NATUREZA (4ºEI/CLASE AZUL)


18-XANEIRO-2024
O NOVO PROXECTO: "NATUREZA"
Comezamos o proxecto destes trimestres cun contacontos do GRÚFALO na biblioteca.


Gustounos moito o conto, aparecen animaliños que todos coñeciamos menos un, que nestes días traballaremos nas aulas.
Despois de falar que cousas poden traer das casas cos nenos/as mandamos a carta as familias.

 Clase de Azul


Clase de Vermello


Clase de Verde

Comenzamos!

26- XANEIRO-2024
COMEZAMOS!

Xa tiñamos ganiñas de empezar cun novo proxecto, e facémolo coa NATUREZA! Imos achegarnos a animais e plantas de Galicia, da nosa contorna.
Como punto de partida e motivación tivemos unha sesión de contacontos con títeres na biblio: O GRÚFALO.


Trátase dun conto no que saen animais que podemos atopar nos nosos bosques: RATO, SERPE, RAPOSO, MOUCHO...
Comezamos a investigar un pouco sobre os ratiños. 


Buscamos fotos, videos e falamos do que xa sabíamos deles.

Recollemos en papel o que sabíamos.


Traballamos a motricidade fina cunha manualidade simple do ratiño para decorar a clase.






Tivemos unha experiencia especial con froitas e verduras. Ó redor dunha mesa examinams e falamos de cada froita e verdura. Nomeámolas, falamos de onde saían, comentamos as cores, formas, tamaños, se as tiñamos probado, ulímolas e fixámonos nas sementes.  

Logo adicáronse a ir separando as sementes con coidado.

Divertímonos emporcándonos!



Preparamos as sementes para secar.

Listas para secar!

Ademais visitamos a clase de 4 anos na que teñen unha chea de CARACOIS!

E comezamos a recibir cousiñas para o proxecto! Nesta semana fixeron as súas presentacións e comezamos con algunhas investigacións segundo foron elixindo. Seguiremos investigando nas seguintes semanas!
MARTINA presentounos un xogo de crebacabezas moi chuli con animais de granxa. Fixemos os sons, falamos do que sabiamos destes animais e xa o deixamos no recanto!

Pouco despois trouxonos algúns animais. Buscámolos e falamos do quesabíamos deles: partes, cores, diferencias, onde viven... Foron un PATO, unha PITA e un GALO!
DANA tamén nos trouxo un poster que elaborou coa súa familia. Empregou unha cartolina verde na que pegou imaxes de animais da contorna. Escribiu os seus nomes e falamos de cada un deles. Xa comezamos tamén a investigar un deles, pero aínda estamos traballando nel!
Elixiron comezar cunha investigación sobre o OSO. Primeiro lemos un conto sobre OSOS. E buscamos información, decoramos un osiño facéndolle pelo con tenedores. Quedou moi ben!

Por último recollemos todo en papel.


ALEN AMADO trouxo un CABALO e uns contos. Un sobre o BOSQUE e outro sobre a GRANXA. Vennos xenial para saber máis dos animais salvaxes e domésticos que viven pola zona!


ALEN RÁBADE chegou tamén con materiais que foi explicando. 

Unhas fotos dunha excursiñon que fixo coa familia pola LAGOA DE COSPEITO. Falounos do seu paseo e das cousas que viu e todos viron as fotos con calma.

Amosou unha manualidade dunha ÁRBORE, que fixo coa súa man, e cores facendo de folliñas con cores de outono.

Presentou un par de debuxos con ÁRBORES, FLORES e unha BOLBORETA.

Fixo unha manualidade con follas e olliños e unha cartolina amarela, coas que compuxo 3 animais da zona: un MOUCHO, unha BOLBORETA e un PATO.




Por último, TATA tróuxonos unha froita especial para que a coñeceramos e que ainda que non é próxima si que a podemos atopar nas froiterías, un na PITAHAYA ou FROITA DE DRAGÓN. Observámola, ulímola, tocámola e probamos!

E con isto rematamos a semana e seguiremos con moitas máis cousiñas na próxima.
Moitas grazas a todos e todas por colaborar!

2- FEBREIRO-2024
INVESTIGANDO E GACENDO SEMILLEIROS.

Esta foi unha semana emocionante!
Entre as actividades da semana preparamos unhas manualidades do conto de Grúfalo para xogar no recanto do proxecto. Reutilizamos rollos de papel hixiénico, témperas, pinceis e ollos móbiles.

Quedaron moi chulis!


Seguimos traballando sobre animais como o RAPOSO. Pintamos con pincel e traballamos as súas letras.
ROMEO participou compartindo coa clase 2 contos e un libro para investigar.  Lémolos e empregámolos para as nosas investigacións.

Seguimos investigando animais, como o RAPOSO e habilidades coas mans!

Investigamos en libros de clase dos que trouxeron para o recanto de natureza.

No ordenador e pasamos a papel o que averiguamos.

Empregamos o conto para traballar novo vocabulario relacionado cos animais, lectoescritura, mates...

Tamén elixiron nesta semana investigar sobre os PATOS.
Traballaron sobre o nome.

Buscaron no ordenador...

Lemos un conto de patiños.


Traballamos decorando con plumas e traballando as partes do PATO.




E como sempre plasmamos en papel.

