítmicos!




Seguimos cun obradoiro de cociña saudable. Coa axuda dos nenos e nenas de 5º, fixeron galletas de avena, plátano e cacao. Logo xogaron a facer dinos!






Tivemos sesión de contacontos e actividade lúdica con pomperos.












Por último tiveron un día lúdico no que luciron as camisetas que fixeron nas clases para recordar o proxecto! Desfrutaron das colchonetas, pintacaras, baile e parque!






Deixamos unhas imaxes nun vídeo miniresumo! (Recordade seleccionar a calidade na rodiña)

E ASÍ REMATAMOS O PROXECTO DESTE CURSO, DAROS AS GRAZAS POLA VOSAS COLABORACIÓNS SEN ELAS NON SERÍA POSIBLE LEVAR A CABO O PROXECTO COMO O FIXEMOS, AGORA TOCA DESCANSAR E PARA O ANO QUE VEN MAÍS!











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!