sábado, 28 de marzo de 2026

CHEGOU A PRIMAVERA!!! E SEMENTAMOS


Coa chegada da primavera, os máis pequenos do colexio puxéronse mans á obra cunha actividade moi especial. Cheos de ilusión e curiosidade, prepararon uns maceteiros para dar vida a pequenas sementes de flores.

Primeiro, encheron os maceteiros con terra. Despois, con moito coidado, foron colocando as sementes, como se gardasen pequenos tesouros cheos de vida. Finalmente, regaron con auga, sabendo que ese xesto sinxelo era esencial.

Cada día, os nenos e nenas achegábanse aos maceteiros con entusiasmo, observando atentos os cambios, aprendendo a ter paciencia e a respectar os tempos da natureza.

venres, 27 de marzo de 2026

L de Leo López e as abellas!

Rematamos a última semana do 2º trimestre trazando unha letra que a coñecemos moi ben a L, fixemos a de Leo Lombao e Lucía e, quedábanos a de Leo López. Ademais, coñecemos máis sobre uns animais cos debemos ter coidado por se nos pican: as abellas.

O BOSQUE 4 ANOS

 


Esta semana estivemos traballando os animais e as plantas, coñecendo que existen animais e tamén especies que están ameazadas e que poden desaparecer se non as coidamos.

CUMPLES DE MARZO: ICÍA E VALENTINA

 


No mes de MARZO cumplen anos ICÍA e VALENTINA

O bosque: chegou a primavera !

Pasa o tempo voando e xa estamos en primavera! Co inicio da nova estación comezamos a cambiar a decoración da árbore da entrada.

mércores, 25 de marzo de 2026

ACTIVIDADES DAS FAMILIAS DE CATRO ANOS

 

A mamá de Valentina visitounos para contarnos un conto titulado “Semillas”, no que aprendemos a importancia das sementes, do coidado das plantas e de como medran pouco a pouco ata converterse en fermosas flores.

venres, 20 de marzo de 2026

C de Carlota e as troitas!

  Esta semana traballamos a letra C, a da nosa compi Carlota e falamos das troitas.

Día da poesía con Rosalía de Castro


Este ano traballamos o DÍA DA POESÍA da man de Rosalía de Castro.

Todo o cole colaborou nun mural de Rosalía recheo de caligramas con palabras, versos e referencias á escritora galega.

martes, 17 de marzo de 2026

O conto do Becho Pelota coa familia de Carlota.

  Hoxe tivemos visita das especiais. Veu a nosa clase contar un conto os papás de Carlota.

venres, 13 de marzo de 2026

D de Dennis e o clima.

 Esta semana traballamos a D de Dennis, grabamos na radio un contiño para participar nun concurso de podcast e falamos de como o clima inflúe no día a día dos bosques.

O bosque: entre noticias de animais !


Esta semana conmemoramos a SEMANA da PRENSA. Grazas a vós puidemos investigar en artigos de xornais e coa temática do bosque.

O BOSQUE: CATRO ANOS

 Observamos nunha foto a nosa lagoa e os animais que viven nela. Miramos con atención para descubrir os diferentes animaliños e falar sobre eles na clase.

mércores, 11 de marzo de 2026

ACTIVIDADES DAS FAMILIAS DE CATRO ANOS

A mamá e o papá de Xiana viñeron á clase a contarnos o conto Xela na fraga. No conto aparecían moitos animaliños da fraga, como o raposo, a curuxa, o coello, o esquío e tamén paxariños que vivían nas árbores.

O conto trata dunha nena chamada Xela que vai á fraga e descobre todos os animais que viven alí. Mentres pasea, aprende a coñecelos e a respectar a natureza. Tamén nos ensina o importante que é coidar o bosque e aos animais que viven nel.

Gustounos moito escoitar a historia e aprender cousas novas sobre os animais da fraga.

domingo, 8 de marzo de 2026

8M entre ananiños


Esta semana conmemoramos o Día da Muller e fixémolo xuntándonos cos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

venres, 6 de marzo de 2026

L de Lucía e noticias de prensa con animais do bosque

  Esta semana traballamos a L de Lucía que xa a coñeciamos de Leo Lombao e comezamos a traballar coas noticias que enviastes á aula.

O conto dos bicos dos animais antes de durmir coa familia de Dennis.

 Hoxe tocou visita de familias. Os papás de Dennis viñeron a nosa clase para contarnos un conto dos animais.

O bosque: animais invasores !


Nestes días estivemos rematando cos cabaliños do demo outros, animais ameazados para pasar a animais invasores presentes na área de Cospeito e outros animais nos que nos fomos interesando.