Coñecendo ós superheroes da escola! (5º EI_Aula de Azul)
SUPERHEROES DA ESCOLA! : Arrincamos!
Comezamos un novo curso desfrutando dos compis, con moito xogo, novas responsabilidades, nova distribución do espazo, novos materiais, repasando e aprendendo moitas cousas!
Unha das primeiras actividades foi dar a benvida cun conto sobre eles, OS SUPERHEROES DA ESCOLA!
Neste libro aprendemos que todos e todas temos superpoderes especiais. Nesta avaliación aprenderemos moito sobre nós mesmos e sobre os compis.
Cada día imos entrando, preparánonos e imos vendo un contiño mentres agardamos por todos.
Logo sentamos para facer unha asemblea máis manipulativa combinándoa logo coa da pantalla e falando un pouquiño sobre o que faremos no día e contando cada un algunha cousiña que lles apetece compartir. Máis adiante amosaremosvos como facemos este inicio do día.
O novo proxecto que arrinca coñecendo detalles físicos de nós mesmos e dos outros. Así imos investigando, facendo hipóteses e experimentando.
Algunhas das primeiras cousiñas que exploramos foi o que medimos.
Tamén emregamos a cámara da pantalla para vernos e ordenarnos por estatura. Primeiro movéronse entre eles comparándose e logo miramos as medidas que tiñamos marcadas para correxir a orde onde facía falla.
Deixámolo marcado e puidemos comparar.
Tamén se pesaron e apuntaron.
Fixáronse no seu aspecto e partes do corpo. Traballando vocabulario, comparacións, cores e formas entre outras cousas.
Foron reflexándoo todo en papel. Comezamos e preguntando que actividades son as que máis lles apetecen este curso.
Podedes ver algúns dos traballos, como cando como a recollida dos datos, a representación deles mesmos, repaso de vocabulario, comparacións, cando tomaron a imaxe deles ordenados por altura...
Marcamos as pisadas, medimos e recollemos os datos. Compararon os tamaños e riron moito coas cóxegas e por moverse descalzos pola clase!
Repasaron tamén contidos do curso pasado.
Este curso comezamos a pararnos máis polo miúdo nas letras. Para iso nomeamos a letra, xogamos co son que fan, buscamos palabras que empecen pola letra que toca, buscamos palabras que a conteñan, buscamos no ordenador, votamos pola que máis nos gusta e pasámolas a papel practicando e co debuxo correspondente.
Van sendo cada vez máis autónomos ó ser eles mesmos os que reparten, recollen, preparan materiais, prepáranse para as comidas, aséanse e limpan o que manchan, reciclan e tiran o lixo.
Ademais prenden e apagan luces, ordenan, toman decisións sobre actividades, momentos de actividade e descanso, fan pequenos encargos e axúdanse entre eles.
Aquí preparándose para a comida de media mañá.
Ademais de ver contos a diario, tivemos tempo para contacontos, relaxación e para xogar moitísimo!
Pronto amosaremos máis cousiñas que temos en marcha!
Como cambiamos e as emocións!
Nestas dúas semanas continuamos traballando duro e divertíndonos! Seguimos co proxectiño, e paralelamente facemostarefas específicas de lecto e mates como as que podesde ver.
Nesta ocasión como rematamos o mes de SETEMBRO, mostramos unha das rutinas da asamblea. Cada día, o encargado ou encargada realiza unha serie de tarefas coas que repasamos o seu nome, os dos compis, cores, formas, conteo, praxias e o calendario entre outras cousas. O neno ou nena que lle toca observa o tempo e colócao no noso taboleiro do día, logo mete unha boliña na caixa do SOL, NUBE, BONECO DE NEVE ou CHOIVA segundo corresponda. Ó rematar o mes, contamos as boliñas de cada caixa e elaboramos entre todos unha gráfica con gomets segundo o tempo que fixo. Logo todos xuntos analizamos a gráfica decindo se fixo máis días de sol ou de nubes, cantos días choveu, se tivemos que quedar moito a xogar dentro, etc. O mes de setembro xa o temos feito e colgado no corcho.
