O CORPO (5º E.I., CLASE DE AZUL)

14.01.2022

O CORPO: COMEZAMOS CO PROXECTO "O CORPO"

A próxima semana damos comezo a unha nova aventura co proxecto do CORPO. Traballaremos cos libros de texto en combinación con materiais de creación  propia das mestras de infantil tal e como acostumamos a facer. Ademais iremos progresando a través dos intereses  do alumnado e das investigacións na aula cos materiais de centro e que aportedes. Nesta ocasión queremos que as familias  sexades parte da vida da aula e do proxecto. Para iso pedimos a vosa colaboración a través de aportacións que posibiliten investigar e xogar na aula e que devolveremos unha vez rematemos. Aquí deixamos a carta que se preparou por se sofre algún percance antes de chegar!

Se tedes dúbidas poñédevos en contacto con nós.



22.01.2022

O CORPO: ARRINCAMOS!

 Comezamos un novo proxecto moi ilusionados e con moitas ganas. Para dar o pistoletazo de saída enviamos ás casas unha nota pedindo colaboración das familias. Así, empregaremos os materiais para xogar, investigar e proveer o recanto do corpo que agardamos poder abrir pronto.

Sorprendémonos con que xa chegaron unha pila de cousas que foron expoñendo diante dos compis. Pouco a pouco iremos recorrendo a eles para investigar segundo vaiamos avanzando no proxecto, outros serven de motivación e ilustran as explicacións diarias.

Ó mesmo tempo comezamos o libro do proxecto plasmando todo o que se nos ocorreu que xa sabíamos do corpo logo dunha chuvia de ideas e todo o que queríamos saber.

Arrincamos a semana cunhas presentacións relacionadas con ósos estupendas! A raíz das súas explicacións falamos do que sabíamos dos ósos e aparte de que son duros, do nome CRÁNEO e costelas,  e que están baixo a nosa pel, non soubemos moito máis, polo que teremos que investigar moito e indagar cos mateiriais que chegaron!

ENZO foi un dos primeiros. Mostrounos unha manualidade que nos explicou que era un ESQUELETO. Contounos que empregara palillos, pegamento e cartolina negra.  Tocamos as nosas COSTELAS e o noso CRÁNEO comparando co que nos amosaba ENZO, que sensación máis rara!


RUTH amosounos un debuxo xenial que fixo cos seus pais. Explicou que eran ósos e que os tiñamos nas mans e que eran pequeniños. Tocamos as nosas mans mentres observábamos o debuxo, qué cóxegas!

XOEL trouxo varias cousas para amosar. Explicounos que traía radiografías, que eran fotos nas que se ven os ósos. Díxonos que eran súas e de súa irmá e fixámonos ben nelas. Foi moi curioso ver "cousas" que est´n dentro do noso corpo. Ademais tamén se distinguían a pel e os pulmóns. Collemos moito aire e soltámolo varias veces para sentir como se hinchaban e desinchaban os pulmóns e  movían as costelas.
Tamén nos trouxo un libro para qu poidamos investigar. Seguro que recorreremos pronto a el. Amosounos as súas páxinas e díxonos de que falaban.

TEO compartiu o seu xogo OPERACIÓN. Explicou cómo se xogaba para que todos disfrutaran do xogo cando abramos o recanto. Como había un sitio para cada cada peza: corazón, ósos... e que había que empregar unhas pinzas con moito coidado para poder atrapalas. Fomos facendo preguntas e TEO explicou que os médicos operaban a veces ás persoas cando estaban maliñas. 


XELDA trouxo unha boneca articulada e un debuxo que fixo desa boneca e no que escribiu o nome de varias ARTICULACIÓNS. Así, explicou que as articulacións son por onde nos doblamos: CÓBADO, XEONLLO, NOCELLO, HOMBREIRO, CADEIRA, PULSO... Foi lendo os nomes e dobrando cada articulación na boneca ó tempo que todos repetíamos o mesmo movemento no noso corpo.



IVANA explicounos que traía unha foto dela de BEBÉ dentro da barriguiña da súa nai. Explicamos que era unha ECOGRAFÍA e que era parecida á radiografía. Pasou por todas as mesas e quedaron moi sorprendidos!!! Imaxinamos ós bebes aí dentro descansando e agardando para saír.
Tamén nos trouxo un libro do corpo humanos que nos foi amosando e que en breves empezaremos a empregar no recanto do corpo e nas nosas investigacións.


LUCÍA RÍO presentounos primeiro un debuxo que decorou con moito coidado. Ex plicou que se podían ver os ÓSOS do ESQUELETO, o CORAZÓN, o FÍGADO, as TRIPAS e o ESTÓMAGO. Algunhas partes non tíñamos moi claro qué podian ser ou para qué eran, así que temos que investigar. 
Logo amosounos un puzzle das partes do corpo. Cada neno/a da clase achegouse para colocar unha das pezas e ver cómo se facía e o importante que era fixarse nas letras cando xogaran no recanto do corpo.


IZAN participou cun puzzle das "capas" do corpo. Explicou que primeiro se podía ver a roupa, logo a PEL, os MÚSCULOS,  os ÓRGANOS e os ÓSOS. Temos moito que investigar xa que se nos escapan moitos nomes.
Cada neno/a colaborou colocando algunhas pezas de cada capa. Tiveron que fixarse moito!

Ademais trouxo un ESTEROSCOPIO e explicou que o empregaban os MÉDICOS para escoitar o CORAZÓN. Así, toda a clase experimentou escoitando o corazón e a respiración de compis de clase. Seguiremos empregñandoo noutras ocasións nas nosas investigacións.



AARÓN trouxo unha manualidade coa que experimentar. Elaborou coa súa familia uns pulmós que se poden hinchar e desinchar como os de verdade! Explicou cómo o aire entra pola nariz e a boca, baixa por un "tubito" e chega a unhas bolsas que son os pulmóns. Todos/as estenderon moi ben o funcionamento e quedaronnos algunhas úbidas que teremos que investigar máis adiante.

