mércores, 18 de novembro de 2026

A mamá e o irmán de Uxía contan a Bruja Brunilda! Moitas grazas María e Izan!

  Onte visitaron a nosa clase para contar un conto a mamá e o irmán de Uxía. 

Xuntos contaron a Bruxa Brunilda.
Esta bruxa sempre tropezaba co seu gato Bruno porque todo era negro, pero un día ten unha brillante idea...
O que máis nos gusta facer é maxia. 
Os contiños que entran na nosa clase sempre teñen moita maxia. Por iso, imos facer o instrumento que nos falta: as variñas máxicas. Uxía repartiu círculos e seu irmán, Izan, as tesoiras.
Recortamos.
Puxemos pegatinas de brilli brilli, de animais, de corazóns, estrelas, etc.
Por último, decoramos como quixemos.
Izan e María foronnos axudando a pegar uns papeis de cores na variña (xa pintaron o pau na casa de negro). María foi pegando as variñas coa pistola de silicona e os nenos ian escribindo o seu nome.
E tachán....xa temos a nosa variña máxica. Canta maxia!!!!!Están listas para facer pócemas, conxuros...e ata para ser o noso mellor amuleto.
Que bonitas quedan!!! Levámolas na bolsiña do libro da biblioteca para que os nosos libros se enchan de moita maxia e nos axuden a medrar e deixar voar a nosa imaxinación.

Moitas grazas María e Izan, mamá e irmán de Uxía, por vir a nosa clase e pasar un ratiño con nós. Encantounos a vosa visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!