PROXECTO DE ARTE 3 AÑOS

 



Comezamos proxecto de ARTE!!!
Empezamos a traballar no libro do proxecto descubrindo que se atopaba detrás dos pinceis
Tamén escribimos o nome de Vicente Van Gogh que se lle escaparon as vogais
Tamén comezamos con artistadas de cores e formas, como estes circulos vermellos

Na asamblea apareceron novos xogos como este memory de animais
Plasmamos cadrados azuis con esponxa
Otro xogo novo na asamblea de facer unha torre, contando, mirando os números...
Empezaron a chegar cousiñas para o recuncho da ARTE como un conto de VAN GOGH
A páxina elexida por Icía foi a destes xiraxois de moitas formas diferentes

Támén trouxo unha PALETA e PINCEL como a que usan os pintores

e este fermoso cadro feito coa axuda da súa mamá!!  Como o de Van Gogh
Tamén fixo un cadro ca súa inicial parecido ao que fixeran coa profe Eli
ICIA xa casi é unha artista profesional. MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!
Estamos recollendo moitas pilas para PILABOT! Grazas

Estamos traballando as inicias dos nenos/as da clase esta semana traballamos a L, primeiro co lápis e despois con rotu de cores.

XIANA trouxo o viaxe da súa avoa que foi moi lonxe a praia en avión  e visitou diferentes lugares como a Sagrada Familia, Casa Gaudí e o Parque Güel que están todos en Barcelona.
Tamén vimos eses lugares nun libro que tiña como título GAUDÍ para a semana seguiremos investigando máis cousas, XIANA quedouse coa SAGRADA FAMILIA que dixo que era como un gran castelo
MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!
XIANA F fixo un debuxo da mochila viaxeira do conto que máis lle gustou
Ademais de todo isto estivemos a volta cos disfraces que xa veredes a semana que ven, BOA FINDE!!!

Seguimos a traballar no proxecto de ARTE con VAN GOHG

Este pintor era dos Paises Baixos ainda que viaxou por moitos paises, ubicamos a súa foto no lugar de nacemento e a nosa en España.

Fixemos artistadas coa cor amarilla porque era unha cor que lle gustaba moito a Van Gohg, comía  pintura amarela porque o amarelo é unha cor brillante e pensou que o facelo sería feliz. Todo o mundo pensaba que estaba tolo por comer algo tan tóxico. Falamos da importancia de alimentarnos só de produtos saudables.
ICÍA nos segue a traer diferentes pintores,  que iremos traballando  como as MENINAS de VELAZQUEZ.
Vimos un vídeo sobre a súa vida e obra

Era pintor da corte do rei e fixo un cadro sobre a súa familia que se fixo moi famoso, ICÍA trouxo unha MENINA feita con brillantina, rotus, afiando pinturas...
e nos
despois de observar os xornais coas tesoiras fixemos cachiños cadrados con él
Todos xuntos puxemos o nome de Velázquez e Menina cos rotus de cores, comezando a traballar os trazos das letras, a posición de coller o rotulador...
e logo cos papeliños do xornal os pegamos na falda da Menina
pintamos a cara e o pelo e puxemos algo de brilli brilli

Outro pintor que nos descubriu ICÍA foi Leonardo Da Vinci e a súa gran obra a Mona Lisa que nos queda pendiente de investigar, cunha técnica de puntillismo.
Outra técnica artística e pintar como fixo aquí ICÍA en papel de alumnio con rotulador

Aprendendo a inicial da nosa encargada, primeiro na pantalla e despois con lápis de cores

Tamén xogamos con plasti!!
Contamos, repasamos e trazamos o número un
Nas pizarras máxicas seguimos a traballar o noso nome e a nosa figura corporal

cada vez xa nos sae un pouquiño mellor! estamos mellorando MOITO
Co remate do ENTROIDO ten lugar o enterro da sardiña e XIANA B. trouxo unha ven colorida onde traballou moito coa súa nai, xa se atopa no recuncho da arte.
ICÍA presentounos outro pintor a traves dun conto, MIRÓ vimos que cores empregaba máis, que tamén facía esculturas, que debuxaba animais...queda pendente a súa investigación.


