venres, 18 de setembro de 2026

Contacontos especial de principio de curso!

Entre as actividades de principio de curso tivemos unha sesión especial de contacontos coa profe Tamara! O conto narra a aventura dunha  tartaruga moi valente e titúlase "La tortuga que cambió su rumbo" de Rachel Bright.


Logo do conto visitáronnos 2 tartarugas moi especiais que nos trouxo a profe Mel, e ás que chamaron Tula e "Pequeñito" en honra ás tartarugas do conto. 


Por sorte acompañáronnos nas clases nestes días.



Logo en cada clase decoraron un recordiño.
Na CLASE de AZUL:





 Na CLASE de VERMELLO:

Tocalas, ver como esconden as patiñas e a cabeza chamou a atención da maioría dos nenos e nenas de 4 anos. Houbo algún neno que so as quixo ver e non tocar.
Recordamos as explicacións da profe Melani para collelas con moito coidadiño. So Roi se atreveu a coller a máis grande, que ten 18 anos.

Temos a clase falta das nosas artistadas por iso comezamos facendo unha tartaruga para decorar as ventás. Primeiro pintamos a cabeza e as patiñas. Logo picamos co punzón o caparazón.
Con papel de seda de cores fomos pegando trozos encima do caparazón, a profe pasounas polas plastificadora e...
super chulis nos quedaron!!!! 

Rematamos a semana xa listos para comezar o curso porque xa superamos os primeiros días desta nova etapa de 5º de educación infantil. Recordo do conto das tartarugas!!



Na CLASE de VERDE:

🐢 Que sorte chegar á aula e atoparnos con dúas tartarugas! 💚

Despois de coñecer a súa historia a través dun conto, decidimos poñerlles nome: Tula e Pequeñita. E sabedes que descubrimos investigando sobre elas? 🔎🐢 As dúas son femias! Nas tartarugas, o sexo pode identificarse, entre outras características, pola forma e lonxitude da cola e  a parte inferior do caparazón.

Nestes días tivemos a oportunidade de observalas de preto, tocalas con coidado e mesmo darlles de comer. Foi toda unha experiencia! 🤗

E como xa forman parte da nosa aula, quixemos prepararlles unha decoración especial. Fixemos unhas vidreiras de tartarugas para encher a clase de cor e darlles a benvida. 🌈🐢

Isto non fixo máis que comezar... Nestes días seguiremos investigando e descubrindo moitas máis cousas sobre as tartarugas: como viven, que comen, como é o seu caparazón, onde habitan e moitas curiosidades máis.

🔎🐢 Aprender investigando, observando e vivindo experiencias!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!