DANIELA compartiu con nós unha manualidade/xogo do CORPO que elaborou coa súa familia.  Nela explicounos que podemos ver algúns dos órganos que temos dentro do noso corpo: PULMÓNS, CORAZÓN, FÍGADO, ESTÓMAGO,TRIPAS. E o mellor é que é o meso tempo un xogo o levar postos velcros para poder despegar, mesturar e buscar o sitio asecuado a modo de puzzle. Así, todos os grupos pasaron a probar e aprender a xogar coa colaboración de Daniela! 

MARTÍN tróuxonos a súa colaboración e contounos que era un debuxo no que podíamos ver o CORAZÓN que nos explicou que era o "motor"do corpo e que tamén decorara as VEAS de vermello e ARTERIAS de azul. Explicou moi ben cómo o corazón ten dentro sangue e que vai por todo o corpo por veas e arterias. Por fin sabemos o nome deses "tubiños" que víamos estes días! 

Ademáis trouxo un ELECTRO que explicou facían os médicos e que  "era do corazón". Levouno pola clase para que todos observaran cómo era e descubrimos que as liñas que se podían ver eran como as letras, era como se escribía o son do corazón. 

LEIRE colaborou cunha manualidade/xogo estupenda que preparou coa axuda da súa familia. Explicounos que era como un puzzle para montar a boneca coas partes do seu corpo. Cada grupo participou no xogo para montala ó tempo que fomos nomeando as partes, contandoas e falando sobre o que sabían elas.

Por último, ADAM tróuxonos un xoguete que nun primeiro momento nos deixou sorprendidos ata que nos explicou un pouco. Contounos que era unha guitarra, que con ela facía música e que se podía escoitar coas orellas e tocar coas mans. Así amosouna e decidimos buscar este instrumento no ordenador e escoitar algunhas cancións para fixarnos ben no que nos contou. Primeiro escoitamos unha guitarra eléctrica e todos comezamos a movernos ó seu ritmo. Logo ecoitamos unha acústica que nos fixo bailar,sentir felices e deu ganas de cantar. Logo con outra relaxámonos totalmente. Falamos sobre isto e démonos conta de que a música facía que os nosos corpos cambiaran nun intre. Foi unha gran experiencia que seguro repetiremos!
Deixamos as que máis nos gustaron na clase!


Unha das primeiras actividades en papel que fixemos foi nomear partes básicas do corpo, localizalas no noso corpo e logo en papel.


Seguimos fixándonos en algunhas cousas que sabemos sobre o corpo e ás que non lles prestamos moita atención no día a día. Fixámonos primeiro nos OLLOS. Dixemos a cor que nos parecía que tiñan, os compis comprobaron para pintalos cada un da cor que tocaba. Logo empregamos as cores da PEL que temos buscando cada un/ha a máis semellante á súa. Pintamos os BEIZOS e por último o PELO. Observaron o seu pelo e os compis comprobaron. Algúns engadiron accesorios de cor, pero mantiveron a cor que máis se lles parecía, a forma (liso, ondulado, rizo) e o longo.

Seguindo coas diferencias medímonos e pesámonos comentamos os que eran máis altos,  os que menos pesaban os que pesaban igual ou case... 

Tamén o deixaron por escrito no libro logo de comparar o tamaño dos pés que nos faltara o día anterior.

Como vedes, nesta semana estamos repasando todo o que xa sabemos do corpo e achegándonos ás nosas características persoais. 
Rematamos a parte de traballo en papel da semana cunha poesía do libro. Escoitando con atención fomos completando un debuxo moi completo que rematamos coas características de cada un que fomos traballando nesta primeira semana de proxecto. Sen dúbida cada vez esmerámonos máis e vense os resultados!
Podedes velos revisando e mostrando este último traballiño da semana.


Outras das actividades que nos serviron de resumo semanal foron as que fixemos xogando na PDI. Deixámolos aquí por se queredes xogar na casa.
O primeiro xogo foi de adiviñas e saíu xenial!
Logo divertímonos nomeando partes e facendo xogos de movemento con cada parte que ía aparecendo coa ruleta. Rimos un montón e cansamos moito!

Por último lemos entre todos e unimos cada nome coa parte que correspondía.

Seguiremos contando os nosos avances próximamente.
Moitísimas grazas por colaborar a todos e todas!

28.01.2022

O CORPO: AS DESCRIPCIÓNS, A BOCA E AS EMOCIÓNS!


 Esta semana traballamos un montón!!!! Comezamos repasando as

partes principais en que se divide o corpo.


Tamén seguimos recibindo materiais moi interesantes que imos presentando na clase!


LUCÍA VILLARES presentounos un debuxo que preparou pintándoo con moito esmero e explicou moi ben as partes que se reflectían no seu traballo. Así repasamos e tocamos no noso corpo cada parte: CABEZA, PESCOZO, MANS, BRAZOS, TRONCO, PERNAS, PÉS.


XOEL presentou as ECOGRAFÍAS de cando aínda estaba na barriguiña de mamá. Entre todos fomos fixándonos e diferenciando as partes do seu corpo nas imaxes, ó tempo que fomos vendo como crecía e cambiaba de posición.
Ademais presentou unha manualidade que fixo coas ´sua familia. Explicounos como se podían ver os PULMÓNS e o DIAFRAGMA. Logo estivemos hinchando e deshinchando os nosos pulmós e sentindo como o aire entraba e saía pola nariz, como o noso peito se movía ó respirar e ónde estaba cada parte da que nos falaba XOEL.
Tamén nos trouxo esta semana uns libros que empregaremos ó ir avanzando no proxecto para investigar. Un deles fala da VISTA, TACTO, OÍDO, OLFATO e GUSTO. O outro sobre os ósos, e órganos do interior do corpo que dos que de momento sabemos pouco.
Por último trouxo un puzzle de imáns estupendo para montar distintas partes do corpo polo exterior e interior. Pronto comezaremos a investigar para recoñecer o que non sabemos.



Continuamos vendo as diferencias e semellanzas entre nós, dicindo como somos e son outros facendo descripcións. Aproveitamos para facer agrupacións segundo características de nenos e nenas da clase e con obxectos.