Tamén seguindo co proxecto de natureza tivemos outra experiencia con plantas. A semana pasada sacamos as sementes de distintas froitas e verduras que temos a secar.
E este xoves adicamonos a preparar semilleiros. Na nosa clase preparamos semilleiros con sementes de CALABACÍN!
Para os semilleiros reutilizamos botellas de plástico que sempre gardamos para reciclar.

Saímos ó patio a onde teremos a horta do cole.
Botamos terra nas botellas.


Collemos as sementtes de calabacín.

Plantámolas.

Logo na aula cada un engadiu auga no seu semilleiro.

Traballo feito! Agora quedan preto da fiestra, ó SOL. Iremos regando e vixiando ata que comecen a crecer!

Grazas por colaborar unha semana máis!

4- FEBREIRO-2024
CASIÑA DE PÁXAROS NO DÍA DA PAZ

Polo Día da Paz decidimos facer casiñas para os paxariños con mensaxes significativas deste día.


 Clase de Azul

Na clase de azul comezamos preparando un teito feito con gomaeva. para darlle forma e que resistira fóra cando se queira colocar, cosémolo entre todos. Levounos un pedazo, pero quedou moi chulo!
Logo comezamos a pegar elementos de decoración.


Picamos flores de cores e folliñas de gomaeva. Recortamos pezas...



Logo practicamos a buscar as letras de PAZ con xogos de letras de clase e construíron a palabra.


Todos o conseguiron!


Logo un por un escribiron a palabra PAZ no teito da nosa casiña.

Quedou xenial!!!
Levounos unha semana enteira pero lográmolo!

Clase de Vermello

Pintando un bote que reciclamos para a base da nosa casiña.

Debuxando paxariños para decorar a casiña.

A palabra elexida para escribir na nosa casiña é: AMIGOS E AMIGAS.
Pegamos os nosos paxariños ao redor e puxemoslle un teito. Abaixo metemos un cordón onde colgamos uns cascabeis. Trouxemos palla para que cando entren os paxariños esteñan quentiños na súa casiña.


Clase de Verde

Para a nosa casiña dos páxaros para conmemorar o día da Paz o primeiro que fixemos foi recortar moitos papeliños de cores para pegar nos cartóns de leite reciclados.
segundo pegamos moitos papeliños de cores

recortamos as tellas do tellado
e finalmente eleximos entre todos a palabra que á escribiu a encargada do día
Xa están todas postas no corredor do colexio para máis adiante levalas ao entorno.


8- FEBREIRO-2024
ENTRE MOUCHOS E VEXETAIS

Unha semana máis seguimos traballando entre Entroido e o noso proxecto da natureza.
Nesta semana, como nos estivemos preparando para o Entroido, avanzamos só un pouquiñono proxecto. Seguimos co conto do Grúfalo para fixarnos nun novo animal: o MOUCHO!
Buscamos información deste simpático animal dos nosos bosques nos libros, na pantalla, vimos fotos, vídeos...


Lemos un conto no que aparecían unha chea de froitas e verduras coa aparición especial dun GUISANTE MALVADO. Foi moi divertido! Falamos das súas cores, de se nos gustaban, como as comemos, das súas formas,...

Traballamos a nosa motricidade fina con guisantes conxelados! Cazámolos con culleres, coas mans, metémolos e botellas, botes e vasiños. Fixéronos caer, fixeron sons nas botellas, e todo o que se lles ocorreu. Pasárono pipa!
Aproveitamos para visitar as sementes que temos secar.
Continuará!
26- XANEIRO-2024
ENTROIDO 2024!
 Este ano, como xa sabedes, o centro está moi involucrado en distintos proxectos ó redor da natureza. En infantil
estamos profundizando especialmente no tema, e por iso decidiuse que ir disfrazados de ESPANTALLOS!
Nesta entrada podedes ver como confeccionaron unha parte do disfrace, e como quedou coa colaboración das familias.
Ademais desfrutamos do desfile, a queima do MECO e un baile sorpresa do alumnado da ESO.

Rematamos a semana facendo o que mais nos gusta: xogando!



CLADE DE AZUL
Con coidado cortaron as partes do sombreiro:


Preparando os remendos do sombreiro:
Decorando xirasois para o sombreiro:

PARTICIPARON NOS MANDADOS DO MECO!
LUNS: 
MARTES:


MÉRCORES:

XOVES:

VENRES:




CLASE DE VERMELLO

MECO DE LUNS



MARTES DE MECO
MÉRCORES DE MECO
XOVES DE MECO




FACENDO O NOSO DISFRAZ DE ESPANTALLO!

Recortando unha parte do gorro.





Facendo os mendos de cores e decorandoos con cadros, lunares, ...
Cando lle colocamos a cinta

Pegando os mendos
Pintando o xirasol
Recortando os xirasois.
Despois pegámolos e estendemos brilli brilli nos pétalos.
A profe mezclou cola coas birutas das cores para poñelo no centro do xirasol, como se fosen as pipas.
Quedaron super chulis!
Fixemos un corvo para levar na man.
Chegou o venres para desfrutar do noso disfraz!

CLASE DE VERDE

Este ano imos a disfrazarnos de espantallos!!! Fixemos un boceto
e comezamos o diseño, recortamos os circulos e rectángulos para facer o gorro

outro día coloreamos o xirasol e o recortamos

e un pouco de brillo

fixemos e pegamos os remendos

e probamos para saber se nos servian
e o toque final o páxaro que nos faltaba o CORVO, pintamos, recortamos e puxemoslle un ollo

Xa estamos listos!!



