Esta semana tivemos unha sesión de contacontos especial na biblioteca do noso cole. Unha meiga coñecida agardaba para contar un conto divertido titulado "¡Cómo mola tu escoba!", de Julia Donaldson.
Este conto gustou moito e é o tema principal do noso proxecto trimestral. Neste proxecto coñeceremos
de preto o mundo das meigas/bruxas e o seu universo de maxia, animais, pócemas, contos ...Así, pedimos a vosa colaboración cunha carta que prepararon con moito agarimo. Podedes mandar todo tipo de cousas que teñan relación con meigas, coa maxia, os seus animais, pócemas ou experimentos, contos nos que saian elements relacionados, bonecos, xogos, pelis, puzzles, manualidades, debuxos... O que se vos ocorra!
Se vos animades a presentalo cos vosos fillos e/ou fillas ou facer con nós algunha actividade seredes moi benvidos!
Deixamos unhas imaxes coas cartas que prepararon!




Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!