LOLA trouxo un cadro feito con plastilina de VAN GOGH chamado A NOTE ESTRELADA,onde aparecia un castelo, a lúa, estrelas...
e o cadro de SERGIO e de MIRÓ  observamos as cores, as formas do cadro os materiais...
GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR CO PROXECTO!!!A partir das vosas aportación imos investigando e traballando na aula.

Esta semana adicámoslla a Frida Kahlo, investigamos na súa vida a través de vídeos e contos


Sabemos que naceu en MÉXICO que tivo un accidente e non se podía levantar da cama e o seu pai regaloulle unha maleta de pinturas e así comezou a pintar autoretratos.
Esta semana a noticia do noso xornal e para ela!

Seguimos reciclando pilas




Seguen chegando moitas cousas ao cole para o noso recuncho de arte!


XIANA F. trouxo un conto e estivemos vendo que  pareciase moito a un vídeo que viramos na pantalla sobre a vida de FRIDA 

Tamén trouxo un dos cadros máis famosos de FRIDA  Viva la vida, sandias.

Aproveitamos para investigar sobre as cores máis empregados de FRIDA nos seus cadros e fixemos o cadro das sandias

e un debuxo de FRIDA para o noso recuncho

Despois de todo o aprendido acerca desta pintora imos facer uns dos seus cadros, primeiro a pintamos a ela, a súa cara, pelo, corpo...con ceras e os animais ca acompañan no cadro.

logo con pincel as follas da natureza

e para rematar brilli brilli nos labios e no colar de espiñas

ICÍA trouxo unha caixa SORPRESA  cando a abrimos tiña moitas cousas sobre VAN GOGH, os seus cadros máis famosos e un xirasol.

fixemos un puzle do dormitorio de VAN GOGH
Puxemos o nome e onde naceu con moitas cores!
Tamén recoñecemos figuras xeométricas e traballamos a motricidade fina despegando pegatinas, VERDES como a nosa aula.

Artistadas de LOLA e SERGIO, nos falaron das cores que empregaron, encantounos a cor brillante da pintura e a súa textura
ICÍA segue achegándonos diferentes obras de distintos autores que iremos traballando como esta cara de PICASSO, onde picou e pegou as diferentes partes da cara.
As bolboretas de DALÍ que fixo traballando a simetría, cando botou pintura dun lado e a doblala quedaba pintada igual dos dous lados.

e os puntos de YAYOI KUSAMA
Temos moitas cousas pendentes por investigar e traballar na aula verde, pero antes hai que descansar a fin de semana.
BOA FINDE!!!!
 
Esta semana  dedicámola a coñecer a MIRÓ, pintor español que nació en Barcelona.

Facendo boliñas de cor amarelo e vermello para a bandeira de ESPAÑA
Pegando as boliñas
como fixo ICÍA para facer este arco da vella, pero ela nos dixo que tiñera  panos da cociña e despois os pegou
tamén recoñecemos figuras xeométricas e facemos series de dúas cores traballando a atención e a motricidade fina
Nas súas obras aparecen luas, estrelas e circulos
Fixemos uns dos seus cadros, "Niño imaginario"



Cando o museo pecha as súas portas, tres pingas de pintura cobran vida nos cadros de Joan Miró para mergullarte no universo inesgotable da arte e da imaxinación. Os Mironins vivirán emocionantes aventuras viaxando dun cadro a outro e coñecendo personaxes tan surrealistas como inesquecibles.
ENCÁNTANNOS
ANTÓN trouxo unha escultura  de MIRÓ, observamos as súas cores, os materiais como estaba feita...e nos dixo que se chamaba escultura MUJER e PÁJARO, investigamos e vimos que era moi grande e que estaba nunha fonte.
ANTÓN trouxo o cadro dos xiraxois de VAN GOGH feito con tenedor e nos quisemos probar como era iso de pintar co tenedor.

ICÍA trouxo un gato negro con bigote plateados!!

SERGIO e LOLA trouxeron dous marcapáxinas e estivemos aprendendo para que servian
ANTÓN trouxo otra obra de arte feita soplando burbullas e con palliña

Nos quedan moito traballo por diante para probar todas estas técnicas!
Seguemos a trabalalr no libro de VAN GOGH
Xa sabemos que TEO o irmán de VAN GOGH enviavalle moitas cartas e nelas incluso lle mandaba diñeiro para poder mercar pinturas.