Logo continuamos facendo unha parada nunha parte do corpo: a BOCA. Primeiro falamos de todo o que se nos ocorreu da mesma: que ten DENTES  e a LINGUA, que se ten que limpar, que o médico dos dentes  é o DENTISTA, e que poden saír caries. 

Ó facer a chuvia de ideas xurdiron preguntas como: cales son os nomes dos dentes e por que son diferentes? que son as CARIES? cano caen os dentes e nacen os novos, poden volver caer?

Así, comezamos a investigar. Primeiro buscamos imaxes dos dentes e moas e vimos as diferenzas. Descubrimos que temos dentes INCISIVOS para cortar a comida, CANINOS semellantes os dos vampiros para desgarrar, e MOAS para machacar e desfacer a comida.

Recollémolo todo para deixar a vista no recanto do corpo. Pintamos algunhas partes das que falamos e escribimos os nomes por equipos.

Logo traballámolo en papel.


Tamén buscamos vídeos para atopar respostas e atopamos estes dous que son os que nos resultaron máis útiles.

Logo buscamos imaxes de dentes sans e dentes con caries e quedamos moi sorprendidos! Aproveitamos para falar de hixiene dental e tras ver s imaxes quedamos convencidos.



Logo destas tarefas asentamos todo o visto con varios xogos e actividades de repaso na PDI que vos queremos compartir a continuación.
Comezamos con varias ruletas:

RULETA "A MOVER LA BOCA"


RULETA "LA BOCA"


ORDENA "LAVADO DE DIENTES"



PREGUNTAS "LAVADO DE DIENTES"



BO E MALO PARA OS DENTES


COMO SE ESCRIBEN ESTAS PARTES DA BOCA?


PARTES DA BOCA


Fixérono moi ben e aprendemos mentres xogamos facendo praxias, lendo e repasando novos conceptos.

Vista a boca, traballamos sobre as EMOCIÓNS  e como se poden ver no noso corpo, como nos expresamos. Contamos o conto "El libro de nuestras emociones" para repasar.

Fixemos a nosa cara practicando a simetría e replicando a expresión de cada un. tivemos en conta cantas partes temos de cada cousa na cara, e explicamos que parecía que sentíamos na imaxe. Quedaron moi simpáticos!


Tamén traballamos no libro sobre as emocións facendo series.

Rematamos xogando coa PDI coa RULETA DAS EMOCIÓNS e vivenciando cada unha.

Adiviñades que sinten?


Logo xogamos a contar anécdotas e explicar como nos sentimos e facendo as expresións adecuadas.
Xogo "CUENTA UNA NÉCDOTA"


Abrimos xa o recanto do CORPO cos materiais que xa temos e gústanos un montón!

Continuaremos a próxima semana!!!!

Moitas grazas a todos e todas polas vosa colaboración!


04.02.2022

O CORPO: CAMBIAMOS E OS 5 SENTIDOS.

Comezamos a  semana falando de como cambiamos  dende que nacemos ata que somos maiores. Buscamos imaxes en internet e comentamos todo o que observamos. Comparamos as diferenzas atendendo á idade e saíron moitas cousas interesantes!

Por suposto, tamén o traballamos en papel no libro e logo en ficha normal tras acordar o que íamos a debuxar e o que íamos buscar en internet para ordear cada momento da vida dende que somos bebés ata que somos avoíños!


Esta semana ademais XOEL presentou un xogo que preparou coa axuda da súa familia. Explicou que era por onde ía a comida e qie se podía ver o estómago, o fígado e as tripas. Falamos doutras partes que pronto investigaremos para coñecer mellor e saber máis do camiño que segue a comida.



Logo seguimoas cos 5 SENTIDOS. 

Para iso comezamos falando do que sabíamos e XOEL explicou o minilibriño dos sentidos que trouxera a semana anterior parando en cada un.  Puxemos exemplos do que podíamos facer con cada un e todos e todas foron poñendo exemplos.

Logo, por equipos, empregamos os libros do recanto do corpo para investigar. Buscaron primeiro as páxinas que falaban dos 5 sentidos.


Logo amosáronas e lemos o contido. Había unha chea de información interesante! Unha das cousas que nos chamou a atención foi que temos receptores /sensores por todo o corpo e en cada órgano dos sentidos mándalle a información ó CEREBRO que é o que manda e pensa no noso corpo.


Falamos moito dos sentidos e de que cousas facían por nós.




Logo pasamos todo a papel. 


Tamén traballamos nunha ficha na que fomos incluíndo materiais relacionados con cada sentido para poder experimentalos. 

-TACTO: plástico de burbullas.

-GUSTO: sal.

-OÍDO: axóuxere.

-VISTA: celofán rosa.

-OLFATO: algodón con colonia.

Quedoulles xenial!!!


Aquí estabamos antes da merenda coas mans xa limpiñas probando o sal que puxemos na ficha.


Rematamos a semana repasando o visto e con xogos dos sentidos nos que fomos participando por quendas. Como nos quedamos sen luz, tivemos que xogar no portátil que por sorte tiña batería, e con algo de axuda da profe para manexarnos co rato, puidemos participar nos xogos ás veces sós e outras entre todos.
Como sempre deixamos os xogos por se os probades na casa. 

ADIVIÑAS dos 5 SENTIDOS.


RULETA: QUE SENTIDO É?



RULETA: CON QUE SENTIDO FACEMOS CDAS COUSA?



"ORDEA AS LETRAS"



Continuaremos a  próxima semana, xa que nos quedaron varias cousas pendentes moito por investigar!!
Grazas a todos e todas por colaborar!!! 

11.02.2022

O CORPO: CAPAS E A PEL


 Nesta semana continuamos repasando o visto ata agora, recibindo materiais para investigar, presentamos as capas e comezamos coa PEL.

Comezamos vendo

o libro dos 5 SENTIDOS de IZAN que o presentou diante dos compis e co que aproveitamos para repasar e poñer exemplos do que podemos facer cos 5 sentidos.


XOEL trouxo unha bata  de médico  da que comentamos os seus elementos e que xa é parte do noso recanto do corpo e á que volveremos máis adiante segundo vaiamos avanzando.


Tamén nos presentou un traxe-puzzle de órganos do corpo que nos foi explicando e que fomos montando e comentamos e do que fomos aprendendo máis segundo avanzou a semana.