Tamén cumplimos os mandados do meco: 
O luns

O martes


O mércores

O xoves:


22- FEBREIRO-2024
VISITA O MAR.

 

Esta semana viñeron de visita a MAMÁ de MARTINA e o seu PADRIÑO. Comezaron cunha charla na biblioteca e despois no comedor do colexio cunha morea de peixes.
Primeiro amosáronnos como era o traballo nos barcos, cales son as súas partes...
Que ferramentas de pesca utilizan no mar, as nasas.


As redes.
Os anzois.
Ensináronnos a facer nudos nas redes, de eses que non se desatan.




Tamén  contaronnos un pouquiño das técnicas de pesca como o curricán, a volanta, o arrastre e o marisqueo e o cultivo en bateas, onde vimos un vídeo de como traballaban na súa recollida.
Faláronnos dos diferentes tipos de peixes: pola súa forma redondos e planos e de outros animais mariños, vimos como se fai a compra destes peixes na lonxa para despois chegar as pescaderías.
Finalmente fixeron unha pescadería no comedor do colexio para poder ver os peixes dos que nos falaron, da súa forma, de como os preparan para levar as casas, de como distinguir un peixe blanco do azul, ten truco, é pola súa cola...

VANESA e MARTINA ensinaronnos un por un e foronnos contando como se chaman e porque son especiais.
 Acercámonos a velos máis de cerca.




Para rematar agasallaronnos cunha bolsiña reutilizable con forma de peixe!!


MOITAS GRAZAS POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NOS E CONTARNOS TANTAS COUSAS!!!

Clase de Azul
Facendo un repasiño dalgúns animais e elementos do mar que en Galicia e que puidemos ver na presentación.
Posando coas bolsiñas que nos agasallaron!

Clase de Vermello 

Despois da visita, en 4 anos fixemos uns debuxos moi chulis da pescadería. Vaia peixes debuxamos.

Clase de Verde
Os nosos debuxos do que máis nos gustou da visita da MAMÁ de MARTINA eo seu PADRIÑO

MOITAS GRAZAS POR VIR!!!

25- FEBREIRO-2024
AS SSSERPESSS

Continuamos traballando a redor da natureza e seguimos coidando dasnosas plantiñas...
Algunhas creceron moito!

 
Tamén seguimos recibindo colaboracións. Nesta semana MARTINA tróuxonos unhas plantas con flor que recolleu: CALÉNDULA, MARGARIDA e DENTE DE LEÓN. Explicounos o que fixo, como escribiu os nomes e falamos destas plantas. Buscámolas e pronto investigaremos máis delas!

No recanto de ARTE fan debuxos e decoran animais libremente...

No recanto da NATUREZA temos todos os materiais que nos van chegando e desfrutan deles...

Xogan con marionetas relacionadas co proxecto.


No recanto de CONSTRUCIÓNS xogan con crebacabezas e xogos de cosido  entre outros en relación ó proxecto...

Ademais dos contos e libros que trouxeron, na BIBLIOTECA de aula teñen a súa disposición unha chea de contos de animais que acostumamos a empregar tamén para sacar información para o proxecto.

Seguimos traballando tamén en papel. Facémmolo co conto do Grúfalo que nos serve de pretexto para coñecer detalles dos animais e traballar contidos importantes e con follas de recollida de información.
Como no conto aparecía unha SERPE que se quería papar ó ratiño seguimos investigando este animal en libros e na pantalla.

Recollendo en papel o que se investigou...
Unha canción coa que nos divertimos moito!


E seguiremos con moito máis nas próximas semanas, moitas grazas por colaborar!

29- FEBREIRO-2024
BATIDOS SAUDABLES!

Esta semana tivemos unha actividade especial encadrada dentro do Poxecto Nutriescolas no que participa o noso centro. Realizamos a atividade en dúas sesións:unha co alumnado de 4º e 6º de infantil, e outra co alumnado de 5º de infantil. 
Así, dende a cociña organizáronse as sesións de cociña e degustación!
Primeiro explicaron a actividade e preparámonos para partir plátanos para facer un batido delicioso!
Logo as cociñeiras xuntaron e bateron os ingredientes nunha cazola ben grande: plátanos, peras, iogur e zume de froitas. 

Ademais dende a cociña agasallaron a todo o alumnado cunhas galletas saudables e caseiras riquísimas!
Todo tiña unha pinta estupenda!
Os nenos e nenas de 5 anos na clase debuxaron a actividade dos super batidos que beberon.



Na segunda sesión puido participar o alunado de 5º de infantil!

O mércores fomos á cociña moi ilusionados porque xa lles oíramos aos nosos compis que beberan uns batidos moi ricos.
Atendemos moi ben as explicacións das cociñeiras.
Picaron os plátanos, para logo poder batilos cos iogures e o zume.
Quedamos impresionados coa batidora que hai na cociña, bate sola!!!!
Que boa pinta ten o noso batido!
A saborealo!!!
Agasalláronos con unhas galletas en forma de corazón, porque estas cociñeiras cociñan sempre con moito amor.
Moitas grazas Carmen, Mari, Marga e Ana. Gustounos moito esta actividade.
Na clase, escribimos e debuxamos os ingredientes que leva o noso super batido.

8- MARZO-2024
CREANDO A ZONA VERDE DO COLEXIO

 

Esta semana o alumnado de infantil comeza a facer visible a zona verde que queremos crear no patio, dentro do programa Voz Natura. 