Repasamos que utensilios utilizan os pintores e os buscamos na ficha


tamén que existen dous tipos de pintores que teñen en común que usan pintura


XIANA F trouxo o cadro da habitación de VAN GOGH e nos fixamos que cousas tiña
e rematamos facendo un collage dun XIRAXOL

ICIA presentounos outro pintor novo, ainda que xa falaramos un pouco del, DALÍ
e fixemos entre todos un puzle do seu cadro
e con todo o que estades colaborando así de bonito temos o noso recuncho de ARTE, onde acudimos a él para investigar e ver as obras dos artistas.

Rematou a recollida de pilas, grazas por colaborar con este proxecto.






BOA finde!!!

Esta semana falamos de LEONARDO DA VINCI, pintor, inventor...

Unha das obras máis importantes foi a MONALISA e nos fixemos a nosa particular, primeiro dimos unha base de acuarela da cor que elixiron, foi un poco dificil pintar con auga, pero non nos quedou mal!

deixamos secar e puxemos as letras

e logo a fixemos ao noso gusto porque a de Leonardo tiña pouca cor
Tamén seguimos coas nosas artistadas, esta semana pintamos con pezas de construcción de diferentes tamaños, contamos os puntiños e cambiamonos as pezas, a cor elixida o VIOLETA
Están chegando moitas herbas da contorna que estamos a gardar, pero MARTIÑO trouxo un SAUCE e un CARBALLO e decidimos plantalos a ver se crecen e despois transplantalos a nosa horta.
XIANA B. coa chegada da primavera fixo un nido con dous fermosos paxariños
No libro de VAN GOGH vimos que aproveitaba a noite para traballar e tiña como técnica poñer no sombreiro velas.
Un dos cadros máis coñecidos de VAN GOGH foi a NOITE ESTRELADA e así quedou a nosa
Primeiro pintamos o ceo de azul con pincel

Despois fixemos o título con rotulador
con cera negra, e ceras de colores...
as estrelas de amarelo e moito brilli brilli




ICÍA presentounos outro pintor MONET que debuxaba flores dentro da auga, queda pendente de investigación
e seguimos con MIRÓ tamén 
e para rematar a semana usamos unha ruleta de Miró que trouxo ICÍA e uns dados que conteñen as formas máis usadas de MIRÓ e xogamos con elas a debuxar según a cor e a forma que tocaba, pasámolo xenial!






e con esta obra de arte despedimos a semana, BOA FINDE!!!

Esta semana seguimos artisteando con MIRÓ e VAN GOGH
MIRÓ ten moitas obras pero parecidas nas súas líneas, cores...


Recordamos que tamén era escultor
Máis obras de MIRÓ



un pouco de escultura
fixemos de todo, deixamos xa a MIRÓ para comezar con outro pintor ou pintora a volta das vacacións.

Tamén falamos das obras máis importantes de VAN GOGH gustábanlle as flores, facer autorretratos, a súa casa...
as cores máis usadas que eran o amarelo e o azul, gustándolle máis o amarelo
Seguemos a traballar a grafía do noso nome, dos números...
Tamén fomos ao horteiro recolectar as fresas que naceron, pero non chegaron a moito, ainda que dixeron que estaban moi boas.
ANTÓN trouxo unha fermosa mariposa propia desta época, toda chea das cores das flores.
ICÍA presentounos a dous pintores máis a MONDRIAN coa súa composición azul e amarelo, onde primeiro lle deron cor ao arroz e despois o pegaron, quedoulles fantástico.
e KLIMT ca súa árbore da vida

A árbore para mín é o símbolo da vida. As raíces representan a nosa familia, de onde procedemos, onde nacemos, a nosa casa ou o lugar onde escollemos vivir e botar raíces. Algo que nos permita sentirnos conectados con esta terra. Somos como troncos, altos ou baixos, delgados e delicados ou fortes e robustos, rectos e delgados ou lixeiramente curvados polo peso das pólas. As ramas simbolizan a nosa vida, e cada rama simboliza á súa vez as posibilidades que temos para escoller os camiños, as direccións que tomamos e as experiencias resultantes. As follas da árbore e as flores son froitos das nosas ideas, da nosa creatividade e do noso traballo. Para unha nai, poden simbolizar os fillos, algo que nace de nós.
O máis bonito das árbores é que non lles custa medrar, só existen e se expanden. E ás veces, coma nós, intentan chegar lonxe coas súas pólas e tocar o ceo.