Ademais comezamos a descubrir as capas do noso corpo e das que iremos investigando e aprendendo máis as próximas semanas!

Todavía non sabemos moito, pero grazas ós materiais que foron chegando e se foron presentando xa descubrimos moitas cousas e puidemos poñer en común o que sabíamos das imaxes que aparecían no libro e nos materiais de presentación. Pronto saberemos moito máis!




 Para ir tendo unha primeira aproximación xeral das primeiras capas que vimos nas presentacións do libro, busacamos  información...

Sobre os músculos...

Sobre os ósos...

Sobre os órganos...


Tamén buscamos imaxes que comentamos en internet e que nos solventaron algunhas dúbidas dos ultimos días.

Así, comezamos esta semana coa primeira capa do noso corpo: A PEL. 
Para empezar, falamos do que sabíamos sobre ela, como que hai distintas cores de pel, que ten pelos e cubre o nosos corpo.
Continuamos buscando algo de información nos libros do recanto e buscamos máis información atendendo a un vídeo. Así soubemos que a pel nos protexe, que grazas a ela temos tacto para saber se algo está quente ou frío, sentimos a textura das cousas, a presión se nos tocan, que suda se temos calor, que atrapa a vitamina D que nos da o sol...


E fomos gardando a información en papel ó tempo que practicamos lectoescritura e mates.

Fomos preparando a primeira capa da PEL para deixar en lugar visible para repasar e na que puxemos os nomes das partes básicas do corpo escribíndoas entre todos.
Pintamos con distintos tons, e por quendas foron escribindo.


Preparamos a folla da pel do que será o noso libro dos sistemas do corpo a medida que vaiamos avanzando.

Quedou moi ben a primeira capa a capa que protexe o nosos corpo do exterior.


Tamén falamos dos coidados da pel.


Como xa ven sendo habitual aproveitamos para xogar e recordar algunhas cousas que aprendemos pola semana e que retomaremos a próxima semana para ver máis detidamente.


Colocamos cada elemento no grupo adecuado e comentámos outros que coñecemos e para que serven ou ónde están.
COLOCA NO SEU LUGAR.
 
RESPONDE ÁS PREGUNTAS SOBRE A PEL (a veces hai varias respostas correctas)


VOCABULARIO PEL


Seguiremos aprendendo sobre as distintas capas do noso corpo nas próximas semanas.



Continuaremos a  próxima semana!!
Grazas a todos e todas por colaborar!!! 


24.02.2022

O CORPO: SISTEMA MUSCULAR


Nos últimos días achegámonos ó sistema muscular, que é un dos encargados do movemento. Comezamos investigando e descubrimos os nomes dalgúns deles como os FRONTAIS, PECTORAIS, ABDOMINAIS, BICEPS, XEMELGOS... Que son elásticos e se contraen e estiran.
Como sempre buscamos informción nos libros de clase, en internet e vídeos de internet.

Buscamos imaxes...

Tamén vídeos sobre eles.

Seguimos plasmando en papel as cousas que investigamos e decubrindo cousas novas sobre os músculos, como que están baixo a pel pegado ós ósos. Así que pintamos a pel, usamos palillos para facer os ÓSOS  do brazo (ÚMERO, CÚBITO e RADIO) que son duros e plasti blandiña para modelar un BICEPS e un TRICEPS que pegamos con coidado.




Tamén con plasti aplastada fixemos todo o sistema muscular e trazámolo co lapis dándolle forma. Quedou moi ben!




Pintamos con témperas e bastoncillos cada MÚSCULO  con moito coidado e logo cosemos con fío elástico un BICEPS.

Así temos unha folla máis para o noso libro de capas dos SISTEMAS do CORPO.


Como falamos de que os MÚSCULOS son ELÁSTICOS e FLEXIBLES levamos a cabo unha experiencia fabricando SLIME. Todos participaron e pasámolo xenial!!! Se o queredes facer na casa é moi sinxelo.
Necesitades:
  • 1 bote de COLA escolar branca ou de cor.
  • Unhas gotas COLORANTE alimenticio (opcional).
  • 1 cullerada de BICARBONATO.
  • 1 chorro de LÍQUIDO DE LENTES de contacto (ir removendo a poucos e engadindo ata que non quede pegañento).
  • ESCUMA DE AFEITAR (nós usamos unha taza aproximadamente, pero non tenque ser exacto)
Deixo o vídeo por se o queredes facer. Empregamos a receita nº 4.

Aquí tedes parte da preparación.

Aquí experimentando.


Podedes velos experimentando un pouco. (Podedes regular a calidade na rodiña)


Ademais esta semana contribuíron XELDA, XOEL e MARTÍN.
XELDA eleborou un xogo do CORPO cunha boneca e a roupa que precisa para vestirse. Fíxoo con papel epinturas de cores. Hay que emparexar coa parte do corpo que corresponde para que quede vestida e protexida. Gustounos moito e xa forma parte do recanto do corpo!




XOEL amosounos un conto fermoso que axudou a contar na clase. Entre todos comentámolo e recordamos algúns detalles sobre os bebés que xa falaramos noutras ocasións como a forma de alimentarse dentro da barriguiña de mamá. Gustou nos moito!




MARTÍN falounos dunhas imaxes dos seus DENTES que trouxo de cando foi ó DENTISTA. Explicounos como foi a súa visita e todos os utensilios que empregaba o dentista. Repasamos con él os nomes dos dentes e falamos sobre a hixiene bucal e as caries. 

Tamén nos amosou os instrumentos que se empregan para facer unha ANÁLISE de orina. Explicou amosándonos os frascos, e como se debía recoller o PIS e gardalo despois. Falou de como logo o analizaban nun laboratorio para ver se todo estaba ben, se tíñamos algún problema de saúde para poder darnos menciñas se fan falla.
Noutra ocasión presentounos unha canción de xogo motriz xenial que nos gustou moito e que logo repetimos todos xuntos!!!
Aquí deixamos o vídeo.


Rematamos repasando entre todos algúns dos músculos do corpo.