Ademais das tarefas de lecto dentro do proxecto, estamos a aprender o ABECEDARIO e a facer ben o trazo das maiúsculas que coñecemos no curso pasado e que estamos a retomar este curso.
Cada letra que aprendemos a facer correctamente, ímola pegando nuns carteis de imaxes que temos no frente da clase. Para cada letra comezamos xogando co seu son, buscamos as imaxes correspondentes, colocamos a letra e nomeamos as palabras das imaxes. Logo buscan palabras que se lles ocorran que comecen coa letra que nos toca. Buscamos tamén nos libros e por último vemos un VÍDEO da LETRA que estamos traballando.
Logo elixen unhas poucas e facemos unha votación para elexir a que máis lles gusta. Elexida unha palabra, practican a letra, escriben a palabra e debúxana con rotus de cores.
Xa levamos bastantes vistas e seguiremos con elas.
Como sabedes, estamos a traballar sobre nós mesmos coñecéndonos cada vez un pouco máis.
Logo de ver como somos físicamente, de observar e comparar como son os nosos compis, pasamos a ver cómo cambiamos ó longo da semana pasada. Falamos, buscamos e plasmamos en papel. Entre os traballos en papel aquí están facendo unha secuencia.
Isto levounos a un conto de Arianna Papini titulado "Que che gustaría ser?" co que pasamos a falar de que nos gustaría ser de maiores, de profesións, do que nos gustaría facer no futuro.
Aquí os debuxiños deles de maiores.
Logo comezamos a coñecer as nosas emocións a través dun conto moi coñecido e que lles encanta, "Monstro de colores". Deixamos a canción que nos encantou!
Para traballalas dramatizamos as emocións que saen no conto, buscaron exemplos sobre que ocorría cando se sentían dunha ou outra forma, sobre como se sinten as persoaxes dos contos segundo o momento do conto...
Cada un elixiu unha emoción para dramatizala e sacar unha foto como parte do traballo en papel.
E tamén fixeron unha clasificación de emocións en papel con correspondencia xestual, de monstro e palabra.
Tamén falaron de cousas que lles daban medo e de cómo se tranquilizaban e se lles pasaba.
Aproveitamos o monstro do conto para traballar os números e as cores.
Orgullosos do seu traballo!
Como estivemos falando de emocións que nos fan sentir mal como como o enfado, a trisura e o medo, falamos de trucos para tranquilizamos e volver a calma. Recordamos algún trucos do ano pasado, como respirar, contar, a técnica do globo, as botellas da calma... e creamos un novo aparello para relaxarnos: os monstros-globo! Quedaron chulísimos!
Cada un elixiu un globo, logo cun embudo xigante que nos prestaron de cociña botaron fariña pouco a pouco cunha culler.
Logo pintáronlles cariñas, cortaron a la enrrolada para o pelo e listos para apertar cando faga falta!
Remataron esta semana cun debuxo e palabriña alusiva ó que máis lles gustou nestes días!
Pronto moito máis!
As emocións a través dos contos, a música e a pintura.
Esta semana continuamos coñecéndonos e experimentendo coas emocións a través de distintos tipos de arte.
Comezamos a semana co CONTO de OLGA DE DIOS chamado "MONSTRO AZUL". Serviunos para dramatizar distintas emoscións, para pensar en situacións que vivimos no día a día na escola, a ver como as xestionamos e como podemos mellorar.
Buscamos un pouco de información sobre como traballa esta escritora e ilustradora. buscamos debuxos feitos por ela e decoramos uns monstros azuis co tipo de pinturas que emprega a autora do conto e dándolle un toque de purpurina.
Tamén o plasmamos en papel o traballado.
Logo pasamos á MÚSICA con BEETHOVEN. Primeiro coñecemos máis sobre este mñusico famoso a través dun vídeo que buscaron na pantalla dixital.
