COMENZAMOS 2019/2020!!!!

25N: DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Educar é proporcionar unha formación integral que permita a nenos e nenas unha formación plena e que axude a configurar a súa identidade, así como construír unha concepción da realidade que integre á vez o coñecemento e a valoración ética e moral da mesma.
Educar en igualdade quere dicir educar sen diferenciar as mensaxes en función do sexo, e educar baixo valores coma respeto cara aos demáis.


En educación infantil a partir dun conto "VIVAN LAS UÑAS DE COLORES"fixemos un taller de pintado de uñas, tanto gustaron as nosas uñas de cores que mais nenos quiseron unirse con nós.










Dende a biblioteca tamén repartirónse lazos de cor violeta a todos os nen@s para escribir neses lazos frases alusivas á non violencia de xénero, as frases estaban feitas polo alumnado da ESO , tamén se repartiron globos para despois todos xuntos facer unha foto en apoio as persoas que sofren dalgún xeito violencia de xénero.















DIA MUNDIAL DA INFANCIA:


O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal do Neno e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).
Esta Convención, a máis universal dos tratados internacionais, establece unha serie de dereitos para os nenos e as nenas, incluídos os relativos á vida, a saúde e a educación, o dereito para xogar, á vida familiar, á protección fronte á violencia e a discriminación, e a que se escoiten as súas opinións.



Así, este Día Mundial ofrece un punto de partida para levar a cabo medidas inspiradoras para defender, promover e celebrar os dereitos do neno a través de accións que construirán un mundo mellor.

Dende o colexio as profes de infantil contamos o conto "SE OS NEN@S GOBERNARAN O MUNDO" para poder facer unha reflexión.




RECORDAROS QUE AUN NOS FALTAN AUTORIZACIÓNS PARA PODER PUBLICAR NO BLOG, MANDADEAS CANTO ANTES AO COLEXIO.


Xa chegou o outono a es nosas actividades gardan relación con esta estación, por eso contamos o conto da avelá có rato non podia romper, na que despois atopou unha gran sorpresa.





Despois moi concentrados fixemos un gran traballo!!




Os nen@s de cinco anos estan a traballar coas regletas son un material manipulativo co que se poden traballar varias áreas de matemáticas e que axudan a desenvolver moitas das capacidades do pensamento lóxico- matemático.



Estes primeiros días vamos comezar a traballar cun autor chamado Hervet Tullet, nas suas obras o mais característico son  as cores e así quisemos comenzar todos xuntos




Nesta actividade nos axudaron os novos nen@s do cole, os mais pequenos, aqui os presento:




Esta semana contamos varios contos de Hervet Tullet e estivemos a traballar acerca dos mesmos







Continuamos cos contos de Hervet Tulet esta semana contamos:

                   

















Pedimos a vosa colaboración e as casas encantadas están chegando ao colexio para quedarse no noso corredor, moitas grazas, ainas de todolos tamaños, formas, cores, materiais pero todas nos deixan uns minutos mirando para elas.























Xa temos o noso corredor cheo de casas encantadas!!!! moi decorado para a semana que ven












Seguindo con Hevet Tulet e as cores, están chegando contos como o de BRUNO



E o de SABELA que por un rato nos fixo imaxinar de que cor serian os bicos



Coas datas nas que estamos veunos moi ben a conto de IKER, a casa do rato Renato, que en novembro buscaba unha casa para sair do frio e elexia unha cabaza, unha moi fermosa qe cando pasó unha nena chamada Uxia, con axuda do seu avó levarona a casa para decorala e levala a festa do Samain.




Este venres celebramos o magosto, primeiro contamos coa presenza de TROUPELEAR formado por PABLO PINTOR E BRANCA VILLARES que viñeron a facernos bailar e cantar, pasámolo moi ben con eles.






Despois de bailar e cantar tiñamos moita fame entón tiñamos que comer moitas castañas, coas nosas bolsiñas preparadas nos sentamos para poder comelas mellor.





Tamén aproveitamos a estación na que estamos para xogar na mesa de luz












Os nenos/as de cinco anos a partir dunhas imaxes na mesa de luz inventan un conto sobre unha bruxa!!





O Samaín está cerca e xa nos estamos preparando












Para conmemorar o Samain nas aulas contamos un conto e pintamos cabazas!!










As casas encantadas chegaron para quedarse!, xa que este ano a resposta foi sorprendente tanto en número de familias participantes tanto como na elaboración, xa que hai máis de oitenta casas e todas destacan pola súa orixinalidade e polos materiais de refugallo usados para a súa construcción, dende botellas de plástico, madeira, cartón, goma eva, palillos...a comunidades educativa do CPI Virxe do Monte agradece ás familias a maneira de involucrarse nesta actividade e por iso este luns e martes hai unha xornada de portas abertas para todos aqueles/as que queiran disfrutar vendo as casas encantadas polos nosos corredores.


Os nenos/as participantes na exposición de casas encantadas agasallamolos cun diploma de agradecemento.


Seguimos cos contos de cores







Seguemos xogando cos colores, hoxe tocou o amarelo!





















Xa rematando con HERVET TULET hoxe pintamos con canicas, primeiro remexiamos a canica para pitala ben e despois faciamola bailar.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!