 
Proximamente remataremos o seguinte bloque e  amosarémolo como sempre no blogue.

Moitas grazas a todos e todas por colaborar!!!

05.03.2022

O CORPO: SISTEMA ÓSEO

 Nos últimos días estivemos traballando sobre o esqueleto e as articulacións.

Comezamos recordando cousas que xa sabíamos froito da mestura nas investigacións do día a día e das aportacións que imos tendo e que fan máis dinámico o proxecto.

Como sempre comezamos coa investigación en libros, imaxes e vídeos de internet.


Deixo algúns dos vídeos que empregamos na clase.

Traballamos en papel ó longo de varios días para ir fixando ideas. Repasamos as ARTICULACIÓNS con XELDA e a súa boneca para ir colocando boliñas de plasti nalgunhas das articulacións: BONECAS, CÓBADOS, OMBROS, CADEIRA, XEONLLOS e NOCELLOS

Tamén colocamos o ÓSO máis longo do corpo cun churriño branco de plasti: FÉMUR. Fixérono xenial!!


Traballamos no libro de texto


Seguimos co libro de capas e sistemas que comezamos anteriormente a elaborar. Para facelo veunos axudar o señor SKELETON. Nel identificamos os ósos que coñecemos e algún novo saíndo todos e todas por quendas.

Logo fomos pegandodistintos tipos de pasta en cada óso segundo o identificamos en SKELETON e no noso corpo.

Para facer o cráneo empregamos unha pasta que presentamos primeiro explorándoa co sentido do olfato e rápidamente identificaron con masa de pan. E non era, pero case! Era pasta de sal.
Fixemos a PASTA DE SAL que se modela facilmente e seca ó aire endurecéndose en poudo tempo.
 Modelamos con coidado e no noso traballiño.
Deixo a receita por se vos animades.
  • 2 porcións de FARIÑA de trigo.
  • 1 porción de SAL.
  • 1 de AUGA (ir engadindo ós poucos segundo notedes que vai precisando.
Hai que ir removendo e se queda moi pegañenta engadimos fariña pouco a pouco. É rapidísima de facer e seca ó aire en 24-48 horas segundo o gordiño que o fagamos, se está ó sol etc.

Foi moi divertido traballar a masa e xogar un pouco con ela!

Aquí moi contentrados modelando o CRÁNEO.


Quedou xenial!



Nestes días XOEL trouxo un libro que nos presentou e que iremos lendo ós poucos a próxima semana.

A próxima semana novo sistema e novas experiencias!!! 
Aquí despedimos a semana co noso novo amigo!


GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR, E A PRÓXIMA SEMANA MÁIS!!!

11.03.2022

O CORPO: SISTEMA NERVIOSO

 Continuamos coñecendo o corpo humano e esta semana achegámonos ó sistema nervioso. Como sempre o primeiro foi investigar en libros.

 E logo en internet para imaxes e vídeos explicativos que nos axudaran a saber máis.


Deixamos dous dos vídeos visionamos na aula para aprender máis.


Logo comezamos a pasar a papel o que investigamos. Como as partes básicas do sistema nervioso: CEREBRO, MÉDULA e NERVIOS. Tamén que o cerebro é o que manda en todo o noso corpo. O CEREBRO recibe a información a través dos sentidos e envía as ordes a través da MÉDULA e logo dos NERVIOS que chegan atodas partes.  Empregamos goma eva brilante para o cerebro, cartolina en relieve para a médula e fíos para os nervios.

Quedou moi ben!



Tamén nos achegamos un pouco ás partes do cerebro e aprendemos que cada parte se ocupa dunha función diferente. Quedámonos con que o LÓBULO FRONTAL é o encargado da EMOCIÓNS, pegámoslle la amarela. Tamén pintamos o CEREBELO e o tronco encefálico que une coa médula espiñal.

Repasar as partes do corpo é algo co que seguimos traballando e para aproveitar todas as tapas de botella que vimos gardando dende o curso pasado, eleboráronse varios bingos. Esta semana comezamos cun bingo de partes do corpo. Con esta actividade centramos a nosa atención, traballamos a memoria e a coordinación visual, xestionamos a información, favorecemos a rapidez mental, repasamos as partes do corpo e o vocabulario, e moitas cousas máis ó  mesmo tempo que pasamos un ratiño moi divertido cos compis! 



Por suposto, continumos coas capas e nesta capa do sistema nervioso fixemos un CEREBRO de quita e pon con un pequeno velcro, este está unido á MÉDULA (feita cun cordón verello) que vai por dentro da COLUMNA VERTEBRAL (palliña) e sae cara o brazo en forma de NERVIO para que este se poda mover por orde do cerebro. Quedoulles estupendo.

Esta semana ademais fabricamos un cerebro!!! Fixémolo facendo unha visita á clase de 6º de infantil. Empregamos pos de xelatina, xa que a xelatina ten unha textura semellante ó tecido do cerebro.
Primeiro cheiramos os pos que arrecendían un montón ata coa mascarilla posta. Logo disolvemos en auga fervendo, removemos con coidado, mesturamos auga fría e deixamos nos moldes ata o día seguinte.

Ó día seguinte comezamos apalpando ambos hemisferios cerebrais.

Logo probamos a xelatina reservada para tal fin. cada un coa súa culler.

 
Por último, desfixemos a nosa obra maestra para experimentar esta textura tan rara!


Foi unha gran experiencia!

Rematamos a semana do sistema nervioso aprendendo que o sistema nervioso envía sinais a todo o corpo para que este funcione correctamente. Puxémolo en práctica traballando con ESCORNABOTS un robots xeniais que temos no cole para aprender dunha forma divertida. Así,comezamos experimentando e logo planificamos percorridos, cotamos, eliximos dereita-esquerda, etc. 
Así, aprendemos que dábamos ordes que percorrían os cables e facían mover as rodas, igual que o noso CEREBRO envía ordes a través dos NERVIOS ata chegar os nosos MÚSCULOS para producir movemento.


Foi unha gran experiencia coa que repasamos e aprendemos un montón! Seguiremos as próximas semanas.

Grazas a todos e todas, continuaremos a próxima semana!!!