PLANTAMOS FRUTAIS

Primeiro atendemos as explicacións do que íbamos facer.


Cada clase tiña unha árbore distinta para plantar.



E así comezamos... botando a terra, despois pisandoa e finalmente regando.

Os de tres anos a framboesa,

os de catro anos o albaricoqueiro

e os de cinco unha pereira.
Cando chegamos a clase plasmamos en papel as nosas vivencias.


Toca coidalos moito para saborear nun futuro os seus froitos.
11- MARZO-2024
SEMANA DA PRENSA E DÍA DAS MULLERES
 Entre o 4 e o 8 de marzo de 2024 conmemoramos a Semana da Prensa e o Día das Mulleres. Para estas celebracións Comezamos cunha sesión de contacontos na biblioteca. Nesta ocasión lemos o conto "GRETA Y LOS GIGANTES"  que conta a historia

da activista medioambiental GRETA THUNBERG. Unha nena que reinvindica as accións polo cambio climático e o coidado na natureza.

Repasamos todas as cousas que podemos facer cada un de nós para levar a cabo accións que contribúan ó coidado do planeta ó igual que GRETA !

Aquí na sesión de contacontos!

A diario nas aulas de infantil reciclamos, reutilizamos o que podemos, coidamos as plantiñas da clase e que pronto estarán a na horta e estudamos animais da contorna e como podemos colaborar para que vivan felices nunha contorna limpa. Para repasar sobre Greta Thunberg e todo o que xa sabemos  xogamos para gañar a nosa identificación de activista medioambiental!


CLASE AZUL

Xa na aula repasamos o visto no contacontos.

Buscamos algo de nova información, imaxes...
Preparamos un recordo da noticia da actividade realizada.
Traballaron moi duro!


Colgamos os traballiños para decorar e lembrar lebalos para casa.

Participamos no xogo de achegamento a Greta Thunberg.

Preparamos as identificacións de activistas medioambientais!



CAMISETAS POLO 8M


CLASE VERMELLA

Despois do conto traballamos sobre o genially de Greta.
Axudandolle a separar a basura no contedor correspondente.
Limpamos as paisaxes naturais para que podan vivir os animais.
Fixemos unha noticia pola semana da prensa sobre Greta.
Fixemos un carné de expertos ambientais. Porque nós coidamos o noso medio.


CAMISETAS POLO 8M
Pintando de cor violeta a camiseta.Recortandoas
Despois dun pequeno debate sobre o día da muller cada neno/a elaborarou elementos significativos para poñer nela.




CLASE VERDE

Xa coñecemos un pouco mellor a GRETA despois de escoitar o conto e ver algún vídeo sobre como se converteu en activista medio ambiental.


Tamén fixemos algún xogo de reciclaxe para poder conseguir os carnet de activistas polo medio


CAMISETAS POLO 8M
Polo 8M a proposta deste ano foi tender camisetas, relacionado coa temática do téxtil que estamos a traballar o profesorado do centro.
Primeiro dímoslles cor movendo unhas boliñas con pintura violeta nunha caixa
Despois recortamolas
Fixemos un debuxo dunha nena, muller(sen cara porque pode ser calquera MULLER) e a pegamos no centro da camiseta
Finalmente entre todos búscamos palabras que representaran a importancia deste día e despois un por un elexiu unha e entre todos axudámoslle a escribila na camiseta.

E así nos quedaron!!!

BÚSCANDO AS NOSAS CAMISETAS NO TENDAL






21- MARZO-2024
PLANTAMOS!

Esta semana comezou a primavera, e por fin puidemos plantar na nosa horta as plantas que con agarimo coidamos nos semilleiros dentro das aulas.
Todo infantil saíu coas súas plantiñas en tres anos cabazas e cabaciño, en catro anos acelgas e cabazas e en cinco anos xudias, tamén plantamos apio e perexil e framboesas, primeiro limparon a terra de pedras. Unha vez preparada a terra plantaron todo!

Plantando!
Acabaron todos perdidiños pero felices do traballo feito!
23- MARZO-2024
PARTES, PLANTAS E OUTRAS INSVESTIGACIÓNS!

Unha semana máis traballamos os animais. Nesta ocasión centrámonos sobre todonas partes do corpo, características e vocabulario relacionado con cada parte repasando e ampliando o visto ata o momento: orellas, colmillos, cornos, fuciño, garras, rabo, lombo, púas, etc. Ó mesmo tempo repasamos cores, números, formas, ...

Como empregamos o conto do Grúfalo de motivación fixemos unha composición das partes da súa cabeza con distintas formas, ognanizando, pintando, pegando, ...

Con dados fixemos unha composición dun monstro peor co Grúfalo empregando varios dados cos que repasamos cores, conteo/cantidade, formas...
  A través do conto tamén practicamos series.
Como traballamos con pintura fluorescente empregamos luz  negra para facela brilar e logo xogar un pouco!

Fixemos un crebacabezas do conto empregando tesoiras e pegamento. Cada vez dásenos mellor!
Continuamos traballando o nosos conto do Grúfalo.

Rematamos o conto facendo unha ruleta para contar o conto sós!

Esforzáronse moito nos detalles e quedaron xenais!
Moi orgullosos do seu traballo!
Ademais de traballar no conto do Grúfalo traballaron sobre algúns animais investigando e fixándose moito nos detalles!
Aproveitamos que Noa de 4 anos nos amosou unha BOLBORETA que capturaron na casa para observala e logo investigar. era fermosa!