Comentámolo e falamos de como conseguiu facer música fermosa ser famoso pese a ter quedado xordo.
Escoitamos a 9ª Sinfonía que escribiu sen poder escoitar e falamos do que nos facía sentir. Na clase dixeron que lles facía sentir prisa, medo, ganas de dar golpes, nervios... Estiveron dacordo en que non eran emocións positibas pese a que lles gustou a música. Entre todos seleccionaron as cores que asociaban coa música: cores escuras e fortes relacionadas co medo, a angustia e o enfado.
Despois debuxaron mentes escoitaban a música.
Tamén nos achegamos á pintura como forma de expresión de emocións. Como este mes celebraremos o Samaín achegámonos a Edvart MUNCH un PINTORque transmitía o medo e a angustia nos seus cadros. Fixáronse unha vez máis nas cores que empregaba nos cadros que atopamos en internet.
Fixámonos no seu cadr máis famoso: O GRITO.
Reproducímolo con outras cores de acuarela e foron elexindo fixándose nas cores claras e escuras.
Prepararon xunto cos nenos e nenas de 5 anos un carteliño para un mural para o corredor.
Dramatizaron o cadro e sacamos unhas fotos para compoñer o noso cadro. Quedaron xeniais!!!!
O mural terrorífico e precioso!
Por suposto seguimos combinando actividades de mates e de lecto con trazo correcto de maiúsculas e transcripción de palabras.
cComo sempre, xogamos e cantamos coas sons, pensamos palabras, buscamos no ordenador e nos libros.
Esta semana unha das letras que nos tocou foi a letra D. Elixiron a palabra DINOSAURIO e a proveitamos para ler un conto dunha dina moi especial co que traballamos sobre a tristeza, o enfado, a envexa e como xestionamos estas emocións tan difíciles de calmar.
Enfadados como DINA!!!!
Tamén vos queremos ensinar unha parte da nosa asamblea que practicamos a diario. Coa canción "Hola, hola, hola" combinándoa coas praxias dos nenos da clase e con algunhas variacións. Deixámolas aquí por se as queredes empregar!
Continuará!
Coñecendo os nosos superpoderes e entrenando novos!
Esta semana foi unha semana moi especial na que a través do conto "El gran libro de los SUPERPOERES" e de moito debate e reflexión na aula, fomos descubrindo cales son algunhas das nosas dificultades e talentos.
Como sempre, fomos rexistrando en papel e facendo tarefiñas.
Durante a semana fomos intercalando as actividades habituais con reflexións sobre o día a día no traballo, no xogo, nas actividades de autonomía... Todo para ir coñecendo os nosos puntos fortes e débiles.
Unha das cousas que nos costa a veces é relaxarnos, polo que nesta semana comezamos con novas rutinas de relaxación, como: actividades sinxelas de ioga, respiración, masaxes e acoñapañamento.
Gustáronnos moito e seguiremos con elas!
O venres rematamos coa entrega de diplomas na que decidimos qué talentos resaltaban e debatimos se estaban todos de acordo para a firma do certificado.
Tamén preparamos unha cartiña para unha actividade especial que nos gustaría facer no mes de decembro.
Esta foi unha semana moi divertida con xogos, contos e traballos nos que se esforzaron moito. Para a próxima semana seguiremos co proxectiño e encamiñarémonos ó Samaín!
O pelo: longo ou curto?
Nestas semanas ademais da celebración do Samaín e do Magosto, continuamos coñecendo máis sobre nós e os compis. Agora centrámonos no pelo.
Comezamos falando e debatindo sobre a lonxitude do pelo dos nenos e nenas da clase, dos profes que dan clase, as familias etc. Causou moito debate o feito de que se puidera ter longo ou curto independentemente de ser rapaz ou rapaza, pero foi moi interesante!
Combinamos con outras tarefiñas.
