Comezamos o curso co recendo das vacacións polo que SOL foi un tema que se repetiu bastante os primeiros días. Así fomos recordando as vacacións e falando dos días de SOL en familia, na praia, na aldea, na piscina, no parque...
Os primeiros días coñecemos os novos espazos e materiais da clase, xogamos, fixemos memoria das cousiñas que aprendemos o pasado curso, coñecemos ó novo compi AARÓN e contamos contos.
Un dos contos foi "YO SOY SOL" un libro cortiño que relacionamos coas vacacións e o comezo do curso, coas estacións, as plantas...
Así, unha das primeiras actividades foi cando fixemos soles preciosos coa plasti nova.
Fixemos tamén un SOL entre todos e todas para comezar a decorar a nosa clase. Pintamos un círculo de amarelo, logo pintaron as súas mans de dourado e plasmáronas en papel.
Montamos o sol e fixemos a cariña. Quedou chulísimo!
Como nos gusta moito cantar estamos aprendendo unha canción que moitos xa coñecían: "SOL SOLECITO".
Como o anos pasado, seguimos practicando IOGA e aproveitamos para aprender o SAÚDO Ó SOL!
Fixémolo no patio de maiores dándolle a benvida o noso cole e pedíndolle que nos visite sempre que queira! Aquí tedes imaxes de parte do saúdo ó sol.
Seguindo co SOL, repasamos as figuras xeométricas, xogamos con elas e rematamos construindo uns soles chulísimos!!!
Para informarnos un pouco máis, buscamos SOL en internet para ver e analizar imaxes. Para facelo cada grupo buscou nun POPIT as letras que debíamos escribir no ordenador para atopar imaxes do SOL. Atopáronas moi rápido e atopamos unha chea de imaxes impresionantes que comentamos na clase fixándonos nos detalles.
Tamén buscamos vídeos para nenos e atopamos un que explicaba que o SOL é unha ESTRELA que está no espacio, que é moi GRANDE, que está moi QUENTE e está moi LONXE!
Como vimos nos vídeos, no conto e recordabamos do pasado curso, o SOL é moi importante para as plantas. Polo que nos informamos e decidimos facerlle un oco ás plantas na clase.
Comezamos investigando sobre que necesitan as plantas para vivir e como coidalas e logo recollémolo en papel como imos facendo co que estamos traballando cada semana. Así practicamos cos distintos materiais e repasamos lectoescritura, mates...
01-10-2021
Esta semana continuamos co SOL investigando cousiñas das que falamos en clase os primeiros días.
Unha das cousas que recordaban
os nenos e nenas da clase era que o SOL ademáis de darnos calorciño para ir á praia, á piscina ou de paseo en manga curta e gorra, tamén daba a luz e enerxía que necesitaban as plantas para poder vivir e crecer ben fortes. Así o vimos o ano pasado co experimento coas lentellas e así o experimentamos este ano plantando HERBA DE GATO!
Para facelo vimos uns vídeos e lemos as instrucións do sobre de SEMENTES.
Comprobamos que tiñamos todo o necesario e puxémonos mans á obra en cada grupo para facer a nosa plantación.
Xa vos mostraremos como seguen. pero de momento crecen bastante diferente. Seguremos observando!
Acollemos na clase tamén unha CICLAMEN que é unha planta con flor que se da en inverno e non precisa moita luz, polo que cremos que nos durará na nosa clase.
Fixámos no CICLAMEN e falamos das súas partes. investigando con atención e fixemos a nosa propia planta coas súas partes.
Puxemos brillantina para a SEMENTE, la marrón para a RAÍZ, papel de seda verde enroiado para o TALO, FOLLIÑAS recortadas de papel verde e fixemos as FLORES con témperas de cores. Ademais decoramos con rotus de cores as macetas.
Quedou xenial !!!
Pouco a pouco imos montando un espazo da NATUREZA na aula, e para acompañar á herba de gato e o ciclamen plantamos nestes días unha planta que agardamos que vaia crecendo neste curso: PENSAMIENTOS. Esta planta crece tamén en condicións semellantes ó ciclamen e agardamos que xermine.
Para facelo primeiro vimos un vídeo e logo puxémolo en práctica. De SEMILLEIROS reutilizamos unhas caixas de ovos que nos gardan d cociña. e agora para regar empregamos unha botelliña vella que gardamos das augas que traemos, xa que bota pouquiña auga e non nos encharca as plantas.