Por suposto unha das favoritas a XOANIÑA!
Deixamos un vídeo que nos gustou especialmente da XOANIÑA e da BOLBORETA!

Como xa vistes nestos días tamén traballamos sobre o coidado da natureza a través da activista medioambiental Greta Thunberg á que homenaxeamos no Día das Mulleres.
Fixémolo a través do contacontos de "Greta y los gigantes".

Vídeo do conto "GRETA Y LOS GIGANTES"


Busca de información e un XOGOde repaso na pantalla dixital co que gañamos a nosa identificación de activista medioambiental.


Seguimos adicando momentiños a coidandar das nosas plantiñas!
E, como xa vos meostramos o xoves plantamos os nosos calabacíns.

Ó coidado das plantas e ó reciclaxe na aula tamén estamos moi contentos de que participedes na recollida de pilas e material escolar de refugallo!
RAYAN trouxo algo máis para investigar, unh MARGARIDA! Dentro de pouco, á volta de vacacións, retomaremos esta e outras investigacións pendentes relacionadas coas plantas e a horta.



Para rematar déixovos aquí  a  ASEMBLEA de inverno que empregamos neste 2º trimestre! (Clic no enlace ou na imaxe para abrir)

GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!
12- ABRIL-2024
VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS DE LUGO

 Seguindo co programa "Protexe ós animais" que desenvolvemos no centro organizamos un día de achegamento á Protectora de Animais e Plantas de Lugo.

Tivemos a sorte de que Elena (colaboradora voluntaria da protectora) nos visitara con tres gatiños e dous cans moi educados: Pecas e Jack.

Elena deunos unha charla falando da labor da protectora, dos coidados que precisan gatos e cans. Falounos dos motivos polos que animais como Jack e Pecas acaban nas protectoras e da responsabilidade que supón ter unha mascota.


Logo da charla contou un conto baseado en historias reais para concienciar sobre a importancia de decidir ter una animal como membro da familia.

A visita seguiu cunha mostra de trucos con Pecas e Jack que foi impresionante. Rematamos acariñando ós pequenos visitantes para recompensalos polo ben que se portaron!

Aproveitamos para lembrarvos a todos/as que tedes no cole uns días, ata o próximo luns 15 de abril para, se queredes, traer algunha cousiña que poida mellorar a vida dos animais sen fogar.




GRAZAS A TODOS/AS OS QUE ESTADES A COLABORAR TRAENDO COUSIÑAS PARA A PROTECTORA DE ANIMAIS!

Xa temos moitas cousas!!!

Debuxos da visita!





13- ABRIL-2024
PORTADA DO CONTO, COMEZO CO LIBRO DE TEXTO E MANUALIDADES!

Volvemos das vacacións con moita enerxía! Por fin rematamos o conto do Grúfalo e fixemos as portadas. Quedaron xenial!
Para empregaron témperas e as súas mans. Logo eleximos entre todos cores para puntear as letras e fomos traballando os sons.
Comezamos a traballar nos libros da HORTA! Xa tivemos varias experiencias antes das vacacións plantando semilleiros, facendo crecer as plantiñas e logo pasándoas á horta do cole. Recordamos as experiencias e comezamos a traballar no libro (algo que nos facía moita ilusión!).

Recibimos Unha nova aportación nestes días! Alen Amado sorprendeunos cun dominó de animais chulísimo o que pronto saberán xogar! 
Grazas por colaborar!


Seguindo cos animais decidimos que era hora de que a primavera entrara na clase e tras debatir un pouco decidimos facer unha manualidade para ter un móbil de bolboretas!
Pintaron un rollo de papel con pincel. Logo decoraron cos dedos as ás das bolboretas. Para rematar pintaron as cariñas.

Tamén elaboramos flores a modo de mandalas para un mural que estamos a preparar en infantil.

Ademais seguimos reciclando. Na aula temos contenedores separados para plástico, papel e resto. Tamén separamos os tapóns de auga para doar. Fóra da aula, como xa sabedes, temos contenedor de pilas e para material escolar como rotus e bolis.
 Recordade que pese a que rematara a recollida Pilabot, no cole dispoñemos de contenedor de reciclaxe de pilas e de bolis, rotus para reciclar.
Tamén tivemos unha actividade especial en relación ó proxecto. Pintura primaveral con iogur! 
Primeiro mesturamos colorante alimenticio con iogur e fomos descubrindo cores. Logo empregamos os nosos dediños para debuxar sobre papel de plata. Foi un rato moi divertido e entretido!
Aquí os artistas!

E a obra de arte máis de cerca!

Grazas por colaborar e seguiremos con máis novidades!


17- ABRIL-2024
PEIXES COA PROFE ROSA!

Como sabedes, este curso no noso centro estamos a traballar ó redor de varios progamas relacionados coa alimentación saudable, o coidado da natureza e os animais.
Así, este mércores a profesora de bioloxía Rosa levou a cabo unha actividade na biblioteca do centro cos nenos e nenas de infantil. 
Comezamos cantando unha canción de Mama Cabra todos xuntos. 
Logo falounos de varios peixes que coñecemos, como a sardiña e a troita. Falounos de pesca e de alimentación e o alumnado participou activamante.
Para rematar falounos das partes do peixe e preparamos uns peixiños ben chulos para faces un mural!



26- ABRIL-2024
XOGOS, MANUALIDADES, CANCIÓNS E TRABALLIÑOS!