25.03.2022

O CORPO: SISTEMA CIRCULATORIO


Continuamos cun novo sistema, e esta vez foi a quenda do circulatorio.

Seguindo coa nosa rutina de estudo comezamos recordando algúns detalles que xa coñecíamos grazas as presentacións anteriores, como que o motor do noso corpo é o CORAZÓN e que este leva sangue a todo o corpo por VEAS e ARTERIAS.

Logo investigamos como sempre.


Deixamos algúns dos vídeos que vimos cando fixemos a busca de investigación:

Tanto nos libros como nos vídeos falábase de como o CORAZÓN bombeaba SANGUE a todo o corpo. Para comprender mellor como funciona o BOMBEO experimentamos con contagotas que ó expandirse como o corazón cárganse e ó apretalos/contraerse disparan auga/sangue tal e como fai o corazón enviándoa a todo o corpo.

Para facer a nosa sangue particular empregamos auga a odo de PLASMA, cor vermella para os GLÓBULOS VERMELLOS, branco para os GLÓBULOS BRANCOS e amarelo para as PLAQUETAS.


Descubrimos que o corazón ten 4 habitacións polas que pasa o sangue e que se chaman AURÍCULAS e VENTRÍCULOS. Soubemos que os GLÓBULOS VERMELLOS do sangue pasan a recoller OSÍXENO do aire dos PULMÓNS para levalo a través das ARTERIAS por todo o corpo. 

En papel plasmamos o camiño da sangue a través dun labirinto.


Tamén estudamos que o PLASMA é o líquido no que van flotando os compoñentes do sangue. Os GLÓBULOS VERMELLOS cargan co osíxeno, os  GLÓBULOS BRANCOS veñen ser os policías defensores do noso corpo fronte os virus e bichiños que nos queren facer dano e enfermar e as PLAQUETAS son as "tiritas" protectoras que bloquean a saída de sangue cando nos facemos unha ferida.

Así, co que fomos descubrindo, elaboramos a páxina da capa do SISTEMA CIRCULATORIO: debuxamos a separación entre aurículas e ventrículos, pintamos un de cada para o sangue das ARTERIAS e outros para a de VEAS, decoramos veas e arterias dos brazos con pegamento de brillantina azul escuro e vermella, pintamos os pulmóns e engadimos purpurina azul clara para o OSÍXENO, empregamos la e abalorios para  facelos circular.




Quedou moi ben!

Ademais fixemos bolsiñas sensoriais cos elementos básicos que estudamos do SANGUE: PLASMA con auga, GLÓBULOS VERMELLOS con boliñas de xel vermellas, os  GLÓBULOS BRANCOS con pompóns  brancos e  PLAQUETAS con boliñas de xel amarelas.
Para preparar as boliñas deixámolas a remollo dun día para outro e coas boliñas aproveitamos para practicar o conteo. metemos boliñas por tandadas de 5, 10 ou 15. Estivo moi entretido!

Quedaron xenial!

Experimentamos unha vez máis co ESTETOSCOPIO que nos trouxera IZAN e revisamos o ELECTROCARDIOGRAMA que trouxera MARTÍN. Escoitamos o corazón a distintos ritmos: rápido e lento  co estetoscopio e logo sentímolo coa nosa propia man no pescozo tras correr e saltar no sitio.

Tal e como falamos dos análises con anterioridade cando MARTÍN cando nos explicou como funcionaban os ANÁLISES de orina, achegámonos ós análises de SANGUE e a un dos instrumentos principais dos laboratorios: o MICROSCOPIO. Grazas á aportación de XOEL que nos prestou un, empregámolo para examinar unha gotiña de sangue.

Como queríamos ver algo máis, XOEL tróuxonos unha mostra de auga de charco que observamos que parecía limpa, pero que ó vela polo microscopio puidemos ver estaba sucia.


Ademais, nestes días tamén volvemos sobre o ELECTROCARDIOGRAMA de MARTÍN para falar do ritmo dos latexos do corazón. Recordamos como ían os nosos latexos en repouso e logo de correr. Despois observamos como se podían ver "escritos" os latexos rápidos, normais e lentos dun corazón para poder distinguilos.  Practicamos distintos ritmos con palmas e máis tarde tratamos de reproducir ritmos en papel. 



Voltamos sobre os electro cardiogramas examinando un que nos trouxo XOEL. Fixámonos nas pulsacións vendo os "picos" nas liñas".


Outra das actividades especiais que fixemos foi examinar unha maqueta dun corazón enorme que nos serviu para ver con claridade as súas partes: AURÍCULAS E VENTRÍCULOS. Fixámonos en que cada aurícula está comunicada cun ventrículo e que pasa a través dunha "porta", a válvula que deixa pasar a sangue cn cada latexo para logo seguir o seu camiño cara o resto do corpo. Puidemos toca e meter os dedos dunha "habitación" a outra vendo o camiño que segue a sangue.


Logo continuamos empregando unha das tablets do cole para una actividade interactiva sobre o interior do corpo, neste caso atendendo ó CORAZÓN e os seus movementos. A travñes desta activdade observamos os movementos do corazón ó ritmo de latexos e o camiño que segue a sangre ó seu paso por este músculo.


Por suposto seguimos repasando o xa visto e facémolo a través das vosas aportacións. Nesta ocasión XOEL foinos explicando o seu libro dos sistemas e ENZO co seu debuxo do esqueleto, no que foi nomeando os ósos segundo as cores que emregou. ó Ó mesmo tempo, o resto da clase foi facendo as súas aportacións dando máis detalles agora que xa sabemos moito máis que ó comezo!


Tamén aproveitamos a asemblea para debuxar todo o noso corpo, e non só non esquecemos nada, senón que poñen moitos detalles.


Moitas grazas a todos e todas por colaborar! A próxima semana seguiremos co seguinte sistema!

01.04.2022

O CORPO: SISTEMA RESPIRATORIO

Nova semana e novo sistema. Nesta ocasión foi a quenda do sistema respiratorio. Repasamos o que sabíamos sobre este sistema facendo unha chuvia de ideas. Logo observamos as reproducións que tiñamos na clase e que nos aportaron AARÓN e XOEL e que temos no recanto do corpo.

