mércores, 1 de xullo de 2026

Axuda para o repaso de verán!


Deixamos algunhas recomendacións e recursos para verán para 3, 4 e 5 anos. 
As asembleas que poñemos son un resumo dos contidos básicos traballados no curso 25-26.
Recordade que cada neno e nena vai o seu ritmo!

Facer clic aquí ou na imaxe.


Moi importante insistir sempre en que collan os útiles de escritura correctamente. 



Recursos 4º de infantil (3 anos)
CLASE DE VERMELLO

Recordade especialmente: practicar a escritura do nome en maiúsculas e dos números do 0 ó 3, xogar cos sons das letras, debuxarse e pintar, empregar os contidos en situacións prácticas das rutinas diarias para desenvolver a autonomía. E sobre todo, xogade e desfrutade moito do verán!




Recursos 5º de infantil (4 anos)

CLASE DE VERDE

Recordade especialmente xogar cos sons das letras, practicar o trazo e a escritura en maiúsculas, vogais minúsculas, números e sumas simples. Tamén é un momento estupendo para desenvolver ó máximo a súa autonomía!
Desfrutade das vacacións de verán!





Recursos 6º de infantil (5 anos) 
CLASE DE AZUL

Recordade especialmente xogar cos sons das letras, debuxo, practicar a escritura en maiúsculas e minúsculas, a lectura (cada un ó seu ritmo e posibilidades), o conteo, o trazo de números, sumas e restas simples. Sempre que sexa posible en situacións reais da vida diaria e en forma de xogo.
Tamén é un momento estupendo para desenvolver ó máximo a súa autonomía e fomentar responsabilidades.
Pero sobre todo xogade e disfrutade moito verán!
Para o repaso queda de referencia unha asemblea cos contidos básicos deste curso e xogos variados de repaso.


O equipo de infantil deséxavos que pasedes un verán feliz!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!