 Nestas dúas semanas preparamos un gran Grúfalo para xogar! Primeiro pintamos o que necesitábamos. Reutilizamos unha

caixa que tiñamos gardada e pintámola con marrón. Logo pintamos palliñas do leite que non estivemos empregando con violeta para facer as púas do GRÚFALO.
Feito isto colocamos facendo repaso dalgúns números e formas.

E por quendas colocaron as pezas facendo correspondencias.
Quedou un Grúfalo xenial!
Logo preparamos uns furados e converteuse nun xogo de "GRÚFALO TRAGA BOLAS"!


Continuamos vestindo a clase de PRIMAVERA. 
Colocamos pola clase a manualidade que fixeron con María e Eli en clase de Plástica plurilingüe.
Seguimos co libro e debuxámonos cos horticultores.
Unha das tarefiñas que acostumamos a facer é a de CAZAS LETRAS. Para isto repasamos cada letra cunha cor que van elixindo. Cada un elixe unha cor e un son/letra e todos temos que buscar esa letra e repasala coa cor elixida. Logo van dicindo palabras que teñan ese son. É unha actividade moi útil  coa que repasamos cores, letras, sons e conteo ó comprobar cantas letras hay de cada. Ademais é unha actividade que nos encanta porque saben unha chea de palabras!
Nestes días preparamos unha manualidade de marionetas de DEDO coas personaxes principais do conto do Grúfalo.
Quedaron moi ben!
Tamén continuamos coas láminas dos animaliños que investigamos completándoas con distintas técnicas como sempre.


Lemos un conto que pedimos prestado a Sara da clase de 5 anos titulado "¡Muu!".  Cantamos e xogamos coa canción da "Vaca Lola" e xogamos cunhas marionetas de pinza de vaca que fixemos.
Por suposto investigamos e recollemos en papel o aprendido da VACA.

LLogo preparamos a lámina da vaca e decora xa a clase!


Rematamos a semana probando fresas blancas que din que saben a piña!

Seguiremos con moito máis!


28- ABRIL-2024
DÍA DO LIBRO 2024!
LIBRO.gif (256×320) | Cara menggambar, Gambar, CahayaEste 23 de abril conmemoramos o Día do Libro deste ano 2024.

Comezamoscunha sesión moi especial na biblioteca do cole a cargo do contacontos do Centro de Día de Cospeito!

Gustounos moito!
os usuarios do CENTRO DE DÍA e as súas coidadoras viñeron a nosa biblioteca a contar un conto ao alumnado de infantil.







Logo preparamos uns marcapáxinas relacionados coa natureza e con diferentes  materiais téxtiles.

Clase de azul

Clase de vermello

Facendo un marcapáxinas para o día do libro.



Debuxos do conto dos usuarios do Centro de día e do marcapáxinas.
Celebramos o día do libro co noso marcapáxinas!






 Clase de verde

Fixemos marcapáxinas para conmemorar o Día do Libro
e así de bonitos nos quedaron


BO DÍA DO LIBRO!


10- MAIO-2024
PLANTAMOS AMORODOS!

Hoxe tivemos unha nova experiencia na horta do cole. Nesta ocasión plantaron AMORODOS! A ver se temos sorte e crecen ben.

Primeiro repasamos o que temos xa plantado.



Logo xa se puxeron mans á obra!

Tamén puideron observar uns caracoliños que se querían alimentar na nosa horta!

11- MAIO-2024
O PROXECTO CONTINÚA, PRACTICAMOS O APRENDIDO!

Nestes días tivemos tempo para facer manualidades.
Fixemos unnhas serpes con limpapipas, macarróns, madeira e un axóuxere.
Pintando macarróns coas cores que elixiron:

Contando e apañando os que necesitan de cada cor:
Fiando os macarróns con coidado facendo unha serie de cores para que quede máis chula:
Seleccionando a madeira co seu nome para facer a cabeza:
Amosando a súa serpe rematada tras un cacho xogando con elas facéndoas soar!
Tamén comezamos coas investigacións e logo co paso a papel dalgunhas plantas que coñecemos neste tempo.
Fixemos animais/plantas con plasti:

Seguimos co traballo no libro, pero dándolle unha voltiña con engadidos nos que traballamos máis sobre as letras, con tarefiñas con tesoiras e outros materiais.

Ta

Seguimos reciclando, con experiencias con plantas dentro da aula que regamos a diario, observando materiais que chegan doutras clases como un niño de paxaros, observando animais no patio, recurrindo ás plantas da nosa horta que aparecen no libro e nas conversas de clase...
Observando plantas que son protectoras, medicinais e aromáticas como o ROMEU, a MENTA e a LAVANDA entre outras.

Plantamos amorodos na horta do cole que estamos desexando probar!
Comezamos a participar nunha BRIGADA VERDE que emprenderon os propios alumnos e alumnas que a miúdo recollen o lixo que atopan motivados polo proxecto sobre a natureza. 
Así, decidimos empezar a facer algo máis dado que vimos máis lixo do habitual. O venres saímos un pequeno grupiño apañar nunha zona do cole reducida e sorprendeunos a cantidade de lixo! Dado o éxito da experiencia, o contentos que rematamos e que máis alumnado quería participar, seguro repetiremos a experiencia.
Os 3 participantes ó rematar a recollida.
Orgullosos cos seus diplomiñas!


16- MAIO-2024
DÍA DA FAMILIA.

