4-2-2023
Comezamos cunha chuvia
de ideas para ver todo o que crian saber e as cousas sobre as que nos gustaría investigar. Logo recollémolo en papel.Para facelo
buscamos en internet para enterarnos ben de qué son os FÓSILES. Descubrimos que son restos de animais, plantas e moitas cousas máis do pasado que o quedar enterrados e pasar miles de anos se converten en pedra e así chegan os nosos tempos e polos que os científicos obteñen moita información importante.Logo de investigar traballamos en papel o proceso que sofren os restos para converterse en fósiles.
Tratamos de reproducir con plasto e materiais do noso recanto de dinos, un fósil. Empregamos plasti e presionamos a parte do dino que queríamos marcar. Quedou moi ben.
E con isto chegou o momento de empregar o xogo de XOEL no que nos convertemos en PALEONTÓLOGOS E PALEONTÓLOGAS que buscan e estudan restos FÓSILES! Vainos levar bastantes días, pero poucoa pouco seguro que imos atopando algún resto fósil.
Seguimos cuns fósiles especiais: os OVOS de dinosaurio! Grazas a eles sabemos que eran OVÍPAROS.
Así, centrámonos no dinosaurio MAIASAURA.

Aquí uns vídeos que nos gusta compartir con vós.
No primeiro só nos fixamos nas súas características para descrivilo e para tentar facer teorías sobre as súas características.
No segundo informámonos ben do que se cre saber a día de hoxe.
A próxima semana continuaremos investigando.
Grazas a todos e todas por colaborar e continuaremosa próxima semana!
18-2-2023
Esta semana estivemos centrados na orixe e na historia dos dinosaurios. Para isobuscamos en internet e nos libros de clase.
Achegámonos nestas semanas ó dino do que fixemos o disfraz de entroido: PARASAUROLOPHUS.
Investigamos un pouco e deixamos un par de vídeos dos que sacamos información e cos que nos divertimos nestes días!
Vímolos en 3D por quendas e sacámoslle unhas fotos do que observamos. Deixamos unha foto de recordo que sacamos xuntos.


-1 Lanterna de luz led.-Celo transparente ou cinta de embalar transparente.-Rotulador permanente azul.
18-2-2023

O alumnado de infantil participou nas xornadas de Entroido! Así prepararon o seu disfraz baseado nun conto de dinos para o venres. Na clase devermello fixeron difraz de DIPLODOCUS, na clase de verde de TRICERATOPS, e na clase de azul de PARASAUROLOPHUS.
Ademais participamos nos mandados do Meco:
9-3-2023
Logo buscamos información de ónde se cre que vivían os dinos que fomos investigando ata agora. Como vivían en Panxea atopáronse fósiles en varios partes do laneta, pero pouco a pouco fomos colocando os dinos nun mapa grande en clase. Iremos completándoo a medida que vaiamos investigando máis dinos.
11-3-2023

CLASE de AZUL
Na clase de azul polo Día da Muller coñecemos a Mary Anning cun conto na PDI para coñecer a súa historia, vimos uns vídeos e imaxes en google.
Logo falamos de como a súa historia e a de moitas outras mulleres levou á conmemoración do día da muller a través da reflexión e o visionado dun vídeo explicativo.
Ademais para a Semana da Prensa traballamos con xornais lendo os nosmes de varios deles, vendo que se dividen en seccións segundo o tema do que falan, elementos básicos (imaxes, pés de foto, titulares, texto da noticia...), diferencias entre xornais (a cor, branco e negro...), e lemos algunhas partes.
Noutra ocasión empregamos xornais para cazar letras, titulares, fotos, pés de foto...
Tamén elaboramos a nova da semana sobre as conmemoracións que tivemos e sobre as que traballamos na aula.
19-3-2023
Partindo do Día da Muller, no que colecimos a Mary Anning, continuamos investigando sobre a que é considerada a nai da paleontoloxía.
Logo investigamos en internet. Soubemos que Mary creceu cos seus pais e súa nai en Lyme Regis, situado en Inglaterra, na coñecida hoxe como a costa xurásica pola gran cantidade de restos fósiles desta etapa.
Mary traballou na busca de fósiles coa súa familia dende pequena e conseguiu grandes logros que abriron o coñecemento sobre a era dos dinosaurios.
Adicábase a venda de fósiles, algo do que se aproveitaron moitos científicos da época que se otorgaban a si mesmos os logors desta traballadora.
Descubrimos que unha das cousas que vendía eran fósiles de AMONITE, un animal que viviu no mar por todo o mundo e do que aínda hoxe atopmos restos de forma común. Por sorte puidemos observalos en clase.


