En 4º de infantil rematamos o curso e celebramos os cumples de xuño e verán que non podemos celebrar no seu momento por estar de vacacións. Así celebramos por todo o alto os cumples de TEO, ENZO E ADAM!!!
ORIENTACIÓN ACADÉMICA: O PASO DA EDUCACIÓN INFANTIL Á EDUCACIÓN PRIMARIA
O tránsito entre etapas educativas supón un cambio que implica ó alumno/a unha marcada diferencia, no que se expón a un crecemento persoal, social e educativo. É neste último punto onde reside a importancia de planificar as transicións, pois estas poden afectar ao propio proceso de aprendizaxe, co cal é necesario contemplar nexos e vínculos inter-etapa que favorezan un proceso de tránsito o máis natural e beneficioso posible.