CON ESTE PENSAMENTO DESPIDO O TRIMESTRE! ATA A VOLTA QUE SEGUIREMOS ARTISTEANDO. BOAS VACACIÓNS!


Estas semanas seguimos traballando diferentes artistas
A volta das vacacións XIANA B trouxonos un ovo de pascua moi chulo
e unha flor moi brilli brilli
Seguimos traballando o trazo e o conteo dos números
ICÍA trouxo un cadro feito con corda e tiza machacada moi colorido

e ANDY WARHOL que investigaremos pronto

Traballamos no libro de VAN GOGH contando as flores 

ICÍA contounos como fixo a esta muller con tapóns reciclados coa axuda da súa nai

Recordamos a DALÍ e traballamos no seu cadro dos reloxes como dín eles derretidos


Primeiro traballamos a plasti moi importante para a motricidade, facendo churros, despois a pegamos apretandoa e finalmente brilli brilli que tanto lles gusta.
Tamén fixemos un xiraxois especiais de cores parecidos aos de VAN GOGH
Pintamos o xarrón
pegamos as flores e fixemoslle o talo e as follas
Outro día volvimos traballar a plasti pero esta vez para facer lúas, andamos argallando algo bonito


Esta semana LUCAS trouxo un cadro que nos recordou a MIRÓ
e outro de PICASO
Así que fixemos un parecido dos PEIXES DE CORES de MIRÓ, lle dimos cor utilizando as súas cores favoritas
Puxemos o título do cadro

e acuarela para o mar💙
Tamén traballamos as series cos cadros de VAN GOGH
e fixemos o noso autorretrato
e así rematamos outra semana!!!
Estas semanas estamos coñecendo a YAYOI KUSAMA e a ANDY WARHOL.

Esta artista nace en Japón e cada peza presenta un patrón de deseño con puntos de diferentes cores e tamaños creado mediante unha innovadora técnica de serigrafía que reproduce as pinceladas do artista, dándolles ás pezas un efecto 3D realista.

Usamos a técnica de Yayoi imitando un dos seus cadros de puntos

estas semanas seguiremos traballando sobre as súas obras.
Coñecimos a Andy Warhol  a súa ténica e a fotografía serigráfica, cuxo principio consiste en empregar fotos ou imaxes famosas da publicidade e logo colocalas sobre un tecido, cuxo fondo se colorea e se duplica en varias copias. 
Naceu en EE.UU e o seu moveneto se chama POP ART



Estamos reproducindo uns dos seus cadros
Plasmamos as mans facendo o contraste das cores que tanto lle gusta a Andy

 Estas semanas que nos quedan seguiremos traballando nestes dous autores.
Tamén experimentamos coa cor LARANXA
Seguimos avanzando no libro de VAN GOGH, os cadros teñen firma e buscamos o nome do pintor neles
decorando os marcos de VAN GOGH
Tamén traballamos as formas xeométricas con pegatinas
Seguimos traballando a grafía dos números, insistindo sempre no agarre do lápis
ICIA nestas semanas tamén nos trouxo diferentes obras maravillosas usando técnicas diferentes que nos vai contanto a tod@s.
Flores con palillos dos oidos e plasti
Arrugando papel

Tamén trouxo un puzzle de FRIDA KAHLO que disfrutamos moito montando todos xuntos

Xa recuperamos a páxaro e as flores do concurso de escaparates literarios!

Boa finde!!

Estas últimas semanas estamos aproveitando para rematar o proxecto e facer artistasdas varias.




Levamos días xogando na asamblea coas formas xeométricas, colores...


despois as repasamos na ficha ademais de traballar a motricidade cando as despegamos
Para rematar o proxecto coñecimos a KANDINSKI pintor de origen ruso que lle gustaba pintar con circulos e cadrados.
Traballamos o vocabulario que aprendemos neste proxecto 


YAYOI KUSAMA!

VAN GOGH na súa habitación
Pintando con canicas
Xa case temos todos os traballos listos para viaxar as casiñas!!!




























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!