Aproveitamos tamén para saír explorar o patio en OUTONO.
Fixámonos nas follas dos árbores, nos ourizos, castañas, bellotas, nunhas setas, no musgo, tocamos o chan húmido... Aprendemos abrir os ourizos cos pes para non pincharnos na busca de castañas e recollemos elementos de outono para a nosa mesa da natureza. Xa na aula falamos do que observamos, cores, sensacións...
Para poder plantar as poucas castañas que atopamos, vimos un novo vídeo que daba truquiños para que naceran máis doado.
Así, o primeiro que recomendaba era deixalas en auga. Así comprobamos que algunhas flotaban e seguramente non nacerían e dámoslles a oportunidade de hidratarse para tentar facelas xerminar.
Ó día seguinte selecionamos as CASTAÑAS e LANDRAS que non flotaban para tentar facelas crecer.
Moitas flotaban e tivemos que descartalas. O resto plantámolas seguindo as instrucións dun vídeo especializado. A ver se temos sorte!!!
Polo momento miraremos se sae raíz. Se sae coidarémolas e poñerémolas ó crecer nun recipiente máis grande.
Recollemos todas as plantas nun espazo da NATUREZA que temos na aula.
Nestes días retomamos outra das suxestións dos nenos e nenas da clase que falaron do SOL en relación a que nos da LUZ, e con ela estivemos traballando. Pero isto é outra historia e seguirémos contándoa a próxima semana!
08-10-2021
Seguimos co SOL, pero esta vez fixámonos nalgo que saíu varias veces na clase... que non sempre está!!! Resulta que ás veces é DÍA e ás veces é NOITE!!!
Así que fixámonos neste feito e nos seus detalles cun par de vídeos que fomos analizando na clase.
Pola noite sae a LÚA e escurece, polo que case non vemos. Logo aparece a luz do SOL e menudo cambio! Pero... Por qué hai día e noite?
Vemos un vídeo para descubrilo.
Logo fixemos un experimento para vivenciar o paso do día á noite para comprender cómo sucede ó tempo que identificamos ambos momentos do día. Para facelo falamos de qué necesitaríamos e apidamente dixeron que luz e escuridade.
Primeiro o encargado fixo de SOL e iluminou unha mini TERRA que temos. Logo pegamos unha persoa de xoguete e un axudante fixo rotar a Terra e fixámonos en cándo era día para esa persoa e cándo era noite. Logo os demais foron vivenciando o DÍA e a NOITE rotando e identificando o día e a noite segundo lles daba o SOL ou non.
Rematamos como sempre plasmando en papel o que investigamos.
Outra cousiña na que traballamos foi as cousas que pasan polo DÍA e cousas que ocorren pola NOITE:
Desaiunamos, ímos ó cole, xogamos, comemos, descansamos... E pola noite ceamos, aseámonos e ímos durmir. Participamos nun xogo na pantalla para clasificar momentos que vivimos habitualmente.
Para recordar o que falamos e traballamos no xogo da pizarra resumímolo clasificando cousas relacionadas co día e a noite en papel.
Tras tanto falar do SOL, o DÍA e a NOITE, lemos un conto moi divertido no que se apaga o SOL!!! Aquí o deixamos por se vos apetece repetir!
Seguimos traballando en papel aprendendo cousiñas, como a canción de "SOL, SOLECITO" que nos sae xenial!!!
Ademais logo do experimento do día e da noite falamos da sombra, ese espazo no que non chega a luz e convertémonos en CAZADORES DE SOMBRAS!
Rematamos cunha busca en grupos sobre o día e a noite nos contos da biblioteca de aula, na que logo saíron presentar as súas pesquisas de un en un ou por parellas.
Todos realizaron a actividade explicando escenas dos contos nas que interpretaban que era de día ou de noite e explicaban as razóns polas que escolleran no grupo esas partes dos contos e respondendo preguntas sobre os descubrimentos. Así, todos mostraron o que aprenderan nestes días.
Fixérono xenial, e iso cando traballaron en grupo tiveron que poñerse dacordo, o que non é fácil e que logo tiveron que expoñer diante de todos. Sen embargo, explicáronse moi ben dando moitas veces detalles sobre o que interpretaban da imaxes e xustificándose. Poden estar moi orgullosos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!