Este mércores 15 de maio celebrouse o Día 
da Familia e o alumnado de infantil preparou un agasallo con moito agarimo!
Cada neno e nena de infantil preparou unha maceta decorándoa con coidado, logo plantaron amorodos para saborear coa familia unha vez crezan se na casiña se coidan ben. Ademais prepararon uns espantallos moi especiais para protexelos!
Tivemos sesións de contacontos xeniais e deixamos recordo do día facendo uns debuxos da familia.

Clase de AZUL

Picando o espantallo: 

Decorando a maceta cada un como quixo:

Preparando a tarxetiña:
 Coas macetas e espantallos:
Plantando os amorodos:
Orgullosos do seu esforzo!
Listos para levar!
Debuxamos a nosa familia.

Clase de VERMELLO

Recortando o espantallo.

Decorando a maceta.





Plantando o amorodo, precisamos terra, gramar e un chis de auga.
Colocamos o espantallo.

Decoramos a tarxeta.

Listas para agasallar!



Debuxos das nosas familias!




Clase de VERDE

Preparando o espantallo

preparamos as macetas
Plantamos os amorodos
e xa casi listas!

Agora xa van camiño da casa

Tamén tivemos unha sesión de contacontos.

En 3 e 4 anos contamos o conto de "La hija del Grúfalo".
 En cinco anos conversamos arredor de dous contos
e debuxamos a nosa familia

24- MAIO-2024
FLORES ROBÓTICAS!

Seguindo co programa de POLOS CREATIVOS no que participa  noso cole e cos programas a redor da natureza, realizamos unha interesante experiencia con circuítos!Empregamos unha plantilla dunha pulseira de flor, cobre adhesivo de condutor, luces led e moita ilusión!
De recordo levaron unha pulseira de primavera.
CLASE AZUL

Decorando a flor entre todos:

Experimentando para acender as luces led de cores unha vez feito o circuíto:
Co recordo da actividade! Elaboraron pulseiras como a da actividade con motivos da natureza de primavera: abellas, soles e bolboretas.
CLASE VERMELLO
Primeiro decoramos unhas pulseiras de animais. Había abellas, bolboretas e soles que levariamos de recordo.
Despois tiñamos outra pulseira máis grande en forma de flor. Por grupos de mesa démoslle cor e intentamos encender unha luz nesa flor. Precisamos unha luz que tiña dúas patiñas, unha pila e fío de cobre adhesivo. Vimos que as pilas había que colocalas ben para que producisen enerxía e así acender a luz.

Os animais da pulseira de recordo, ian buscar polen á flor e precisa do sol para poder medrar!!
Como molou!!!


CLASE VERDE


30- MAIO-2024
ARTISTEANDO!

En 4º de infantil seguimos traballando un montón. Ultimamente tivemos moitas conmemoracións e actividades especiais, pero seguimos traballando en papel tamén.
Unha das últimas tarefñas foi tras investigar a obra de Arcinboldo. Fixámonos en cómo facía os seus cadros e que froitas, verduras e plantas eempregaba nos cadros que atopamos.
Logo coloreamos con coidado unhas froitas e verduras para rematar facendo unha composición de collage.
Quedou moi chulo!

Por suposto, seguimos tamén coidando das nosas plantiñas e reciclando.

30- MAIO-2024
CAMISETAS CHEAS DE NATUREZA!

 En infantil e 1º ciclo de primaria decoramos camisetas estampando con pintura de tela e con formas da natureza da contorna: follas de carballo, castiñeiro, fento, setas, anduriñas, cabaliños do demo, etc.

Clase de AZUL

Os nenos e nenas preparando as súas camisetas na biblio do cole:

Amosando as súas camisetas!
Quedaron moi chulas!

Clase de VERMELLO
Nestas camisetas hai unha folla invisible pero de noite é fluorescente.






Clase de VERDE





CLASES DE 1º E 2º


31- MAIO-2024
EXPERIENCIA DE COCIÑA:FACEMOS UNHA ENSALADA!

Esta semana tivemos como actividade especial facer ensalada vexetal!
CLASE AZUL
Comezaron troceandoa LEITUGA, engadindo os TOMATES, a MAZÁ e raiando a CENORIA.
Logo aliñamos a ENSALADA e revolvemos todo para mesturar ben!
Probaron (no todos se atreveron) e a uns encantoulles... a outros non tanto!
CLASE VERMELLA
En 4 anos convertemonos en cociñeiros. Elaboramos unha ensalada con leituga, tomates cherries, mazás e raiamos cenoiras.
Aliñamos e remexemos ben.
Lista para comer!!! As caras xa din a quen lle gustou.



CLASE VERDE
Os nenos de 5 anos prepararon unha ensalada vexetal moi sabrosa. Trocearon leituga, engadiron tomates, mazá e raiaron cenoira.
Aliñaron e remexeron ben e lista para saborear.

5- XUÑO-2024
SAÍDA DÍAMUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!

Hoxe 5 de xuño de 2024 realizamos unha saída especial á lagoa de Cospeito para conmemorar o Día do Medio Ambiente!

Baixamos 4º,5º e 6º de educación infantil con 1º e 2º de primaria!

Visitamos o mirador principal xunto ó centro de interpretación da lagoa.
Demos un paseo observando a contorna.
Observamos unha chea de plantas!
Algúns animais como escarabellos, cabaliños do demo, zapateiros e patos. Escoitamos unha chea de ras e paxariños.

Paramos en 2 miradores do paseo.
Tivemos tempo para unhas fotiños no paseo.
Merendamos xuntos á sombra das árbores.

