Na clase vermella en xuño toca felicitar a Leo Lombao e en xullo a Bela. Celebramos así o cumple de verán co mes de xuño, xa que despois estamos de vacacións.
Primeiro fixemos un agasallo especial de recordo; decoramos a inicial do nome dos cumpleañeros coas pegadas dos nosos compis.
Que agasallo máis fermoso fixemos entre tod@s: L de Leo Lombao e B de Bela.
Os cumpleañeros contan e ensinan os compis. Tamén recollemos nunha ficha un debuxo do que máis nos gustou do que trouxeron.
O ESPECIAL DE LEO LOMBAO
O ESPECIAL DE BELAPreparando a coroa: coa axuda da profe puxemos o nome cos sellos de letras e pegamos 4 estreliñas porque son os aniños que cumplimos.
Que chulis a coroas dos cumples de XUÑO E XULLO!!
DÍA DA FESTA
Entre todos cantamos os parabéns.
Soplan a vela co número 4.
E fixemos 4 voltas ao sol.
Feliz volta ó sol meus peques!. Coa bóla do mundo conmemoramos un ano máis de vida, facendo referencia simbólica á volta da terra ao redor do sol.
Rematamos cunha super festa de bailes e cancións.
Un recordo dos cumples de xuño e xullo soplando as catro veliñas. Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!