Para rematar a semana fixeron de perruqueiros e perruqueiras dacordo co que estamos a traballar no proxecto. Primeiro decoraron os clientes e clientas para poder atendelos.
Logo cortáronlles o pelo o seu gusto e peitearon como lles pareceu que quedaban mellor.
Toda a clientela quetou feliz co corte!
Como en calquer perruquería remataron adecentando o establecemento para o peche.
Abriremos as nosas portas para seguir examinando o pelo a próxima semana!
O pelo: cores enredados!
Continuamos co pelo, fixándonos nasmcores e na forma.
Descubrimos que hai cores naturais e cores artificiais.
Logo experimentamos coas cores.
Ademais realizamos unha pequena estadística sobre as cores de pelo da nosa clase e o rematar comentámola.
Fixeron unha actividade de soplo para poñer pelo de cores ás clientas e clientes da semana.
Entre as actividades desta semana vimos a peli de Enredados. Esta peli é moi especial xa que ademais de moi divertida aparecen moitas formas de pelo, cores, peiteados e ata un pelo máxico!
Falamos moito sobre a peli e logo traballamos en papel algo de vocabulario sobre o pelo.
Fixeron un debuxo do que máis lles gustou da peli.
Seguimos coas texturas do pelo: LISO, ONDULADO, RIZADO, AFRO...
Fixáronse na textura do pelo dos nenos e nenas da clase e fixeron a gráfica!
Ademais traballamos moito o trazo e iniciámonos na suma!
A próxima semana máis!
Argallando cos pelos e comezando decembro!
Xa queda menos para rematar a avaliación e adentrámonos en decembro mentres empregamos o aprendido para repasar e asentar coñecementos.
Rematamos o libro das letras desde trimestre!
E coa Z rematamos este libro para aprender a trazas as maiúsculas, polo que prepararon a portada.
Rematamos tamén o mes de novembro e repasamos o tempo que fixo para plasmalo na gráfica e comparar.
Repasamos os contidos básicos deste trimestre.
Fixemos os debuxos do que máis nos gustou ultimamente.
Comezamos a decorar a clase con propostas dos compis relacionadas con decembro.
Xa temos dúas fiestras decoradas!
Coa entrada no mes de decembro comezaron a chegar as cousiñas da casa que pedimos para o noso proxecto de "Coñecendo ós superheroes da escola".
Así, nestes días coñecemos un pouco máis a ALEN R., EREA, MARTINA e HUGO!
ALEN R. mostrou o seu osiño COCO , o seu xogo de granxa nunha foto e trouxo de excursión va súa vaca BLANCA. Explicounos cousas do seu xogo, o que facía con COCO e mesmo quixo compartir nos recantos a vaquiña Blanca. Tamén contou un conto xenial no que é protagonista e encantounos!
EREA mostrounos o seu boneco BEBÉ e a súa roupiña. Tamén trouxo o seu disfrace favorito de MINNIE Mouse que co que estivo divertíndose parte da mañá. E como por horario non puidemos, ó día seguinte contounos o seu conto "Así es mi corazón", que gustou un montón!
MARTINA presentounos un par de fotos. Unha coa lentella que plantamos que nesa imaxe era enorrrrme e outra coa súa irmá CANDELA e o seu can IGOR na súa cabaña! Tamén trouxo un micrófono que, por suposto, case todos quixeron probar e mesmo cantaron varias cancións. Por último contou o conto de "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Fíxoo moi ben, riron moito e encantoulles!!!
HUGO tamén participou esta semana na actividade mostrando a POPPY, unha troll equipada cunha coroa moi chula, un xogo magético e un libro de contos. Compartiu cos compis os xoguetes e pasárono xenial! Tamén lemos un dos contos do libro, o conto da súa letra "H".
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS E ÓS PARTICIPANTES DESTA SEMANA!!!!
Aquí os debuxiños dos favoritos dos primeiros particiantes:
Temos varias cousas a medias que pronto vos amosaremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!