Esta semana revisamos o traballiño do libro e a todas as tarefiñas que fixeron coa profe Uxía, e traballaron un montón! Así, comezamos as últimas investigacións sobre unha planta típica dos bosques galegos e que vemos moi a miúdo: os CROQUES !
Descubrimos que ten moitos nomes (belicroque, milicroque, estalote, dedaleira...), que aínda que é tóxica, antes a usaban para curar ou axudar a algún problemas de saúde, e que hai lendas que as relacionan coas pocións das meigas galegas.
Tivemos unha planta na clase para as nosas investigación.
Logo recollemos en papel para ter recollida parte da investigación.
Comezamos con algunhas manualidades necesarias para as últimas actividades deste curso!
Algunha portada ...
E continuamos cos contacontos voluntarios!
Temos pendente unha lectura para a semana dun dos contos que chegou á clase e que non deu tempo a leer nesta.
Podedes seguir participando, recoméndanse contos curtos que coñezan ben e poden ser para ler con ou sen axuda.











Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!