Fixemos unha investigación seguindo a nosa rutina de estudo buscando nos libros, imaxes e vídeos de internet.


Aquí deixamos os vídeos que atopamos.



Recordamos a utilidade de controlar a respiración para poder relaxarnos. Fixemos prácticas xa coñecidas anteriormente algunhas novas que prendemos.
Comezamos con algo que xa temos feito: CONTAR durante a respiración.

Logo probamos a RESPIRACIÓN  DE CAIXA pero en lugar de inspirar, reter, expirar aguantar 4 segundos en cada fase fixémolo só con 2 segundos para que nos resultara máis sinxelo.



Outra delas foi a RESPIRACIÓN DIAFRAGMÁTICA que axuda a relaxarnos e diminuir o estrés. Para facelo primeiro empregamos a técnica estirados no chan sentindo como se hinchaba o noso ventre coas nosas mans. Para facelo fixémolo tumbados relaxados boca arriba coas mans na barriga e respirando pausadamente hinchando o abdome con cada inspiración pola nariz pola acción do diafragma e soltándoo pola boca como facemos sempre. Logo fixémolo por parellas.



E por último a a respiración ALTERNANDO as fosas nasais.

Repasamos  as partes e función e plasmámolo e papel.



Observamos a maqueta dos pulmóns`para velos en grande e con detalle. Déronse conta de que se podían observar unhas divisións nese pulmón e buscamos imaxes. Aprendemos que os pulmóns son algo diferentes entre eles. Un ten 3 lóbulos e o outro 2 xa que deixa máis espazo para o corazón.

Empregamos a tablet para observar o proceso da respiración. E obserbamos cómo encaixaba o corazón.

Preparamos a folla da capa do sistema respiratorio. Para facelo empregamos palliñas para facer as entradas de aire de NARIZ e BOCA, LARINXE, TRÁQUEA, BRONQUIOS e globos para os pulmóns.

Tamén pegamos esponxa para simulalos.

Probamos a ver se funcionaban correctamente.


Aproveitamos que vimos as vogais en minúscula para repasar detalles da cabeza. Quedaron personaxes moi simpáticos.

Tamén examinamos no microscopio augas sucias que recolleron XELDA e MARTÍN. XELDA trouxo auga de charco e MARTÍN auga dun depósito. Retomamos así o que xa falamos de que aínda  que a auga pareza limpa pode estar sucia e chea de bacterias e bichiños que nos poden poñer enfermos. polo que é importante non beber calquer auga ó igual que non debemos meter nada na boca e debemos limpar moi ben as mans.

AARÓN axudounos a repasar cunha manualidade estupenda que fixo coa axuda da súa familia. Explicounos que empregou macarróns, palliñas, cordóns e cartolina. Explicounos todas as partes: pel, uñas, dedos, articulacións, ósos e repasamos como se produce o movemento. O cerebro envía a orde a través da columna vertebral e logo polos nervios para que se movan os músculos e así se poda mover a man. Aarón logo de presentar o seu traballo foi percorrendo a clase para que todos puideran experimentar. Xa forma parte do noso recanto do corpo!


Moitas grazas por colaborar e a próxima semana máis!

29.04.2022

O CORPO: SISTEMA DIXESTIVO

Volvemos á carga co sistema dixestivo e defrutamos moito!
Primeiro  investigamos como sempre en libros, repasado o noso recanto e en internet.



Logo falamos sobre ter unha alimentación saudable, sobre o que significa e como inflúe no noso corpo.
Traballámolo en papel preparando un prato saudable para o que foron elixindo os alimentos que máis lles gustaron. 


Plasmamos en papel o visto nos vídeos e libros sobre o camiño da dixestión.

Preparamos a capa do sistema dixestivo con diferentes texturas. Plasti para o interior da BOCA e GARGANTA, unha palliña para o ESÓFAGO, un globo para o ESTÓMAGO, la para o INTESTINO delgado e papel de seda para o groso. Fomos completándoo seguindo o camiño da comida.

Para facelo tiveron que modelar a plasti, manipular o globo para que coincidira co esófago, cortar o fígado en goma eva, medir e cortar a la e facer churriños co papel de seda. 




Para a experiencia deste sistema fixémolo coa profe COVA de inglés, e foi xenial. Con ela estamos traballando tamén no proxecto do corpo. Nesta ocasión primeiro púxonos un vídeo sobre a dixestión e o camiño que segue a comida dentro do noso corpo. 


Logo fomos decorando un corpo en cartolina e picando un oquiño para o estómago.
Por parellas foron recheando unhas bolsiñas transparentes que farían de estómago. Engadiron un pouco de todo.

Logo machucaron todo xunto como se se estivera dixerindo.

Por último fixámolo na cartolina do corpo e quedou xenial. Traballaron moi duro!


Rematamos a semana e co sistema dixestivo coa presentación de XOEL dunhas imaxes do intestino. Falounos de que eran imaxes reais do interior do corpo e mostrou as na aula. Repasamos o que sabíamos do intestino delgado e groso e como recolle o que necesitamos dos alimentos. Explicou que con esas fotos o médico podía ver se estaba todo ben no interior do intestino.


E por último nestes días tivemos a presentación de Martín e un novo libro de investigación que nos amosou na aula e que nos permite experimentar as súas páxinas.

A próxima semana máis! Grazas a todos e todas por colaborar!

05.05.2022

O CORPO: OS 5 SENTIDOS

Nos últimos días unha das nosas mestras en prácticas, Elena, levou acabo varias experiencias seguindo

co proxecto do corpo e foi unha experiencia fantástica!

Comezou cun conto sobre os sentidos que nos encantou: "El libro negro de los colores".


Comezaron co sentido do TACTO en relación á ausencia do sentido da VISTA falando do sistema de comunicación BRAILLE. 
Tocaron, formularon hipóteses e investigaron en internet. Logo achegáronse ó alfabeto braille, á letra inicial do seu nome e tiveron que pasmalo nunha tarxeta individual con cores e logo con pegatinas transparentes en relieve. Quedou xenial!


Continuaron explorando o sentido do TACTO a través de diferentes texturas. Para valerse só do sentido do tacto taparon os ollos.


