luns, 19 de outubro de 2026

As meigas!!!Novo proxecto




Comezamos o proxecto deste trimestre: As meigas. Semana a semana iremos coñecendo máis sobre estes personaxes.

Como cada día, comezamos pola asamblea.











Recordando e practicando letras.



Comezamos proxecto. Compartimos un conto entre as tres clases na biblio. Como mola tu escoba!!!!


Que son as meigas? Deixando a pegada dos nosos dedos de diferentes cores.


Representan mulleres con coñecementos ocultos, capacidades máxicas ou curativas.

Non nos esquecemos de contar e trazar os números.

E as bruxas? Decoramos un gorro e debuxamos unha bruxiña. A diferencia entre bruxa e meiga é que unhas son boas e outras non tanto.
As bruxas e as meigas teñen diferentes animais que as acompañan, un deles é o gato que son os seus amigos e confidentes. Pintamos un gato cun tenedor.
Coa axuda da profe decorámolo.

Imos facer un pote máxico. Comezamos a copiar cousiñas da pizarra, neste caso escribimos POTE MÁXICO. Os potes ou caldeiros de ferro serven para facer as pócemas. Tamén empregan as vasoiras de xesta que serven para "varrer" o mal de ollo nas casas ou como transporte nocturo, según nos conta a lenda. 
Chegou o momento de facer unha pócema máxica. Collemos témpera, deterxente e removemos cun pincel e cun tubo de papel hixiénico estampamos.
Guauuu...fai pompas...o noso pote ten moita maxia.
Que ben o pasamos!!!

O noso recuncho comeza a encherse de sabedoría. RECANTO DAS MEIGAS!!!

Lía trouxonos unha bruxa que fixo coa súa mami.

Bela coa súa mamá fixo este 3 en raia de gorros e gatos.


Ensinounos a xogar.

 Carlota coa súa mamá  fixo este gorro tan colorido.

Moitísimas grazas familias por aportarnos sabedoría e colaborar. Temos máis cousiñas que ensinarvos para o noso recanto que volo mostraremos na vindeira publicación.

Un momento de xogo na mesa da semana pasada.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!