Seguiron chegando materiais que empregamos nas investigacións e para xogar no recanto do proxecto!
24-3-2023
Para a actividade os nenos e nenas da clase deseñaron
a historia, personaxes... Fixérono en pequeno grupo e logo chegando a acordos.Deseñaron ós protagonistas e elementos básicos dos escenarios con cartulinas e rotus de cores que logo cortaron.
Logo fixeron a representación con teatro de sombras en pequenos grupos diante dos compis e foi estupendo!

Esta semana celebramos o DÍA DA POESÍA con dinos!
Para iso escoitamos algunhas, examinamos cancións xestuais e as súas rimas, un conto coñecido rimado... E por fin en grupo foron buscando rimas e compoñendo unha poesía moi simpática. Aquí tedes o resultado!

Aquí podedes ver como un grupo de compis recrearon un museo de dinos.
Decubrimos moitas cousas interesantes deste animal. Como que é acuático pero podía saír da auga, que era carnívoro comendo peixes e réptiles pequenos, que os había de moitos tipos e tamaños ...
Investigaron nos libros e en internet en artigos, imaxes e vídeos.
Nestes días seguiron chegando materiais!
30-3-2023
Escollendo os sobres para cada grupo e comezamos a aventura!

Aquí vos deixamos unhas imaxes da experiencia.
Grupo A: coas mestras Tamara e Uxía.
Grupo C: coas mestras Melani e María.
Buscando pistas por todo o colexio
Todo el equipo con su tesoro
Imaxes dos nenos e nenas de cada clase co tesouro que atoparon!
CLASE DE VERMELLO
CLASE DE VERDE
CLASE DE AZUL
31-3-2023
Por último achegámonos a outro dos seus maiores decubrimentos, os COPROLITOS. Xa saíran nas nosas investigacións, pero non chegamos a buscar sobre eles.Decubrimos que eran unhas formas cilíndricas fosolizadas, que resultaron ser feces de dinosaurio!
Grazas a eles descubriron que comían e como vivían!
24-4-2023
Volvemos das vacacións repasando máis a fondo detalles sobre os dinos e outros seres vivos. Nesta ocasión centrámonos na alimentación, e como esta se reflexa nas características do seu corpo para atacar, no caso dos carnívoros, e defenderse, no caso dos herbívoros.
Ademais tivemos a sorte de que unha nai se animara vir presentar un dino novo a clase!
AARÓN tróuxonos uns dinos super chulos: 2 TRICERATOPS e 1T-REX. Falounos un pouco deles e fíxoo moi ben.12-5-2023


Engadíndoo ó dossier de dinos...
Tamén tivemos actividades especiais!
Mónica e Adriana contaron un conto moi chulo en busca dun dino, amosárono e deixaron un detalliño de recordo.
24-5-2023
Neste
Logo collemos de novo o bus e fomos ata o parque de Lugo que se atopa xunto ó río Miño, ó lado do pazo de feiras e exposicións.Deixamos un vídeo resumo da experiencia. (Recordade seleccionar a calidade adecuada na rodiña).
28-5-2023
Logo da visita profundizamos nalgúns dos dinos relacionados coas aves que coñecemos, como o PTERODAUSTRO que é moi semellante ó FLAMENCO.
Rematamos a semana coa visita especial dos pais de ADAM. Así, o noso compi contounos un conto de animais coa axuda dos seus pais. Logo enlazámolo co proxecto achegándonos á relación das aves que saían no conto e que víramos na nosa visita a AVIFAUNA.
20-6-2023
Para facelo, primeiro estivemos investigando nos libros que aportastes as familias.
Logo buscamos en internet. Recollemos en papel.
Despois fixemos unha lámina de acuarelas, rotus, témperas, purpurina, algodón e unha pegatinas de dinos que escolleron eles mesmos

21-6-2023
Rematando o curso e o noso proxecto de dinos leváronse a cabo varias actividades especiais para acabar por todo o alto!
Comezamos cunha sesión de cine vendo Ice Age 3, na que saen unha pila de dinos coñecidos!



.png)
.png)









.png)

.png)
.png)





















.png)

























.png)




































.png)








.png)










































































































.gif)








.png)


.png)










.gif)




.gif)


.gif)





.gif)


.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!