Xogamos!
E despedímonos da lagoa!







11- XUÑO-2024
SAÍDA Ó BOSQUE MÁXICO E ÁS FORMIGAS DE SAN CLODIO!

 


Xa rematando o curso, e seguindo coa temática deste curso escolar, o alumnado de infantil foi a unha excursión rodeado da natureza, na que o pasaron xenial, e na que puidemos tomar conciencia da importancia de coidar da contorna.

Primeiro visitaron o Bosque Máxico de Bonxe. Nunha contorna moi especial desfurtaron observando trasgos, casiñas de fadas e animais extraordinarios!


Visitaron un estanque artificial con patiños!


Puideron entrar nun tipi!

Rematada a visita ó bosque Máxico collemos o bus para ir á aldea das Formigas d eSan Clodio.
Visitamos as vacas e a súa cadeliña pastora!
Tomamos a merenda de media mañá e emprendemos un paseo polos recantos agachados da aldea e bosque das formigas! Foi un percorrido fermoso no que observamos multitude de esculturas extraordinarias, feitas con materiais de refugallo que daban vida a unha paisaxe máxica chea de imaxinación e na que vivimos moitas aventuras! 
Rematamos cansiños e con moita fame!

Para rematar compartimos con vós unhas fotiños de grupo!
Grazas por colaborar para que hoxe vivísemos un día máxico no medio da natureza!


19- XUÑO-2024
REMATAMOS O PROXECTO!

Rematamos un curso cheo de experiencias e emocións. Nestes últimos días, ademais,  fomos rematando os traballiños en papel, as portadas e a bolsiña para levalo todo para casa.
Xa cos traballiños na casa, veredes os animais e plantas que traballamos en papel recollendo o investigado. Tamén poderesdes ver as imaxes sobre as que empregamos diferentes técnicas plásticas e experiencias.




Unha das cousas que pediron inverstigar foi o CHOCOLATE. Así investigamos e descubriron que sae da árbore do CACAO. Vimos vídeos e imaxes e recollemos todo en papel.

Primeiro ulimos e probamos o CACAO puro. Logo prepapramos a lámina do CACAO pintando co propio CACAO. 


Unha vez seco ule moi ben!

Tamén fixemos unha receita saudable con CACAO puro sen azucre. Para facelo seguimos unhs receita sinxela na que todos e todas participaron!
Primeiro machacaro un plátano. Logo encadimos un ovo e mesturámolo un pouco co plátano. Para rematar engadiron 3 culleradas de CACAO.

Engadidos os ingredientes pasamos a mesturar ben.
Ulía xenial e parecía que estaría moi rico!
Metemos no micro uns 4 minutos comprobando que quedaba ben feito.

Deixamos arrefriar e os que quixeron probaron, estaba moi bo!
Aproveitando que tiñamos o bote de cacao fixemos un experiemnto. Que ocorre se metemos unha culler con cacao en auga? 
Quedamos abraiados ó ver que non se molla!
Logo empregamos o cacao e as palliñas que imos gardando durante o curso para practicar o soplido como parte do noso exercicio diario de praxias pero dunha forma máis divertida!
Pasámolo pipa co CACAO!!!


Con moito agarimo preparamos as portadas de natureza coas folliñas coas que xogamos habitualmente no patio de infantil.
Quedaron unhas portadas da natureza moi chulis!
Prepararon e revisaron o seu libro do conto do Grúfalo.
Revisaron todos os traballos variados coas fichas sobre os compis de clase, debuxos das actividades especiais, fichas de repaso, etc.
Segumos coidando das plantiñas de clase.

Visitamos a miúdo a nosa horta con algunhas sorpresas!

Fomos rematando o traballo no libro da horta repasando elemntos que coñecemos no proxecto.




Prepararon unhas CASAS-HORTA para colgar na fiestra de clase, nas que plantaron LENTELLAS con auga e algodón. Conforme pasaron os días observaron como crecían as raíces, talos e follas.
Aquí as Casas-Horta listas!
Quedaron unhas casiñas fermosas á luz do sol!
Creceron moi apresa!

Decoramos as fiestras do corredor!

Fixeron un debuxo con todos os elementos que recordaban sobre a HORTA!


Repasaron todo o aprendido cunha lámina de observación e gomets. 

Responderon entre todos preguntas sobre o proxecto e completaron a súa tarxeta de especialistas!

Prepararon as bolsas para transportar os traballos. Así, estamparon xoaniñas con vermello e negro.

Moi cucas!
Cargámolas con todos os traballiños!
Hoxe ían emocionados para ensinarvos todo!!!


Moitas grazas a todos e todas por colaborar!
21- XUÑO-2024
PROTEXE OS ANIMAIS

 

Este ano estivemos inmersos nun programa que se chama PROTEXE AOS ANIMAIS, é un programa que desenvolve a concienciación polo respecto e a protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais de responsabilidade das mascotas, e o seu benestar.

O obxetivo xeral que tiñamos establecido era concienciar ao alumnado sobre a importancia de coidar e respetar a natureza e o medio ambiente, dito obxetivo acadouse, e a todo alumnado participante neste programa agasallámolo cun marcapáxinas feito coa impresora 3D da biblioteca do recuncho creativo.

Facendo entrega ao alumnado de infantil





GRAZAS POR COLABORAR PARA MELLORAR NO COIDADO DAS NOSAS MASCOTAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!