Como sabedes, comezamos xa co proxecto deste trimestre sobre as MEIGAS e todo o seu universo de maxia.
Comezamos cun contacontos e co envío de cartas ás casas na que pedíamos a vosa colaboración ó longo deste trimestre co que poidades. Co que traiades irán investigando, xogando, facendo novas propostas (xa temos unhas cantas ideas que propuxeron nestes días) e emocionándose!

Comezamos cunha chuvia de ideas sobre as meigas/bruxas e o que sabían delas. Tamén imos traballando un chisco en papel para seguir coas meigas e outros contidos de 4º de infantil.
Coñecemos algúns obxectos que empregan as bruxas como a vasoira ou o CALDEIRO ou POTE para as pócemas e conxuros.
Tivemos unha experiencia arrededor das pócemas.
Aprendemos unhas palabras máxicas e botamos no caldeiro PEIDO de GATO e CACA de MORCEGO. Cunha palliña máxica soplamos e maxia: saíu todo disparado!
Rematamos xogando cunhas pompas moi divertidas!!
XIANA sorprendeunos cunha canción moi chula de Magín Blanco de " A BRUXA MARUXA" que nos encantou. Amosounos unha bruxiña sobre a que estivemos falando e sobre a que nos imaxinamos que aventuras viviría. Fixo ademais unha vasoira de xesta e investigamos un pouco.
MARTÍN e IKER presentaron unhas manualidades moi chulis de bruxiñas que fixeron en familia. Explicaron o que empregaron e como o fixeron. Estiveron xenial e encantáronnos!
NOA chegou cunha caixa misteriosa chea de sorpresas á que nos adicamos durante varios días.
Experimentamos co tacto e varios animais relacionados coas bruxas e foi moi divertido!!!
Tamén nos presentou un bote da calma terrorífico e digno dunha gran bruxa. Facer un eles mesmos forma xa parte da nosa lista para as actividades que queren realizar no proxecto!
VERA trouxo un GORRO de BRUXA moi chuli. Falamos de como é describíndoo e imaxinando como sería a bruxa que o puidera poñer. Pareceunos un pucho moi divertido e todos estaban desexando probalo canto antes!
Comezamos lendo un texto sobre a QUEIMADA e falando sobre maxia, conxuros e pócemas. Experimentamos co olfato e algúns dos ingredientes da queimada que nos traía dentro da caixa moitos recoñeceron o arrecendo de varios elementos!
Experimentamos co tacto e varios animais relacionados coas bruxas e foi moi divertido!!!
Tamén nos presentou un bote da calma terrorífico e digno dunha gran bruxa. Facer un eles mesmos forma xa parte da nosa lista para as actividades que queren realizar no proxecto!
NOA tamén nos amosou unha variña máxica luminosa que lles pareceu xenial e coa que xa estiveron xogando un montón.
Nestas semanas seguimos incorporando novas rutinas para os encargados de aula de cada día, como o repaso manipulativo e cantado dos días da semana que imos aprendendo pouco a pouco.
.gif)




























Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!