Logo exploraron e expresaron as súas hipóteses sobre o que tocaban!


Remataron vendo o que tocaran anteriormente. Foi estupendo!




Para o sentido do OLFATO presentáronse distindos elementos agrupados. Primeiro tiveron que buscar o que tiñan en común. Logo fixeron teorías sobre se os elementos coa mesmas cores terían olores similares.
Por último uliron os elementos e definiron o que apreciaban.




Seguindo cos sentidos pasouse ó sentido do GUSTO. Unha vez máis cos ollos pechados exploraron distintos sabores. Tentaron adiviñar o que probaron e buscaron a mellor forma de definir os sabores: ÁCIDO, AMARGO, DULCE e SALGADO.



Logo ordearon en equipo as letras das palabras dos sabores principais que probaron e fixeron unha clasificación dos alimentos.


Fixérono moi ben!



O seguinte sentido que traballaron foi o da VISTA. Comezaron moi atentos a un conto o dos "Sete ratiños cegos". 

Logo experimentaton na mesa de luz e foi xenial!



Para rematar pasouse ó sentido do OÍDO. Para este sentido elaboraron PAUS DE CHUVIA reciclando botellas. Quedaron preciosas!!!




Fixérono xenial e estas experiencias foron un éxito!


13.05.2022

O CORPO: MEDICINA

 Seguimos coa profe Elena achegándonos a unha consulta cun vídeo grabado por unha médico e unha enfermeira. Amosáronnos con detalle a súa consulta e os útiles que empregan.


Tras falar e comentar o vídeo traballaron en papel.

Logo presentamos os materiais de médicos do recanto facendo demeostracións prácticas ante os compis facendo un pequeno xogo de roles médico-paciente-enfermeira e comentando a utilidade de cada instrumento.

Nestes días desfrutamos  xogando como se estiveramos nunha consulta, xa que temos unha chea de materiais no recanto do corpo.

Continuamos completando e traballando no libro de texto coa arte adicada á menciña: instrumentos, especialistas, doenzas e vacinas.




Pasado un tempo do visionado do vídeo que presentou a mestra Elena, realizamos preguntas á doutora é enfermeira do vídeo, sobre a súa consulta, os instrumentos que emprega e as enfermidades. Respondeunos moi amablemente e resultou moi interesante!

Como se falou de que nas revisións se tomaba nota dos progresos no crecemento dos nenos e nenas realizamos esa observación na aula. Para iso, retomamos os datos de xaneiro sobre o PESO e MEDIDA de toda a clase.

Anotaron o que medían en xaneiro e volveron medirse. Observaron o seu crecemento e deixaron constanza.


 Realizaron gráficas sobre o seu peso en xaneiro e realizaron comparacións por grupos. 

Logo engadiron os kilos que gañaron dende xaneiro e observaron canto gañaran, perderan ou manteran e reavaliaron as diferenzas no grupo. 

Tamén desfrutamos uníndonos a unha actividade no patio cazando sombras tal e como fixemos no proxecto do SOL do primeiro trimestre e aproveitando a cazar primeiro a sombra do noso corpo e logo a de distintos animais. Foi moi divertido e desfrutamos moito cos compis de 4º e 6º de infantil!

Grazas a todos e todas por colaborar neste proxecto continuaremos completando os últimos detalles do e irémolos amosando como ata agora!

28.05.2022

O CORPO: Repasando!

Esta semana continuamos cos últimos flecos do noso proxecto, ó tempo que repasamos todo o traballado este curso por
medio dun último traballiño sobre os nosos amiguiños da clase e que remataremos nas próximas semanas. Estamos desexando levar para a casa co todos os traballos.

Así, comezamos a semana repasaando o visto no proxecto cun debuxo do corpo. 


Seguimos preparando a portada das capas do corpo.

Estamos preparando a portada dos traballiños do corpo cun puzzle que quedou moi chulo.

Empregamos unha foto que cortamos, revolvemos e volvemos montar.

Logo pegamos a montaxe e decoramos as letras.

Repasaos tamén o estudado e investigamos no proxecto empregando unha lámina na que fixemos de detectives atopando todo tipo de cousas mediante pistas. Déusenos moi ben!

En inglés repasamos as partes do corpo os nomes das prendas que empregamos para cada parte cun xogo xenial que preparou a profe Cova!

Aproveitamos para rematar unha experiencia que levaron a cabo as mestras de prácticas Uxía e Elena con luz negra e unhas fadas. Así, esta semana completamos as partes da cara da fadas e  facer luz negra caseira para poder empregala na casa.

Aquí podedes ver Unhas imaxes da experiencia.

Para facer a luz negra caseira e facer brilar as fadas na casa só necesitades:

 
-1 Lanterna de luz led.
-Anacos de celo transparente ou cinta de embalar transparente.
-Rotulador permanente azul.
Só tedes que poñer na luz un anaco de celo/cinta que a cubra ben. logo pintala co rotu tapando a luz. Logo só tedes que repetir a operación e engadir capas da mesma forma. Nós conseguímolo con 6 capas, pero se a luz e moi forte pode que teñades que poñer máis. 

Seguiremos con máis novas!








16.06.2022

O CORPO: AMIGUIÑOS + REMATANDO!

Nas últimas semanas adicámonos a ir rematando o proxecto do corpo, repasar todo o visto ó longo do curso e ir coñecendo as minúsculas presentes nos nosos nomes. Para estas tarefas fomos conformando o libro dos AMIGUIÑOS. Neste

libriño practicamos as minúsculas das letras dos nosos nomes, buscamos palabras cos sons das letras, repasamos os números, sumas, formas xeométricas, series, conceptos básicos, etc. Ó tempo que coñecemos máis os nosos compis de clase.


Aquí podedes ver unha mostra, traballamos moi duro!

Prepararon unhas portadas con detalles elixidos por eles mesmos.



Tamén facendo as bolsiñas de traballos. Quedaron moi chulas unhas cariñas simpáticas e cos nosos nomes en minúsculas.



Rematamos tamén as fiestras das estacións que levamos decorando ó longo deste curso entre todos.

Son uns artistas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!