Esta semana conmemoramos o Samaín! Todo neno e nena que quixo puido acudir ao centro disfrazado, e viñeron moi monstruosos!
Ademais, os nenos e nenas de infantil prepararon unha merenda eles mesmos. Cada un deseñou a súa propia momia: primeiro transformaron pans cadrados en círculos axudándose dunhas tapas; logo engadiron sangue de vampiro (salsa de tomate) e, os que podían comer carne, engadiron pel de serpe (xamón cocido); despois, moco de rato (queixo) e, por último, ollos de caracol (aceitunas).
Con todo listo, levouse ao forno uns minutos e un representante de cada clase botoulles un meigallo para que se cociñasen ben.

E con todo cociñado xuntámonos a comer e rematar cunha minifestiña!
Tamén vos deixamos fotiños cos disfraces!
Grazas por colaborar e tede un feliz Samaín!











Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!